Cultura e Literatura catalás 2 - usc.es · PDF fileAdentrarse na literatura...

19
Cultura e Literatura catalás 2 Maria Mercè López Casas Andratx Badia Escolà GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO 2017/2018 FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA GALEGA

Transcript of Cultura e Literatura catalás 2 - usc.es · PDF fileAdentrarse na literatura...

Page 1: Cultura e Literatura catalás 2 - usc.es · PDF fileAdentrarse na literatura catalá no marco da literatura europea ... - Coñecer obras fundamentais da literatura catalá medieval

Cultura e Literatura

catalás 2

Maria Mercè López Casas

Andratx Badia Escolà

GUÍA DOCENTE E MATERIAL

DIDÁCTICO

2017/2018

FACULTADE DE FILOLOXÍA

DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA GALEGA

Page 2: Cultura e Literatura catalás 2 - usc.es · PDF fileAdentrarse na literatura catalá no marco da literatura europea ... - Coñecer obras fundamentais da literatura catalá medieval

ÍNDICE

I. Datos descritivos da materia

II. Sentido da materia no perfil dos graos

III. Obxectivos e competencias a desenvolver

IV. Contidos

V. Bibliografía e recursos didácticos

VI. Indicacións metodolóxicas e distribución da carga en créditos ECTS

VII. Sistema de avaliación

VIII. Outras informacións de utilidade

FACULTADE DE FILOLOXÍA. DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA GALEGA ÁREA DE FILOLOXÍA CATALÁ

AUTORES: Maria Mercè López Casas e Andratx Badia Escolà Edición electrónica. 2017

ADVERTENCIA LEGAL: Reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos autores.

Page 3: Cultura e Literatura catalás 2 - usc.es · PDF fileAdentrarse na literatura catalá no marco da literatura europea ... - Coñecer obras fundamentais da literatura catalá medieval

I. DATOS DESCRITIVOS DA MATERIA Denominación: Cultura e Literatura catalás 2 – código G5041804 Descrición: Afondamento no estudo aspectos literarios, teatrais, cinematográficos e de proxección universal da cultura catalá. A materia diríxese a todo estudante que estea interesado nos principais aspectos desta cultura e civilización milenaria e queira familiarizarse e afondar neles de cara aos seus intereses e campos de estudo persoais. Tipo: Optativa para todos os títulos de Grao da Facultade de Filoloxía. Integrada no Módulo Optativo “Catalán. Lingua, cultura e literatura” Grao: Lingua e Literaturas Modernas

Curso: 4º, 2º cuadrimestre Número de créditos: 6 ECTS

Prerrequisitos: É conveniente ter cursado (ou estar a cursar) polo menos algunha

materia de lingua catalá ou posuír coñecementos do idioma para poder seguir o curso

de maneira óptima. Recoméndase ter cursado Cultura e literatura catalás 1.

Profesores: Andratx Badia Escolà e Maria Mercè López Casas Departamento: Filoloxía Galega Área: Filoloxía Catalá Lingua docente: Catalán (coas matizacións precisas nas linguas galega ou castelá) Horario: Luns de 14-15 h (aula D01) e martes 13-15 h (aula C07) Titorías: Profª Maria Mercè López Casas Despacho 240 Telf: 881 811 795 [email protected]

Prof. Andratx Badia Escolà Despacho 106 Telf: 881 811 790 [email protected]

Os horarios de titorías fixaranse en función da dispoñibilidade dos/das alumnos/as e as necesidades docentes.

Page 4: Cultura e Literatura catalás 2 - usc.es · PDF fileAdentrarse na literatura catalá no marco da literatura europea ... - Coñecer obras fundamentais da literatura catalá medieval

II. CONTEXTUALIZACIÓN NO PLAN DE ESTUDOS

O módulo de Catalán distribúese en dous bloques: un adicado á lingua catalá (12

créditos) e outro á cultura e literatura catalás (12 créditos). Este consta de catro

materias, cada unha de 6 créditos, que deben comprenderse de maneira integrada,

por canto lingua e cultura forman un todo. Así mesmo, na docencia das catro

materias trabállanse e teñen presenza tanto os aspectos culturais coma os

lingüísticos.

O módulo de Catalán, que pode ser cursado polos estudantes de todos os Graos da

Facultade de Filoloxía (Filoloxía Clásica, Lingua e Literatura Españolas, Lingua e

Literatura Galegas, Lingua e Literatura Inglesas e Linguas e Literaturas Modernas),

intégrase na Modalidade Mixta (módulo optativo de catalán + módulo

complementario).

Cursar o módulo de Catalán supón engadir unha nova lingua e unha nova cultura ás

xa estudadas nos Graos como Maior e Minor, seguindo os propósitos do Plan

Boloña de enriquecer a formación lingüística dos estudantes de Europa.

SENTIDO DA MATERIA: POR QUE ESTUDAR CULTURA E LITERATURA CATALÁS?

Sumar unha lingua e unha cultura con facilidade

Tender unha ponte cara a aprendizaxe doutras linguas e literaturas

románicas

Afondar noutra cultura hispánica, próxima a nós

Adentrarse na literatura catalá no marco da literatura europea

Estudar nas universidades de dominio lingüístico catalán (SICUE: Barcelona,

Girona, Lleida, Mallorca, València...)

Dispoñer de axudas para ampliar o coñecemento da lingua e da cultura nos

territorios de fala catalá

Gozar do verán aprendendo e compartindo catalán na Mediterránea con

estudantes de todo o mundo

Obter as certificacións oficiais de Catalán na propia USC

Page 5: Cultura e Literatura catalás 2 - usc.es · PDF fileAdentrarse na literatura catalá no marco da literatura europea ... - Coñecer obras fundamentais da literatura catalá medieval

Participar en programas de intercambio lingüístico e sociocultural nos que

participa a Área de Catalán

Acceder a cursos de formación de ámbito profesional no dominio lingüístico

catalán

Ampliar o abano de posibilidades na oferta laboral

A importancia dos estudos de catalán mídese na súa presenza nos plans de estudo

das máis prestixiosas universidades do mundo. Na actualidade o catalán estúdase

en 151 universidades repartidas en 50 países de catro continentes; e cada ano

amplíase o número de alumnos e de centros de ensino superior que o ofrecen.

III. OBXECTIVOS E COMPETENCIAS A DESENVOLVER

1. OBXECTIVOS

- Coñecer obras fundamentais da literatura catalá medieval no seu contexto histórico-social e cultural. Coñecer a expresión catalá dos principais movementos culturais dos séculos XIX e XX.

- Dotar o alumnado de nocións básicas sobre a cultura catalá de finais do século XX e do XXI

- Familiarizarse co patrimonio cultural catalán a partir das obras máis relevantes.

- Coñecer as principais expresións culturais catalás de proxección universal.

- Aplicar as técnicas do comentario de texto á literatura catalá.

- Fomentar a curiosidade intelectual e o gosto pola cultura e a literatura.

- Fomentar unha actitude intelectual aberta e de respecto ante a diferenza (ser sensibles á diversidade de linguas e culturas).

- Fomentar unha actitude crítica cara aos factores políticos, económicos, sociais e culturais da materia.

- Manter e reforzar (ou adquirir, no seu defecto) competencia lingüística en catalán.

- Dar a coñecer e formar o alumnado para que saiba utilizar a bibliografía de consulta e os recursos varios da internet de maneira eficaz.

Page 6: Cultura e Literatura catalás 2 - usc.es · PDF fileAdentrarse na literatura catalá no marco da literatura europea ... - Coñecer obras fundamentais da literatura catalá medieval

2. COMPETENCIAS

- Ler e comprender textos escritos en catalán sobre temas xerais e específicos da materia, así como sobre aspectos da realidade sociocultural.

-

- Ler e comprender textos literarios cataláns medievais e contemporáneos na súa lingua orixinal.

- Ler significativamente e analizar e comentar textos de historia, cultura, arte e literatura catalás.

- Analizar, interpretar e valorar textos de diferente xénero literario.

- Capacidade para realizar comentarios de texto e valoracións críticas.

- Comparación de textos: análises de semellanzas e diferenzas.

- Capacidade para facer traballos de investigación bibliográfica, debidamente documentados, sobre escritores e obras da literatura catalá.

- Valorización da lectura e da literatura como forma de goce persoal e como método para a adquisición de coñecementos propios e abertos.

- Entender o catalán oral e escrito.

IV. CONTIDOS

BLOQUE I. SÉCULO XIX

1.1. Contexto: Romanticismo, "Renaixença", Realismo e Naturalismo - Jacint Verdaguer e a poesía

- Narcís Oller e a narrativa

- Àngel Guimerà e o teatro

2. BLOQUE II: SÉCULO XX (1)

2.1. O Modernismo - Introducción ao contexto

- Joan Maragall e a poesía

- A narrativa: Raimon Casellas e Víctor Català

- Santiago Rusiñol e o teatro

Page 7: Cultura e Literatura catalás 2 - usc.es · PDF fileAdentrarse na literatura catalá no marco da literatura europea ... - Coñecer obras fundamentais da literatura catalá medieval

2.2. O "Noucentisme" - Introducción ao contexto: Eugeni d’Ors e a Mancomunitat

- A poesía: Guerau de Liost e Josep Carner

- A novela en crise: Eugeni d’Ors

- O teatro en crise

2.3. Os anos 30 e as vangardas - Introducción ao contexto

- A poesía: Joan Salvat-Papasseit, Josep M. Junoy

- A prosa: J. V. Foix e Miquel Llor.

- O teatro: Josep Millàs Raurell e Carles Soldevila

BLOQUE III. SÉCULOS XX (2) E XXI

3.1. Guerra e exilio - Introducción ao contexto

- A poesía: Carles Riba, Rosa Leveroni, Clementina Arderiu, Màrius Torres e Bartomeu Rosselló-Pòrcel

- A narrativa: Pere Calders e Mercè Rodoreda

- O teatro: Salvador Espriu

3.2. Os anos da postguerra: 1940-1968

- Introducción ao contexto

- A poesía: Joan Brossa, Gabriel Ferrater, Joan Vinyoli, Vicent Andrés Estellés

- A narrativa: Josep Pla, Manuel de Pedrolo

- O teatro: Josep M. de Sagarra, Joan Oliver

3.3. Dos anos 70 ata hoxe - Introducción ao contexto

- A poesía: Maria Mercè Marçal, Montserrat Abelló

- A narrativa: Jesús Moncada, Montserrat Roig, Carme Riera, Biel Mesquida, Baltasar Porcel, Quim Monzó, Maria Barbal...

- O teatro: Novas perspectivas na dramaturxia catalá

Page 8: Cultura e Literatura catalás 2 - usc.es · PDF fileAdentrarse na literatura catalá no marco da literatura europea ... - Coñecer obras fundamentais da literatura catalá medieval

V. BIBLIOGRAFÍA E RECURSOS DIDÁCTICOS

BIBLIOGRAFÍA BÁSICA E COMPLEMENTARIA

BARGALLÓ VALLS, Josep, Manual de mètrica i versificació catalanes, Barcelona, Editorial Empúries, 1991. BORDONS, Glòria - SUBIRANA, Jaume, Literatura catalana contemporània. Barcelona, UOC / Pòrtic, 1999. BOU, Enric (director), Nou diccionari 62 de la literatura catalana, Barcelona, Edicions 62, 2000. BROCH, Àlex (dir.), Diccionari de la literatura catalana. Barcelona, Enciclopèdia

Catalana, 2008 COMAS, Antoni, Antologia de la literatura catalana, Barcelona, Diàfora, 1981.

DOMINGO, Josep. M. (ed.), Jocs Florals de Barcelona en 1859. Barcelona, GELIV /

UB / Diputació de Barcelona, 2009. ESPADALER, Anton M., Literatura catalana, Barcelona, Taurus, 1989 (versión catalá co título Història de la literatura catalana, Barcelona, Barcanova, 1992).

FÀBREGAS, Xavier, Història del teatre català, Barcelona, Millà, 1978. FUSTER, Joan, Literatura catalana contemporània, Barcelona, Curial, 1972

FUSTER, Joan, Literatura catalana contemporánea, Madrid, Editora Nacional, 1975.

GRILLI, Giuseppe (ed.), Antologia de poetes catalans: del segle XVI a Verdaguer.

Vol. II. Barcelona, Galàxia Gutenberg, 1998 . MALÉ, Jordi - Borràs, Laura (ed.), Poètiques catalanes del segle XX. Barcelona,

UOC, 2008. MALÉ, Jordi (ed.), Les idees literàries al període d’entreguerres. Antologia de textos.

Lleida, Càtedra Màrius Torres / Pagès Editors, 2012. MARTINES, Vicent, L’edició filològica de textos. València, Universitat de València,

1999. MARTÍNEZ-GIL, Víctor, L’edició de textos: història i mètode. Barcelona: Edicions 62,

2002. MARTÍNEZ-GIL, , Víctor (coord.), Models i criteris de l’edició de textos. Barcelona,

UOC, 2013. MOLAS, Joaquim, Història de la literatura catalana. Part moderna. Vols. 7-11,

Barcelona, Ariel, 1986-1988.

Page 9: Cultura e Literatura catalás 2 - usc.es · PDF fileAdentrarse na literatura catalá no marco da literatura europea ... - Coñecer obras fundamentais da literatura catalá medieval

MOLAS, Joaquim, MASSOT I MUNTANER, Josep (directores), Diccionari de la literatura catalana, Barcelona, Edicions 62, 1979.

MUNTANER, Maria [et al.] (ed.), Transformacions: llenguatges teòrics i relacions interartístiques (1975-2000). Barcelona, UIB / IEB / PAM, 2010.

PORTER, Miquel, Història del cinema a Catalunya, Barcelona, Generalitat de

Catalunya, 1992.

RIQUER, Borja de (director), Història, política, societat i cultura dels Països Catalans, 13 vols., Barcelona, Enciclopèdia Catalana, 1995-2000.

ROSSICH, Albert, Panorama crític de la literatura catalana. Segle XIX. Segle XX

Barcelona, Vicenç Vives, vols. 4 e 5, 2009-2010. RUBIÓ I BALAGUER, Jordi, Història de la literatura catalana, 3 vols. Barcelona, Publicacions de l'Abadia de Montserrat, 1984; versión en catalán de "Literatura catalana" aparecida en diversos volumes da Historia general de las literaturas hispánicas dirixida por Guillermo Díaz Plaja, Barcelona, Vergara, 1949. SANSONE, Giuseppe E. (ed.), Antologia de poetes catalans: de Maragall als nostres dies. Vol. III i IV. Barcelona: Galàxia Gutenberg, 1997. TAYADELLA, Antònia, Sobre literatura del segle XIX. Barcelona, Societat Verdaguer

/ UB, 2013. Vint-i-nou contes: Antologia de narrativa catalana contemporània, ed. Isidor

CÒNSUL, Barcelona, Diputació de Barcelona, 2009.

RECURSOS EN LIÑA

Gran Enciclopèdia Catalana

Biblioteca de Catalunya

Biblioteca virtual Joan Lluís Vives

Biblioteca Miguel de Cervantes

Traces. Base de dades de llengua i literatura catalanes

Lletra

Associació d’Escriptors de Llengua Catalana

Lletres Vilaweb

Culturcat

Page 10: Cultura e Literatura catalás 2 - usc.es · PDF fileAdentrarse na literatura catalá no marco da literatura europea ... - Coñecer obras fundamentais da literatura catalá medieval

Patrimoni Gencat

Edu3.cat

Museu d'Història de Catalunya

Museu Nacional d’Art de Catalunya

Diccionari català-valencià-balear

VI. INDICACIÓNS METODOLÓXICAS E DISTRIBUCIÓN DA

CARGA EN CRÉDITOS ECTS METODOLOXÍA

Clases de carácter teórico-práctico. Combinaranse as explicacións do profesor con

actividades e dinámicas tanto individuais como de grupo.

Un dos elementos principais de aprendizaxe será a reflexión e análise crítica de

textos escritos, orais e audiovisuais sobre os contidos do programa, así como as

intervencións orais por parte dos estudantes a partir de documentación bibliográfica

e recursos de internet seleccionados.

A parte máis teórica consistirá nunha introdución sumaria a cada un dos bloques

temáticos. Exposición sintética dos principais contidos que poida ofrecer ao

alumnado unha visión panorámica dende a que situarse, ao tempo que posibilitar o

desenvolvemento posterior das actividades a realizar polos propios alumnos.

A parte máis práctica e interactiva consistirá nun análise e posta en común de

textos: afondamento nos aspectos máis significativos de cada bloque temático por

medio da lectura e análise a nivel de grupo de textos relevantes. Fomento da

reflexión e interpretación interpersoal do alumnado de maneira que, auxiliado cando

preciso, poida obter por si mesmo una síntese de resultados.

Nas sesións de titoría de grupo dedicaranse á clarificación das dúbidas e daquelas

cuestións que precisen de tratamento especial, como por exemplo a orientación para

a exposición oral e o comentario de texto.

Outros aspectos formativos de obrigado cumprimento: asistencia e participación nas

actividades relacionadas coa cultura catalá organizadas ou recomendadas pola Área

de Catalán.

Prevese realizar unha viaxe a Cataluña para poñer en práctica os coñecementos

adquiridos.

Page 11: Cultura e Literatura catalás 2 - usc.es · PDF fileAdentrarse na literatura catalá no marco da literatura europea ... - Coñecer obras fundamentais da literatura catalá medieval

DISTRIBUCIÓN DA CARGA EN CRÉDITOS ECTS

ACTIVIDADES HORAS PRESENCIAIS FACTOR TRABALLO

AUTÓNOMO TOTALES

Sesións teórico-

prácticas 24 1 24 48

Sesións interactivas

24 2 48 72

Titorías de grupo

3 1 3 6

Documentación e preparación das

intervencións orais e comentarios críticos

--- --- 12 12

Exame

3 3 9 12

TOTAL

54 96 150

As horas non presenciais corresponden ao traballo autónomo do/da alumno/a e,

polo tanto, responden a unha planificación puramente teórica, dende o momento en

que o estudante é o responsable final do seu traballo.

RECOMENDACIÓNS PARA O ESTUDO DA MATERIA

- Estudo e traballo continuado dos contidos da materia.

- Puntualidade nos prazos de entrega de exercicios, resumos, comentarios e exposicións.

- Acudir ás titorías sempre que se presente un problema ou dúbida no decorrer da materia.

- Ampliar os contidos do programa coa bibliografía recomendada.

- Asistencia e participación nas actividades relacionadas coa cultura catalá realizadas na cidade de Compostela e arredores.

- Participar en programas de intercambio lingüístico co catalán.

Page 12: Cultura e Literatura catalás 2 - usc.es · PDF fileAdentrarse na literatura catalá no marco da literatura europea ... - Coñecer obras fundamentais da literatura catalá medieval

CRONOGRAMA ESTIMADO DAS CLASES PRESENCIAIS:

SEMANA CLASES TEÓRICO-PRÁCTICAS

1ª e 2ª semanas

Días 30 xaneiro, 5-6 febreiro

Bloque 1. Século XIX Contexto: Romanticismo, "Renaixença", Realismo e Naturalismo

3ª e 4ª semanas

Días 19-20, 26-27 febreiro

Bloque 1. Século XIX Poesía (Jacint Verdaguer), Narrativa (Narcís Oller), Teatro (Àngel Guimerà)

5ª e 6ª semanas

Días 5-6 e 12-13 marzo

Bloque 2. Século XX (1) Modernismo

7ª e 8ª semanas

Días 19-20 marzo e 2-3 abril

Bloque 2. Século XX (1) "Noucentisme"

9ª e 10ª semanas

Días 9-10 e 16-17 abril

Bloque 2. Século XX (1) Os anos 30 e as vangardas

11ª e 12ª semanas

Días 23-24 abril 7-8 de maio

Bloque 3. Século XX (2) Guerra e exilio Os anos da postguerra

13ª semana

Días 14-15 maio

Bloque 3. Século XX (2) Os anos da postguerra Dos anos 70 ata hoxe

VII. SISTEMA DE AVALIACIÓN A avaliación dos progresos de aprendizaxe dos estudantes é continua e baséase na

participación activa nas actividades presenciais, na entrega de exercicios de todo

Page 13: Cultura e Literatura catalás 2 - usc.es · PDF fileAdentrarse na literatura catalá no marco da literatura europea ... - Coñecer obras fundamentais da literatura catalá medieval

tipo o longo do curso, nas tarefas finais de cada bloque dos contidos, e na proba

final (exame).

ASPECTO CRITERIOS INSTRUMENTO PESO

Asistencia, participación e traballo na aula.

Exercicios de lectura, comentario e análise de

textos

Implicación e interese. Correcta realización das

actividades. Puntualidade

Observación e notas. Entrega, revisión e

corrección dos exercicios 10%

Contidos dos bloques Asunción dos contidos

teórico-prácticos e calidade

Tarefas finais de cada bloque

60%

Proba final de adquisición de contidos e competencias

Dominio dos contidos teórico-prácticos

Exame final escrito 30%

A avaliación de fin de bloque farase mediante exercicios varios: controis de lectura,

análise e comparación de textos, cuestionarios, tests, exposicións orais, etc.

A proba final examinará as competencias e os coñecementos adquiridos ao longo do

curso. Poderá incluír preguntas concisas, desenvolvemento dun tema, e análise,

comentario e comparación de textos de tipoloxía diversa.

Para superar a materia é preciso ter aprobado o exame final. Os exames finais tanto

de maio como de xullo realizaranse na data establecida oficialmente polo centro:

22 de maio de 2018, 9:30 h, aula B06

2 de xullo de 2018, 9:30 h, aula B06

Nos casos nos que o estudante estea en circunstancias excepcionais que lle

impidan asistir regularmente a clase, ademais do exame final, deberá facer traballos

acordados co profesor para suplir a aprendizaxe presencial.

Os estudantes exentos da asistencia ás aulas serán avaliados polo exame de xuño,

que terá un valor dun 100% na cualificación final.

No caso de alumnado que teña dispensa de asistencia, segundo o disposto na

instrución nº 1/2017 da Secretaría Xeral da USC, o 100% correspondente á

asistencia e participación será complementado cun sistema individualizado de

avaliación acorde aos motivos de dispensa.

Page 14: Cultura e Literatura catalás 2 - usc.es · PDF fileAdentrarse na literatura catalá no marco da literatura europea ... - Coñecer obras fundamentais da literatura catalá medieval

VIII. OUTRAS INFORMACIÓNS DE UTILIDADE

PROBAS OFICIAIS DE LINGUA CATALÁ

A Área de Filoloxía Catalá organiza e administra, anualmente e para toda Galicia, as

probas oficiais para a obtención dos Certificats de Català do Institut Ramon Llull,

encargado da avaliación e certificación dos coñecementos de lingua catalá fóra do

dominio lingüístico. Estas certificacións permiten acreditar o grao de coñecemento

da lingua catalá tanto a efectos académicos como laborais (administración pública,

empresas, institucións) e teñen para todos os efectos a mesma validez e eficacia

que as que expide a Dirección Xeral de Política Lingüística da Generalitat de

Catalunya, a Dirección Xeral de Política Lingüística do Govern de les Illes Balears e

a Xunta Calificadora de Coñecementos de Valenciano da Generalitat Valenciana.

TÁBOA DE EQUIVALENCIAS CONSONTE O MARCO COMÚN DE REFERENCIA:

NIVELLS COMUNS DE REFERÈNCIA LLENGÜES (CONSELL D'EUROPA)

CERTIFICATS DE LLENGUA CATALANA INSTITUT RAMON LLULL

D. G. DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA GENERALITAT DE CATALUNYA

JUNTA QUALIFICADORA DE CONEIXEMENTS DE VALENCIÀ

D. G. DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA GOVERN BALEAR

Usuari bàsic A1

- - - -

Usuari básic A2 Nivell bàsic (A2) Nivell bàsic (A2) Coneixements orals

Nivell A2

Usuari independent B1

Nivell elemental (B1)

Nivell elemental (B1)

Grau elemental

Nivell B1

Usuari independent B2

Nivell intermedi (B2)

Nivell intermedi (B2)

-

Nivell B2

Usuari experimentat C1

Nivell de suficiència (C1)

Nivell de suficiència (C1)

Grau mitjà

Nivell C1

Usuari experimentat C2

Nivell superior (C2)

Nivell superior (C2)

Grau superior

Nivell C2

Cómpre sinalar que durante o segundo cuadrimestre, o Centro de Linguas Modernas

da USC ofrece dous cursos de preparación para o acceso aos certificados de nivel

Elemental, Intermedi e Suficiencia, dirixido a todos aqueles que estean interesados

en se presentaren a algún dos niveis de certificación.

Para máis información: www.llull.cat

Page 15: Cultura e Literatura catalás 2 - usc.es · PDF fileAdentrarse na literatura catalá no marco da literatura europea ... - Coñecer obras fundamentais da literatura catalá medieval

ESTADÍAS DE FORMACIÓN

O Institut Ramon Llull, conxuntamente con outras institucións, organiza estadías de

formación lingüística e cultural pensadas para mellorar a competencia lingüística e

os coñecementos culturais dos estudantes de catalán do exterior por medio de

cursos, conferencias, visitas e actividades complementarias.

ESTADA LINGÜÍSTICA D’ESTIU A VALÈNCIA (AVL – IRL)

A Acadèmia Valenciana de la Llengua e o Institut Ramon Llull organizan

durante o mes de xullo unha estadía lingüística dirixida a estudantes de

catalán/valenciano das universidades do exterior. Este programa é unha boa

opción para todas aquelas persoas que queiran aproveitar o verán para

mellorar os seus coñecementos de lingua e coñecer a cidade de Valencia. A

estadía combina cursos de lingua e cultura cun programa de actividades

culturais e de lecer.

Calendario: inscrición abril-maio.

Requisitos: Cursar o ter cursados estudos de lingua (catalán/valenciano) en

calquera universidade de fóra do ámbito lingüístico cun coñecemento do nivel

A2 ou superior (MECR).

Para máis información:

http://www.llull.cat/catala/aprendre_catala/estades_linguistiques_valencia.cfm

CAMPUS UNIVERSITARI DE LA LLENGUA CATALANA

O Campus Universitari de la Llengua Catalana, froito da colaboración entre o

Goberno de Andorra e o Instituto Ramon Llull, ofrece aos estudantes, grazas

aos cursos de lingua e á participación nun amplo abano de actividades

culturais e de lecer, a posibilidade de se integraren no tecido social e no

contexto natural de Cataluña e Andorra. Esta inmersión lingüística e cultural

entre a Costa Brava e o Pirineo andorrano permite aos participantes poder

vivir plenamente en catalán durante uns días.

Calendario: inscrición abril-maio.

Requisitos: Cursar ou ter cursado un mínimo de 50 horas de estudos de

lingua catalá en calquera universidade de fóra do dominio lingüístico, e ter un

coñecemento e dominio básicos de catalán oral.

Para máis información:

http://www.llull.cat/catala/aprendre_catala/estades_linguistiques_campus.cfm

Page 16: Cultura e Literatura catalás 2 - usc.es · PDF fileAdentrarse na literatura catalá no marco da literatura europea ... - Coñecer obras fundamentais da literatura catalá medieval

ESTADA LINGÜÍSTICA D’ESTIU A LES ILLES BALEARS

O Institut Ramon Llull, en colaboración coa Universitat de les Illes Balears,

organiza durante o mes de setembro unha estadía lingüística dirixida a

estudantes de catalán das universidades e outros centros docentes do

exterior. Unha boa opción para todas aquelas persoas que queiran aproveitar

o verán para mellorar os seus coñecementos de lingua catalá e coñecer a

cidade de Palma e a illa de Mallorca. A estadía combina cursos de lingua e

cultura catalás cun programa de actividades culturais e de lecer vencelladas

ao turismo cultural da illa.

Cursos de lingua: Nivel Elemental (B1 MECR) e Nivel Intermedio (B2 MECR)

Calendario: inscrición abril-maio.

Requisitos: Cursar ou ter cursado un mínimo de 100 horas de estudos de

lingua catalá en calquera universidade de fóra do dominio lingüístico.

Para máis información:

http://www.llull.cat/catala/aprendre_catala/estades_linguistiques_balears.cfm

PROGRAMAS E ACTIVIDADES EXTRAACADÉMICAS

PROGRAMAS DE INTERCAMBIOS LINGÜÍSTICOS:

PARELLÆS

A Área de Filoloxía Catalá da USC convoca -cando é factible- o programa

PARELLÆS, programa académico de intercambio lingüístico catalán-

galego/galego-catalán entre alumnos e alumnas da Universidade que falen

galego ou catalán e desexen aprender, practicar ou mellorar a outra lingua.

Coa vontade de ir máis aló do simple intercambio lingüístico, este programa non

só pretende ofrecer aos estudantes a oportunidade de practicaren e melloraren o

idioma, senón tamén de coñeceren, de primeira man, a súa cultura. Ademais, o

feito de que ambas as dúas sexan linguas minorizadas do estado é de especial

relevancia, xa que o programa se presenta como lugar privilexiado para traballar

e desmitificar moitas das problemáticas sociolingüísticas e culturais.

PARELLES LINGÜÍSTIQUES VIRTUALS

Pensado para todos aqueles que por varias circunstancias non poden practicar o

catalán de maneira presencial, o Institut Ramon Llull xuntamente coas

Page 17: Cultura e Literatura catalás 2 - usc.es · PDF fileAdentrarse na literatura catalá no marco da literatura europea ... - Coñecer obras fundamentais da literatura catalá medieval

universidades da Xarxa Vives pon en marcha o programa “Parellas Lingüísticas

Virtuais”.

Este programa está concibido para poñer en contacto estudantes de fóra, que

teñan uns coñecementos básicos de catalán e que queiran practicar catalán, con

estudantes cataláns que queiran conversar cos respectivos estudantes

estranxeiros asignados.

Para máis información e rexistros: http://www.parlacatala.org/

CAFÉ DE IDIOMAS

Trátase dun intercambio lingüístico presencial en lingua catalá, pensado para

todos aqueles que por varias circunstancias non poden practicar o catalán de

forma habitual. Participan no café de idiomas tanto persoas catalás coma

estudantes de lingua catalá ou calquera persoa con coñecementos de catalán

que queira practicar a lingua oral. Non se trata de clases de conversación, polo

que non hai persoas que guían a sesión nin obrigas. É un encontro libre entre

xente cun interese común: practicar a lingua catalá

Lugar: Biblioteca Ánxel Casal

Para máis información:

http://rbgalicia.xunta.es/santiago/index.php?subApartado=28?

ACTIVIDADES EXTRAACADÉMICAS:

Polo que fai ás actividades extraacadémicas, a Área de Filoloxía Catalá encárgase

tamén de organizar durante todo o ano seminarios e conferencias, ciclos de cine,

viaxes e outras actividades culturais para os estudantes e todos aqueles interesados

na lingua e cultura catalás.

Neste segundo cuatrimestre do curso prevese realizar unha VIAXE A CATALUÑA

cos estudantes de materias de catalán para poñer en práctica os coñecementos

adquiridos.

SELECCIÓN DE PÁXINAS WEB DE INTERESE

ORGANISMOS:

Institut Ramon Llull

http://www.llull.cat

Web de Llengua Catalana de la Generalitat de Catalunya

http://www.gencat.cat/llengua

Page 18: Cultura e Literatura catalás 2 - usc.es · PDF fileAdentrarse na literatura catalá no marco da literatura europea ... - Coñecer obras fundamentais da literatura catalá medieval

Consorci per la Normalització Lingüística

http://www.cpnl.cat/recursos

Institut d’Estudis Catalans (IEC) http://www.iec.cat

Direcció General de Política Lingüística del Govern de les Illes Balears

http://dgpoling.caib.es

Direcció General de Política Lingüística i Gestió del Multilingüisme de la

Generalitat Valenciana

http://www.ceice.gva.es/va/web/dgplgm/politica-linguistica

Servei de Política Lingüística del Govern d’Andorra

http://www.catala.ad/

GUÍAS DE RECURSOS LINGÜÍSTICOS:

La Llengua Catalana i Internet http://www.bibiloni.cat/index/index.html#II1

Portal de recursos lingüístics de la Xarxa Vives d’universitats

http://www.llengua.info/ INFORMÁTICA E PROGRAMARIO:

Softcatalà http://www.softcatala.org/ PRENSA, RADIO E TELEVISIÓN:

El Punt/Avui http://www.elpuntavui.cat

Ara http://www.ara.cat/

La Vanguardia (ed. cat) http://www.lavanguardia.com/encatala

El Periódico de Catalunya http://www.elperiodico.cat/ca/

Diari d’Andorra http://www.diariandorra.ad/

Page 19: Cultura e Literatura catalás 2 - usc.es · PDF fileAdentrarse na literatura catalá no marco da literatura europea ... - Coñecer obras fundamentais da literatura catalá medieval

Diari de Balears http://www.diaridebalears.com/

Segre http://www.segre.com/

El Punt http://www.elpunt.com

Regió 7 http://www.regio7.cat/

El Temps http://www.eltemps.com

Vilaweb http://www.vilaweb.com/

Porta de revistes en català http://lesrevistes.cat/

Catalunya Ràdio http://www.catradio.cat

COM Ràdio http://www.comradio.com

Països Catalans.fm http://www.paisoscatalans.fm/

Televisió de Catalunya http://www.tv3.cat/

Ràdio Televisió de les Illes Balears http://www.ib3tv.com/

Països Catalans.tv http://www.paisos-catalans.tv/

Llull TV www.llull.tv.cat/

BUSCADORES:

Som-hi http://www.som-hi.com/

Nosaltres http://www.nosaltres.cat

Cercador http://www.cercat.com