UE4SD ONLINE RESOURCE PLATFORM · 2016. 10. 7. · desenvolvemento profesional dos educadores...

4
UE4SD ONLINE RESOURCE PLATFORM Plataforma online cos mellores recursos prácticos do proxecto UE4SD

Transcript of UE4SD ONLINE RESOURCE PLATFORM · 2016. 10. 7. · desenvolvemento profesional dos educadores...

  • UE4SD ONLINE

    RESOURCE

    PLATFORM

    Plataforma online cos

    mellores recursos

    prácticos do proxecto

    UE4SD

  • Benvidos á plataforma online de recursos do proxecto UE4SD

    www.platform.ue4sd.eu

    O proxecto UE4SD foi financiado pola Comisión Europea, entre 2013 e 2016, para fomentar o

    desenvolvemento profesional dos educadores universitarios en Educación para o

    Desenvolvemento Sustentable (EDS).

    Esta plataforma online contén os mellores recursos prácticos identificados en Europa e creados

    durante o proxecto, así como materiais, ferramentas, ligazóns e produtos de proxectos sobre

    desenvolvemento profesional en EDS.

    CONTIDOS DA PLATAFORMA ONLINE

    Presenta a finalidade, os socios, o proceso e as principais

    actividades do proxecto

    Resume o panorama europeo sobre as políticas de EDS nas

    institucións de educación superior

    Explora os principios e as competencias profesionais en Educación

    para o Desenvolvemento Sustentable

    Presenta as mellores prácticas identificadas e desenvolvidas

    durante o proxecto

    Describe as implicacións de futuro para o desenvolvemento

    profesional en EDS

    Proporciona recursos relevantes como artigos e documentos do

    proxecto

  • A IDEA DO PROXECTO UE4SD

    UE4SD baséase na necesidade dos educadores

    universitarios de todas as especialidades de

    desenvolver o coñecemento e a práctica profesional

    en Educación para o Desenvolvemento Sustentable

    (EDS).

    Recoñece a importancia da educación superior na

    preparación das persoas para responder á

    sustentabilidade por medio da aprendizaxe

    transformadora -e a necesidade do profesorado

    universitario de adquirir coñecementos e prácticas

    en EDS a través do seu desenvolvemento

    profesional.

    A visión de UE4SD é desenvolver unha rede de

    expertos de toda Europa para capacitar, compartir

    coñecemento, xerar ideas e innovar sobre

    competencias profesionais en EDS.

    PRINCIPAIS RESULTADOS DE UE4SD

    Rede de profesionais: o consorcio UE4SD de expertos en EDS de

    toda Europa

    Informe de “estado da cuestión”: mapeo das prácticas

    existentes e as políticas sobre EDS na educación superior en

    toda Europa

    Publicación de boas prácticas: presentando os mellores

    exemplos de desenvolvemento profesional en EDS.

    Plataforma online: caixa de ferramentas, recursos e materiais

    creados durante o proxecto

  • INFORMACIÓN CLAVE-UE4SD

    o Consorcio: UE4SD involucra a 53 instituciÓNS socias de 33 países

    o Directora: Profesora Daniella Tilbury, University of Gibraltar

    o Institución coordinadora: Univ. of Gloucestershire, Reino Unido

    o Financiador: Programa Lifelong Learning da Comisión Europea -

    Redes Académicas ERASMUS.

    CONSORCIO UE4SD- GRUPOS REXIONAIS

    Rexión Norte: University of Gloucestershire (Reino Unido)

    Rexión Sur: Universidad Autónoma de Madrid (España)

    Rexión Leste: Charles University of Prague (República Checa)

    Rexión Oeste: Leuphana University of Lüneburg (Alemania)

    PARA MÁIS INFORMACIÓN

    Plataforma online: www.platform.ue4sd.eu

    Enderezo electrónico: [email protected]

    Páxina web: www.ue4sd.eu