Titirideza2014
-
Upload
biblioteca-marioneta -
Category
Documents
-
view
213 -
download
0
description
Transcript of Titirideza2014
Cartel: José Luis Abeledo (Bibí)
PROGRAMA
Xoves, 28 de agosto
Yheppa (Asturies)
“as, os, @s” ¡Pasen y vean!
20:30 h. Salón Teatro
(Entrada 2,50 €)
Venres, 29 de agosto
Trompicallo (Galicia)
“Osiño”
20:30 h. Salón Teatro
(Entrada 2,50 €)
Sábado 30 de agosto
Pa Sucat (Catalunya)
“Maravillas de oriente”
19:00 h. Praza da Igrexa
(Se chove, Salón Teatro)
Teatro Urgente (Madrid)
“Historias para un desván”
22:30 h. Praza interior do concello novo
(Entrada 3 €)
(Se chove, Museo Ramón Mª Aller)
Domingo 31 de agosto
La Gotera de Lazotea (Andalucía)
“La mata de albahaca”
19:00 h. Praza do Concello (Barrio de Abaixo)
(Se chove, Museo Ramón Mª Aller)
Producciones Viridiana (Aragón)
“En la Cadiera”
21:30 h. Praza da Igrexa
(Se chove, Salón Teatro)
"as, os, @S" ¡Pasen y vean!
Lilith é unha cucuyé e como tal, debe ter a pel suave e rosa. Pero a
ela entristécelle estar pechada nun xardín e comer só flores de sabor
nada agradable mentres os cucuyés corren polo bosque, nadan no río
e comen os froitos das árbores. Pasarán moitas cousas ata que Lilith
tome unha importante decisión.
Yheppa desenvólvese desde os seus inicios (1990) como un colectivo de investigación e
experimentación de diferentes medios de expresión que se interrelacionan e integran na arte
escénica.
“Osiño”
A vida nun anaquiño de fraga, transfórmase coa chegada
das diferentes estacións. Neste lugar vive Osiño coa súa
mamá.
Con eles pasaremos un inverno no que Osiño ten moito
frío, pero a súa mamá vaille ensinar o que un oso debe
facer para non telo e poder xogar coa neve.
Na primavera coñeceremos ao abó de Osiño, que lle
contará o seu conto favorito, o de cando a súa mamá, de
pequena, coñeceu a un paporrubio.
Polo verán Osiño levarános a dar un longo e fantástico
paseo nocturno, para poder levarlle a súa mamá un anaco
de queixo moi especial.
E no outono celebraremos con el e os seus amigos
Porquiño, Coello e os Ratos o seu aniversario.
Trompicallo traballa desde 1997 na produción, investigación e difusión da arte dos títeres.
“Maravillas de Oriente”
Un xograr musulmán, experto romanceiro, e un soldado recentemente chegado das Cruzadas,
nobre cabaleiro vido a menos que non quere perder a súa antiga condición e que está obrigado a
facer o que sexa para sobrevivir; trouxeron das terras de Oriente a arte de manipular monicreques.
Acompáñaos un pastor introvertido e rudo. Perdeu o seu rabaño e toca a cornamusa para poder
comer.
Estes tres personaxes forman unha pintoresca
compañía que percorre vilas e pobos contando
historias cun guiñol ambulante, música en vivo e
o dinamismo característico do monicreque
tradicional.
Nun castelo unha fermosa dama borda un tapiz
na soidade da noite, de súpeto é sorprendida
por un capitán sarraceno que a rapta para o seu
harén.
O noso protagonista, un valoroso cabaleiro, empeza a súa carreira de fazañas enfrontándose ao
capitán e liberando a dama grazas á súa astucia.
Pero, de novo, a dama está en perigo; un dragón terrible retena nunha sinistra cova.
Moitos intentárono antes sen fortuna pero el, despois dunha loita feroz vence o monstro e gaña o
amor da doncela.
A Compañía de Espectáculos Pa Sucat nace no ano 1986. Actualmente e despois dunha longa
traxectoria de traballo no campo artístico, existe baixo o formato dunha Sociedade Cooperativa
Catalá Limitada, onde os socios, desenvolven as tarefas profesionais de creación, produción,
construción e posta en escena de espectáculos para todos públicos.
A Compañía produce, na actualidade, espectáculos de animación, teatro de monicreques e teatro de
rúa ademais de montaxes á medida.
A Compañía Pa Sucat é socio fundacional da Asociación Profesional de Teatro para Todos Públicos,
"TTP"
“Historias para un desván”
Dous ladróns de pouca monta, "O Calabrés" e "O Tuerto", foxen ao ser descubertos pola policía cando exercían libremente o seu oficio.
Na súa fuxida atopan un faio que parece abandonado. Si parece un bo sitio para agocharse.
Unha vez dentro encontraranse nun mundo de farsa, no que vivirán unha aventura absurdamente cómica, con avarentos desmedidos, propietarios tolos, namoradas furibundas e policías encomendados á lei da cachiporra.
Obra de monicreques para adultos e nenos.
Dramaturxia: Concha Párraga e Paulo Alexandre.
Baseada na obra “La República del caballo muerto” de Roberto Espina.
Técnica de manipulación: Luva
Dirección: Paulo Alexandre
Compañía formada en 1996 que conxuga en harmonía a linguaxe das marionetas, os actores e a
música en vivo.
“La mata de albahaca”
É a historia de Mariquilla, a rapaza que encontrou o amor no inxenuo bocexo dun rapaz.
Tamén é a historia do príncipe, un rapaz, que ferido no seu orgullo por Mariquilla esperta por fin e confunde o bocexo co amor.
A raíña que é a que decide a historia por tradición, decátase de que a pedra onde estaba escrita a devandita historia non é tan indestrutible nin a tinta tan imborrable.
E mentres todo isto acontece, os espectadores asisten a unha aventura que non se parece en case nada ao descrito.
Compañía creada no ano 1981 en Jerez de la Frontera (Cádiz)
Como sinais de identidade hai que resaltar o carácter artesanal do seu traballo e que diálogos e música, xogos e cancións tanto populares coma de creación propia son interpretados en directo.
“En la Cadiera”
Dous divertidos solteiróns que manteñen viva unha das
últimas casas habitadas do pobo grazas ao seu enxeñ,
conseguirán atopar arredor da cadiera (banco
tradicional da cociña aragonesa), suficientes aparellos
cos que axudarse para contarnos máis dunha ducia de
historias, sempre coa axuda do laúde, a guitarra ou
Un mundo con raíces En la cadiera pretende achegar o
seu gran de area na recuperación do riqco patrimonio
xerado no mundo rural, unha cultura moi próxima ao
mundo natural (e tamén en ocasións ao sobrenatural),
que lamentablemente vai quedando no
esquecemento. En la cadiera recolle algunhas das
historias nacidas nos nosos pobos e sérveas
acompañadas dalgunhas das cancións máis entrañables
da tradición popular, sen desdeñar por eso temas
actuais de bandas con raíces.
A compañía Producciones Viridiana é unha estrutura de teatro profesional asentada en Huesca
desde o ano 1994.
Mozos profesionais formados en distintas escolas (Institut del Teatre de Barcelona, Teatro de La
Abadía, Escuela de Teatro de Zaragoza) forman esta compañía coa idea de crear unha estrutura de
produción consistente que permita levar adiante propostas artísticas.
DIRECTORIO
Patrocina
Concello de Lalín @: [email protected] Tf. : 986 784 004 http://www.lalin.org/
Xunta de Galicia Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Secretaría Xeral de Cultura http://xunta.es
Organiza
Viravolta títeres @: [email protected] Tf. : 635 17 5 1 43 / 645 13 7 0 31 http://www.viravoltatiteres.com/
Compañías
Tf. : 629 89 13 48
http://yheppa.com
@: @gmail.com
Tf. : 636 860 927
http://www.trompicallo.com
TF.: 977 61 30 97
http://pasucat.cat
@: [email protected]/ [email protected]
Tf.: 912 25 29 79 / 686 25 57 88 http://titereteatrourgente.wordpress.com
@: [email protected] Tf.: 956 34 04 87 / 636 96 00 19
http://www.lagoteradelazotea.es
Tf: 974 24 51 18 / 615 59 77 70
http://www.viridiana.es