converting... Festas do Queixo de Arzua 2010

9

Transcript of converting... Festas do Queixo de Arzua 2010

Page 1: converting... Festas do Queixo de Arzua 2010

8/8/2019 converting... Festas do Queixo de Arzua 2010

http://slidepdf.com/reader/full/converting-festas-do-queixo-de-arzua-2010 1/8

Page 2: converting... Festas do Queixo de Arzua 2010

8/8/2019 converting... Festas do Queixo de Arzua 2010

http://slidepdf.com/reader/full/converting-festas-do-queixo-de-arzua-2010 2/8

     m     a     r     z     o

2

domingo 710.00 h. APERTURARECINTO FEIRAL TERRADO QUEIXOAo longo do día, concurso “foto da Festa do Queixo” (<18a)11.00 h Pasarrúas grupo de gaitas: "Reviravolta"11.00 h -18:00h Catas comentadas de queixo con mel e outros produtos dacolmeaLugar: Feira do gando S/N, Santa María -Arzúa- +info 981508141Organizadas polo Centro de Divulgación do Queixo e do Mel

13:00h Concerto "Alba Lírica Gospel" (Madrid)Praza de Galiza13.30 h Degustación popular de queixoEn colaboración co C.R.D.O.P. Arzúa-UlloaRecinto feiral (stand 1º andar)16:00h Pasarrúas, grupo de gaitas: "Reviravolta"17: 00 h Festa e música polas rúas de Arzúa: "Compañía Gostoso Pa +"17.00 h Galiza Pulgas Circus”: circo de pulgas d@s irmaos CarruseloRecinto feiral (1º andar)19.30 h. FESTIVALDO QUEIXOAnxo Lorenzo | Praza de Galiza | 19.30 hmyspace.com/anxolorenzoMutenrohi | Praza de Galiza | 21.00 hwww.mutenrohi.com21.00 h PECHE RECINTO FEIRAL

arzúa2010Venres 5

IV Concurso de tapas e petiscos “Festa do Queixo”Nos establecementos de hostalaría de ArzúaOrganizado polo do C.R.D.O.P. Arzúa-Ulloa e a Asociación de Hostaleiros de Arzúa.Noite de troula coa rondalla MoraimaNos locais de hostalaría, rúas e prazas de Arzúa

sábado 611.00 h. APERTURA DE PORTAS RECINTO FEIRALTERRA DO QUEIXOO recinto feiral é un espazo de intercambio que nos achega ao mundo doqueixoNo posto da Organización haberá planos, información e artigos da festaVenda e mostra de queixosExposición “Concurso de cartaces 35ª Festa do Queixo” (1º andar)Ao longo da mañá,pasarrúas a cargo do grupo de gaitas: "As sobreiras do Ulla"Ao longo do dia,concurso “foto da festa do queixo” para a mocidade (<18a). Premio dunhacámara dixital.Bases en www.festadoqueixo.org11.00h - 19.00h. Intervención Artística/Obradoiro de Graffite(>14a). Inscrición de baldeCampo de fútbol11.00h - 13.00h: " ACaixiña dos Mistos".Proxección de cinema infantil e actividades lúdicas e didácticas arredor das películas. (<14a)..Campo da feira16:00h - 20:00h: " Obradoiro de stop motion"Primeira experiencia coa creación audiovisual para os máis cativos.Creación de pezas audiovisuais de animación técnica stop-motion conplastilina.Recinto feiral

13.00 h. INAUGURACIÓN E PREGÓN 35ª FESTADO QUEIXOInauguración oficialEntrega de Premios “Concurso de cartaces Festa do Queixo”Pregón : Séchu Sende, escritor Premio Blanco Amor coa novela Orixe (2003). Premio Anxel Casal ao Me-llor Libro do Ano Made in Galiza (2007)Actuación coro: "Alba Lírica Gospel" (Madrid)16.30 h Pasarrúas grupo de gaitas: "As sobreiras do Ulla"18.00 h. FESTIVALDO QUEIXOQueixo Maquetón | Praza de Galiza |18.00 h (grupos finalistas)Willy Naves | AsturiasBelöp | GalizaBongo Experience CatalunyaSecond | Campo da Feira | 21.30 h«rinôçérôse» | Campo da Feira | 23.30 h

Queixo Maquetón | Praza de Galiza, 01.30 h (grupo gañador)21.00 h PECHE RECINTO FEIRAL

Page 3: converting... Festas do Queixo de Arzua 2010

8/8/2019 converting... Festas do Queixo de Arzua 2010

http://slidepdf.com/reader/full/converting-festas-do-queixo-de-arzua-2010 3/8

m arz o

3

ANTÓN FERNÁNDEZ ESCUREDO

-Como se converte unha festa gas-tronómica en todo un evento socio-eco-nómico-cultural e tamén gastronómi-co?

-Penso que pola propia dinámica dun-ha das primeiras festas gastronómicas quehoubo en Galiza, este ano celebramos a35º edición. Se só queda como festa gas-tronómica acaba anquilosándose e per-dendo interese. Conseguimos atraer axente a Arzúa e por ese motivo era necesa-

rio dar o paso.-A programación cada vez está máis

traballada. Esta edición non é unha

máis... Como é ese traballo de prepara-ción antes da propia festa?

-Difícil. Temos moi claro que estamosnunha zona rural polo que sempre busca-

mos actividades que normalmente non te-mos oportunidade de ter o resto do ano.Falo a nivel cultural. Aproveitamos para iso

que na Festa do Queixo é cando contamoscon máis orzamento.

-Este ano hai unha aposta máis po-las novas tecnoloxías xa que inaugura-des páxina web...

-É necesario porque hoxe en día estámudando o xeito de facer publicidade. Ca-se non ten sentido xa pegar carteis. Agra-déceo o medio ambiente, non hai moito si-tio onde pegalos e a xente mira pouco paraeles. En cambio na rede hai todo un mundopor utilizar a nivel publicitario. Ademais asredes sociais fan que a xente se implique

na propia festa e é dar outro paso necesa-rio despois de 35 anos.

-A participación é importante e non

só o día da propia festa. Os colectivosde Arzúa implícanse na festa?

-É moi difícil implicalos. A asociaciónde hostaleiros, de turismo, a xente máis no-va, os centros educativos... pero a travésda programación de certas actividades, detratar de implicalos a base de programar obradoiros que lles interese... Hai que ofre-cer cousas innovadoras porque se ofrecesalgo do que están cansos de ver non vaster a súa implicación.

-Na programación ocupan un espa-zo importante as actividades para a xen-te nova. É o futuro, non?

-É un empeño persoal meu dende oprincipio, se cadra por deformación perso-al. Non só ilusionalos para que veñan se-nón que vexan que hai outros aspectosmáis, mesmo do gastronómico que lles po-día quedar algo lonxe. Por iso actividadescomo obradoiros de elaboración de queixo

para nenos e nenas, mesmo colaboran noque é a organización, temos rapaces vo-luntarios que axudan.

ANOTRASANO XOSÉ LUÍS GARCÍA, CONCELLEIRO DE CULTURA do Concello de Arzúa ePresidente da Asociación para a Promoción da Festa do Queixo, responsabilízase daorganización dunha festa que xa é un referente galego para a nosa gastronomía. Ain-trodución das novas tecnoloxías e unha potente programación son os eixos esenciaisque fan de Arzúa,por estas datas, non só o lugar para degusta r un dos produtos arte-

sanais máis definitorios do país, senón para gozar dunha fin de semana con atrac-cións para todos os gustos.

Hai que ofrecer cousas

innovadoras porque seofreces algo do que estáncansos de ver non vas a

ter a súa implicación”.

Se sóqueda comofesta

gastronómica acabaanquilosándose eperdendo interese”.

Page 4: converting... Festas do Queixo de Arzua 2010

8/8/2019 converting... Festas do Queixo de Arzua 2010

http://slidepdf.com/reader/full/converting-festas-do-queixo-de-arzua-2010 4/8

     m     a     r     z     o

4

XOSÉMANUEL FERNÁNDEZ

Aempresa Queixerías Bama é unclaro exemplo de evolución no quea tradición familiar foi dando paso aunha produción industrial, con

obradoiro propio, pero mantendo a calidade ebuscando sempre a excelencia.

Froito dese continuo esforzo en favor dacalidade veñen de acadar a finais do ano2009 a “Distinción de Ouro” na XII Cata deQueixos de Galicia, distinción que levou a

marca Bama ás categorías das DOPQueixode Tetilla e Arzúa-Ulloa.

Innovación e sostibilidadeBenigno Pereira, representante da em-

presa, é tamén impulsor de varios proxectosque teñen que ver coa innovación e a sostibi-lidade, dous valores cada vez máis necesa-rios para a eficiencia enerxética e o respectoao medio ambiente. Cun investimento bia-nual en I + D duns 300.000 € Queixerías Ba-ma está desenvolvendo un proxecto para po-ñer en valor o soro do leite. Por un lado paraaproveitar a lactosa e convertila en etanolconseguindo dese xeito combustible para opropio proceso de fabricación, e por outro pa-ra transformar as proteínas en alimentos fun-cionais de alto valor engadido que podan ser-vir, por exemplo, para controlar a hipertensiónarterial.

Para coñecer de primeira man os segre-dos do Queixo Bama e os proxectos de I + Dda empresa falamos con Benigno Pereira...

-Que segredo confesable garda oQueixo Bama para ser merecedor da “Dis-tinción de Ouro”?

-Moi sinxelo, traballar sempre pola cali-

dade e non para producir barato. Buscar leitede calidade, ter instalacións axeitadas e ta-mén contar cun laboratorio propio no que unbiólogo e un técnico de laboratorio controlancon rigor a calidade do produto final.

-Que proxectos de I + D teñen entremans?

Un dos obxetivos principias que temos écompatibilizar a nosa actividade empresarialco respecto do entorno no que vivimos, por iso apostamos pola innovación e a sostibili-

dade.Un proxecto importante ten que ver coaeficiencia enerxética. Queremos minimizar oconsumo enerxético e para iso pensamos entransformar a lactosa do soro do leite en eta-nol que servirá de combustible para o propioproceso de fabricación. Aprevisión é que no2011 se consigan uns 800 litros de etanol dia-rios o que se traduciría no autoabastecemen-to dun 70% das necesidades enerxéticas daempresa. No proxecto participa a Universida-de de A Coruña (Dpto de Bioloxía Celular eMolecular) e cóntase co apoio económico daDirección Xeral de I+D da Xunta.

Outro proxecto, moito máis lento no seudesenvolvemento, é a transformación da pro-teina do soro en aplicacións especializadaspara controlar a hipertensión arterial ou a re-cuperación do peso e a masa corporal.

-Algunha anécdota curiosa dende quecomercializa o Queixo Bama polo mundoenteiro?

-Moitas, teño moitas... Pero por contar al-gunha, nunha ocasión un rapaz de Santiagofoi a Xapón e alí deulle a probar o queixo a unxaponés. Encantoulle, e cando veu por aquíinteresouse en poder mandar queixos para

alí ata que lle dixemos que xa se vendía noXapón. Hai unha distribuidora que o vendenese país pero tamén por todo o mundo, es-tamos en Hong Kong, Emiratos Árabes, Ru-sia, América e na propia Comunidade Euro-pea. O rapaz levou unha ilusión tan grandeque me chamou moito a atención...

-E para rematar, un lema ou consellocomo empresario...

Manter e mellorar a calidade para non de-cepcionar nunca ao consumidor. Detrás donoso traballo hai sempre un consumidor quemerece o noso respecto e a nosa atención.

“DISTINCIÓNDE OURO” NA XII CATA DE QUEIXOS DE GALICIA

QUEIXERÍAS BAMA,INNOVACIÓN ESOSTiBILIDADE

Page 5: converting... Festas do Queixo de Arzua 2010

8/8/2019 converting... Festas do Queixo de Arzua 2010

http://slidepdf.com/reader/full/converting-festas-do-queixo-de-arzua-2010 5/8

m arz o   _   p u b l i   ci   d  a d  e

5

Page 6: converting... Festas do Queixo de Arzua 2010

8/8/2019 converting... Festas do Queixo de Arzua 2010

http://slidepdf.com/reader/full/converting-festas-do-queixo-de-arzua-2010 6/8

     m     a     r     z     o

6DIEGO GIRÁLDEZ

-Gañáchedes o Premio da Músi-ca Maketón Estrella Galicia e vides aArzúa como finalistas do Queixo Ma-quetón... Son unha boa plataformade lanzamento este tipo de concur-sos?

-Pensamos que son unha boa pla-taforma xa que a partir de gañar o pre-mio da música Maketón Estrella Galiciaa xente empezou a ter máis conta nosa,se agora gañaramos o Queixo Maque-tón sen dubida sería unha boa carta depresentación.

-Sometimes people need some-

thing like this é a vosa primeira ma-queta. Como a definiríades?

-Son os nosos primeiros coletazoscomo grupo e na nosa opinión son unstemas bastante frescos...pero co pasodo tempo imos madurando e actual-mente, nos noso directo, só interpreta-

mos un tema desa maketa...a definiríacomo un sopapo na boca!-Hai unha eclosión en Galicia de

grupos dun estilo similar ao voso. Édifícil atopar aquí un oco para Be-

löp?

-Se e dificil a topar un oco....poisnon ten vou engañar e moi difícil, peroactualmente grazas a plataformas co-mo musica ao vivo podemos saír a to-car fóra da casa sen ter que correr o ris-co de pagar por tocar, como xa nos tenocurrido. Por outra banda, hai grupos

moi bos en Galicia, pero nós temos un-ha concepcion do directo diferente doque teñen a maioría, por iso penso quese chegáramos a destacar sería por iso.

-Que proxectos tedes a curtoprazo?

A curto prazo temos a tarefa deaprender a usar os nosos novos instru-mentos, agora contamos cun sintetiza-dor e un octapad que cremos van axu-darnos bastante a facer cousas intere-santes. Tamén a composición de novostemas e traballar neles para irnos a gra-var co productor de Second, que se in-

teresou no noso traballo e quere produ-cirnos. E, por suposto, tocar no maior número de sitios posibles; gostaríanosparticipar en festivais, pero e bastantecomplicado... Precisamos un mana-ger!!!

Belöp son, diante de todo, ungrupo de amigos: Fabio, David eCalia. Un grupo de amigos que,dende Redondela, decidiron lan-

zarse ao mundo da man do rocanrol, xa vanaló tres anos. E por que? Pois segundo elesmesmos explican, porque cada vez que se

reunían acababan sempre, sempre, falandodo mesmo tema: a música. Concretamente orocanrol. Son finalistas do Queixo Maquetón

e quixemos falar con eles...

axen-dade-

con-certos18:00h. Festival do QueixoQueixo Maquetón / Praza de Galiza

/18.00 h. (grupos finalistas)

Page 7: converting... Festas do Queixo de Arzua 2010

8/8/2019 converting... Festas do Queixo de Arzua 2010

http://slidepdf.com/reader/full/converting-festas-do-queixo-de-arzua-2010 7/8

m arz o

7

XOSÉMANUEL FERNÁNDEZ

-Soñabas de pequeno con ver pu-blicadas as túas historias e fantasíaspersoais?

-É curioso, de cativo nem falava ga-lego. Como muita gente nom fum educa-do na língua do país. Foi na adolescén-cia quando comecei a utilizar o galego,primeiro na escrita. Quando vim publica-

dos os meus primeiros textos si que pen-sei que nós, as persoas, temos um po-der que muitas vezes infravaloramos:converter os sonhos em realidade. Ima-ginar é umha forma de cambiar a reali-dade. E Galiza é um país fundamental-mente criativo.

-Co panorama lingüístico que es-tá creando o novo Goberno Galego,non sería bo momento para publicar xa o “Made in Galiza II”?

-Logo do Made in Galiza nom deixeide escreber sobre o tema da língua. Oque passa é que este ano pedim umhaexcedéncia no meu trabalho –som pro-fe- e estou a ejercer de papá da minha fil-ha, de once meses, e de amo de casa. Eneste momento da minha vida escreber nom está a ser prioritário. De todos xei-tos, na primavera vai saír um novo livro,Animais, umha sorpresa que combinaas images e as palavras em torno ao te-ma da destruçom da natureza. Os ani-mais, por suposto, somos nós. Made inGaliza é o resultado dum proceso perso-al mas tamém fruto da minha experién-cia num contorno criativo colectivo. Ásvezes penso que foi escrito em colabo-raçom com milheiros de persoas que,dia a dia, no seu trabalho, na internet, ouna rua estám a defender, modernizar e

revitalizar o estado da nossa língua. Aminha obra mais inmediata vai ser umhacamisola para a minha filha: Eu nuncaserei poco-yo.

-Sabendo escribir e transmitir sentimentos seguro que facer o pre-gón para a Feira do Queixo será pancomido, verdade?

-Pois nom é tam chupado como pa-rece. Como na cozinha, escreber requi-re um proceso de elaboraçom e bons in-gredientes. Isso si, podo dicer que o pre-gom é resultado da mestura entre a co-zinha tradicional e a post-modernista.Espero deixar bom sabor de boca e, por 

suposto, que aproveite. Aínda que, departida, asumes que o prato pode nomser do gosto de tod@s. Pode que a al-gumha gente lhe repita.

-Coñecéndote un pouco, aíndaque non como pregoeiro, ti non serásdeses “que sacan a lingua a pacer”?

-A Festa do Queixo cumpre 35 anos,som muitos anos de trabalho de cara ápromoçom dum produto de qualidade,um motor económico para umha comar-ca que está a fazer algo que muita gentedeveria admirar: intentar viver digna-mente com o seu trabalho e um produtode alta qualidade, com denominaçom deorigem, de nosso. Eu gosto de picar noqueixo castelhano e dos queixos quevenhem de Paris, mas deveriamos con-sumir mais o queixo do país.

-Serías quen de escribir un librode relatos só falando do queixo?

-O leite como tema dá para muito. Eumha situaçom de crise como a que es-tá a viver o nosso rural poderia inspirar milheiros de histórias. de feito, umhadas histórias das que mais satisfeito es-tou tem como protagonista umha mugi-deira. Basea-se nessa lenda rural dumtipo que queda prendido na mugideira

pola pirola, com perdom. Tamém tenhooutra história dum policia antidistúrbiosque bem poderia ser um desses quemalha sem escrúpulos nos gandeirosquando saem em tractorada a reivindi-car um preço justo para o leite. Sabesque os Reis Católicos quando começa-rom o seu proceso de “Doma y castra-ción do Reino de Galicia” ordenaromcortar todas as oliveiras da Galiza. Deu-lhes por aí. Imaginas que tivessem proi-bido as vacas? Seria umha história total-mente verosimil. Imagino a Fernando:Isabel, que che parece se acabamoscom todas as vacas da Galiza?. Umm,

Fernando, é que eu já pensara em man-dar arrincar todas as oliveiras.

Moitas grazas e a seguir predi-cando co exemplo... e coa retranca.

“Como na cozinha, escreber require um proceso de

elaboraçom e bonsingredientes”

A FestadoQueixo

cumpre 35 anos, sommuitos anos de trabalhode cara á promoçom dumproduto de qualidade ummotor económico para

umha comarca que está afazer algo que muitagente deveria admirar”

SÉCHU SENDE, PREGOEIRO DA FESTA DO QUEIXO

XOSÉ LUIS GONZÁLEZ SENDE, MÁISCOÑECIDO COMO SÉCHU SENDE, SERÁO PREGOEIRO DA

35ª FESTA DO QUEIXO DE ARZÚA. A TRAXECTORIA LITERARIADESTE LICENCIADO EN FILOLOXÍA

GALEGO PORTUGUESAESTÁ VINCULADAÁ POESÍA, NAQUE COMEZOUCOMO AUTOR NO COLECTIVO

SERÁN VENCELLO. CÓMPRESALIENTAR DESTA ETAPA O SEULIBRO “ODISEAS”. ANOS MÁISTARDE

COMEZAA DESTACARXA NA SÚAFACETANARRADORACON PREMIOS LITERARIOS COMO O “BLANCO

AMOR”, QUERECIBIU NOANO 2003 COAPRIMEIRANOVELA “ORIXE”, E O “ÁNXEL CASAL” A OM E-LLOR LIBRO DOANO BAIXOO TÍTULO “MADEIN GALIZA” NO 2007.

E COMOGALEGOBO E XENEROSOTEN TAMÉNTEMPOE VONTADEPARAEXERCER DEACTIVISTA

SOCIAL E CULTURAL FORMANDO PARTE DE DIVERSOS COLECTIVOS COMPROMETIDOS, ENTRE OU-TRAS CAUSAS, CO ECOLOXISMO E COAIDENTIDADELINGÜÍSTICADE GALIZA.

Page 8: converting... Festas do Queixo de Arzua 2010

8/8/2019 converting... Festas do Queixo de Arzua 2010

http://slidepdf.com/reader/full/converting-festas-do-queixo-de-arzua-2010 8/8

8

     m     a     r     z     o

ANTÓN FERNÁNDEZ ESCUREDO

-Despois de 35 anos de festa, quesignificado ten o queixo para Arzúa?

-É o produto estrela desde sempre, detoda a vida. Somos moi coñecidos a todosos niveis polo queixo e para nós é impor-tante. Tanto como produto como por ser impulsor da nosa economía e tamén poloturismo. Cremos que a dimensión que co-lle a Festa do Queixo serve tamén paraque veñan máis visitantes. En Arzúa hai

moitas cousas que ver.-Nos tempos que corren a nivel eco-

nómico, o sector do queixo pode ser undos que mellor aguanta a crise, non?

-Efectivamente axuda. A Denomina-ción de Orixe (D.O.) está vendendo cadavez máis produto. Hai que ter en conta ta-mén o queixo que se vende fóra da D.O.que é moito. Arzúa, ademais, é un referen-te para mercar un queixo pola xente quepasa por aquí. Sábeno nas tendas e res-taurantes da zona. Ten que axudar a dina-mizar a economía da nosa comarca.

-Que ten o queixo de Arzúa que estácatalogado como o “galego” por exce-lencia?

-Prodúcese nunha zona moi grande dointerior de Galiza. Desde o principio da súacomercialización na feira de Arzúa quedoucomo o lugar da súa promoción. Nesta edi-ción, despois de 35 anos, tivo moito quever o de que Arzúa sexa un referente en to-do o país. Coas características que ten,cómese tanto a medio curar, curado como

moi fresco, chegou a ser moi popular, tan-to que o queixo “galego” é o queixo de Ar-zúa.

-Este ano é Xacobeo. Arzúa formaparte do Camiño de Santiago e recibirámoitos vistantes. Que elementos doseu municipio mudaron dende que é al-calde?

-O tratamento das rúas, do entorno, dasprazas... Anivel rural nós temos unha marcaturística que é “Destino verde”. Arzúa tenmoito que ver a nivel paisaxístico con encla-ves como Portodemouros, a carballeira deMota, sitios onde, se está bo o tempo, se po-de pasear e gozar do que é a natureza. Ade-mais temos unha actividade agrogandeiraque lle dá unha diferenza á paisaxe entre oque é o pastizal e o que é máis o forestal. Esapaisaxe tan especial é a que destaca aquí.Tivemos en conta a dispersión e cuidamosas parroquias. Proxectamos que cada unhativera un Centro Social onde se realizan acti-vidades. Deste xeito, tamén, pretendemosfrear a despoboación.

LEVADENDE OANO 2003 como alcal-de de Arzúa, o primeiro edil naciona-lista da súa historia. Xa o primeiro anode mandato puxo todo o empeño endignificar e potenciar unha festa queconsiderou parte do motor económicoda comarca. Nesta edición, ademais,é ano Xacobeo e Arzúa xoga un papelimportantísimo como porta de entradaa Compostela polo camiño.

Somosmoicoñecidos

a todos os niveis poloqueixo e para nós éimportante. Tanto como

produto como por ser impulsor da nosaeconomía e tamén poloturismo”