That's your heart cold as ice always the same regular ...

13
That's your heart cold as ice always the same regular, steady heartbeat no shaking

Transcript of That's your heart cold as ice always the same regular ...

Page 1: That's your heart cold as ice always the same regular ...

That's your heart

cold as ice

always the same

regular, steady

heartbeat

no shaking

Page 2: That's your heart cold as ice always the same regular ...

Unha traxicomedia sobre a opresión familiar e social, con tinturas de humor

negro e absurdo e referencias ao universo lorquiano de A Casa de Bernarda Alba.

Seis actrices en escena habitan un espazo en branco e negro, subxugadas pola

onmipresenza do frío que emana do gran frigorífo branco, suspendidas no

tempo, a cabalo da dúas épocas, a analóxica e a dixital.

Asistimos á desconxelación gradual dos corpos desde o hieratismo á

organicidade, nunha inquietante atmosfera na que destacan os queixidos do

violín.

2

Page 3: That's your heart cold as ice always the same regular ...

A ESTRUTURA

A peza divídese en dez cadros que configuran unha paisaxe nevada que se vai

derretendo gradualmente. 1. O frío, 2. A familia, 3. A fame, 4. Martirio, 5.

Google, 6. Auga estancada, 7. A rata, 8. Esperanza, 9. O fume, 10. O silencio.

Fragmentos monocromáticos que compoñen un único cadro contemporáneo,

articulado en torno ao espazo escénico: un non lugar, xélido e xeométrico,

carente de liberdade e espontaneidade.

3

Page 4: That's your heart cold as ice always the same regular ...

é tarde para escorrentar os paxaros

virán e beberán das cuncas de viño

nin ti nin eu deberiamos cruzar o río

é moi forte a corrente

4

Page 5: That's your heart cold as ice always the same regular ...

EIXOS CREATIVOS

A estrañeza e o misterio que envolve todo. Seismulleres que aparecen e desaparecen pola granporta do frigorífico, ou ben irrompen como ratasnas esquinas ou coma lobas ouveando no alto dofrigorífico.

A comicidade que emana do asburdo da soidade.A desesperación e as paranoias das personaxes, aanimalización, a mestura de épocas, códigos eidiomas.

A concepción da peza como unha partituramusical. O aspecto formal en oposición aos estalosirracionais, en coherencia coa autocorrección eautocensura ás que se someten as personaxes: cadanota no seu tempo, cada xesto na súa medida, cadaacción no seu lugar.

A presenza do violín como unha personaxe queexpresa a historia oculta da familia, o prohibido, oque non se pode nomear, o que ninguén se atreve adicir.

5

Page 6: That's your heart cold as ice always the same regular ...

O espazo sonoro creado polos obxectos que nosmanteñen en alerta, expectantes. A auga, ossecadores, o trade furando os xeos, os golpes naporta. Intuimos axiña que, en calquera intre, algopode estourar en mil anacos.

O texto de frases curtas, ateigados de violenciacontida, ladridos en lugar de palabras que percutencomo pingueiras no interior dunha casa, encontraste coa humanidade do monólogo da rata.

As referencias e alusións explícitas ao illamento eenclaustramento no que viven as mulleres de ACasa de Bernarda Alba, en homenaxe a Lorca.Pequenos sinais que axudan a contextualizar aopúblico e situarse nun imaxinario que forma parteda cultura universal.

A potencia visual e plástica da peza, mediante oforte constraste entre o branco e o negro que nosremite, xunto co vestiario de inicios do século XX,a unha época pasada. A composición escénica pormedios de fotografías e bodegóns onde os corpos setornan esculturas; a presenza da danza e daperformatividade.

A distorsión do tempo a través do movemento,desde a suspensión total ata a aceleración. Un arcode transformación que oscila desde a máximacontención ata o estourido final, abrindo paso aosilencio e a calma.

6

Page 7: That's your heart cold as ice always the same regular ...
Page 8: That's your heart cold as ice always the same regular ...

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA

Duración 75 min

Público recomendado a partires de 13 anos

Texto e dirección Diana Mera

Interpretación María Salgueiro, Rosa Puga Davila, Marta Pérez, Diana Mera, Nerea Brey

MúsicaPaulo p.

Vestiario Carlos Pinilla

Realización vestiarioCarlos Pinilla, Alberto Barba, Lola Solveira

Iluminación Javier Quintana

Espazo Diana Mera

Asesoría e realización espazo José Faro “Coti”

Deseño gráficoJulio Fernández

Fotografía Serxo González

VídeoDeica Audiovisual

AgradecementosGuillermo Crego, Sala Ártika, Jorge Gallardo

8

Page 9: That's your heart cold as ice always the same regular ...
Page 10: That's your heart cold as ice always the same regular ...

10

DIANA MERA (A Cañiza, 1979)

Actriz, creadora e directora escénica. Titulada superior en Arte Dramática polaESAD de Galicia (especialidade de Dirección de escena e dramaturxia) e diplo-mada en Educación Primaria, cun Máster en Artes Escénicas pola Universidadede Vigo e un diploma en Interpretación pola Escola de Teatro Santart (dousanos intensivos). No 2016 recibe, xunto con Merche Pérez e Teté García, o pre-mio María Casares ao mellor texto orixinal polo espectáculo 30 e tantos ósos. Des-de o 2003 ata o 2012, participa como actriz en diversas montaxes na CompañíaArela das Artes da que foi fundadora xunto con Marta Pérez, con traballos diri-xidos por Roberto Cordovani, Charo Amador ou Carlos Álvarez-Ossorio. Apartir do 2009 comeza a dirixir os seus espectáculos: Degoiro de Sarah Kane, 69,Muller nº9, 13 Caídas. Os tres últimos, de creación propia, nunha liña posdramáti-ca na procura dunha ética e estética persoais. Realiza a axudantía de dirección enEl Cuello de la Jirafa de Matarile Teatro no 2015 e dirixe e actúa a peza infantil Osreloxos preguiceiros de Néboa. Participa en dous traballos performativos presenta-dos na ESAD de Galicia e no Conservatorio Superior de Vigo e dirixiu Azag.Escena deserta, con motivo da fundación da revista de artes escénicas Núa daque é co-fundadora xunto con Julio Fernández. No campo audiovisual, traballacomo actriz na serie web Interfecto e na longametraxe Olhares de Perfil de ArsACrastinum. Para ampliar a súa técnica corporal e vocal realizou numerosos cur-sos, destacando o máster de Comedia dell’arte con Ferrucio Merisi e ClaudiaContin en Pordenone, Italia, durante un mes intensivo. Formou parte do grupode creación dirixido por Lagartijas al sol na 2ª edición de Escenas do Cambio.Actualmente, compaxina o seu labor docente, impartindo clase nas aulas muni-cipais de teatro de A Cañiza e O Carballiño, co seu traballo creativo nas artes es-cénicas dentro da súa compañía Aporía Escénica, creada no 2014.

MARÍA SALGUEIRO (Moaña, 1967)

En 1991 viaxa a Madrid para estudar interpretación con Juan Carlos Corazza.Empeza a súa andaina profesional no programa infantil de Televisión Española,PINNIC, dirixido por Miquel Obiols, o creador de Planeta Imaxinario e Xogode nenos. Nese tempo traballa coa Compañía de la Danza de Madrid na produ-ción O Enfermo Imaxinario de Molière, compartindo escenario con Enma Pene-lla, con quen percorreu, ao longo dun ano e medio, toda España. Máis tarde par-ticipa na produción do Centro Dramático Nacional, La visita de la vieja dama,baixo a dirección de Juan Carlos Pérez de la Fuente. No 2005 forma parte doelenco da coprodución do CDG e o CDA, Misiles Melódicos do dramaturgoSanchís Sinisterra. Instalada de novo en Galicia traballa na produción do CentroDramático Galego, Salomé, así como en varias producións de compañías galegastan recoñecidas como Teatro de Ningures: María Soliño: O desembarco dosTurcos, Bailadela da Morte Ditosa, O Ogrocho, Teatro do Morcego: O Clube daCalceta e American Café e con Arela dar Artes: Degoiro. Participa en seriescomo Patricia Marcos: Desaparecida (TVE), Lex (Antena 3), El Comisario e Pi-ratas (Tele 5). O máis recente dos seus traballos é na serie Vis a Vis de Antena3. Nas series da TVG: A Vida por diante, Os Atlánticos, Escoba e, recentemen-te, en Serramoura.e na webserie de Mario Iglesias,”El Origen del Problema”. Nocine traballa nas longametraxes: Divinas Palabras de Jose Luis García Sánchez; Mar Libre de Dani de La torre; Abrígate de Ramón Costafreda; Voltar a Casa de Breogán Rivero; Lo que ha llovido de Antonio Cuadri; Una Mujer Invisiblede Gerardo Herrero; El Origen del Problema de Mario Iglesias; y La declara-ción de los objetos de Cristóbal Arteaga, entre outras. Actualmente atópase en-saiando a obra escrita e dirixída por Diana Mera “6 cubos negros en corpo bran-co” da compañía de teatro Aporía Escénica.

Page 11: That's your heart cold as ice always the same regular ...

11

ROSA PUGA DAVILA (Ribadavia, 1978)

É licenciada en Xornalismo pola Universidad Pontificica de Salamanca e enArte Dramática por la Real Escuela Superior de Arte Dramático e pola Escuelade Cristina Rota-Centro de Nuevos Creadores. Como xornalista traballa paradiferentes medios de comunicación entre os que destacan Cope, Cadena100, Te-levisión de Galicia e ABC co que aínda colabora; tamén para produtoras comoMultipark. No ámbito da interpretación, formou parte do elenco de máis de 30obras entre as que destacan Ifixenia en Áulide de Eurípides dirixida por CharoAmador, 69 dirixida por Diana Mera, varias montaxes de teatro político dirixi-dos por César de Vicente Hernando, La decisión de John dirixida por Denis Raftere varias montaxes musicais dirixidas por Miguel Tubía. É tamén a co-autora deobras de teatro como Expostas dirixida por Carlos Álvarez-Ossorio e de Sitio: Unviaje a Palestina producida e estreada no 2008 no Teatro Pradillo pola compañíade teatro Wolkenheim Producciones que ela mesma funda. No terreo do audio-visual, participou en perto de 20 curtametraxes, na película Rafael de Xavier Ber-múdez e recentemente gravou para a serie Fariña de Bambú Producciones. Coapelícula Sesión dirixida por Daniel Diosdado, da que é actriz e guionista, foronseleccionados polo Festival de Cine de Madrid - PNR 2009 e polo Levante Inter-national Film Festival de Bari Italy 2009, e galardonados co premio á mellor lon-gametraxe de língua estranxeira en The Indie Fest de La Jolla en California.Traballa tamén como axudante de dirección para El cielo digital. Dende hai 16anos continúa o seu traballo como periodista e actriz, e a súa formación e desen-volvemento profesional en diferentes terreos e con diferentes profesores en dan-za (Arnold Taraborrelli), voz (Concha Doñaque e Vicente Fuentes), canto (JoséMasegosa) e interpretación entre Galicia, Madrid, Londres (Danza cotemporá-nea en The Place, Teatro físico con Uri Rodner y Técnica Alexander) e NovaYork (Danza en The Alvin Ailey American Dance Theater e interpretación conJohn Strasberg).

MARTA PÉREZ (A Cañiza, 1979)

Actriz, creadora escénica e produtora teatral. Licenciada en Filosofía pola Uni-versidade de Santiago de Compostela. Directora de Inversa Teatro, nacida en2009, coa que leva cinco producións teatrais: Expostas, da que é co-autora e quefoi publicada pola Revista Galega de Teatro, Kamouraska, Paper Dolls, Té conKant tamén co-escrita por ela xunto con María Caparrini e Fémina Sapiens de au-toría propia. Inversa, levouna a realizar xiras por Brasil, Colombia, México, Ve-nezuela, EEUU e Portugal tanto no 2012 coma no 2013 e 2014. Estudou interpreta-ción nas escolas Santart e Espazo Aberto de Santiago de Compostela. No 2015recibe o XV Premio Teatral Maruxa Villanueva pola súa interpretación en Técon Kant e pola súa traxectoria á fronte da Cía. Inversa Teatro e o Premio dopúblico Coiro de Pita da Sala Ingrávida de Porriño polo espectáculo Té conKant. No 2016 recibe o II Premio de dramaturxia breve a Pipa de Becerreá polapeza Catiúscas. Foi fundadora e co-propietaria da compañía de Teatro Arela dasArtes xunto con Diana Mera desde 2002 ata o 2007, coa que realizou sete produ-cións profesionais.Traballou para outras compañías como Cámara Negra Tea-tro, Blanco&Roja, Noescafé Teatro (Alt Vigo), Fura dels Baus, Lingoretas, Rai-game Teatro e Escena-T. Foi convidada a diferentes Festivais e convencións tea-trais en Galicia, España, Portugal e Latinoamérica onde impartiu distintos talle-res, cursos, charlas e relatorios. Coordina os Encontros de Mulleres Creadorasde Galicia: Mulleres Creando dentro do Festival Internacional de Teatro de Ou-rense (FITO).

Page 12: That's your heart cold as ice always the same regular ...

12

NEREA BREY (Lalín, 1987)

Nerea Brey, actriz, performer e violinista Formada en Interpretación pola Esco-la Superior de Arte Dramática de Galicia (2013-2017), Máster en Artes Escénicasna especialidade de Pedagoxía Teatral (2012-2014, Universidade de Vigo). For-mouse no Estudio Juan Codina (2011-2013 Madrid) e na Escola para actores Espa-cio Aberto (2008-2011, Santiago de Compostela). É graduada en violín e licencia-da en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Participoucomo actriz de reparto na película O bosque de levas (2006), dirixida por AntónDobao. Na actualidade forma parte da compañía Feira do Leste onde formouparte de espectáculos como Tras Tannhäuser (2017), Exilio das moscas (2017) e Aquíhai dragóns (2017).

12

Page 13: That's your heart cold as ice always the same regular ...

CONTACTO E CONTRATACIÓN

CACHÉ

3700€

TLF 661 722 106

Diana Mera

CORREO-E

[email protected]

13