Carlos León - CGACcgac.xunta.gal/assets/img/prensa/2014/2014_carlos_leon_dossier... · radicais do...

6
CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEA Santiago de Compostela Comisarios: Ángel Cerviño, Alberto González-Alegre Inauguración: 31 de outubro ás 20:00 h Do 31 de outubro de 2014 ao 1 de marzo de 2015 Hall, Planta baixa, Dobre Espazo Pode empregar este enlace para descargar o dossier en pdf e as imaxes en alta resolución: http://xurl.es/carlosleon Carlos León A orde das primeiras cousas

Transcript of Carlos León - CGACcgac.xunta.gal/assets/img/prensa/2014/2014_carlos_leon_dossier... · radicais do...

Page 1: Carlos León - CGACcgac.xunta.gal/assets/img/prensa/2014/2014_carlos_leon_dossier... · radicais do grupo Supports/Surfaces e as estratexias conceptuais e lingüísticas que animaron

CGACDEPARTAMENTO DE PRENSA E COMUNICACIÓNRúa Ramón del Valle Inclán 215703 Santiago de CompostelaTel.: 981 546 632 / Fax: 981 546 [email protected]

CCEENNTTRROO GGAALLEEGGOO DDEE AARRTTEE CCOONNTTEEMMPPOORRÁÁNNEEAASSaannttiiaaggoo ddee CCoommppoosstteellaa

CCoommiissaarriiooss:: ÁÁnnggeell CCeerrvviiññoo,, AAllbbeerrttoo GGoonnzzáálleezz--AAlleeggrree

IInnaauugguurraacciióónn:: 3311 ddee oouuttuubbrroo ááss 2200::0000 hhDDoo 3311 ddee oouuttuubbrroo ddee 22001144 aaoo 11 ddee mmaarrzzoo ddee 22001155HHaallll,, PPllaannttaa bbaaiixxaa,, DDoobbrree EEssppaazzoo

Pode empregar este enlace para descargar o dossier en pdf e as imaxes en alta resolución:http://xurl.es/carlosleon

Co apoio de:

Carlos LeónA orde das primeiras cousas

Page 2: Carlos León - CGACcgac.xunta.gal/assets/img/prensa/2014/2014_carlos_leon_dossier... · radicais do grupo Supports/Surfaces e as estratexias conceptuais e lingüísticas que animaron

CARLOS LEÓN. APOLO E DIONISO FAN QUENDASEN DELFOS

Pregúntome se, a pesar das miñas

precaucións, non estarei falando

de min, serei incapaz, ata a fin,

de mentir sobre outro asunto?

[Samuel Beckett, Malone meurt]

Apolo e Dioniso fan quendas en Delfos, o dicir delirante da Sibilaacompásase coa métrica do canto. En numerosas ocasións aludiuCarlos León á pulsión dionisíaca da súa pintura como forzaembriagadora de metamorfose e disolución, furacán entrópicoque arrasa a superficie do cadro; errancia desenfreada dasformas que se cadra se viu reafirmada (retroalimentada) polosseus propios procedementos: hai anos que aplica directamentecoas mans a pintura sobre o lenzo, tensando con todo o corpo ostrazos, entre o tenebroso e o resplandecente, conxugando pulso

e alento. Efervescencia rítmica do cadro que replica tanto aaxitación física da materia coma a trama de sutís tonalidades dopensamento.

Inevitablemente todo ritmo establece os seus patróns, e é o seupropio desenvolvemento o que invoca a estrutura: reclama acaricia da pauta. Así, desde ese remuíño que sen se asentaramosa o seu eixe e saca á luz as súas engrenaxes, pode afirmarCarlos León que ama a xeometría: “a xeometría fascíname. Enparte porque parece conter a linguaxe cifrada da arquitectura douniverso. Tamén polo que adoito chamar a súa vertente escura, asúa dimensión pitagórica, a súa mística. A presenza doxeométrico en moitas das miñas obras, de distintos períodos e dedistintas épocas, responde a esta fascinación. En realidade, xasexa en forma perfectamente visible ou dunha maneira velada, axeometría e a medida están presentes en todos e cada un dosmeus traballos, xa sexan pictóricos ou tridimensionais”.

Este pintor superlativo (“un dos últimos delicados” chamoulleFernando Castro) parece que conxugou nas súas obras demadurez o rigor cerebral dos primeiros anos, aquelas pinturasde base xeométrica realizadas en París baixo os postuladosradicais do grupo Supports/Surfaces e as estratexiasconceptuais e lingüísticas que animaron os debates da revistaTel Quel na década dos anos setenta, coa transparencia e odescarnado lirismo das súas obras máis americanas, realizadasa partir de dilatadas estancias en Nova York nos anosposteriores: untuosas capas matéricas, veladuras etransparencias dun ingrávido erotismo que acende todos ostons, violentas carnacións, terras rosas, vermellos oxidados elívidos azuis. Así fraguou esta proposta pictórica que desde hai

CarlosLeónA orde das primeiras cousas

Vista da exposición Carlos León. A orde das primeiras cousas, CGAC, 2014-2015. © VEGAP, Santiago de Compostela, 2014

Page 3: Carlos León - CGACcgac.xunta.gal/assets/img/prensa/2014/2014_carlos_leon_dossier... · radicais do grupo Supports/Surfaces e as estratexias conceptuais e lingüísticas que animaron

anos se vén evidenciando como un dos proxectos plásticosfundamentais para comprender o proceso de ruptura que,operando desde o corazón mesmo da pintura, derivou asprácticas pictóricas cara a unha quebra consciente do réximede visibilidade, abríndoas ao espazo baleiro dunhaexpresividade que extraviou o suxeito dos seus requirimentos eque traza —no plano desolado en que deveu o cadro— osrastros desa gozosa e desalentadora busca.Un dos froitos máis recentes desa feliz conxunción é a irrupción,nestes últimos anos, dunha poderosa serie de traballosescultóricos nos que conviven formulacións puramente obxectuais,que orbitan arredor da poética do objet trouvé, con estratexiasmás próximas á instalación e á ensamblaxe. De lonxe lle vén aCarlos León a atracción polo fragmentario e o roto, o desprazadoe o disfuncional: “a manipulación de obxectos, xa fose comomero xogo de ensamblaxes e casamentos ou cunhaintencionalidade máis ou menos dirixida cara ao que poderiamoschamar o escultórico, está presente no conxunto de actividadesirracionais ás que lles dediquei tempo e esforzo desde que teñomemoria dos meus actos. Os meus xoguetes máis queridos,aqueles que acaparaban a miña atención durante horas e horas,foron sempre obxectos que non procedían de tendas de xoguetes,senón de vagabundeos recolledores por faios, armarios, baúis ecuartos de ferramentas”.

Unha inclinación que o levou a percorrer, durante anos e encalquera parte do mundo, montañas de ferralla e toneladas de

refugallos industriais, á busca dalgunha mensaxe só a eldestinada, unha comunicación cifrada, oculta nun grial oxidadoe devastado por todas as inclemencias, crocado, esmagado,desgarrado, no que quizais poida encontrar respostas apreguntas que aínda non acerta formular. Grial que, nunhaterreal vida anterior, ben puido ser unha peza malograda doalcatruz de carga dunha eiruga tuneladora de varias toneladas.Porque para Carlos León “a ferralla é unha escritura, a partelexible dunha linguaxe complexa. E diríase que a función doartista que se serve dela para construír as súas obras é, enprimeiro lugar, a de inscribir esa linguaxe no discurso xeral dasideas, a de fundila no máis específico da reflexión estética, esituala no territorio da produción artística circundante”.

A ferralla é unha linguaxe rota e esquecida que o artista traducepara nós ao código máis lexible das prácticas artísticas e dosobxectos pulcramente musealizados; estes refugallos querenfalarnos, contar as súas historias e as dos anhelos vans doshomes que os idearon, construíron, utilizaron e desbarataron.Carlos León toma estes restos industriais —fragmentos depoemas, lascas métricas conservadas en fráxiles papirosdesmembrados e enterrados baixo as areas do deserto— ecompón con esas palabras encontradas os seus propios versospara descubrir, de forma inevitable, como sabiamente nosadvertiu Tristan Tzara nas súas instrucións Para facer un poemadadaísta, que a colaxe resultante debuxará con precisión asperplexidades do seu verdadeiro rostro.

Vista da exposición Carlos León. A orde das primeiras cousas, CGAC, 2014-2015. © VEGAP, Santiago de Compostela, 2014

Page 4: Carlos León - CGACcgac.xunta.gal/assets/img/prensa/2014/2014_carlos_leon_dossier... · radicais do grupo Supports/Surfaces e as estratexias conceptuais e lingüísticas que animaron

Esta exposición, A orde das primeiras cousas, explora e vertebraalgunhas das series máis recentes do pintor Carlos León (Ceuta,1948), indagando con especial interese nos xogos de relacións —plásticas e conceptuais— que se establecen entre o radicalcuestionamento de todo ilusionismo que propón a súa pintura e apráctica xa consolidada dunha produción tridimensional, defranca raíz construtivista, que toma os detritos industriais comopartículas elementais da súa rigorosa arquitectura. Ordenaciónmusical de contrarios á que tamén fai alusión o título, A orde dasprimeiras cousas, en palabras do poeta Robert Duncan.

Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre

FACELO (CONTRA TODO PROGNÓSTICO)

Sabemos en que consiste o que Nietzsche chama

transmutación, transvaloración: non nun cambio de valores,

senón nun cambio no elemento do que deriva o valor dos

valores. A apreciación en lugar da depreciación, a afirmación

como vontade de poder.

[Gilles Deleuze, Nietzsche et la filosofía]

Frecuento as ferrallerías, esas paisaxes algo inquietantes nas quecantidades inxentes de detritos metálicos, procedentes deindustrias diversas, parecen permanecer á espera dunha especiede xuízo final que lles veña poñer fin, dunha vez por todas, ás

súas trasfegadas existencias. Imaxino, observando os seusefectivos, como unha parte deles podería ser entregada aoinferno dunha fundición de altos fornos ou como outra poderíaalcanzar o purgatorio ortopédico dunhas reciclaxes aíndaposibles, e pregúntome tamén como debería ser o paraíso paraaqueles aceiros cuxa existencia transcorrese entre obediencias,virtudes e sacrificios que os fixesen merecedores dun alto destinofinal, alá nos ceos.

Regreso, unha e outra vez, e escalo con pracer esas montañas.Gústanme, revestidas desa especie de luz postiza resultante dociclo de sucesivos lavados e sucesivas oxidacións aos que otempo e os meteoros foron someténdoas... Gozo contemplandoos depósitos de ferruxe, a dura beleza e a peregrina situación decada fragmento alí tirado. Experimento, tamén, unha certamelancolía en presenza duns obxectos que, tras deixar decumprir a función para a que foron creados, tiveron que afrontartodo o repertorio de violencias e traumatismos que un metal écapaz de coñecer: cortes, torsións, crocaduras, esmagamentos,esgazaduras, estiróns, pregaduras, rozaduras, arrastres,inclemencias, dilatacións… e non se me oculta que acaso meencontre proxectando sobre todo iso algún que outro referenteidentificable respecto da miña propia existencia.

Os refugallos industriais chegan ao estudio portando a súahistoria e cargados de pegadas que falan do seu pasado e dassúas relacións coa realidade. A lectura das súas formas e a

Vista da exposición Carlos León. A orde das primeiras cousas, CGAC, 2014-2015. © VEGAP, Santiago de Compostela, 2014

Page 5: Carlos León - CGACcgac.xunta.gal/assets/img/prensa/2014/2014_carlos_leon_dossier... · radicais do grupo Supports/Surfaces e as estratexias conceptuais e lingüísticas que animaron

exploración das súas feridas converten o artista que os utilizanunha especie de forense, de pequeno historiador e, sobre todo,de aprendiz de economista, pois foi a dinámica da economía aque determinou a sucesión de avatares, de toda índole, que foronescribindo as súas dolorosas biografías e imprimindo nelas asmencionadas pegadas.

A ferralla é unha escritura, a parte lexible dunha linguaxecomplexa. Diríase que a función do artista que se serve dela paraconstruír as súas obras é, en primeiro lugar, a de inscribir esalinguaxe no discurso xeral das ideas, a de fundila no máisespecífico da reflexión estética e situala no territorio da produciónartística circundante.

“A eternidade está namorada das obras do tempo”, oímoslle dicira William Blake, e escoitamos a continuación a Nietzscheengadindo en El nacimiento de la tragedia: “Aquí, neste perigosupremo da vontade, aproxímase a el a arte, coma un mago quesalva e que cura: el é capaz de retorcer eses pensamentos denáusea sobre o espantoso ou absurdo da existencia converténdoosen representacións coas que se pode vivir: esas representaciónsson o sublime”.

Ao pasear entre os montóns de ferralla levando en mente o quealgúns artistas lograron facer con ela, o eco destas palabrasénchese de significado, pois é nese tránsito da náusea ao sublime,nese paso que Georges Bataille chamaba “arte de converter aangustia en delicia”, onde un atopa a razón de ser do seu traballo:na afirmación dionisíaca, que constitúe o obxectivo maior da súa

Vista da exposición Carlos León. A orde das primeiras cousas, CGAC, 2014-2015. © VEGAP, Santiago de Compostela, 2014

dedicación, na liña de forza hedonista, na busca do hápaxtransformador. A Zaratustra gustáballe mirar de noite “o rostro dascousas durmidas”. Os silenciosos e inmóbiles ferros que un tantomira e tanto ama parecen tamén durmir... e teñen rostro. A súaxeometría interna, a orde cifrada que aínda os habita e os faimerecedores da nosa atención parece conter, en palabras deMichel Onfray, “unha álxebra dos praceres que se deixa instruírpolas partes malditas”.

É un reflexo pouco menos que inevitable que calquera artistasumido na contemplación dos materiais anteriormente descritosos analice en relación coa obra de cantos artistas ou movementosartísticos lle é dado coñecer. Verá así que hai ferralla de carácterexpresionista, ou de estética minimal, ou de orientación claramentepop, ou dun patente realismo social... e iso permitiralle escoller eextraer, de entre tanto pecio sedimentado, aqueles elementos quemellor conveñan aos obxectivos formais e conceptuais queacaparan nese momento a súa atención e que mellor poidan servirpara alimentar a súa inspiración.

Fragmento do texto de Carlos León incluído no catálogo da exposiciónA orde das primeiras cousas (CGAC, Santiago de Compostela,

31 de outubro de 2014 - 1 de marzo de 2015).

Page 6: Carlos León - CGACcgac.xunta.gal/assets/img/prensa/2014/2014_carlos_leon_dossier... · radicais do grupo Supports/Surfaces e as estratexias conceptuais e lingüísticas que animaron

CGACDEPARTAMENTO DE PRENSA E COMUNICACIÓNRúa Ramón del Valle Inclán 215703 Santiago de CompostelaTel.: 981 546 632 / Fax: 981 546 [email protected]

CCEENNTTRROO GGAALLEEGGOO DDEE AARRTTEE CCOONNTTEEMMPPOORRÁÁNNEEAASSaannttiiaaggoo ddee CCoommppoosstteellaa

CCoommiissaarriiooss:: ÁÁnnggeell CCeerrvviiññoo,, AAllbbeerrttoo GGoonnzzáálleezz--AAlleeggrree

IInnaauugguurraacciióónn:: 3311 ddee oouuttuubbrroo ááss 2200::0000 hhDDoo 3311 ddee oouuttuubbrroo ddee 22001144 aaoo 11 ddee mmaarrzzoo ddee 22001155HHaallll,, PPllaannttaa bbaaiixxaa,, DDoobbrree EEssppaazzoo

Pode empregar este enlace para descargar o dossier en pdf e as imaxes en alta resolución:http://xurl.es/carlosleon

Co apoio de:

Carlos LeónA orde das primeiras cousas