Instalacion de Ubuntu

20
AndroVac AinfoVac – ERP Agrogandeiro Ubuntu 11.04

description

Instalación de Ubuntu Paso a Paso

Transcript of Instalacion de Ubuntu

Page 1: Instalacion de Ubuntu

AndroVac AinfoVac – ERP Agrogandeiro

Ubuntu 11.04

Page 2: Instalacion de Ubuntu

AndroVac AinfoVac – ERP Agrogandeiro

Edita: Federación EFA de Galicia

2ª Edición Setembro 2011Autor: José Manuel Campos GerpeMail: [email protected]: www.ainfogra.com

Copyright-Copyleft© 2010. Federación EFA GaliciaEste documento está baixo a licencia Creative Commons Attribution - NonCommercial - ShareAlike - : Permítese a copia, distribución e uso da obra, sempre e cando se recoñeza a autoría e non se empregue a obra con fins comercial –a non ser que se obteña o permiso expreso do autor. O autor permite distribuír obras derivadas desta só si se mantén a mesma licencia. Esta nota non é a licencia completa senón unha tradución orientativa da licencia orixinal completa que se pode atopar en: http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/1.0/legalcode

Page 3: Instalacion de Ubuntu

AndroVac AinfoVac – ERP Agrogandeiro

> Descargar Ubuntu

Ubuntu pódese obter fácilmente a través da web.

Acedemos a www.ubuntu.com. Na pantalla principal atopamos o botón Download Ubuntu.

Na seguinte ventá temos a opción de elexir que versión descargar. Imos escoller a última versión dispoñible, a 10.10.

E clicamos no botón Start Download.

Page 4: Instalacion de Ubuntu

AndroVac AinfoVac – ERP Agrogandeiro

Abrirase unha ventá de diálogo preguntando que facer co ficheiro, abrir ou gardalo, escolleremos gardar.

Nota: a descarga leva o seu tempo, son aproximadamente 700 Mg, polo que dependendo da nosa conexión a internet o tempo varíará de varios minutos ata horas.

Unha vez rematada a descarga debemos localizar o ficheiro descargado, co nome ubuntu-10.10-desktop-i386.iso.

Crear o CDROM. (queimar)O seguinte paso é gravar a imaxe nun cdrom. Para iso abrimos o programa que empregamos habitualmente para gravar cds e buscamos a opción Gravar imaxe. Non hai que gravar o ficheiro no disco como tal, o que hai que facer e gravar a imaxe no cd, por tanto debemos buscar no programa de gravación a opción gravar imaxe, escoller a imaxe descargada e finalizar o proceso.

Nota: Ademais de crear o cd para a instalación, é posible facer o mesmo con unha unidade de memoria USB.

Page 5: Instalacion de Ubuntu

AndroVac AinfoVac – ERP Agrogandeiro

> Iniciar Ubuntu dende o Cd

Unha vez dispoñemos do cd, debemos colocalo na unidade de cdrom do noso ordenador e iniciar dende o mesmo.

Un ordenador pode iniciar dende o disco duro (caso habitual) ou dende calquera unidade conectada ao mesmo(CDRom, USB...), por defecto o ordenador busca un sistema operativo no disco duro, e se non atopa nada buscaría no cdrom, usb... incluso disketera.

Cando iniciamos o equipo, por norma xeral, temos a posibilidade de acceder ao orde no que o equipo busca un sistema operativo. O noso obxetivo e indicarlle ao ordenador que debe iniciar dende o cdrom en primeiro lugar.

En moitos equipos “actuais” temos a posibilidade de clicar algunha tecla, xusto cando inicia o equipo, para indicarlle onde buscar o Sistema Operativo, por norma xeral son as teclas F9, ou F10, ou F11, dependendo da placa do noso equipo. Para averiguar isto podemos observar ao iniciar o equipo algunha mensaxe na parte inferior da pantalla indicando por exemplo: F9 Boot Order. Do contrario teremos que consultar o manual da nosa placa base.

Page 6: Instalacion de Ubuntu

AndroVac AinfoVac – ERP Agrogandeiro

Logrado que o ordenador inice dende o cdrom comezará a carga do sistema operativo, pero sen realizar ningún cambio no disco duro, deste xeito se reiniciamos o equipo non surirá ningún cambio.

A primeira pantalla que vemos é a de carga do sistema, se non se produce ningún erro, veremos a seguinte ventá:

Na mesma debemos elexir o idioma no que se cargara Ubuntu, eleximos galego. E teremos duas opcións, Install Ubuntu, con esta opción comezará o proceso de instalación do sistema no disco duro directamente, e Try Ubuntu na cal cargaremos o escritorio de Ubuntu dende o cdrom, unha vez cargado podemos instalalo, comprobar o funcionamento, ou simpremente empregalo sen instalar nada.

Darémoslle a Try Ubuntu para cargar o sistema dende o cdrom e así poder comprobar o seu funcionamento antes de instalalo definitivamente.

Page 7: Instalacion de Ubuntu

AndroVac AinfoVac – ERP Agrogandeiro

Unha vez rematado o proceso podemos ver o escritorio de Ubuntu en pleno funcionamento:

Dende este escritorio podemos comprobar o funcionamento de Ubuntu no noso equipo, tendo en conta que o funcionamento será moi lento, xa que está a funcionar dende o cdrom.

Se nos fixamos no escritorio vemos un icono “Instalar Ubuntu 10.10”. Este permitiranos instalar o sistema operativo no noso disco duro.

Clicamos duas veces no icono para iniciar o proceso de instalación.

Page 8: Instalacion de Ubuntu

AndroVac AinfoVac – ERP Agrogandeiro

Os pasos a realizar durante a instalación son os seguintes:

Escolla do Idioma:Debemos escoller o idioma da instalación. Eleximos Galego

Asignar espazo no disco duro:Este é un dos procesos mais delicados, xa que podemos eliminar todo o contido do noso disco duro. Imos explicar o procedemento no caso de instalar Ubuntu nun ordenador sen sistema operativo. Neste caso imos empregar todo o disco duro para a instalación de Ubuntu.

Temos duas opcións, empregar o disco duro completo, deste xeito o propio instalador se encarga de borrar e particionar o disco segundo o considere nedesario.E a outra opcion “Especificar as par...” permítenes partir o disco como nos queiramos. Eleximos esta última.

Page 9: Instalacion de Ubuntu

AndroVac AinfoVac – ERP Agrogandeiro

No exemplo dispoñemos de dous discos duros. En Linux os discos identifícanse por hd (no caso de discos IDE) e sd (No caso de discos SATA). Se temos dous discos duros a súa identificación será sda e sdb. No exemplo dispoñemos de dous discos, o segundo disco ten instalado Windows, e o primeiro disco está baleiro. Por tanto imos empregar este disco completo para instalar Ubuntu.

Na instalación de Ubuntu é recomendable crear tres particións (ainda que con unha chegaría).

1º Partición: Partición Raíz, cun espazo de entre 6-10Gb para o sistema. (Punto de montaxe \)

Page 10: Instalacion de Ubuntu

AndroVac AinfoVac – ERP Agrogandeiro

2º Partición: Partición Home, cun espazo correspondente ao resto do disco dispoñible menos uns 3-6Gb (dependendo do tamaño da meoria RAM). Esta partición vai conter todos os documentos dos usuarios.

3º Partición: Partición Swap. Esta partición é para o sistema, e emprégase como memoria virtual.

Para crear unha partición debemos clicar no espacio baleiro – Engadir

Na ventá de engadir temos as seguintes opcions:

Page 11: Instalacion de Ubuntu

AndroVac AinfoVac – ERP Agrogandeiro

Tipo de partición: deixar o valor que se carga por defecto.

Tamaño: Tamaño en megabites que vai ter a partición

Posición: Indica se a partición se vai facer ao principio do disco ou ao final, deixaremos por defecto ao comezo.

Empregar como: Indica o sistema de ficheiros a empregar na partición, deixaremos ext4, xa que é o mais actual, e ten diversas vantaxes respecto a ext3.

Punto de Montaxe: Indica como vai emrpegar o sistema a partición. (\) indicar que vai ser a partición raíz. (home) indica que vai ser a partición onde se almacenen os datos dos usuarios...

Page 12: Instalacion de Ubuntu

AndroVac AinfoVac – ERP Agrogandeiro

Una vez rematadas as particións clicaremos no botón Instalar para comezar o proceso de instalación.

Se desexamos facer unha instalación dual, e dicir, temos un equipo con Windows instalado e desexamos instalar tamén Linux, debemos ter especial coidado co particionado do disco. Por norma xeral debemos reducir o tamaño dunha partición de windows de xeito que quede espacio libre no disco sen particionar.

Se empregamos Windows 7, podemos empregar o Administrador de discos do propio windows para reducir unha partición. No caso de empregar windows Xp podemos utilizar o propio xestor de particións de ubuntu, seleccionando a partición e clicando en Cambiar. Indicaremos o novo espacio a ocupar pola partición e o programa encargarase de reducila deixando espazo libre para a instalación de Ubuntu.

Nota: Debemos facer sempre copia de seguirdade dos nosos datos, xa que pode perderse a información no proceso.

Page 13: Instalacion de Ubuntu

AndroVac AinfoVac – ERP Agrogandeiro

Ao clicar en instalar mostrarase a seguinte ventá:

Na mesma fanse comprobacións respecto a se o espazo en disco é suficiente, se o equipo está conectado a rede eléctrica e se dispoñemos de conexión a internete.

Asimesmo podemos marcar que o programa descargue as actualizacións mentras instala así como a posibilidade de instalar software de terceiros, que non é outra cousa que descargar os codec de audio e video, flash... así como o soporte completo para o idioma galego.

Clicaremos en Adiante para comerzar o proceso de instalación

Page 14: Instalacion de Ubuntu

AndroVac AinfoVac – ERP Agrogandeiro

Terminada a instalación mostra-rase unha mensaxe indicando se desexamos seguir traballando dende o cdrom, ou reiniciamos o equipo para ver disfrutar da instalación realizada.

Debemos reinicar o equipo

Page 15: Instalacion de Ubuntu

AndroVac AinfoVac – ERP Agrogandeiro

INICIO DUAL

Se dispoñemos de windows e linux instalados no mesmo equipo, ao iniciar o equipo mostrarase o seguinte menú:

Se deixamos o equipo durante 10 segundos iniciará automáticamente a primeira opción: Ubuntu.Se desexamos iniciar windows debemos desprazarnos coas frechas do teclado ata poñernos enriba de Windows.... e clicar enter. Deste xeito iniciaremos windows.

Page 16: Instalacion de Ubuntu

AndroVac AinfoVac – ERP Agrogandeiro

Notas:

Page 17: Instalacion de Ubuntu

AndroVac AinfoVac – ERP Agrogandeiro

Notas:

Page 18: Instalacion de Ubuntu

AndroVac AinfoVac – ERP Agrogandeiro

Notas:

Page 19: Instalacion de Ubuntu

AndroVac AinfoVac – ERP Agrogandeiro

Notas:

Page 20: Instalacion de Ubuntu

AndroVac AinfoVac – ERP Agrogandeiro