O Provisional 35

16
7 abril 2006 O Provisional Despois da realización de dúas auditorías internas durante este mesmo ano, a certificadora AENOR vén de realizar a Xornal de Información Xeral do Instituto de Educación Secundaria "María Sarmiento" Ano XIII. Número 35 Viveiro Manuel Lugrís Freire foi un deses homes dos que tan necesitada está a cultura galega hoxe, cunha capacidade de traballo tan grande que semellaba ter o don da ubicuidade. El non sabía de ausenzas nin de renuncias e, desde finais do século XIX e durante todo o primeiro terzo do XX, acudiu puntual ás súas citas coa cultura galega: fundou o primeiro xornal de América redactado en galego cando estaba emigrado en Cuba; implicouse nas loitas agraristas de comezos do XX cofundando o sindicato agrario Solidari- dad Gallega; estivo presente na constitu- ción da primeira Irmandade da Fala na Coruña en 1916; realizou a primeira gramática escrita en lingua galega, a Gramática do idioma galego, no ano 1922; participou na redacción do anteproxecto do Estatuto de Autonomía no 1932; presidiu a Real Academia Galega nos anos trinta, da que fora cofundador; e aínda tivo tempo para escribir teatro (A ponte, Minias, Mareiras, Esclavitú...) , poesía (Ardencias), narrativa e ensaio. - 2006 - - 2006 - - 2006 - - 2006 - - 2006 - Manuel Lugrís Freire (Sada, 1863 - A Coruña, 1940) SUMARIO: SUMARIO: SUMARIO: SUMARIO: SUMARIO: -O IES María Sarmiento participa no Programa PISA 2006 -A Festa do San Xoán Bosco -Como se vive a Lei antitabaco -Algoritmo -A Biblioteca Escolar e a CDU -O Bruxo do Pozo -Otis Spann -Entregado o premio do INEGA ao Departamento de Tecnoloxía -Campaña de vacinacion contra a meninxite - Momento da auditoría de revisión, o día 13 de marzo - As auditorías internas, preceptivas para poder optar ou continuar coa certifi- cación ISO9001/2000, realizáronse os días 8, 14 e 15 de febreiro; no primeiro caso o alcance foi parcial perseguíndose como obxectivo principal a formación de novos auditores e a familirización dos novos profesores co sistema de calidade implantado. Nos seguintes días ampliouse a acción aos restantes pro- cesos que se xestionan no centro, con especial énfase nos que teñen relación directa co ensino-aprendizaxe. Dado que a primeira certificación data de 2003, tocaba agora a súa renovación total, aínda que cada ano se fixo un seguimento externo e se propuxeron accións correctivas; por iso, a empresa certificadora AENOR, coa cal ten suscri- to convenio a Dirección Xeral de Forma- ción Profesional e Ensinanzas Especia- is, desprazou ata o IES María Sarmiento a auditora Sonia Ruíz Varga que duran- te os días 14, 15 e 16 de marzo verificaou de novo o estado e evolución do plan de mellora continua, propoñendo a conti- nuación do noso centro coa devandita PREMIO NACIONAL ÁS MELLORES PRÁCTICAS EDUCATIVAS CURSO 2003-04 REVISIÓN TOTAL DO SISTEMA DE XESTIÓN DA CALIDADE certificación durante outros tres anos. Do mesmo xeito outros centros da Comunidade están inmersos en auditorías internas, visitas preparatorias e renovacións, caso do CEIP "Virxe do Carme" de Burela e CEIP "A Fraga" de As Pontes que proximamente lograrán a certificación por primeira vez.

Transcript of O Provisional 35

Page 1: O Provisional 35

7 abril 2006

O Provisional

Despois da realización de dúas auditoríasinternas durante este mesmo ano, a

certificadora AENOR vén de realizar a

Xornal de Información Xeral do Instituto de Educación Secundaria "María Sarmiento"

Ano XIII. Número 35 Viveiro

Manuel Lugrís Freire foi un deses homesdos que tan necesitada está a cultura

galega hoxe, cunha capacidade de traballotan grande que semellaba ter o don da

ubicuidade. El non sabía de ausenzas ninde renuncias e, desde finais do século

XIX e durante todo o primeiro terzo doXX, acudiu puntual ás súas citas coa

cultura galega: fundou o primeiro xornalde América redactado en galego cando

estaba emigrado en Cuba; implicouse nasloitas agraristas de comezos do XX

cofundando o sindicato agrario Solidari-dad Gallega; estivo presente na constitu-ción da primeira Irmandade da Fala naCoruña en 1916; realizou a primeiragramática escrita en lingua galega, a

Gramática do idioma galego, no ano1922; participou na redacción do

anteproxecto do Estatuto de Autonomíano 1932; presidiu a Real AcademiaGalega nos anos trinta, da que fora

cofundador; e aínda tivo tempo paraescribir teatro (A ponte, Minias,Mareiras, Esclavitú...) , poesía(Ardencias), narrativa e ensaio.

LETRAS GALEGASLETRAS GALEGASLETRAS GALEGASLETRAS GALEGASLETRAS GALEGAS

- 2006 -- 2006 -- 2006 -- 2006 -- 2006 -

Manuel Lugrís Freire

(Sada, 1863 - A Coruña, 1940)

SUMARIO:SUMARIO:SUMARIO:SUMARIO:SUMARIO:-O IES María Sarmiento participa

no Programa PISA 2006-A Festa do San Xoán Bosco

-Como se vive a Lei antitabaco-Algoritmo

-A Biblioteca Escolar e a CDU-O Bruxo do Pozo

-Otis Spann-Entregado o premio do INEGAao Departamento de Tecnoloxía-Campaña de vacinacion contra a

meninxite

- Momento da auditoría de revisión, o día 13 de marzo -

As auditorías internas, preceptivaspara poder optar ou continuar coa certifi-cación ISO9001/2000, realizáronse osdías 8, 14 e 15 de febreiro; no primeirocaso o alcance foi parcial perseguíndosecomo obxectivo principal a formación denovos auditores e a familirización dosnovos profesores co sistema decalidade implantado. Nos seguintes díasampliouse a acción aos restantes pro-cesos que se xestionan no centro, conespecial énfase nos que teñen relacióndirecta co ensino-aprendizaxe.

Dado que a primeira certificación datade 2003, tocaba agora a súa renovacióntotal, aínda que cada ano se fixo unseguimento externo e se propuxeronaccións correctivas; por iso, a empresacertificadora AENOR, coa cal ten suscri-to convenio a Dirección Xeral de Forma-ción Profesional e Ensinanzas Especia-is, desprazou ata o IES María Sarmientoa auditora Sonia Ruíz Varga que duran-te os días 14, 15 e 16 de marzo verificaoude novo o estado e evolución do plan demellora continua, propoñendo a conti-nuación do noso centro coa devandita

PREMIO NACIONAL ÁS MELLORESPRÁCTICAS EDUCATIVAS

CURSO 2003-04

REVISIÓN TOTAL DO SISTEMADE XESTIÓN DA CALIDADE

certificación durante outros tres anos.Do mesmo xeito outros centros da

Comunidade están inmersos enauditorías internas, visitas preparatoriase renovacións, caso do CEIP "Virxe doCarme" de Burela e CEIP "A Fraga" deAs Pontes que proximamente lograrána certificación por primeira vez.

Page 2: O Provisional 35

7 abril 2006Páxina 2

EDITORIALEDITORIALEDITORIALEDITORIALEDITORIAL

Acabamos de pasar unha nova auditoría externa quenos vai supoñer renovar por outros tres anos a certifica-ción de calidade ISO 9001:2000, o que significa unestándar de calidade importante. Por iso nos caracteriza-mos. Agora xa non temos necesidade de informar aosalumnos e ás familias do que significa un sistema decalidade; xa coñecen de sobra o que significa o nososistema de mellora continua e intentan acceder aos nososservicios de ensinanza que non se basean en proclamassenón en feitos, nivel dos profesores, igualdade de crite-rios, información de cómo se avalían os coñecementos,en darlle a cada quen a nota que se merece, e non discri-minar a ninguén.

Tamén significa ter medios á disposición de alumnos ede profesores, ensinarlles como se move hoxe a infor-mación e o coñecemento.

Pensamos en educalos para a vida, e na ESO, pasa-mos unha gran cantidade de horas solucionando proble-mas dos alumnos. Porque os alumnos que non teñen pro-blemas, case se pode dicir que, aprenden sós.

Este ano fomos escollidos para participar no programaPISA da OCDE, será un espello no que nos veremospara logo poder debater e aplicar os cambios necesarios.Comprobaremos, a nivel de todo o país, se sabemospreparar aos alumnos para a vida que é o dato que buscaeste informe. O sistema educativo está pensado para queos alumnos da ESO aprendan un montón de conceptospara pasar a outro nivel educativo e iso fai que fracasenmoitos deles, o que supón un fallo imperdoable nun sis-tema público de ensinanza que debe de estar ao servizodos cidadáns que son os que o sufragan cos seusimpostos.

Gracias aos que ides escoller o IES María Sarmientopara o vindeiro curso escolar 2006/2007, non vos de-fraudaremos. Trataremos de seguir mellorando continua-mente na mesma dirección de ser unha das melloresinstitucións públicas de ensinanza de Galicia.

Os xubilados celebraron oSan Xoán Bosco

O Provisional

Rúa: Misericordia, 58 * 27850 - VIVEIRO (Lugo)Teléf.: 982.56.04.49 - Fax: 982.56.23.06 Móbil: 606.54.11.55

E-mail: [email protected]://www.iesmariasarmiento.net

Impreso, en papel reciclado, nos talleres de PUBLILARMagazos - Viveiro * Depósito Legal: LU-402-94

Viveiro, 7 de abril de 2006ANO XIII, NÚMERO 35

TIRADA 900 EXEMPLARESDISTRIBUCIÓN GRATUÍTA a alumnos e profesores:

820 exemplares; por correo a antigos profesores, institucións,centros e medios de comunicación: 80

SUBVENCIONA:EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO

IES MARÍA SARMIENTO

O Provisional

COLABORAN NESTE NÚMEROCOLABORAN NESTE NÚMEROCOLABORAN NESTE NÚMEROCOLABORAN NESTE NÚMEROCOLABORAN NESTE NÚMEROALUMNOS:ALUMNOS:ALUMNOS:ALUMNOS:ALUMNOS:

Simón Ginzo Novo, Adrián Casas Sánchez,alumos de 2º de ESO-A, Mery Purriños Ares,

Monserrat Lamelas CaoPROFESORES:PROFESORES:PROFESORES:PROFESORES:PROFESORES:

Xosé Cabana Cabana, José María Leal LópezManuel Fernández López

Manuel Antonio Alonso López-LeitónMariluz Fernández Díaz

PERSOAL NON DOCENTE:PERSOAL NON DOCENTE:PERSOAL NON DOCENTE:PERSOAL NON DOCENTE:PERSOAL NON DOCENTE:Javier Caneda González

PROFESORES DOUTROS CENTROS:PROFESORES DOUTROS CENTROS:PROFESORES DOUTROS CENTROS:PROFESORES DOUTROS CENTROS:PROFESORES DOUTROS CENTROS:Cándido Dacosta Lago

COORDINACIÓN E MAQUETCOORDINACIÓN E MAQUETCOORDINACIÓN E MAQUETCOORDINACIÓN E MAQUETCOORDINACIÓN E MAQUETACIÓN:ACIÓN:ACIÓN:ACIÓN:ACIÓN:Néstor Timiraos Labaen

O persoal xubilado do IES María Sarmiento celebrou o 31 dexaneiro, cunha misa e xantar no Val de Naseiro, o patrono San

Xoán Bosco, mentres que para os "activos" foi día lectivo normal aounificarse este curso tódalas festividades dos di-ferentes niveis

educativos no "Día do ensino" (31 de outubro).Na foto aparecen, de esquerda a dereita, José Ramos

Fernández, Amado Aguiar Aguiar, Isabel Cruz Chaves, RamónBarro Gómez, Enique Pérez García, Olga Rúa Trigo, José VeigaCandia, Ángel Rodríguez Vázquez, Modesto Prieto Chao, PedroÁlvarez expósito, Generoso Martínez Míguez, Emilio Casariego

carbalés, Andrés García Vázquez e Armando Chao Batán.

O Director: Juan J. Pardo

IES MARÍA SARMIENTO

ER-0680/2003 ISO 9001/2000

Page 3: O Provisional 35

Páxina 3O Provisional7 abril 2006

Trátase dun estudo que persegue de-

terminar o rendemento académico dos

alumnos de 15 anos en máis de corenta

países; tamén se persigue coñecer como

están preparados para afronta-la vida

adulta cotiá, mediante unha proba que

se vai pasar a cincuenta alumnos basea-

da nos coñecementos en catro áreas di-

ferentes; será trasladada aos alumnos si-

nalados baixo a coordinación dos titores

e será confidencial.

Ademais do IES María Sarmiento foron

elexidos, na provincia de Lugo, o IES Nosa

Sra. dos Ollos Grandes (Lugo), IES Tra-

pero Pardo (Castro de Rei), IES Xograr

Afonso Gómez (Sarria), Centro Privado La

Inmaculada, e o Centro Privado Fingoy

(Lugo). En total avaliaranse 53 centros

nas catro provincias

No número 32 de O Provisional (data

A Subdirección Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema

Educativo comunicou á Dirección do centro a inclusión do mesmo na

relación de centros educativos participantes neste Programa que se realiza

a iniciativa e baixo a coordinación da OCDE (Organización para a

Cooperación e Desenvolvemento Económico).

de publicación de 18 de maio de 2005),

no apartado "un tema vital", fíxose unha

análise dos resultados do informe ante-

rior no que se matizaban algúns aspec-

tos despois de que na prensa se utiliza-

ran dun xeito catastrofista poñendo ao

Estado Español nunha posición, en canto

a resultados, moito por debaixo dos ob-

tidos noutros países da nosa contorna.

MD no IES MASA - Por Martín Martínez

O IES María Sarmiento figura entre os centros participantes no

Programa PISA 2006 FALECEMENTO

Rubén Rúa Rodríguez, alumno de 1ºde Bacharelato Tecnolóxico, faleceu nasúa casa de Landrove o pasado 21 demarzo.

Todos os que formamos parte daComunidade Educativa do IES MaríaSarmiento, queremos trasmitirlles aosseus pais, familiares e amigos o nosopesar por tan lamentable perda.

Page 4: O Provisional 35

Páxina 4 7 abril 2006O Provisional

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

Por José María Leal López

capela do centro en honra do patrón á queasistiamos a maioría dos que formabamos acomunidade escolar; a misa era cantada porun coro de alumnos. Na capela chamaba aatención un altar con varias imaxes, deXesucristo, a Virxe, San Xosé Obreiro e sanXoán Bosco, todo tallado polos alumnos decarpintería baixo a dirección do mestre JuánLuís Otero. Nela acendíase un velón co lumeda antorcha da que logo falaremos.

A parte cultural realizábase de dúas for-mas: primeiro, coa exposición de traballos naentrada da escola, como antes dixemos, e, logo,o acto cultural no salón de actos do no que sedaban charlas, conferencias de alumnos eoutras impartidas por conferenciantes de fóra.A continuación, facíase entrega dos premiosós mellores estudantes e tamén dos títulos debolseiros ós alumnos beneficiarios. O acto es-taba presidido polas autoridades locais e poladirección do centro.

A antorcha era unha marcha ximnástica, feitapor un grupo de alumnos con roupa deporti-va, que por relevos trasladaban a antorcha colume dende unha determinada localidade, dis-tinta cada ano, ata o pebeteiro situado no pa-tio do centro. Para esta marcha había que irben preparado fisicamente, pois cada alumnocorría un quilómetro máis ou menos, e naslocalidades máis grandes baixaban varios a es-coltar o portador da antorcha, dándolle máisbeleza ó evento.

A antorcha levaba unha tea con brea que seía cambiando durante o traxecto; unha vez nopatio da escola, encendíase un pebeteiro feitono taller de metal, e, con gas butano comocombustible, estaba aceso durante o tempo

das festas, logo, comodiciamos, encendíase unvelón na capela.

Esta marcha empezousea facer na capela do EcceHomo, e máis tarde foiseindo a moitos lugares, cadaano a un distinto coma OBarqueiro, Burela, Foz,Mondoñedo, Lugo ou San-

tiago: era espectacular de veras.En canto á parte deportiva, disputábanse

diversos partidos de fútbol, baloncesto,balonmán e balonvolea, hoxe chamado voleibol.Eran clásicos os partidos de fútbol entre pro-fesores e alumnos, o entre os alumnos de me-tal, “mecánicos”, e entre os de electricidade,“eléctricos”, pero os que máis sobresaían erancontra o Instituto Bacharelato, hoxe IES VilarPonte e o Colexio Landro, pois ambos eranos nosos eternos rivais e contra eles sempre

No exemplar nº 4 de O Provisional, de data 22 de decembro do ano 1995, facía un artigo baixo o título de“Obxectivo San Xoán Bosco” no que narraba a historia deste Santo, Patrón da Formación Profesional.

Recordaba que nacera en Becchi, Ita-lia, no ano 1815, no seo dunha familia dehumildes campesiños. Durante a súa vidativo que sacrificarse moito, tamén parafacer realidade a súa vocación: ser sacer-dote e axudar a tódolos rapaces que vaga-ban polas rúas abandonados e sen futuro.

Así, con moitos traballos, conseguiu oque quería, e unha vez ordenado sacerdo-te, adicouse completamente á educaciónda mocidade que andaba tan descarriada,fundando os Colexios de Salesianos alópolo 1851. Estes recollían os rapaces senmedios e alí ensinábanlles diversos ofi-cios para que puideran integrarse no mun-do laboral e non foran toda a vida unsvagabundos.

Esta congregación espallouse por todoo mundo, dado o seu bo labor social, aocrear moitos centros e escolas primarias,secundarias, profesionais, centrosxuvenís, publicacións, etc.; de maneira quefoi o embrión do Ensino Profesional. SanXoán Bosco morreu en Turín no ano 1888,foi canonizado no 1934, e converteuse noPatrón dos Salesianos e da FormaciónProfesional, fixándose como data de cele-bración o día 31 de Xaneiro.

Leal coa antorcha no San Xán Bosco de1970; detrais pode verse o flamante Seat1400C do Profesor de Tecnoloxía Silvestre

Rúa que ía recollendo os relevos.

Como nestes tres días de festa, ocentro celebraba tamén xornada

de portas abertas para todos.viñan os pais dos alumnos,

profesores, persoal do centro,alumnos e público en xeral

Despois desta breve semblanza de SanXoán Bosco, quería dar unha idea de como secelebraba esta festa aló polos anos 70 do sé-culo pasado, cando eu era alumno da Escolade “Maestría” Industrial de Viveiro, hoxe endía ÍES María Sarmiento.

A festividade de San Xoán Boscocelebrábase durante dous ou tres días nestasdatas, durante os cales se suspendían as cla-ses. Recordo que comezaban con lanzamentode bombas de palenque e había misa cantada,actividades culturais, deportivas, musicais,cine e baile. Chegou a ter fama en toda a co-marca de Viveiro xa que era unha festa grandee bonita. A organización dela corría a cargodos alumnos que terminaban aquel ano, quecontaban coa axuda da dirección e doutros pro-fesores que tamén colaboraban para poderrealizar tódolos actos previstos dende princi-pios do curso. No mes de outubro xa se em-pezaba a preparar o evento, seguindo un guiónpreestablecido, ó cal cada ano se lle engadíancousas novas eliminándose outras, pero asfundamentais prevalecían sempre.

Ós actos asistíase vestidos de etiqueta, agás,evidentemente, ás actividades deportivas ásque se viña coa indumentaria apropiada. Norecibidor da entrada, facíaseunha exposición didácticasobor dos mellores traballosrealizados polos alumnos docentro, na que destacaba untorno mecánico feito apequena escala, a minsempre me impresionou;tamén había traballos de eba-nistería, tallas de madeira,instalacións eléctricas, bobinados de motores,etc. Ademais había planos esquemáticos feitosa tinta china polos alumnos na clase de Debuxo.

Unha das actividades que máis gustaba eraa exposición dos traballos realizados polosalumnos: impresionaba a todos, non crían queos traballos se fixeran neste centro.

A programación das festas, como diciamos,facíase para tres días, e nela destacaban asseguintes actividades:

Na parte relixiosa , facíase unha misa na

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

A Festa de San Xoán BoscoA Festa de San Xoán BoscoA Festa de San Xoán BoscoA Festa de San Xoán BoscoA Festa de San Xoán Bosco

Page 5: O Provisional 35

7 abril 2006 O Provisional Páxina 5

Misses Maestria 1970 Festival do San Xoan Bosco, 30 de xaneiro de 1970

A esquerda está Loly Rodríguez Saa (de Carlos Fotógrafos), logoFátima Moar Rivera (empregada do Concello de Viveiro) e, á dereita,

Teresa (alumna de San Cibrao)

Hoxe, día 31 de Xaneiro de 2006, festa de San Xoán Bosco, cando fago este artigo, hai clases normais, nin tansequera é festivo, é un día coma outro, non hai nada de nada, só alguén se anima a ir a comer...Pero queda algo,

permanece o Espírito de San Xoán Bosco nos profesores e persoal do centro xubilados, eles si fan a festa; forman ungrupo compacto e non queren que isto desapareza definitivamente, polo cal se xuntan tódolos anos o día 31 de

Xaneiro; fan unha misa en honra do Santo Patrón e en memoria dos compañeiros falecidos e logo unha comida nunrestaurante. Durante a mesma, nun ambiente ameno e relaxado, recordan as vivencias acontecidas ó longo da súa

vida, e neste ambiente enriquecedor, finalizan a xornada dando un paseo se o tempo é bo, respirando o aire fresco doinverno. Cada ano enviannos a foto desa xuntanza a O Provisional, a min alégrame moito velos nela sorrintes; oxalá

dentro duns anos, se Deus quere, nos vexamos todos nese día na celebración da festa de San Xoán Bosco,...oxalá.

“saltaban chispas”. Logo tamén había partidos diver-

sos contra centros da zona, tanto enfútbol como en baloncesto oubalonmán; soían vir os Maristas deFoz, Instituto de Ribadeo , ColexioMenor de Lugo, Instituto de Bup deLugo, entre outros.

Tamén había competicións noutrosdeportes, coma o tiro deportivo,xincanas motorista e ciclista, carreirade sacos, velada de boxeo no ximnasioou unha carreira de burros, onde osalumnos participantes ían con cascode moto por se había unha caída quenon se lesionaran na cabeza. Á partehabía táboas ximnásticas, salto de apa-ratos, poldro, plinto, cabalo, eexhibicións de espaleiras, levantamentode pesas, subida vertical da corda e dabarra, etc. Estes deportes eran alterna-tivos e variaban cada ano, só semantiñan fixos o fútbol e o baloncesto.

A parte festiva consistía, primeiro,nun festival artístico musical, no salónde actos do centro; había presentado-res e comezaba coa actuación de alum-nos e outra xente afeccionada que inter-pretaban cancións acompañados porunha orquestra formada porcompañeiros de clase que estaban nabanda municipal de música de Viveiro.Os ensaios facíanse ó saír das clasesdurante varias semanas, pero ó final coentusiasmo que se ponía todo saía per-fectamente.

Tamén tiña lugar a elección da raíñadas festas e damas de honra, que sefacía por votación entre variascandidatas. E para finalizar había benunha obra de teatro ou ben a actuaciónde artistas veteranos de Viveiro, amaioría compoñentes de orquestras dalocalidade, ou tamén a parodia dalgúnprograma da televisión coma “Un ,dous, tres, responda outra vez”.

Esta parte festiva acababa cun gran-de baile estudiantil durante o quexeralmente actuaba un conxunto musi-cal da localidade, que case sempre eranLos Píndaros, por ser os que mellorenganchaban coa mocidade coa súamúsica moderna e actual; pero taménestiveron os Dominantes, os Valles deValadouro e algún outro que no lembro.

A pista de baile unhas veces era a daOJE, a Sala de Festas “Chipe”, moiusada daquela para os guateques, logoa Disco Sala de Covas ou Seiramar, efinalmente as discotecas Verxeles eas Sirenas. E para os alumnos meno-res había unha sesión de cine no sa-lón de actos.

A confraternidade. A asistencia atódolos actos era masiva: o centroestaba a tope, ó fín e ó cabo eran asfestas da Escola de “Maestría” In-dustrial e ninguén as quería perder,¿quen perde unha festa?. Os profe-sores facían una comida deconfraternidade nun restaurante dalocalidade e os alumnos xuntábanseen pandas no parque; cada un traía asúa comida ou a encargaban e coa mú-sica dos radiocasettes divertíanse epasábano ben. Eran unas festas deconfraternidade que todosesperabamos con ansiedade a súachegada.

O lema que viña ó final do progra-ma de invitación ás Festas de SanXoán Bosco era: “ En las Escuelas deFormación Profesional, no se enseñasolamente un oficio, se forma tam-bién un hombre”.

Ó final, co paso dos anos, estafesta veu decaendo e disolveuse coma“azucre nun vaso de auga” ata des-aparecer. Recordo que cando volvínde profesor para o Instituto MaríaSarmiento, a principios dos anos no-venta, atopeime cunhas festas caseinexistentes: só quedaba a Misa enhonra do patrón, a antorcha, algúnpartido no pavillón, logo unha espe-cie de festival de karaoke, algúns gru-pos de alumnos que se divertían noparque, un baile de discoteca e unhacomida do profesorado á queasistiamos pouco máis de quince pro-fesores; había pouca organización entodo isto e asistían moi poucos alum-nos ós actos no centro, que estabacase deserto. E así ano a ano, cadavez facíanse menos cousas, quedan-do últimanente só unha misa en hon-ra do patrón e unha comida á que asis-tíamos pouco máis dunha dúcia deprofesores.

Viveiro, xaneiro de 2006

Equipo de fútbol de profesores- San Xoán Bosco 1970 Sostendo o "trofeo" está o Mestre Juan Luís Otero (falecido);

aparecen ademais con pantalón curto, dende a esquerda,JoséRamós Fernández, Manolo Álvarez Otero, Miguel García González,

Andrés Casas e Generoso Martínez Míguez

Page 6: O Provisional 35

O ProvisionalPáxina 6 7 abril 2006

Como se vive a Lei antitabacoComo se vive a Lei antitabacoComo se vive a Lei antitabacoComo se vive a Lei antitabacoComo se vive a Lei antitabaco

O 27 de decembro publicouse no BOE a Lei 28/2005 sobre asmedidas sanitarias fronte ao tabaquismo que traspón á Lexislación

Nacional a Directiva 2003/33-CE do Parlamento Europeo e Consello de26 de maio de 2003, así coma do Convenio Marco da Organización

Mundial da Saúde dado en Xenebra , tamén en maio de 2003 e,posteriormente, ratificado por España.

Todo este marco legal conforma a coñecidaLei antitabaco, establecendo os lugares ondese pode e non fumar.

No caso dos centros docentes eformativos queda totalmente prohibidoo consumo do tabaco dentro do recintoescolar, independentemente da idade quepoida ter o alumnado.

No IES María Sarmiento a medida vese dediferente xeito. O profesorado tiña, ata o deagora, e conforme á lexislación anterior, unlocal destinado a sala de fumadores dentro dapropia sala de profesores, e o alumnado maiorde 16 tamén tiña sala e ademais, podíao facerna cafetería.

Recollemos a continuación diferentesopinións ao respecto:MARILUZ POCH VILLAR, Profesora deFrancés, ex-fumadora.Creo que é difícil de cumprir, sobre todo para

os niveis de alumnos aos que a normativa lle

impide abandonar o recinto escolar.JAVIER CANEDA GONZÁLEZ, conserxe, non fumador."A nova Lei paréceme estupenda, aínda debería ser máis dura. No IES María Sarmiento

observo que é respectada a prohibición ao 100% entre o profesorado e persoal, pero non

ocorre o mesmo co alumnado: "sempre queda algún recuncho sen vixiar"; nos servicios

atópanse colillas a todas horas".

PILAR ASENSIO GONZÁLEZ, Xefa de Estudos do Réxime Ordinario, non fumadora."O problema témolo entre o alumnado; tivemos recentemente unha reunión con todos os

delegados para informar de que se non se cumpre a Lei verémonos na obriga de impoñer as

sancións previstas, e mesmo aplicar o Regulamento de Réxime Interior con rigor".

SIMÓN GINZO NOVO, alumno de ciclos, fumador."A min todo isto pareceme unha tontería. Creo que habendo un lugar para fumadores como

había antes era innecesaria tanta polémica. Eu aguantome ata a ora do recreo xa que podo

saír do recinto escolar".

IX TORNEO DEXADREZ

DEPARTAMENTO DE MÚSICA

Mª Vicenta Sustaeta Fernández, RobertoSaavedra Casas e Gema Rena Monteserín,profesores de Música, organizaron para osalumnos de 4º de ESO e Bacharelato unhaviaxe a Coruña para ver o musical "Non haidereito" que se puxo en escea no IESCruceiro Baleares da cidade herculina; taménaproveitaron para visitar a exposición so-bre os instrumentos do Pórtico da Gloria naFundación Pedro Barrié de la Maza.

A actividade tivo lugar o 27 de marzo.

EXPOSICIÓN SOBRE ASMULLERES ILUSTRES DO

SÉCULO XXOs alumnos do segundo ciclo de ESO coa

axuda dos seus profesores prepararonunha presentación en PowerPoint sobre asmulleres ilustres do século XX.

Para conmemorar o día da mullertraballadora (8 de marzo) proxectaron nosalón de actos para todos os compañeirose profesores esta selección que tamén seespuxo, en formato papel nos claustros deSan Francisco, en Viveiro.

Vén de rematar o torneo de xadrez

IES "María Sarmiento", na súa 9ª edi-

ción, coordinado polo Xefe de De-

partamento de Matemáticas, Jorge

Santamariña García.

Este ano, ó ser poucos os alum-

nos inscritos nesta actividade,

fíxose un sistema de liguiña onde

se enfrontaban todos contra todos

(dentro da súa categoría) a dobre

encontro, unha partida con brancas

e a outra con negras, e resultaba

campión do torneo o que gañase

esa liguiña.

No caso de 1º Ciclo houbo un em-

pate final entre Salvador e Cristian,

e xogouse un desempate ó mellor

de tres partidas resultando

gañador Salvador García Sánchez

de 1º de ESO-B, cun marcador final

de 2 – 0.

O campión do 2º Ciclo foi Alfonso

Moreno Jiménez de 3º A, que xa fora

campión noutras edicións.

Nalgunha das festividades próxi-

mas, probablemente durante a con-

memoración do Día das Letras

Galegas, enfrontaranse os dous

campións nunha simbólica “final de

campións” que se xogará co xadrez

xigante de madeira, herdanza do

Mestre Juan Luís Otero; tamén se

aproveitará a ocasión para a en-

trega de trofeos.

RELACIÓN DE PARTICIPANTES:1º CICLO

David Jimenez Jimenez, 1ºDAndrés Casabella Pernas, 1ºASalvador García Sánchez, 1ºBCristian Guerreiro Seijas, 2ºA

2º CICLOAbel Vale López, 4ºA

Adrián Míguez García, 3º AJhonatan Jimenez Jimenez, 4º B

Alfonso Moreno Jimenez, 3ºA

Page 7: O Provisional 35

O Provisional7 abril 2006 Páxina 7

A reforma de Xulio César no calen-dario deu lugar ao que se coñece comocalendario xuliano, e estableceu que oano tería doce meses, os impares de31 días e os pares 30, agás febreiro,que tería 29. Os anos ordinarios terían365 días, pero dado que o ano tenunha duración aproximada de 365,25días, cada catro anos debería engadirseun día, de modo que febreiro pasaba ater 30 días. Naceron así os anosbisestos. Tamén se estableceu que oano comezara o 1 de xaneiro,achegando o inicio do ano ao solsticiode inverno e non ao equinoccio deprimavera como ata entón. Con estareforma púxose orde no calendario,conseguindo que se axustase bastanteben aos ciclos astronómicos do Sol.Non obstante, se observamos o nosocalendario actual vemos cousas quenon concordan co exposto. En efec-to, setembro e novembro deberían ter31 días (no canto de ter 30) e agosto,outubro e decembro 30 (no canto de31). A historia deste troco amosa que nonsempre se impón a racionalidade matemática,ou científica en xeral. Resulta que no Senadoromano, para honrar a Xulio César, propuxodar o seu nome ao sétimo mes do ano (chamadoata entón Quintilius), polo que este pasou achamarse Iulius, de onde provén o actual nomede Xullo. Uns anos máis tarde, en tempos doemperador César Augusto, sucesor de XulioCésar, o Senado romano volveu propor un cam-bio de nome para o mes seguinte e por estarazón chámase agosto. Pero este mes só tiña30 días, un menos que o que correspondía aXulio César. Para evitar esta diferenza, xa queCésar Augusto non podía ser menos que XulioCésar, decidiuse que agosto tería 31 días e que aalternancia entre 31 e 30 seguiría ata o final doano. Con este cambio engadíase un día ao ano,que se lle quitou a febreiro, pasando a ter só 28días (29 nos anos bisestos). O seguinte empera-dor, Traxano, menos famoso pero bastante máissensato que os seus predecesores, renunciou adar o seu nome ao mes seguinte e ordenou quenon se realizaran novos cambios no calendarioestablecido por Xulio César e así chegoupracticamente ata os nosos días.

O ano astronómico (en realidade,deberiámoslle chamar ano trópico, posto quecorresponde ao tempo transcorrido entre dousequinoccios de primavera) non é exactamentede 365,25 días (365 días e 6 horas). O feito detomar como duración do ano 365 días e 6 ho-

Paso a: considero o número 72

Paso c: súmolle 6 e, así, teño, 96

Paso b: fago a división enteira de 72entre 4 e dáme de cociente 18.Logo teño o número 72+18=90

A continuación figura o algoritmo para coñecer en que día da semana caeucalquera data do calendario gregoriano.

En particular permítenos saber que día da semana nacemos.

a). Considera o número formado polos dous últimos díxitos do ano.b). Súmalle o cociente de facer a división enteira do anterior número entre catro (esquécete do resto).c). Suma o día da data.d). Engade o número correspondente ao mes de acordo coa seguinte táboa: Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño

Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro

e). Se o ano é bisesto e o mes é xaneiro ou febreiro resta 1. Noutro caso continúa co seguinte paso.f). Engade o número que corresponda ao século segundo a seguinte táboa: Século XVI Século XVII Século XVIII Século XIX Século XX Século XXI Século XXII Século XXIII

g). Calcula o resto de dividir o anterior número entre 7 e, segundo o resto, busca o día ao que corresponde na seguinte táboa Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Domingo

1 2 3 4 5 6 7

ras fai que se produza unha pequena diferenzaco ano astronómico: concretamente o anoxuliano é 11 minutos e 14 segundos máis longo.Isto significa que cada 128 anos se produceunha diferenza dun día. Dado que o desaxustese vai acumulando ao longo dos anos, se aíndanos guiáramos polo calendario xuliano, nestesintres habería unha diferenza duns 15 días. Afinais do século XVI, este erro comezaba a serimportante. Por iso, no ano 1578, o papaGregorio XIII decidiu corrixir este erro. Aoigual que fixera Xulio César, creou un comitéde astrónomos, presidido polo matemáticoxesuíta Chistophorus Clavius, para que seaxustara ao calendario astronómico ao máxi-mo. Este comité rematou o seu traballo no ano1582, e o papa promulgou a bula papal o 24 defebreiro daquel ano, na cal se determinaba onovo calendario, chamado calendariogregoriano. Por unha parte, decidiuse eliminar10 días (concretamente pasouse do 4 ao 15 deoutubro de 1582) e por outro modificouse a leique establecía que todos os múltiplos de 4 erananos bisestos. En concreto, calculouse que cada400 anos se debían eliminar 3 anos bisestos.Polo tanto, os anos bisestos do noso calenda-rio actual son aqueles que son múltiplos de 4,agás aqueles que son múltiplos de 100 pero nonde 400. O calendario gregoriano axústase moiben aos ciclos astronómicos e por iso persistiuata os nosos días sen modificacións.

0 3 3 6 1 4

Paso d: nacín en decembro, logoengado 5, e obteño 101

Paso g: obteño o resto de dividir 101entre 7, que é 3 (101=14x7+3)

A historia do noso calendario é moi antiga. En realidade, quedou fixado fai máis de 2000 anos, concretamente enRoma sobre o ano 45 a.n.e., en tempos do emperador Xulio César. Este emperador, asesorado polo astrónomo

Sosíxenes de Alexandría, decidiu corrixir o calendario empregado ata daquela para tratar de adaptalo ao ciclo solar.Naquel intre, o calendario vixente, cuxa orixe se remontaba á fundación de Roma e que era unha adaptación do

calendario exipcio, axustábase mal ao ciclo solar, particularmente ao chamado ano trópico, e adiantárase case tresmeses a respecto deste. Así, o comezo do ano, que era en marzo, atopábase case no solsticio de verán.

Por Manuel Fernández López

Exemplo: Eu nacín o 6-12-1972

Algoritmo para calcular o día da semana correspondente a calquera data

Logo,era un Mércores

Paso f: nacín no século XX, logo engado0, é dicir, sigo co número 101

Paso e: como o ano non é bisesto sigocon 101

6 2 5 0 3 5

0 6 4 2

Page 8: O Provisional 35

O Provisional 7 abril 2006Páxina 8

A Biblioteca do IES María Sarmiento adoptouA Biblioteca do IES María Sarmiento adoptouA Biblioteca do IES María Sarmiento adoptouA Biblioteca do IES María Sarmiento adoptouA Biblioteca do IES María Sarmiento adoptouo sistema de codificación universalo sistema de codificación universalo sistema de codificación universalo sistema de codificación universalo sistema de codificación universal

Dende comezos deste curso 2005-06 todos os documentos secatalogaron e situáronse segundo a CDU (Clasificación DecimalUniversal), que se utiliza na maioría das bibliotecas, e que tencomo referente a norma ISO 50001.

De agora en diante, os libros ficharanse con números do 0 ao 9(con diferentes apartados en cada un deles, 01, 35, 504, ...). Cadanúmero correspóndese cunhas determinadas materias. (Ver páxinaseguinte). Evidentemente non é necesario aprender de memoriaesta codificación porque existen carteis á entrada e dentro da pro-pia biblioteca; ademais, o grupo deprofesores colaboradores po-den informar máis concretamente e hai folletos á disposición detodos os membros da Comunidade Educativa do IES María Sar-miento, co tempo isto será "coser e cantar".

Fíxate no gráfico das materias, nel verás cales se correspondencon cada número. Nos estantes da "biblio" observarás que coloca-mos os libros segundo o apartado ao que pertencen. Para atoparun libro tes que saber primeiro a que materia pertence (CDU) logoverás dentro de cada apartado os distintos sub-apartados. Os li-bros que pertencen ó mesmo apartado ordénanse alfabeticamentepolo autor, neste caso, por exemplo, os libros de Cela estaránantes que os de Cervantes. Se tamén coincide o autor, a ordedaralla o título do libro, e se tamén coincide, o número de rexistromáis baixo estará antes có máis alto.

Código que lle pertence segundo aCDU (que tamén nos permite utilizarunha letra). Neste caso significa quese trata dunha obra de LITERATURAnarrativa

Sempre en MAIÚSCULAS, fai referen-cia ás tres primeiras letras do apelidodo autor ou autora (neste caso Ca-milo J. CELA)

Sempre en MINÚSCULAS, amosa astres primeras letras do título da obra(neste caso é LA COLMENA, e comosó hai tres espazos o "c" xa non en-tra)

Indica que este é o libro número2368 que hai na nosa biblioteca, oordenador asigna por orde un núme-ro a cada documento que se intro-duce nel

INFÓRMATE NA ETIQUETA

A etiqueta ¡vaia! non é mais que a pegatinaque ten cada documento no seu lombo.APORTA MOITA INFORMACIÓN SOBRE O LI-BRO ou material no que estea. ¡FÍXATE!

82 - N

CEL

la

2368

CURIOSIDADES: PARTES DUN LIBRO

cabeza

PROFESORES COLABORADORES

A figura do profesor colaborador vén funcionado dendehai 5 ou 6 anos, cando se acometeu a ampliación e

reforma da biblioteca; non conta con ningunha reduc-ción horaria nin outra compensación, só pretenden, coa

súa adicación, contribuír á difusión da lectura entre oalumnado. Na acutualidade son profesores colaborado-res: Mariluz Poch Villar, Mariluz Fernández Díaz, Xan

Luís Fernández Fernández, Xosé Cabana Cabana,Jorge Santamariña García, María Jesús Pérez Ramos,

Älvaro Ferreirós Rey, Francisco José Hermida Trastoy,Ángeles Rey González, Rosa Smoza Vila, Mª Josefa

Barreira Rivas, Luís Pablo Fernández Villar, MercedesBallesteros Fernández e Primitivo Marcos Ferreiro

cabezatapa da cara posterior

cabezadagracia ou adorno

etiqueta

nervios

bisagra

lombo

tapa da cara anterior

punta

cellafronte canle diante

contratapasalva garda

cabezadacaxo

cellafronte canle diante

portadaanteportadagardas brancas

gardas a cor

Page 9: O Provisional 35

O Provisional7 abril 2006 Páxina 9

0

2

CIVILIZACIÓN,CULTURA, CIENCIA E

COÑECEMENTO ENXERAL,

BIBLIOTECONOMÍA,DOCUMENTACIÓN,

LECTURA,PERIODISMO

RELIXIÓNBIBLIA

IGREXACRISTIÁ

RELIXIÓNS MITOLOXÍA

O apartado 4 resérvase na CDU para futuras incorporacións. Quen sabe se dentro de pouco tempo teremos que crear un novoapartado para un conxunto de novas materias. ¡A CDU está preparada para crecer!.

HISTORIA,XEOGRAFÍA,BIOGRAFÍAS,VIAXES,HERÁLDICA,ARQUIVÍSTICA

8LINGUA,

LITERATURA,NOVELA,TEATRO,POESÍA,

IDIOMAS,LINGÜÍSTICA,

ESTUDOSLITERARIOS

3CIENCIAS NATURAIS,

CIENCIAS EXACTAS,NATUREZA,

MATEMÁTICAS,ASTRONOMÍA,

FÍSICA E QUÍMICA,XEOLOXÍA,BIOLOXÍA,ECOLOXÍA

CIENCIAS APLICADAS,TECNOLOXÍA, ENXEÑERÍA, SAÚDE,

SANIDADE, MEDICINA,AGRICULTURA,

ADM. DE EMPRESAS, MARKETING,CONTABILIDADE, COCIÑA,

BRICOLAXE, COMUNICACIÓNS,INFORMÁTICA

FILOSOFÍAPSICOLOXÍACIENCIASOCULTAS,ÉTICA

CIENCIAS SOCIAIS,SOCIOLOXÍA,ESTATÍSTICA, POLÍTICAGOBERNO, TRABALLO,DEREITO ECONOMÍA,COMERCIO,

ADMINISTRACIÓNPÚBLICA, POLÍTICA

SOCIAL, EDUCACIÓNTEMPO LIBRE, FOLCLORE,

MULLER

91

ARTE, ESTÉTICA,ICONOGRAFÍA,

ARQUITECTURA,URBANISMO,DEBUXO,MANUALIDADES,

PINTURA,ARTES GRÁFICAS,

FOTOGRAFÍA,DECORACIÓN, CINE,

MÚSICA, TEATRO, DEPORTES,ESPECTÁCULOS

76

CLASIFICACIÓN DECIMAL UNIVERSAL

5

- PRENSA ESCOLAR - Reporteiros en Acción é un programa sociocultural e educativo da

Asociación de Prensa Xuvenil que conta coa colaboración da DirecciónXeral de Cooperación e Comunicación Cultural do Ministerio de Educa-ción, Cultura e Deporte, e coa das concellalías de Xuventude, Cultura

e Deporte de moitos Concellos. Ata agora foron publicados no seu xornaldixital os seguintes artigos de O Provisional:

-Howlin Wolf de Javier Caneda, no apartado de Recreo.- Os meus heroes olímpicos: Jesse Owens de Mariluz Fdez. Díaz, en Deportes.-A igrexa de San Pedro de Valcarría. Apartado de Cultura.

VISITA: http://www.prensajuvenil.org/prin/repor.htm

Page 10: O Provisional 35

O Provisional

7 abril 2006O ProvisionalPáxina 10

O Bruxo do PozoO Bruxo do PozoO Bruxo do PozoO Bruxo do PozoO Bruxo do Pozo

A historia acontece nunha época bas-tante difícil xa que non existían osestudos nin as comodidades que haihoxe en día. Modesto Fernández Díaz,como moitas outras persoas, emigroua Cuba para adquirir estudos de medi-cina, alí pasou uns 34 anos, aproxima-damente, traballando como enfermeiroe foi onde casou. Un día apareceu porBravos na casa da súa irmá, sen darningunha explicación; foi cando quedoua vivir definitivamente no Pozo. Era unveciño coma outro calquera e empezoua facer de curandeiro medio en bromacos amigos, pero o seu métodochegou a ser coñecido de tal forma queeran moitas as persoas que viñan velopara que as curase. Non tiña título ninningún utensilio, pero el sempre dabacoa enfermidade, así sen máis, e logoenviábaos a unha pequena farmaciaque tiña un amigo en Viveiro.

Era moita a xente que viña cabo del,non só de Bravos, senón tamén de lu-gares alonxados, como Ferrol,Ortigueira, As Pontes, Muras, Navia edoutras zonas de Asturias…

Chegaban a reunirse diante da súacasa ata trinta persoas, pero ó non tertítulo non podía cobrarlles, non obstan-te, a xente traíalle xamóns, chourizos,ovos e todo tipo de utensilios que seutilizaban naquel entón.

Era moi difícil de crer xa que a xenteviña sen importarlle as malascondicións dos camiños, pois aestrada non estaba aínda toda feita etiñan que andar desde a antiga escolade Viga, á que podían chegar osminibuses, ata a casa do consideradocomo “O Bruxo do Pozo”. Para iso, ha-

A historia que vou contar non aparece en ningún libro de lendas, páxinas web nin en

calquera dos medios de comunicación, pero si está na mente de todos os veciños da

parroquia de Bravos, que é o pobo onde vivo. Aínda que hai persoas que pensan que non

é certo, están realmente enganadas xa que hai numerosas testemuñas, entre elas meu

pai, que era un raparigo cando isto aconteceu; o meu veciño, que é o sobriño do prota-

gonista da historia, e a filla dunha das persoas que o viviu.

Monserrat Lamelas Cao - 2º ESO C

máis in

formación

máis in

formación

máis in

formación

máis in

formación

máis in

formación

no próximo

no próximo

no próximo

no próximo

no próximo

mero

número

número

número

número

- Vista actual da casa que foi de Modesto Fernández Díaz, no lugar de O Pozo enBravos; actuamente vive nela o seu sobriño Xuxo -

bía que andar máis de medioquilómetro, atravesar un río e andar porun camiño moi perigoso; pero mere-cía a pena. A xente chegaba en coches,a cabalo…Era algo realmente asom-broso.

Pero as cousas comezaron a com-plicarse cando os doutores, que tiñanun verdadeiro título, o denunciaron xaque estaba atendendo a xente sen terun título e quitáballes clientela; foi in-cluso encarcerado, aínda que só porunhas horas, grazas ó seu avogado.Seguiu tratando a xente con totalliberdade, pero non por moito tempo

xa que as protestas dos médicosfixeron que non puidera volver os pa-cientes. O “Bruxo do Pozo” caeu enfer-mo e finalmente morreu no ano 1962.

Hoxe na súa casa vive o seu sobriñoe a muller deste, que foron os que mederon moitos dos datos desta historiaque ata hai uns días descoñecía e queme sorprendeu moito pola forma decurar que utilizaba. Dona Fina, unhamuller amiga da familia, é a filla dundos pacientes do “Bruxo” e lémbraseda fama que tiña este home en todosos arredores.

Intercambio co L ycée Bossuet de Lannion

IX Semana da Prensa

Page 11: O Provisional 35

Páxina 11O Provisional7 abril 2006

A NOSA PROFESORA:

VIAXE A CORUÑA

Cincuenta alumnos de 1º de Bacharelato visitaron na cidade herculinao INEF (Facultade de Ciencias de Actividades Físicas e Deportivas) etamén participaron, no Coliseum, nunha actividade de patinaxe sobre

xeo. (A fotografía recolle o momento de chegada ás instalacións).A viaxe estivo organizada polo Depatamento de Educación Fisica e

foron acompañados polos profesores Francisco Basanta Barro,Mariluz Fernández Díaz e Helena Pérez Inés.

Josefa, nunha foto realizada na viaxe dosprofesores do IES María Sarmiento a Usúrbil,

fai tres anos

- Alumna de 1º de ESO -

A persoa...A persoa...A persoa...A persoa...A persoa...

O seu carácter é, ao principio, dunhapersoa seria e moi esixente, pero amedida que a imos coñecendodámonos de conta que o único quequere é que sexamos responsables emoi estudosos. Nas súa clasesimpónnos respecto e moitas normas edisciplina que nos parecen, ás veces,excesivas, pero todos sabemos quedebería ser así con todos os profes.

Coa gramática inglesa non se llepasa unha; a min gústame comoprofesora e estou contenta nas súasclases, porque despois cando pase para3º de ESO teño asegurado un bo nivel.

A A A A A funcionarifuncionarifuncionarifuncionarifuncionariaaaaa...............

Comezou a dar clase no Colexio SanClemente (O Pindo) no curso 1983-84. Dende o 1984, ata o 1990, estivona Escola-fogar "Santa Rita"de Galdoonde tivo o cargo de Directora.

Dende finais do curso 1989-90 atao 1997-98 foi profesora no CEIP

"Santa Rita"; por mor do proceso deadscrición pasou a dar clase de Inglésno IES María Sarmiento a comezos docurso 1998-99.

MARÍA JOSEFA CARMEN BARREIRA RIVAS

ESTABAÑÓN

Cóntannos que no ano 877, o reiD. Afonso III deulle ao Bispo

Rudesindo I unha vila chamada “Viladas Areas”, ao pé do monte Faro,perto de Xuances. Por desgracia,

hoxe xa non témo-la presencia destavila por tela arruinado o mar.

*****Cando o apóstolo Santiago andabapredicando por Galicia, chegou aEstabañón montado nunha barca

empurrada pola tempestade; candochegou a terra pideu axuda a unveciño zapateiro do lugar quen,

degrazadamente rexeitou axudarlle. Oapóstolo chorou bágoas e bágoas de

amargura subindo ao Monte Faro,lamentándose:“ar revírate Vila,

co debaixo pra riba”*****

Estaba só cando, de repente,enfureceuse o mar de Area e unha ola

xigante somerxeu a Vila.Hoxe en día, dende un lugar

segreto, pódese ver no fondo dalagoa a torre da Igrexa e oír o son das

campás.

Mery Purriños Ares 2º ESO A

VIAXE FINAL DEETAPA

Os alumnos de 4º de ESO, coordina-dos pola Vicedirectora, Gema RenaMonteserín, ultiman os detalles daviaxe final da ESO que realizarán afinais deste mes.

Está previsto que sexa Valencia o lu-gar de destino, para visitar Terra Míticaasí como diversas obras do arquitectoSantiago Calatrava.

Ata o de agora, non se sabe que pro-fesores os acompañaran na tan ansia-da viaxe.

Informaremos no próximo número.

Page 12: O Provisional 35

O ProvisionalPáxina 12 7 abril 2006

OS ALUMNOS DE ELECTROMECÁNICA DO VEHÍCULOPRESENTARON UHA MAQUETA DE SON

O sol repite o seu percorrido aparenteaproximadamente cada 24 h á metade de

velocidade da agulla pequena do reloxo de talxeito que ao medio día está ó sur (por estarmosno hemisferio norte). En Viveiro é medio día ás13:30:19 h en horario de inverno (GMT+ 1h

+4minutos X lonxitude de Viveiro) e ás14:30:19 h en horario de verán (hora oficial).

A altura que levanta o sol desde ohorizonte ó medio día en Viveiro é:

· Mínima no solsticio de inverno que éduns 23º (90º - latitude de Viveiro- 23.5º)

· Mediana nos equinocios queé duns 46º (90º - latitude de Viveiro)

· Máxima no solsticio de verán que é duns70º (90º - latitude de Viveiro+ 23.5º)

Se colledes un reloxode agullas e ás 13:30:19

h (ás 14:30:19 h nohorario de verán)

poñédelo nas 12h xatedes unha brúxula

solar: poñendo o reloxoen horizontal coa agullapequena apuntando ó

sol, a bisectriz doángulo que fai a agulla

pequena coas 12hmarca o sur (dirección N-S). A única pega é que en febreiro o

sol vai retrasado case un cuarto de hora e en novembroadiantado outro cuarto.

SOL SUR

-Cán

dido

Dac

osta

Lag

o-

Vicente Iglesias Gómez, Borja Martínez Martínez, Iago Campo Fernández,Adrián Fraga Pérez e Isaac Rubal Casas (non aparece na foto) un grupo de

alumnos de 2º curso do Ciclo Medio de "Electromecánica do Vehículo"realizaron unha maqueta cos últimos avances en materia de son aplicado aoautomóbil como colofón ao traballo que desenvolveron no 1º trimestre no

módulo de "Sistemas de Seguridade e Confortabiliadade".Durante unha semana expuxeron a tódolos alumnos e persoal o traballo

realizado, co cal se senten moi orgullosos dado que foi realizado integramentepor eles, incluíndo o deseño do circuíto e o panel.

-Fixemos un pouco de todo: deseñar, pintar, de electricistas..-. sinalou undos compoñentes do grupo.

____________________________Noutra orde de cousas, O Departamento de Mantemento de Vehículos

organizou unh viaxe pedagóxica para os alumnos de "Electromecánica" e"Carrocería" a Santiago para visitar a factoría de Castrosúa; tamén

aproveitaron para estar nas instalacións de Noyamovil. O xantar realizárono noIES Compotela (Escola de Hostalería) en Lamas de Abade.

ACCESO AO SISTEMAUNIVERSITARIO DE GALICIA

Os alumnos de 2º de Bacharelato ede 2º curso dos ciclos superiores par-ticiparon nas "VIII Xornadas sobre aestrutura e acceso ao sistema univer-sitario de Galicia" que se celebraronno Teatro Pastor Díaz de Viveiro o pa-sado 9 de marzo. Como complemen-to a esta información recibirán proxima-mente un exemplar da publicacion"Ensino Superior en Galicia"

DEPARTAMENTO DEADMINISTRATIVO

O 9 de marzo, os alumnos de"Xestión Administrativa" e de "Adminis-tración e Finanzas" visitaron, en San-tiago de Compostela, o Parlamento deGalicia, o Museo do Pobo e o CentroGalego de Arte Contemporáneo.Canda eles viaxaron os profesores Ge-neroso Ramallal Dopacio e ÁlvaroFerreirós Rey.

CINENSINOPara os alumnos de 1º e 2º de ESO

proxectourse, o 8 de marzo, a película"Descubrindo nunca xamais", dentro doplano de Cinensino. María Guerreiro eRaquel Solla foron, xunto cos titoresdos grupos, as encargadas de acom-pañar aos alumnos ata Viveiro.

DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

Os alumnos de Francés de 3º e 4º deESO e Bachillerato estiveron na Coru-ña o 13 de marzo, acompañados porMariluz Poch Villar, Helena Pérez Inés eMª Jesús Pérez Ramos, para ver a obrade teatro "Le malade imaginaire" no IESCruceiro Baleares.

¿on

de e

stá

o so

l?

Page 13: O Provisional 35

O Provisional Páxina 13

Encontro cosempresarios

O departamento de Mantementode Vehículos Autopropulsados orga-nizou, o pasado 29 de xaneiro, unhasesión de traballo con tódolos empre-sarios e responsables dos talleres dereparación de automóbiles das comar-cas de A Mariña e Ortegal.

Na mesma analizáronse diferentesaspectos relacionados coa formacióne fixéronse propostas concretas de caraa mellorar a comunicación entre o sec-tor académico e produtivo.

7 abril 2006

intercambio cointercambio cointercambio cointercambio cointercambio coLycée Bossuet deLycée Bossuet deLycée Bossuet deLycée Bossuet deLycée Bossuet de

LannionLannionLannionLannionLannionDende o pasado 28 de

marzo ata fai dous día, osalumnos de 4º de ESO que

cursan como Idioma Francésparticiparon no intercambioque organizou o Departa-

mento que coordina MariluzPoch Villar.

En total viaxaron 12 alum-nos acompañados pola profe-

sora Helena Pérez Inés.

-Máis información e fotos no próximo número-

O dragón de PiagoO dragón de PiagoO dragón de PiagoO dragón de PiagoO dragón de Piago

É unha noite calma. Brillan as estrelas noceo prateado, sopra unha brisa que fairumorear os xuncos da ribeira.

No río Landro un son metálico apagadoemerxe na profundidade da lóbrega.Prodúceo unha campá dunha ermida fundidanun dos meandros do río. É baixamarprofunda e o refluxo forte da marea move obadalo. Escóitase a moitas leguas á redonda.

Ao mesmo tempo escóitase un ruxido quefai fuxir a todos os seres vivos dosarredores; é horrible, expándese por todo oval. Do pozo sae unha cola espumosa demás de vinte metros que golpea furiosamenteas augas e árbores da beira. É o gardiáneterno da campá, é o dragón de Piago, ex-citado polo son da campá...

- Alumnos de Lannion na bilioteca do noso centro durante o intercambio de 2004 -

Por Mariluz Fernández Díaz

OS MEUS HEROES OLÍMPICOS: Mar ia Mutola

Maria Mutola é unha das atletas quemáis admiro dentro e fóra das pistasde atletismo. Creo sinceramente quechegado a un punto de excelencia noteu traballo e ó recoñecemento mun-dial, todo profesional, home ou muller,debería apostar por facer algo paraque o mundo sexa un sitio mellor ondevivir. Esto é o que fai Maria Mutola.Veredes:

Con 33 anos, esta mozambicana deMacuto é unha lenda viva na historiado Atletismo, en concreto dos 800metros. Ía para futbolista, pero un “olleador”do programa Solidariedade Olímpica,rescatouna para o atletismo (becárona enEstados Unidos). E dende o ano 1993poucas probas se lle escaparon a estamusculosa atleta. Posúe tres medallas deouro en campionatos do mundo (1993, 2001e 2003), una de prata (1999) e outra de bron-ce (1997). No que respecta a campionatosen pista cuberta, acaba de pasar á historiapor alcanzar un total de sete medallas deouro (1993, 1995, 1997, 2001, 2003, 2004 e2006), aparte dunha de prata (1999). E porsuposto, no referente ós xogos olímpicos,tampouco se queda curta, xa que ten unhamedalla de ouro (2000) e outra de bronce(1996). Pero a cousa non acaba aí. A “GoldenLeague” (que é un conxunto de seiscompeticións atléticas, realizadas en noutrastantas cidades, e no que participa o mellordo mellor no atletismo mundial) concedecomo premio a aqueles atletas que gañen asúa proba nas seis competicións, un totalde 50 “quiliños de ouro” (un millón de dóla-res, é dicir, unha salvaxada de cartos) arepartir entre os que o consigan. Pois ben,Maria Mutola, no ano 2003 conseguiuno para

ela soa. ¿E que fixo cos cartos? Aquí vén oque máis me gusta. Doou a maior parte dopremio á Fundación que leva o seu nome eque se dedica a escolarizar e becar a nenosafricanos en Estados Unidos para quepoidan practicar o atletismo. Segundo a súaspalabras -“o máis importante para min éque a fundación siga motivando ós mozose que en Pekín 2008 o meu país teña unequipo de entre 12 ou 15 atletas”-. Incrible.Pero tampouco acaba aí a cousa. A ONUnomeouna “Emisaria da Xuventude” dentrodo programa das Nacións Unidas para oDesenvolvemento. Este programa ten comoobxectivos reducir a pobreza, aenfermidade, o analfabetismo, a degrada-ción do medio ambiente e a discriminacióncontra a muller.

Respecto a Maria Lurdes Mutola só teñounha mágoa: que non lle concedesen o pre-mio “Príncipe de Asturias” do deporte no ano2002. Ese ano tamén optaba a ese premio aselección brasileira de fútbol. ¿Sabedesquen gañou? En fin, se os ídolos están paraimitalos (ou tentar facelo), dende o meu puntode vista, aí tedes un gran exemplo. Comodeportista e como persoa. Adrián Casas Sánchez - 2º ESO

Page 14: O Provisional 35

7 abril 2006Páxina 14 O Provisional

A carón do blues

SOLICITUDE DE PRAZA PARA CURSAR EDUCACIÓN SECUNDARIACURSO 2006-07

-ALUMNOS PROCEDENTES DE COLEXIOS NON ADSCRITOS-PRAZO: DO 16 DE MARZO AO 18 DE ABRIL

NOTA: AS PRAZAS QUE SE OFERTARÁN SON AS QUE PODAN QUEDAR DISPOÑIBLESDESPOIS DA ESCOLARIZACIÓN DOS ALUMNOS DO PROPIO CENTRO E DOS COLEXIOS DE

VICEDO, OUROL, GALDO E CELEIRO

DISCOGRAFÍA SELECCIONADA:- Otis Spann Is The Blues

- Walking Blues- The Blues Never Die!

- The Blues Is Where It´s At- The Bottom Of The Blues- The Blues Of Otis Spann

" OTIS SPANN"Por Javier Caneda González

Muddy Waters tiña o prototipo de banda blues de Chicago nos anos cincuenta e sesenta, e en Otis Spann unformidable pianista que o acompañou durante case dúas décadas e que foi capaz de gravar varios álbums en

solitario cunha calidade musical máis que considerable.

guitarrista Robert Jr. Lockwood, onde amosa claramente assúas armas: unha voz cálida e profunda e unha técnicabaseada nunha man esquerda con moita mobilidade (inspira-

da no seu mestre Big Maceo) e unsbaixos ambulantes que conseguencrear unha tensión dramática con tanso dúas notas. Na miña opinión esteé un dos seus dous ou tres traballosmáis inspirados.

Seguíronlle outros discos tamén demoi alto nivel como “The Blues NeverDie!” (xunto ó harmonicista JamesCotton), “Walking Blues” (acompa-ñado do tamén pianista Saint LouisJimmy), “The Blues Is Where It´s At”ou o excelente “The Blues Of OtisSpann” gravado en Londres.

A comezos da década dos setenta,acompañado polo grupo británicoFleetwood Mac, obtivo o seu únicoéxito comercial co intenso “HungryCountry Girl” (do álbum “The BiggestThings Since Colossus”) dedicado asúa dona, a cantante Lucille Spann.Pero por un capricho do destino,faleceu poucas semanas antes da pu-

blicación do single víctima dun cáncer. Era o 24 de abril de 1970.

Spann naceu en Jackson, Mississippi, o 21 de marzo de1930. Comezou tocando o órgano na igrexa do seu pai, da queera reverendo, en Clarksdale. En 1942 emigrou cos seus paisa Chicago onde comezou a boxear e axogar o fútbol, ata que un encontro cotamén pianista Big Maceo o empurroua retomar o piano e a dedicarse total-mente ó blues.

A comezos dos anos cincuentaMuddy Waters andaba na procura demúsicos para completar a súa banda eviu tocar a Otis cun dos moitos gru-pos para os que traballaba. En 1952contratouno e xa non deixaría de tocarcon el, xa fose en directo ou en estu-dio, ata a súa morte. Converteuse destexeito na espiña dorsal da MuddyWaters Blues Band, dándolle unhaconsistencia que favoreceu enorme-mente o seu éxito definitivo ataconverterse na maior referencia doblues en Chicago.

No festival de Newport, en 1960,produciuse un feito decisivo que mar-caría a súa carreira: interpretou en so-litario o tema “Goodbye NewportBlues” que pechaba o concerto de Muddy no festival. Estetema, que quedou para a posteridade no álbum “MuddyWaters at Newport”, composto xunto con Langston Hughesa raíz dos graves incidentes que tiveron lugar neste festival,centrou a atención sobre el. A partir de aquí, animado polosseus compañeiros e durante toda a década dos sesenta,comezou a gravar en solitario numerosos álbums acompaña-do en moitas ocasións, como non, polo propio Muddy e asúa banda.

A finais dese mesmo ano gravou o seu primeiro álbum,“Otis Spann Is The Blues”, acompañado unicamente polo

Page 15: O Provisional 35

Páxina 157 abril 2006 O Provisional

EntrEntrEntrEntrEntregado o pregado o pregado o pregado o pregado o premio á inovación educativaemio á inovación educativaemio á inovación educativaemio á inovación educativaemio á inovación educativaen materia de enerxías ren materia de enerxías ren materia de enerxías ren materia de enerxías ren materia de enerxías renovablesenovablesenovablesenovablesenovables

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

A empresa Saclima, SL de Valencia,entregou o pasado 22 de decembro aoDepartamento de Tecnoloxía o materialdidáctico correspondente ao segundopremio á "innovación en materia de ener-xías alternativas 2004-05", do que infor-mámos nas páxinas centrais do núme-ro anterior de O Provisional.

Nas fotografías podemos ver, á esquer-da, o panel fotovoltaico que ademais levaincorporado todo o sistema de carga e

¿Que é a ENERXÍA SOLAR FOTOVOLTAICA?

As instalacións de enerxía solar fo-tovoltaica aproveitan a radiación solarpara xerar unha corrente eléctrica, quepode utilizarse directamente, vender-se, ou almacenarse en forma de ener-xía química en baterías.

Estes usos dan lugar ós dous tipos de instalacións : ins-talacións fotovoltaicas conectadas á rede e instalaciónsfotovoltaicas illadas.

As instalacións fotovoltaicas conectadas á rede utilízanseen lugares aos que chegan as liñas eléctricas, estando ainstalación interconectada á rede. Así, pódese utilizar a ener-xía que se vai producindo para consumir e vender os exce-dentes ou toda enerxía producida.

En canto ás instalacións fotovoltaicas illadas, resultan moiútiles naqueles sitios ós que non chega a rede eléctricaconvencional. Teñen o inconveniente de que necesitan unsistema de acumulación (baterías).

Algunhas exemplos desta aplicación son: electrificaciónde vivendas e núcleos iIIados, Iluminación pública, bombeode auga, sinalización en vías públicas e telecomunicacións.

¿Que é a ENERXÍA SOLAR TÉRMICA?

A instalaciónsde enerxía solartérmica aproveitana radiación solarpara quentar unfluído. O seu fun-cionamento ba-séase en facer quentar un líquido e facelo circular polo inte-rior dun panel, onde se consegue unha alta temperatura.

As aplicacións características deste tipo de instalaciónsson: quentamento de auga, calefacción, climatización depiscinas, etc.

Debemos ter en conta que, nunha vivenda unifamiliar, ainstalación de aproximadamente 4 m2 de paneis solarestérmicos pode chegar a reducir ata un 70% o consumo ener-xético para o quentamento de auga; o inconveniente é que omáximo rendemento dáse nos meses de verán cando, porexemplo, non se usa a calefacción que, mediante o uso dechan radiante, pode ser outra aplicación moi interesante.No caso de climatización de piscinas conséguense aforrosmedios dun 60 ou 70% do consumo enerxético.

redistribiución da enerxía almacenada; ádereita vemos un colector para a produ-ción de auga quente que incorpora, ade-mais do sistema de captación, un tanqueacumulador cunha capacidade de 160 li-tros, bombas e sistema completo de re-gulación e control.

En principio, o material vaise destinarao apoio nas clases de Tecnoloxía daESO e Bacharelato, aínda que o Depar-tamento ten solicitado á Dirección a crea-

ción dunha aula específica para tódolosproxectos de innovación que se estándesenvolvendo.

Para este ano, segundo sinalou o Xefede Departemento, Luís Mel Galocha,están a traballar nun colector parabólicocon seguimenteo autónomo para a pro-dución de auga quente, co cal volveránparticipar na convocatoria anual conxuntaentre o INEGA e a propia Consellería deEducación.

MÁIS INFORMACIÓN EN: http://www.inega.es ou no Departamento de Tecnoloxía do IES María Sarmiento

Page 16: O Provisional 35

Páxina 16 7 abril 2006O Provisional

UN TEMA VITAL

Durante os anos 1995 e 1996 a Dirección Xeral de Saúde Pública puxo en marchaunha campaña de vacinación masiva coa vacina de polisacáridos A+C, única dispoñible

nese momento, para todas as persoas que tiñan entre 18 meses e 19 anos, que sedesenvolveu entre decembro de 1996 e xaneiro de 1997.

Esta campaña tivo unha alta taxa de cobertura, chegando a máis do 85% da poboacióndiana, e, como resultado conseguiuse un descenso moi importante dos totais de

enfermidade meningocócica C.A partir do ano 2000 recomendouse a vacinación coa nova vacina conxugada fronte aoserogrupo C de todos os nacidos a partir de xaneiro de 1993, á vez que se icluía un

calendario sistemático de vacinacións aos 2, 4 e 6 meses de idade.Todas estas actuacións levaron á diminución da aparición de casos desta enfermidade,

pero a partir da tempada 2003-04 comezouse a detectar un lixeiro e continuado aumentona incidencia así como un incremento da mortalidade, especialmente na poboación maior

de 13 anos; esta tendencia mantívose no 2004-05, e estase a repetir nesta.Probablemente estes feitos teñan que ver coa diminución da protección da vacina

polisacárida, co paso do tempo e tamén ao aumento da exposición.Nesta situación constátase a necesidade de establecer unha camapaña de vacinación

con captación dos grupos de idade máis afectados, a sinalada na columna da esquerda, coobxecto de protexer o maior número de persoas posibles, tanto pola protección directa que

proporciona a vacina como pola inmunidade do grupo conferido pola vacinación.

Para faclitar ao máximo a accesibilidade á vacinación de todos os estudantes incluídos na idadede risco, as Consellerías de Sanidade e Educación acordaron vacinar ao alumnado dentro do

propio centro educativo: no caso do IES María Sarmiento desprazouse persoal facultativo do Centrode Saúde de Viveiro para realizar esa acción.

Campaña extraordinaria de vacinación antimeningocócicaCampaña extraordinaria de vacinación antimeningocócicaCampaña extraordinaria de vacinación antimeningocócicaCampaña extraordinaria de vacinación antimeningocócicaCampaña extraordinaria de vacinación antimeningocócica

TVAULA

PLÁSTICA

XUSTIFICACIÓN DA CAMPAÑA

MÁIS INFORMACIÓN:http://dxsp.sergas.es/default.asp

A QUEN SE VACINATodos os alumnos e calquera outro

persoal do centro educativo nacidos entre o1 de xullo de 1980 e o 31 de decembro de1992, é dicir, as persoas que teñen entre 13e 25 anos (ambos inclusive) forman partedo colectivo ou poboación diana a quen sedirixe esta campaña.

Administrarase unha dose única no pe-ríodo comprendido entre o 6 de febreiro e o30 de xuño deste ano; para os alumnosque, por calquera motivo non puideronvacinarse no centro, poden acudir aoCentro de Saúde de Viveiro ou contac-tar co seu médico de cabeceira.

A ENFERMIDADE:Que é unha meninxite?

É unha enfermidade contaxiosa que con-siste na infección das meninxes, as mem-branas que rodean e protexen o cerebro e amédula espiñal. Esta enfermidade pódenaproducir:

- Virus: son as meninxites víricas, nor-malmente máis benignas así como as máisfrecuentes.

- Bacterias: son as que causan as me-ninxites bacterianas, moito máis severas eperigosas, podendo evolucionar fatalmenteou deixar graves secuelas.

Como se contaxia a meninxitemeningocócica?

Os meningococos son bacterias que for-man parte da flora normal da nasofarinxe.De feito aproximadamente un 5% da po-boación son portadores do meningococo, édicir, que o levan na gorxa sen que causeningunha patoloxía o que lle permite desen-volver anticorpos antimeningocócicos dan-do lugar á chamada inmunidade natural.

O contaxio prodúcese de forma directade persoa a persoa, a través da saliva evese facilitado en comunidades pechadas,colexios, etc.