Software Libre e Licenciamento€¦ · O Software Libre É o Software que lle aporta 4 liberdades...

36
Software Libre e Licenciamento Roberto Vieito Raña, 02-11-2010 [email protected] IES Xulián Magariños 2010

Transcript of Software Libre e Licenciamento€¦ · O Software Libre É o Software que lle aporta 4 liberdades...

Page 1: Software Libre e Licenciamento€¦ · O Software Libre É o Software que lle aporta 4 liberdades básicas e inalienables a todo usuario do mesmo 0: Uso do software 1: Estudo e Modificación

Software Libre e Licenciamento

Roberto Vieito Raña, 02-11-2010 [email protected]

IES Xulián Magariños 2010

Page 2: Software Libre e Licenciamento€¦ · O Software Libre É o Software que lle aporta 4 liberdades básicas e inalienables a todo usuario do mesmo 0: Uso do software 1: Estudo e Modificación

LICENZALICENZA

Esta obra é libre e está sometida ás condicións dunha Licenza Creative Commons: Recoñecemento-CompartirIgual 3.0

Para unha copia completa da licenza visite a web: http://creativecommons.org/licenses/by-sa/3.0/es/deed.gl

Software Libre e Licenciamento

Page 3: Software Libre e Licenciamento€¦ · O Software Libre É o Software que lle aporta 4 liberdades básicas e inalienables a todo usuario do mesmo 0: Uso do software 1: Estudo e Modificación

Índice

1. Asociación GHANDALF2. O Software Libre3. Propiedade Intelectual4. Aspectos Legais do Software Libre5. Licenzas Libres6. Licenzas Libres para outras obras7. Escenarios e Debate

Pax. 3

Page 4: Software Libre e Licenciamento€¦ · O Software Libre É o Software que lle aporta 4 liberdades básicas e inalienables a todo usuario do mesmo 0: Uso do software 1: Estudo e Modificación

Asociación GHANDALF

● GHANDALF = GHandalf ANaliza Difunde e ALenta o FLOSS (Free Libre Open Source Software)

Pax. 4

Page 5: Software Libre e Licenciamento€¦ · O Software Libre É o Software que lle aporta 4 liberdades básicas e inalienables a todo usuario do mesmo 0: Uso do software 1: Estudo e Modificación

Pax. 5

Asociación GHANDALF

Page 6: Software Libre e Licenciamento€¦ · O Software Libre É o Software que lle aporta 4 liberdades básicas e inalienables a todo usuario do mesmo 0: Uso do software 1: Estudo e Modificación

O Software Libre

● É o Software que lle aporta 4 liberdades básicas e inalienables a todo usuario do mesmo

● 0: Uso do software● 1: Estudo e Modificación do software (implica

acceso código fonte)● 2: Distribución de copias do software● 3: Redistribución das versións modificadas

● Movemento iniciado por Richard Stallman a comezos dos anos oitenta

● Transferencia tecnolóxica e xustizaPax. 6

Page 7: Software Libre e Licenciamento€¦ · O Software Libre É o Software que lle aporta 4 liberdades básicas e inalienables a todo usuario do mesmo 0: Uso do software 1: Estudo e Modificación

Propiedade Intelectual

Pax. 7

● Dereitos de Autor● Novelas, poemas, obras artísticas, obras

científicas, películas, Software, etc.● Software: está protexido o código, non os

algoritmos● Son o fundamento e consubstanciais coa

propiedade intelectual● Non se 'protexen' as ideas (de aí o dos algoritmos),

senón a plasmación concreta das mesmas● Propiedade Industrial (marcas, patentes, etc)

Page 8: Software Libre e Licenciamento€¦ · O Software Libre É o Software que lle aporta 4 liberdades básicas e inalienables a todo usuario do mesmo 0: Uso do software 1: Estudo e Modificación

Propiedade IntelectualCopyright no Software

Pax. 8

● Nun comezo o Software distribuíase como parte do hardware (valor engadido sobre o HW)

● Precisouse Copyright (dereitos de copia) cando a lexislación antimonopolio de USA obrigou a IBM a dividir o seu negocio => distribución independente

● Obxectivos do Copyright no Software● Protexer a invención no desenvolvemento● Promover a distribución de programas● Incentivar a produción de software

● Entre copyright ou patentes elexíuse protección do software vía copyright (dereitos de autor)

Page 9: Software Libre e Licenciamento€¦ · O Software Libre É o Software que lle aporta 4 liberdades básicas e inalienables a todo usuario do mesmo 0: Uso do software 1: Estudo e Modificación

Pax. 9

● Porque ao 'comezo dos tempos' se elixiu o copyright como método de protección ideal para o software?

● Simple (p.e. Patentar é moi complexo), automático e barato

● Non é preciso que a obra sexa innovadora, chega con que sexa orixinal

● Inclúe a documentación dentro da protección● Recoñecemento internacional máis sinxelo● Harmonización con outras tipoloxías de obras

● Aínda así, o encaixe non é sinxelo

Propiedade IntelectualCopyright no Software

Page 10: Software Libre e Licenciamento€¦ · O Software Libre É o Software que lle aporta 4 liberdades básicas e inalienables a todo usuario do mesmo 0: Uso do software 1: Estudo e Modificación

Pax. 10

Resumindo Conceptos● Propiedade Intelectual

● Simplificando, sinónimo de Copyright● Compoñente Moral + Compoñente

Comercial (p.e. O Señor dos Aneis)● Protexe a obra para que non se poidan

facer copias non autorizadas● Propiedade Industrial

● Marcas comerciais● Patentes / Modelos de utilidade● Segredo industrial

Propiedade IntelectualCopyright no Software

Propiedade IntelectualCopyright no Software

Page 11: Software Libre e Licenciamento€¦ · O Software Libre É o Software que lle aporta 4 liberdades básicas e inalienables a todo usuario do mesmo 0: Uso do software 1: Estudo e Modificación

Pax. 11

● Autor VS Propietario● Compoñente Moral VS Compoñente Comercial● Tanto autor como propietario poden ser persoa física

ou persoa xurídica (empresa, entidade, fundación,...)● Obra (aplicación, script, etc.) creada por un

empregado contratado por unha empresa:● Compoñente comercial: propiedade da

empresa● Compoñente moral: a autoría moral e os

dereitos morais recaen no programador

Propiedade IntelectualPropietario do Software

Page 12: Software Libre e Licenciamento€¦ · O Software Libre É o Software que lle aporta 4 liberdades básicas e inalienables a todo usuario do mesmo 0: Uso do software 1: Estudo e Modificación

Pax. 12

● Protección dos dereitos morais: o propietario dos dereitos morais ten garantida a atribución da autoría, diseminación da obra, etc

● Protección ata o final dos tempos● Irrenunciables

● Protección dos dereitos de explotación (dereitos comerciais): o propietario dos dereitos comerciais ten protexida a explotación económica exclusiva

● Limitados no tempo (en Europa expiran 70 anos tra-la morte do autor, en EEUU... Disney!!)

Propiedade IntelectualProtección dos propietarios

Page 13: Software Libre e Licenciamento€¦ · O Software Libre É o Software que lle aporta 4 liberdades básicas e inalienables a todo usuario do mesmo 0: Uso do software 1: Estudo e Modificación

Pax. 13

● Implicacións Software da Protección dos dereitos de explotación: sen o permiso do propietario non podes:

● Executar o programa● Copiar o programa● Facer un uso do programa, aínda tendo

permiso para executalo, distinto do que o propietario che permita facer

● Distribuír o programa● Transformar o programa (p.e. Traducilo,

cambiar propiedades de configuración, etc)

Propiedade IntelectualProtección dos propietarios

Page 14: Software Libre e Licenciamento€¦ · O Software Libre É o Software que lle aporta 4 liberdades básicas e inalienables a todo usuario do mesmo 0: Uso do software 1: Estudo e Modificación

Pax. 14

● Como sabes que che deixa facer ou non o propietario do Software?? Licenza

● A licenza é un Contrato que vincula ás dúas partes (propietario e usuario)

● As cláusulas da licenza do programa son as que che din o que podes facer con el

● A licenza cédelle algúns dereitos ao usuario (p.e. dereito de instalación e uso nun só equipo)

● O contrato dáse por asinado no momento de instalación e execución do software

Propiedade IntelectualProtección dos propietarios

Page 15: Software Libre e Licenciamento€¦ · O Software Libre É o Software que lle aporta 4 liberdades básicas e inalienables a todo usuario do mesmo 0: Uso do software 1: Estudo e Modificación

Pax. 15

● Copias non autorizadas do Software, ou incumprimentos da licenza (p.e. Instalar o software en máis dun PC se a licenza non o permite)

● 'Piratería': asaltas barcos en alta mar?!● Como puidéchedes comprobar, o propietario está

legalmente moi ben protexido, e nunha posición de poder discrecional e absoluto sobre o que o usuario pode facer co seu software. Isto pode derivar en:

● Restrinxirlle as liberdade ao usuario: Software Privativo

● Garantirlle liberdades ao usuario: Software Libre. Pero... como as garantes? Licenza!

Propiedade IntelectualProtección dos propietarios

Page 16: Software Libre e Licenciamento€¦ · O Software Libre É o Software que lle aporta 4 liberdades básicas e inalienables a todo usuario do mesmo 0: Uso do software 1: Estudo e Modificación

Aspectos Legais do SwL

Pax. 16

● Como vimos, o contrato que o propietario dos dereitos de explotación promulga para dicirlle ao usuario que pode facer ou non co software é a Licenza dese software

● Por tanto, a licenza é o documento legalmente válido que contén os termos de uso do software

● Se a licenza restrinxe os dereitos do usuario, entón ese software é 'software privativo'

● Se a licenza garante unha serie de dereitos que lle dan liberdade as 4 liberdades ao usuario sobre o software, entón ese software é 'software libre'

Page 17: Software Libre e Licenciamento€¦ · O Software Libre É o Software que lle aporta 4 liberdades básicas e inalienables a todo usuario do mesmo 0: Uso do software 1: Estudo e Modificación

Pax. 17

● O Software protéxese mediante a Propiedade Intelectual

● O Software non se vende (nin no caso do privativo) senón que se licencia (podendo levar aparellado un pago económico)

● O Propietario ten todos os dereitos, e cédelle algúns ao usuario mediante a Licenza

● A licenza é un contrato, mediante o cal se legaliza unha transacción

● Por tanto, a diferencia fundamental entre o Software Libre e o Privativo é unha cuestión.... legal!!

Aspectos Legais do SwLMarco Legal

Page 18: Software Libre e Licenciamento€¦ · O Software Libre É o Software que lle aporta 4 liberdades básicas e inalienables a todo usuario do mesmo 0: Uso do software 1: Estudo e Modificación

Pax. 18

● As licenzas libres (licenzas que garanten as 4 liberdades para os usuarios do software que se licenza) baséanse nas leis da Propiedade Intelectual

● A diferenza está que o contido e cláusulas da licenza outórganlle unha serie de liberdades ao usuario, en lugar de restrinxirllas

● Por tanto, as licenzas libres son idénticas ás privativas excepto no contido. A base legal que as ampara, ao igual que as privativas, é a lei de propiedade intelectual de cada país

Aspectos Legais do SwLMarco Legal

Page 19: Software Libre e Licenciamento€¦ · O Software Libre É o Software que lle aporta 4 liberdades básicas e inalienables a todo usuario do mesmo 0: Uso do software 1: Estudo e Modificación

Pax. 19

● Tal como dixemos ao comezo, é o Software que lle aporta 4 liberdades básicas e inalienables a todo usuario do mesmo

● 0: Uso do software● 1: Estudo e Modificación do software (implica

acceso código fonte)● 2: Distribución de copias do software● 3: Redistribución das versións modificadas

● As liberdades 1 e 3 requiren acceso ao código fonte● Software Libre ≠ Software Gratis

Aspectos Legais do SwLDefinición de Software Libre

Page 20: Software Libre e Licenciamento€¦ · O Software Libre É o Software que lle aporta 4 liberdades básicas e inalienables a todo usuario do mesmo 0: Uso do software 1: Estudo e Modificación

Pax. 20

● Visto todo o anterior, unha licenza para ser libre unicamente debe garantir as 4 liberdades citadas

● Uso: empregar o programa para calquera propósito● Redistribución: copiar o programa e darllo a outro● Obra derivada: programa novo baseado nun anterior

mediante a reutilización do seu código fonte● Atribución de autoría: obriga de recoñecer a autoría

orixinal dunha obra cando se efectúe calquera cambio (derivadas, distribución da mesa, etc)

A propiedade do programa segue sendo a mesma: propietario dos dereitos de autor

Licenzas Libres

Page 21: Software Libre e Licenciamento€¦ · O Software Libre É o Software que lle aporta 4 liberdades básicas e inalienables a todo usuario do mesmo 0: Uso do software 1: Estudo e Modificación

Pax. 21

● Hai fundamentalmente 2 tipoloxías de licenzas libres● Licenzas de Software Libre permisivas● Licenzas de Software Libre restritivas

(copyleft)● Ambas tipoloxías agrupan varias licenzas libres

cunha serie de características comúns● Debate sobre 'que tipo é máis libre'● Argumentación típica do 'país escravista'

Licenzas Libres

Page 22: Software Libre e Licenciamento€¦ · O Software Libre É o Software que lle aporta 4 liberdades básicas e inalienables a todo usuario do mesmo 0: Uso do software 1: Estudo e Modificación

Pax. 22

● Licenzas Libres Restritivas (ou Copyleft)● O autor retén o copyright● Permite modificación e redistribución sempre

que a redistribución sexa baixo as mesmas condicións da licenza orixinal (son víricas)

● Maximizan a liberdade do usuario, dado que ningún programador / empresa / entidade pode coller un software licenciado baixo unha licenza copyleft e facer unha versión mellorada privativa

● Clave: prohibe obras derivadas privativas● Exemplos: GPL, GFDL, CC-by-sa,...)

Licenzas Libres

Page 23: Software Libre e Licenciamento€¦ · O Software Libre É o Software que lle aporta 4 liberdades básicas e inalienables a todo usuario do mesmo 0: Uso do software 1: Estudo e Modificación

Pax. 23

● Licenzas Libres Permisivas (ou Débiles)● O autor retén o copyright● Require atribución en obras derivadas● Permite, obviamente, modificación e

redistribución, pero non indican nada sobre como se deben licenciar as obras derivadas

● Maximizan a liberdade do programador, xa que este pode decidir como licenciar o programa derivado do programa orixinal

● Clave: permite obras derivadas privativas● Exemplos: BSD, MIT, Apache, CC-by, etc)

Licenzas Libres

Page 24: Software Libre e Licenciamento€¦ · O Software Libre É o Software que lle aporta 4 liberdades básicas e inalienables a todo usuario do mesmo 0: Uso do software 1: Estudo e Modificación

Pax. 24

● A Free Software Foundation (creada por Stallman) considerou insuficiente con garantir as 4 liberdades

● Quería que esta garantía fose perpetua sobre calquera traballo derivado, que nunha ser perdera o círculo virtuoso da liberdade

● Para implementar isto, deseñou o mecanismo nomeado como Copyleft, o cal é un conxunto de cláusulas na licenza que estipulan que as obras derivadas deben ter a mesma licenza que a orixinal. Deste xeito, se a obra orixinal é libre, as derivadas sempre deben selo (senón estarías incumprindo a licenza!!)

Licenzas LibresCopyleft

Page 25: Software Libre e Licenciamento€¦ · O Software Libre É o Software que lle aporta 4 liberdades básicas e inalienables a todo usuario do mesmo 0: Uso do software 1: Estudo e Modificación

Pax. 25

● O copyright holder (propietario da propiedade intelectual) pode facer o que queira co software que lle pertence

● Pode licencialo como software libre● Pode licencialo como software privativo● Pode licencialo como software libre e licenciar

algunha copias do mesmo como software privativo

● ... etc● Caso paradigmático: licenciamento dual de MySQL

● Motivo: integración

Licenzas LibresLicenciamento Dual

Page 26: Software Libre e Licenciamento€¦ · O Software Libre É o Software que lle aporta 4 liberdades básicas e inalienables a todo usuario do mesmo 0: Uso do software 1: Estudo e Modificación

Pax. 26

● GNU GPL: GNU General Public License● Creada pola Free Software Foundation para o

proxecto GNU (GNU/Linux), empregada masivamente en todo tipo de proxectos libre

● Texto legal da licenza redactado co apoio dun recoñecido xurista norteamericano.

● Actualmente, máis do 70% do Software Libre licénciase baixo unha GPL

● Gran parte do Software Libre máis popular é GPL: Linux, GNOME, GCC, Emacs, etc

● Versión 1, Versión 2, Versión 3, Versión 'affero', etc

Licenzas LibresGNU GPL

Page 27: Software Libre e Licenciamento€¦ · O Software Libre É o Software que lle aporta 4 liberdades básicas e inalienables a todo usuario do mesmo 0: Uso do software 1: Estudo e Modificación

Pax. 27

● É copyleft, de feito foi a primeira licenza da historia coas cláusulas copyleft

● Dada a enorme calidade e mailo seu peso legal, inspirou a todas as demais licenzas copyleft, incluídas as Creative Commons e as da Wikipedia

● Sen a GPL, o copyleft non sería máis que unha idea, e a cultura libre non existiría

● Cláusulas anti-patentes (en EEUU o software pode patentarse....)

● Código baixo a GPL non pode ser redistribuído ou mesturado con código dunha licenza incompatible

Licenzas LibresGNU GPL

Page 28: Software Libre e Licenciamento€¦ · O Software Libre É o Software que lle aporta 4 liberdades básicas e inalienables a todo usuario do mesmo 0: Uso do software 1: Estudo e Modificación

Pax. 28

● BSD = Berkeley Software Distribution. Implementa-ción de UNIX da Universidade de Berkeley

● BSD Unix licenciouse baixo unha licenza minimalis-ta, libre, sen ningunha restrición

● A partir desta licencia primitiva, naceu unha familia● X-Window, TCL/Tk, etc● Podes redistribuír a obra de calquera xeito

pero con todas as notas do copyright (atribución)

● Inclúe a cláusula de carencia de garantía

Licenzas LibresLicencia BSD

Page 29: Software Libre e Licenciamento€¦ · O Software Libre É o Software que lle aporta 4 liberdades básicas e inalienables a todo usuario do mesmo 0: Uso do software 1: Estudo e Modificación

Pax. 29

● As licenzas libres de software demostraron que era posible e perfectamente válido un modelo colabora-tivo de traballo, sendo o máis xusto de todos

● Inspiraron a creación de artefactos análogos para obras intelectuais (libros, música, vídeos, películas..)

● Fredom Defined é unha definición de liberdade fóra do mundo do SwL. Existe un borrador de definición

● A súa motivación é amosar que licenzas de contidos (e por tanto que obras) se axustan ou non á definición de 'libre'

Licenzas Libres para outras obras

Page 30: Software Libre e Licenciamento€¦ · O Software Libre É o Software que lle aporta 4 liberdades básicas e inalienables a todo usuario do mesmo 0: Uso do software 1: Estudo e Modificación

Pax. 30

● As licenzas de obras non software con maior grao de uso e repercusión son a familia Creative Commons polo que nos centraremos nas mesmas

● Creative Commons, como tal, é unha Organización Sen Ánimo de Lucro (como pode ser GHANDALF) creada para:

● Construír un conxunto de licenzas libres, para calquera tipo de contido

● Indexado de obras libres (creative commons)● Adaptación das licenzas á lexislación concreta

de cada país (localización)

Licenzas Libres para outras obras

Page 31: Software Libre e Licenciamento€¦ · O Software Libre É o Software que lle aporta 4 liberdades básicas e inalienables a todo usuario do mesmo 0: Uso do software 1: Estudo e Modificación

Pax. 31

● Co uso de licenzas Creative Commons podes:● Donar o teu traballo ao Dominio Público● Manter algúns dereitos

● Atribución● Evitar uso comercial● Evitar obras derivadas● Obriga de que se preserve a licenza

● Podes combinar os dereitos anteriores, o que che permite reservarte algúns dereitos

Licenzas Libres para outras obras

Page 32: Software Libre e Licenciamento€¦ · O Software Libre É o Software que lle aporta 4 liberdades básicas e inalienables a todo usuario do mesmo 0: Uso do software 1: Estudo e Modificación

Pax. 32

Licenzas Libres para outras obras

● Combinar as distintas variantes dá 6 posibilidades principais

Page 33: Software Libre e Licenciamento€¦ · O Software Libre É o Software que lle aporta 4 liberdades básicas e inalienables a todo usuario do mesmo 0: Uso do software 1: Estudo e Modificación

Pax. 33

Licenzas Libres para outras obras

Page 34: Software Libre e Licenciamento€¦ · O Software Libre É o Software que lle aporta 4 liberdades básicas e inalienables a todo usuario do mesmo 0: Uso do software 1: Estudo e Modificación

Escenarios

● É posible vender Software Libre?● Que tipos de licenzas libres son máis libres, as

restritivas ou as permisivas?● Que pasa cando o propietario da propiedade

intelectual dunha aplicación libre decide cambiar a súa licencia por unha licencia privativa?

● Crees que é positivo licenciar contidos coa cláusula Non Commercial?

● Parécevos xusta a licenza desta presentación?● É a vosa quenda, outros posibles escenarios?

Pax. 34

Page 35: Software Libre e Licenciamento€¦ · O Software Libre É o Software que lle aporta 4 liberdades básicas e inalienables a todo usuario do mesmo 0: Uso do software 1: Estudo e Modificación

Software Libre e Licenciamento

GRAZAS!! Roberto Vieito Raña, 02-11-2010

[email protected]

IES Xulián Magariños 2010

Page 36: Software Libre e Licenciamento€¦ · O Software Libre É o Software que lle aporta 4 liberdades básicas e inalienables a todo usuario do mesmo 0: Uso do software 1: Estudo e Modificación

Fontes e Attribution Complains

● [Legal Issues of FLOSS] Juanjo Amor, Gregorio Robles● [Propiedad Intelectual, Introducción a la Ingeniería de

Telecomunicación] Miguel Vidal, Gregorio Robles● [Legal Aspects on Libre Software] Miguel Vidal● [Libre Software in Galician Companies] Roberto Vieito Raña● [Aspectos legales y de explotación del Software Libre] Malcolm Bain

O meu recoñecemento a todos aqueles autores e fontes que por descoido ou descoñecemento non se incluíron nesta

listaxeO copyright do logotipo ”Tux-Gandalf-le-gris” pertence a Chozo-

MJ, distribuíndoo mediante a licenza CC-BY-NC-SA

Pax. 36