PARA SABER MÁIS DO GUERNICA

15
O luns 26 de abril de 1937, día de mercado, ás catro e media da tarde, a aviación nazi (exército alemán na 2ª Guerra Mundial), de conformidade co xeneral Franco (que mandaba as tropas nacionais na Guerra Civil española), arrasou a indefensa vila de Guernica, capital histórica do País Vasco. Dos seus 7000 habitantes, 1654 resultaron mortos e 889 feridos.

description

Información sobre as diferentes figuras do famoso cadro de Picasso

Transcript of PARA SABER MÁIS DO GUERNICA

Page 1: PARA SABER MÁIS DO GUERNICA

O luns 26 de abril de 1937, día de

mercado, ás catro e media da tarde, a

aviación nazi (exército alemán na 2ª

Guerra Mundial), de conformidade co

xeneral Franco (que mandaba as

tropas nacionais na Guerra Civil

española), arrasou a indefensa vila de

Guernica, capital histórica do País

Vasco.

Dos seus 7000 habitantes, 1654

resultaron mortos e 889 feridos.

Page 2: PARA SABER MÁIS DO GUERNICA

O Goberno da República encargou

a PICASSO o cadro para a Exposición

Internacional de París do ano 1937.

O Guernica foi concebido e

pintado nun mes escaso no estudio

parisino de Pablo Picasso e pretendía

ser un berro atroz contra a guerra

civil que desangraba España e contra

a crueldade do home en xeral.

Page 3: PARA SABER MÁIS DO GUERNICA

Trátase dun cadro pertencente ao

movemento artístico chamado

Cubismo que se caracteriza polo

emprego de formas xeométricas, a

representación simultánea de

diferentes aspectos de obxectos e

figuras, a superposición de distintos

planos e o uso do Collage.

Page 4: PARA SABER MÁIS DO GUERNICA

A primeira imaxe que Picasso recibiu do

bombardeo de Guernica chegoulle polos

periódicos franceses, e parece ser que foi iso

o que motivou que Picasso reflectise a

traxedia en negros entintados en nun branco

sepulcral.

No cadro non vemos aos asesiños nin as

armas de destrución. Picasso só pintou a

morte e a dor dos inocentes.

Todas as figuras expresan a agonía e o

medo a través dos xestos dos rostros e as

posicións dos corpos.

Page 5: PARA SABER MÁIS DO GUERNICA

Co Guernica podemos facer algo máis

que “ver” un cadro: podemos “escoitar” un

cadro. É posible oír o rincho do cabalo, o

alarido da muller que mira ao ceo, o

bramido do touro, o terrible xemido da

nai e o pranto das mulleres que miran ao

cabalo, e ao fondo o crepitar das chamas.

No medio dese atroz estrondo, o silencio

da flor que nace xunto á espada do

guerreiro.

Page 6: PARA SABER MÁIS DO GUERNICA

O Guernica é un cadro moi grande,

mide 3 metros e medio de alto e case

8 metros de longo, pero non son

moitas as figuras e obxectos que

vemos nel.

Tentaremos explicar que pode

significar cada unha delas, así

axudarémoste a comprender mellor

este cadro mundialmente coñecido.

Page 7: PARA SABER MÁIS DO GUERNICA

O GUERREIRO MORTO

O guerreiro morto ten o brazo

dereito e a cabeza separados dun corpo

que desapareceu da escea pisoteado polo

cabalo.

Na súa man dereita empuña aínda

unha espada rota da que emerxe, como

sinal de vida e esperanza, unha flor.

Page 8: PARA SABER MÁIS DO GUERNICA

A NAI CO SEU FILLO MORTO

A lingua da muller, que se asemella a un

puñal ou a un fragmento de cristal,

representa o pavoroso berro de nai. A súa

cabeza contorsiónase cara ao touro, como

buscando un imposible consolo. O neno morto,

coa cabeza dramáticamente caída parece

compoñer a clásica imaxe dunha “piedade”, a

suprema dor dunha nai.

Page 9: PARA SABER MÁIS DO GUERNICA

O TOURO

O touro é o horrorizado espectador

da matanza e a posición do seu corpo

forma unha especie de refuxio para a nai.

No seu noble rostro poderiamos adiviñar

os ollos e as faccións do propio Picasso, e

as súas orellas transformáronse en

puntas de puñais coas que escoita o son

dos berros de dor.

O touro podería ser o pintor, a

testemuña necesaria para clamar ao

mundo a brutalidade da guerra.

Page 10: PARA SABER MÁIS DO GUERNICA

A LÁMPADA

É o punto central e máis alto de toda

a composición. Está suspendida do teito e

difunde luz nun trazado triangular.

Parece un gran sol cos seus raios

expandidos, pero Picasso deixa claro que

é unha luz artificial ao colocar unha

grande lámpada, cos seus fíos ben

visibles.

A luz dun candil que suxeita unha das

mulleres do cadro axuda a iluminar a

escea.

Page 11: PARA SABER MÁIS DO GUERNICA

O CABALO

Ferido de morte, o cabalo revólvese

bramando de dor. As súas feridas non son

cornadas, foi atacado polo home coa

espada e a lanza que atravesa o seu

corpo. As súas patas pisotean ao

guerreiro morto, e co seu pescozo

retorcido, volve a cabeza cara ao touro

como se pedira axuda ou unha resposta

ante tanto horror. A lingua

transformouse nun afiado coitelo,

expresión máxima de dor.

Page 12: PARA SABER MÁIS DO GUERNICA

A MULLER DO CANDIL

Dende unha ventá, a muller co candil

na man estira o seu desorbitado pescozo

ata unirse ao grupo do horror. Co seu

potente brazo extendido acerca a súa

buxía axudando a iluminar a escea. Ese

brazo ten o candil fortemente agarrado

coma se fose unha arma.

Page 13: PARA SABER MÁIS DO GUERNICA

A MULLER ENVOLTA EN CHAMAS

Dende a ventá dunha casa incendiada cae unha

muller envolta en chamas. A súa cabeza e o seu

rostro adoptan a mesma posición que os da nai,

clamando ao ceo dende o horror. Ten os brazos

atrozmente levantados, como se aínda puidese

atopar algo ao que agarrarse.

A súa imaxe recorda a figura central de “Los

fusilamientos del 3 de mayo”, famoso cadro de

Goya, outro dos mellores pintores mundiais e que

tamén é español.

Page 14: PARA SABER MÁIS DO GUERNICA

A MULLER DE DIANTE

Saíndo da casa en chamas unha muller

corre buscando salvación. Na súa fuxida,

diríxese cara á escea central, pero

parece quedar petrificada, coa mirada

fixa nos terribles acontecementos que alí

están a ocorrer.

Son as súas pernas, especialmente a

enorme perna esquerda, o que chama a

atención cara a esta figura, coma se

quixese votar raíces no chan.

Tamén son moi chamativos os seus

pezóns en forma de chupete.

Page 15: PARA SABER MÁIS DO GUERNICA

O PAXARO

Xusto diante da boca do cabalo, como se

formase parte do berro da besta ferida,

atopamos un paxaro que tamén amosa o

seu pánico e desesperación.

Parece querer fuxir pero non sabe como

nin adonde. O seu pescozo retórcese cara

ao ceo como o da muller do neno e o da

muller da casa en chamas, quedando os

tres case á mesma altura.

Unha das súas ás mira cara ao chan o que

fai pensar que tamén está ferido.