Narrativa medieval

17
A narrativa medieval

description

Esquemas para estudiar a narrativa na Idade media.

Transcript of Narrativa medieval

Page 1: Narrativa medieval

A narrativa medieval

Page 2: Narrativa medieval

Alta Idade Media (sec. V-XI)

Caída do Imperio Romano de Occidente

Carlomagno intenta reconstruir o imperio occidental

Aparición do feudalismo

Arte románica

Avance do islam polo norte de África e a Península Ibérica

Page 3: Narrativa medieval

Baixa Idade Media (sec. XII – XIV)

As cruzadas: recuperación dos lugares santos do cristianismo

O poder centralízase en mans de reis. Comezan a formarse os Estados modernos.

Aumento da artesanía e do comercio

Crecen as cidades e a burguesía

Aparición das universidades

Construción das catedrais góticas

Peste negra

Page 4: Narrativa medieval

Breve cronoloxía da Idade Media

Alta Idade Media (sec. VI-XI) Baixa Idade Media (sec. XII-XIV)

Héxira

622 800 1088 1095 1266 1345 1348

Marco Polo na China

Coronación de Carlomagno

Universidade de Bolonia

Primeira cruzada

Catedral de Notre Dame de Paris

Peste negra

Page 5: Narrativa medieval

Esquema xeral da narrativa medieval

1.- Narracións de tema cabaleiresco-heroico

1.1 Chrétien de Troyes e as novelas artúricas1.2 Novelas da antigüidade clásica1.3 Novelas de cabaleirías

2.- Roman de Renart

3.- Roman de la Rose

5.- Os contos

5.1 As Mil e unha noites5.2 Os contos de Canterbury5.3 O Decamerón

4.- O libro das marabillas de Marco Polo

Page 6: Narrativa medieval

Narracións de tema cabaleiresco e heroico

Teñen o seu antecedente inmediato no xénero épico

Algúns poemas épicos :Canción de RoldánOs Nibelungos

No seu éxito influiu tamén a realidade histórica da Idade Media, coas cruzadas e as guerras entre Estados europeos como fondo.

Page 7: Narrativa medieval

Chrétien de Troyes (século XII)

A súa obra é distinta aos poemas épicos tradicionais:- É de carácter culto. Transmítese por escrito e ten un autor individual.- Introduce historias amorosas mezcladas coas fazañas guerreiras.

O conto do Grial O cabaleiro da carreta

Popularizou a temática relacionada coa corte do rei Arturo, de gran importancia na literatura europea posterior.

No século XIII aparecerán novelas en prosa de tema artúrico:

LancelotA procura do GrialA morte de Arturo…

Page 8: Narrativa medieval

Ademáis de coñecer moitas adaptacións cinematograficas, as lendas artúricas estimularon a imaxinación de moitos pobos e escritores europeos. Galicia garda unha estreita relación con esta saga, xa que unha lenda afirmaba que os cabaleiros de Camelot viñeran na procura do Santo Grial, que hoxe en día aparece no escudo da comunidade. Autore como Álvaro Cunqueiro ou Méndez Ferrín recorreron en diversas ocasións a esas lendas.

Page 9: Narrativa medieval

Novelas da antigüidade clásica

Aparecen en Francia, en torno ao século XII. Narran algunhas das historias de Grecia, pero adaptándoas ao gusto cabaleiresco da Idade Media:

A novela de TroiaA novela de Alexandre

Teñen tamén os seus correspondentes nas literaturas hispánicas: El Libro de Aleixandre (século XIII) A crónica troiana (século XIV)

Page 10: Narrativa medieval

Un derivado hispánico das narracións artúricas e os cantares de xesta foron as novelas de cabaleirías, que coñecen un gran éxito a partir do século XIV. Nelas inspirarase Miguel de Cervantes para escribir o Quixote.

Page 11: Narrativa medieval

Roman de Renart (séculos XII-XIII)

É un longo poema satírico, escrito en pareados octosílabos , que reúne moitas narracións de distintos autores.

É unha parodia dos distintos vicios, defectos e paixóns dos seres humanos; todos os personaxes son animais. Os personaxes principais son Renard, o astuto raposo, e o malvado lobo Isengrin, que odia a Renard porque éste abusou da súa muller.

Tamén parodia xéneros literarios, como os cantares de xesta e os libros de cabaleirías.

Page 12: Narrativa medieval

Roman de la Rose (século XIII)

Está dividida en dúas partes moi distintas, redactadas por dos autores diferentes.

A primeira é a máis coñecida. Foi escrita por Guillaume de Lorris. É unha alegoría sobre a conquista amorosa: o poeta soña cun xardín no que habitan todos os encantos que rodean ao Amor: Fermosura, Xenerosidade, Cortesía… No xardín contempla unha rosa da que se enamora, pero está custodiada por Perigo, Vergonza, Medo e Malas Linguas. A primeira parte remata co lamento do poeta que non pode alcanzar o seu obxectivo

Esta primeira parte garda unha estreita relación coa poesía de amor cortés de orixe provenzal.

A segunda parte foi escrita por Jean de Meun. Moralista e práctico, aínda que moi misóxino, ridiculiza os valores do amor cortés e pretende adoctrinar ao resto da sociedade.

Page 13: Narrativa medieval

O Libro das Marabillas de Marco Polo narra, mezclando os datos reais con historias fantásticas, a viaxe do mercader venecia Marco Polo ás lonxanas terras do Gran Khan, na China.

Éste tipo de narracións de viaxes coñecerá un gran éxito en séculos posteriores, na época dos descubrimentos

Page 14: Narrativa medieval

Os contos

Na Idade Media existe unha importante tradición cuentística. Moitos destes relatos breves tiñan a súa orixe en oriente. Na Castela do século XIII, por exemplo, tradúcese directamente do árabe unha colección de fábulas indias: Calila e Dimna.

Moitas destas historias teñen intención moralizante e están engarzadas por un fío condutor que lle da unidade á obra

Un exemplo coñecido na literatura españla é El libro de Patronio o El conde Lucanor, do século XIV.

Page 15: Narrativa medieval

A colección de contos orientais máis coñecida é As mil e unha noites, formada por relatos orais de procendencia persa, india, exipcia ou árabe. A partir do século XVIII se lle concedeu un gran literario e a partir de aí coñeceu moitas versións e adaptacións en todo o mundo.

A princesa Scheherezade trata de aplazar a súa condea a morte contándolle ao rei unha historia cada noite. Todas as historias quedan interrumpidas ao chegar ao día, polo que a princesa pode vivir un día máis. Finalmente, o rei tómaa como esposa.

Os contos das Mil e unha noites serviron de inspiración para Álvaro Cunqueiro, cando escribiu Se o vello Simbad volvese ás illas.

Page 16: Narrativa medieval

Do século XIV, e cun espíritu practicamente renacentista, son as dúas coleccións de relatos máis importantes da literatura europea daquel tempo.

O Decamerón de Bocaccio (1313-1375)

A causa da peste bubónica de 1348, sete rapazas e tres rapaces duxen de Florencia e refúxianse durante dez días nunha finca de campo. Para pasar o tempo, cada un se compromete a contar unha historia diaria. O resultado son os cen contos que compoñen o Decamerón.

Os Contos de Canterbury de Chaucer (1340-1400)

Un grupo de personaxes representativos da Inglaterra da época peregrinan xuntos desde Londres ata o santuario de Sto Tomás de Canterbury, e para amenizar a viaxe relatan historias.

Page 17: Narrativa medieval

1100 1200 1300 1400

Chanson de Roland

Chretien de Troyes

Roman de Troie

Mio Çid

Calila e Dimna

Roman de la Rose

Roman de Renart

Conde Lucanor

Decamerón

Contos de Canterbury

Libro de las Marabillas