CRITERIOS DE AVALIACIÓN - edu.xunta. · PDF fileDepartamento de Linguas Clásicas...
Transcript of CRITERIOS DE AVALIACIÓN - edu.xunta. · PDF fileDepartamento de Linguas Clásicas...
Departamento de Linguas Clásicas 2016-2017CRITERIOS DE AVALIACIÓN
ÍNDICE
3ª ESO CULTURA CLÁSICA..............................................….......... 2
4ª ESO LATÍN ….................................................................….…..... 6
1º BACHARELATO LATÍN I …....................................................... 9
2º BACHARELATO LATÍN II …......................................….......... 13
1º BACHARELATO GREGO I ….................................................... 17
2º BACHARELATO GREGO II …................................…............... 19
1
Departamento de Linguas Clásicas 2016-2017
3º ESO CULTURA CLÁSICA
Criterios de avaliación
1. Identificar en textos traducidos de autores clásicos e modernos, despois de resumilos,
aspectos históricos ou culturais.
Con este criterio preténdese comprobar a capacidade do alumnado para
extraer a información relevante sobre aspectos históricos e/ou culturais,
previamente traballados, en textos variados.
2. Localizar no tempo e no espazo as etapas básicas das culturas grega e romana e os
seus feitos máis relevantes, os elementos de cambio e continuidade e as relacións con
outras culturas coetáneas.
Con este criterio preténdese comprobar a capacidade de identificar en
textos e situar no espazo e no tempo, feitos relevantes da historia das culturas
clásicas, previamente traballados.
3. Identificar as formas básicas de organización social e política de Grecia e de Roma e a
súa continuidade no mundo de hoxe.
Preténdese comprobar se o alumnado é quen de comprender a
organización socio-política de Grecia e de Roma, así como establecer
comparacións coa existente na actualidade.
2
Departamento de Linguas Clásicas 2016-20174. Localizar no espazo xeográfico as civilizacións grega e romana, así como recoñecer os
elementos relevantes do patrimonio arqueolóxico e artístico na Gallaecia e Hispania.
Preténdese comprobar a capacidade para localizar en mapas o espazo
das civilizacións antigas, así como recoñecer e situar os restos máis relevantes
na Galicia e na España actual.
5. Distinguir nas diversas manifestacións literarias, artísticas e, incluso, científicas de
todos os tempos, a mitoloxía clásica como fonte de inspiración.
Preténdese comprobar se as alumnas e os alumnos, despois de traballar
na clase os mitos máis salientables, son quen de identificalos en manifestacións
literarias e doutro tipo, adecuadas á súa idade.
6. Identificar elementos do legado lingüístico común das linguas románicas actuais.
Recoñecer o vocabulario grecolatino nas linguas modernas.
Búscase comprobar se o alumnado, acudindo ás aprendizaxes xa
adquiridas nas outras linguas, é quen de recoñecer elementos comúns a todas
elas no vocabulario.
7. Recoñecer os trazos esenciais de cada xénero literario.
Preténdese comprobar se o alumnado coñece os elementos básicos dos
xéneros literarios clásicos, acudindo ás aprendizaxes xa adquiridas nas outras
linguas.
8. Identificar aspectos significativos da achega da cultura clásica á civilización
occidental no campo do pensamento, da ciencia e da técnica.
Preténdese comprobar se o alumnado é capaz de relacionar as achegas
do mundo clásico nos eidos do pensamento, ciencia e técnica, ao mundo
actuais.
3
Departamento de Linguas Clásicas 2016-2017
9. Valorar criticamente a herdanza dos clásicos e as posibilidades de influencia no
mundo actual, establecendo relacións entre algúns dos valores, disposicións e costumes.
Con este criterio preténdese comprobar se o alumnado, coa axuda do
profesorado, é quen de analizar a permanencia do legado clásico na
actualidade, así como a evolución co paso do tempo.
10. Manexar recursos que permitan elaborar, coa axuda do profesorado, un traballo
temático sinxelo sobre calquera aspecto da produción artística e técnica, a historia, as
institucións, ou a vida cotiá en Roma.
Preténdese comprobar a capacidade do alumnado para elaborar un
pequeno traballo sobre algún dos aspectos do legado do mundo clásico e a
capacidade de exposición posterior na aula. Valorarase o grao de planificación e
a selección da información, que se debe facer acudindo a fontes variadas, así
como a presentación clara e ordenada e a utilización dos medios informáticos.
INSTRUMENTOS E SISTEMAS DE AVALIACIÓN.
Enténdese como unha avaliación continua e que regula constantemente
un proceso de ensino-aprendizaxe o mellor axustado posible ás características
individuais do alumnado. Tamén se pretende avaliar o propio proceso de
ensinanza. Pártese dunha avaliación inicial dos coñecementos previos do
alumnado e logo regularase o traballo que vai realizando a cotío en relación cos
distintos contidos conceptuais, coas competencias básicas e cos valores
recollidos nas distintas unidades didácticas. Usaranse como instrumentos da
avaliación o exame (repartido en controles e exames trimestrais e ao longo do
curso), a análise dun vídeo (película ou documental segundo o tempo o
permita), a lectura dun libro con comentario escrito a entregar e a exposición na
clase da biografía dun personaxe importante no mundo grecolatino ou dun
4
Departamento de Linguas Clásicas 2016-2017tema da cultura grega ou romana. Como a avaliación debe ser continua
incluiremos outros criterios e instrumentos como son a realización das
actividades propostas, o esforzo persoal e a participación na marcha da clase.
En xeral atenderanse tres niveis:
- O traballo individual: capacidade de descrición, relación e análise.
- O traballo en grupo: rigor, participación e aporte individual ó grupo.
- Funcionamento da clase: Observación de dinámicas, probas e traballos a
entregar.
Criterios de Cuantificación
Principalmente teranse en conta a expresión oral e escrita do alumnado,
representadas pola súa capacidade para responder preguntas teóricas nos
exames, xa sexan cuestións curtas, preguntas tipo tema ou a relacionar.
Ademais, tomarase en consideración tódolos aspectos comentados ata o
momento englobándoos en dou conxuntos:
Conceptos 70 %Participación, traballo en clase e realizacion das tarefas en casa 30%
Finalmente estes aspectos valóranse cunha nota entre 1 e 10 sen incluír
decimais. A avaliación continua implica un +/- 1 sobre esta nota para
representar o traballo diario. Cada dúas unidades didácticas farase unha proba,
no caso que o alumnado a aprobe, considerarase materia superada, se non o
consigue, tomaranse medidas de recuperación no exame final de cada
avaliación. Búscase a evolución continua, non o mero esforzo memorístico
momentáneo. A nota da avaliación será a media das notas parciais incluíndo
tódolos aspectos considerados, a nota final do curso será a media das distintas
5
Departamento de Linguas Clásicas 2016-2017avaliacións, sempre que superen o 5 ou máis superarase a materia, se non
haberá novas oportunidades de recuperar a materia no exame extraordinario de
Setembro.
A participación e as saídas voluntarias ao encerado valoraranse sempre
positivamente, así como as intervencións acertadas, que poderanse premiar con
positivos; cinco positivos sumarán 0´5 á nota final.
Tamén se valorará positivamente a realización de lecturas
complementarias (xustificadas presentando un traballo escrito sobre elas ou
mediante un debate co resto do alumnado ou ca profesora) ou de traballos
complementarios de investigación, sempre que a súa calidade sexa aceptable.
A non realización das tarefas cotiás da clase, o non respostar cando a
profesora pregunta, así como as chamadas de atención por comportamento
poderán significar negativos. Cada cinco negativos restarase á nota final 0´5.
As faltas de ortografía nos exames e nos traballos entregados por escrito
contarán negativamente: -0´05.
SISTEMA DE RECUPERACIÓN DAS PARTES SUSPENSAS.
No caso de non superar algunha avaliación, propoñerase con
posterioridade unha proba escrita de recuperación dos contidos estudados, cun
plan de traballo individualizado. En xuño haberá un exame final no que entrará
toda a materia do curso e que farán aqueles alumnos/as que non superaran as
diferentes actividades de recuperación.
4ª ESO LATÍN
Criterios de avaliación
6
Departamento de Linguas Clásicas 2016-20171. Identificar en textos traducidos de autores clásicos e modernos, despois de
resumilos, aspectos históricos ou culturais. Este criterio pretende verificar
a capacidade de comprender o contido dun texto, identificar
acontecementos, personaxes e aspectos da civilización romana, e
relacionar os datos do texto con referentes actuais.
2. Distinguir nas diversas manifestacións literarias e artísticas de todos os
tempos a mitoloxía clásica como fonte de inspiración e recoñecer no
patrimonio arqueolóxico as pegadas da romanización. Este criterio trata de
comprobar se se identifican os principais elementos da mitoloxía clásica e
o patrimonio arqueolóxico romano en diversos contextos expresivos,
textos literarios e iconografía de calquera tipo, se se comprende o seu
significado específico e se se advirte o seu valor como fonte de inspiración.
3. Aplicar as regras básicas de evolución fonética a étimos latinos que dean
orixe a termos romances do vocabulario habitual e establecer a relación
semántica entre un termo patrimonial e un cultismo. Con este criterio
preténdese avaliar a capacidade para utilizar os mecanismos de evolución
fonética e analizar as diferenzas de significado entre palabras dunha
mesma orixe.
4. Identificar compoñentes de orixe grecolatina en palabras da linguaxe cotiá
e no vocabulario específico das ciencias e da técnica, e explicar o seu
sentido etimolóxico. Este criterio trata de comprobar a capacidade de
recoñecer os formantes gregos e latinos en diferentes contextos lingüísticos
e producir definicións etimolóxicas de termos cotiáns, científicos e
técnicos.
5. Recoñecer latinismos e locucións usuais de orixe latina incorporadas ás
linguas coñecidas polo alumno e explicar o seu significado en expresións
orais e escritas. Este criterio pretende verificar se o alumnado identifica e
7
Departamento de Linguas Clásicas 2016-2017comprende as expresións latinas integradas nas linguas modernas e se é
capaz de utilizalas de xeito coherente.
6. Recoñecer os elementos morfolóxicos e as estruturas sintácticas elementais
da lingua latina e comparalos cos da propia lingua. Con este criterio
trátase de constatar a compresión do funcionamento básico da lingua
latina e a capacidade de establecer analoxías e diferenzas con elementos e
estruturas da súa propia lingua.
7. Traducir textos breves e sinxelos e producir, mediante retroversión,
oracións simples utilizando as estruturas propias da lingua latina. Este
criterio intenta comprobar se as alumnas e os alumnos asimilaron as
estruturas morfolóxicas e sintácticas elementais da lingua latina e se son
capaces de recoñecelas para realizaren traducións directas ou inversas de
textos elaborados de escasa dificultade.
8. Manexar recursos que lle permitan ao alumnado elaborar, guiado polo
profesorado, un traballo temático sinxelo sobre calquera aspecto da
produción artística e técnica, a historia, as institucións, ou a vida cotiá en
Roma. Este criterio quere comprobar se o alumnado é quen de buscar
información en fontes e formatos diversos, seleccionala, organizala e,
despois da elaboración dun texto, expresala con orde, coherencia e
cohesión.
INSTRUMENTOS E SISTEMAS DE AVALIACIÓN.
Como a avaliación debe ser continua incluiremos outros criterios e
instrumentos como son a realización das actividades propostas, o esforzo
persoal e a participación na marcha da clase. En xeral atenderanse tres niveis:
- O traballo individual: capacidade de descrición, relación e análise.
8
Departamento de Linguas Clásicas 2016-2017- O traballo en grupo: rigor, participación e aporte individual ó grupo.
- Funcionamento da clase: Observación de dinámicas, probas e traballos a
entregar.
Criterios de Cualificación
Principalmente teranse en conta a expresión oral e escrita do alumnado,
representadas pola súa capacidade para responder preguntas teóricas nos
exames, xa sexan cuestións curtas, preguntas tipo tema ou a relacionar.
Ademais, tomarase en consideración tódolos aspectos comentados ata o
momento englobándoos en dous conxuntos:
Conceptos 70%Participación, traballo en clase e realizacion das tarefas en casa 30%
Finalmente estes aspectos valóranse cunha nota entre 1 e 10 sen incluír
decimais. A avaliación continua implica un +/- 1 sobre esta nota para
representar o traballo diario. Cada dúas unidades didácticas farase unha proba,
no caso que o alumnado a aprobe, considerarase materia superada, se non o
consigue, tomaranse medidas de recuperación na terceira avaliación. Búscase a
evolución continua, non o mero esforzo memorístico momentáneo. A nota da
avaliación será a media das notas parciais incluíndo tódolos aspectos
considerados, a nota final do curso será a media das distintas avaliacións nunha
porcentaxe de 20% a primeira avaliación, 30% a segunda e 50% a terceira, se é 5
ou máis superarase a materia, se non haberá novas oportunidades de recuperar
a materia no exame extraordinario de Setembro.
9
Departamento de Linguas Clásicas 2016-2017SISTEMA DE RECUPERACIÓN DAS PARTES SUSPENSAS.
Por ser avaliación continua non se farán recuperacións por avaliación. En
xuño haberá un exame final no que entrará toda a materia do curso e que farán
aqueles alumnos/as que non superaran as diferentes avaliacións.
1ª BACHARELATO LATÍN I
Criterios de Avaliación
1) Comprender e ser capaz de traducir textos latinos breves e sinxelos,
orixinais, adaptados ou elaborados, coa maior fidelidade posible.
Con este criterio preténdese comprobar, a través de exercicios de
comprensión e posterior tradución literal dun texto, a competencia
lingüística en latín e a capacidade de recoñecer as diversas estruturas dunha
lingua flexiva. Os textos serán breves, orixinais ou elaborados e de dificultade
mínima. Poderán contribuír á valoración da consecución de obxectivos os
exercicios doados de tradución inversa ou de elaboración en latín de
pequenas mensaxes orais e escritas.
2) Recoñecer en textos latinos sinxelos os elementos básicos da
morfoloxía regular e da sintaxe da oración, en función da comprensión
do texto latino, apreciando variantes e coincidencias con outras
linguas coñecidas, especialmente co galego e co castelán.
Este criterio pretende comprobar se o alumnado adquiriu as nocións
de morfoloxía e de sintaxe que lle permitan recoñecer as características
dunha lingua flexiva e identificar formas, funcións e elementos fundamentais,
todo iso sempre co obxectivo primordial de comprender e traducir o texto
latino. O alumnado relacionará eses elementos básicos cos das linguas galega
10
Departamento de Linguas Clásicas 2016-2017e castelá ou outras coñecidas por el.
3) Ler e comentar textos traducidos de diversos xéneros ou referentes ao
mundo romano e distinguir aspectos históricos e culturais contidos
neles.
Con este criterio preténdese determinar a capacidade de comprender o contido
esencial dun texto, delimitar as súas partes e establecer a relación entre elas. O
estudante poderá manifestar a súa competencia mediante exercicios de lectura
comprensiva de textos con sentido completo, contrastando os textos latinos con
textos de literatura actual e valorando a súa vixencia na actualidade.
4) Recoñecer no léxico do galego, do castelán e doutras linguas faladas na
Península palabras de orixe latina e analizar a súa evolución fonética,
morfolóxica e semántica, así como deducir regras básicas de
derivación e composición.
Este criterio trata de constatar se o alumnado ten conciencia de que as
linguas faladas na Península evolucionaron desde o latín, agás o eúscaro, que
recibiu del importantes achegas léxicas. Deberanse relacionar palabras do
galego e do castelán ou doutras linguas romances cos seus correspondentes
étimos latinos e identificar os cambios fonéticos, morfolóxicos e semánticos
producidos no curso da súa evolución.
5) Identificar os aspectos máis importantes da historia do pobo romano e
da súa presenza no noso país e recoñecer as pegadas da cultura
romana en diversos aspectos da civilización actual.
Con este criterio comprobarase o coñecemento do pasado romano,
especialmente centrado na Península Ibérica, e a constatación da súa vixencia
no mundo actual. Posibles exercicios son o traballo sobre fontes escritas e
iconográficas, sobre pezas conservadas nos fondos museísticos e xacementos
arqueolóxicos, ou a procura nos medios de comunicación de referencias ao
11
Departamento de Linguas Clásicas 2016-2017mundo romano.
6) Planificar e realizar, seguindo as pautas do profesorado, algún traballo
de investigación sobre a presenza do mundo romano no contorno,
consultando as fontes directas (restos arqueolóxicos, epigrafía, textos
antigos) e utilizando as TIC como ferramenta de organización e
comunicación dos resultados.
Este criterio pretende verificar que o alumnado distingue no seu
contorno os elementos do mundo clásico, recoñecéndoos como herdanza do
noso propio pasado, e que os interpreta correctamente mediante a
utilización selectiva de fontes diversas. Tamén trata de avaliar a capacidade
de indagar nas fontes directas e tomar contacto cos materiais ordenando os
datos obtidos e elaborando o traballo mediante o uso das TIC como
ferramentas fundamentais.
Dado que a materia , ainda que sexa nova para o alumnado, precisa de
coñecementos gramaticais e sintácticos claros, a profesora, mediante
preguntas en clase previas a cada novo concepto, se asegurará de que que o
alumno/a ten adquiridos ditos niveis básicos e, se é o caso, subsanará
mediante exercicios e explicaciones entido recoméndase o uso de páxinas
web, blogs, páxinas colaborativas, enciclopedias e dicionarios en liña,
programas de presentacións e outras ferramentas da internet.
7) Comentar narracións didácticas, novelas históricas, bandas deseñadas
ou películas documentais e de ficción relativas ao mundo romano.
Este criterio pretende que o alumnado practique o hábito da lectura
comprensiva e a visión crítica de películas documentais e de ficción
relacionadas co mundo romano.
INSTRUMENTOS E SISTEMAS DE AVALIACIÓN
12
Departamento de Linguas Clásicas 2016-2017A profesora terá en conta diferentes aspectos:
-Traballo de clase de cada alumno: realización das actividades propostas, tanto
por escrito no caderno como de xeito oral.
- Participación activa e voluntaria nas clases.
- Nivel de dominio da materia comprobado mediante exames por escrito.
- Realización de traballos individuais ou en grupo.
A nota final de cada alumno e alumna calcularase segundo as seguintes
porcentaxes: 20% a primeira avaliación, 30% a segunda e 50% a terceira. É
necesario sacar un cinco para aprobar. Por ser avaliación continua non se farán
recuperacións das avaliación.
Probas escritas realizadas en clase 80%
Realización de traballos individuais e en grupo e lecturas obrigatorias 10%
Participación en clase, traballo e tarefas deberes 10 %
A participación e as saídas voluntarias ao encerado valoraranse sempre
positivamente, así como as intervencións acertadas, que poderanse premiar con
positivos; cinco positivos sumarán 0´5 na nota final.
Tamén se valorará positivamente a realización de lecturas
complementarias (xustificadas presentando un traballo escrito sobre elas ou
mediante un debate co resto do alumnado ou ca profesora) ou de traballos
complementarios de investigación, sempre que a súa calidade sexa aceptable.
A non realización das tarefas cotiás da clase, o non respostar cando a
profesora pregunta, así como as chamadas de atención por comportamento
poderán significar negativos. Cada cinco negativos restarase á nota final 0´5.
Como non podía ser doutro xeito, tratándose desta materia, as faltas de
ortografía nos exames e nos traballos entregados por escrito contarán
13
Departamento de Linguas Clásicas 2016-2017negativamente: -0´05 as faltas leves (tiles, palabras especialmente complexas
pola súa especialización...) e -0´1 as faltas graves (maiúsculas, b/v...)
SISTEMA DE RECUPERACIÓN DAS PARTES SUSPENSAS.
A avaliación será continua,polo que non haberá probas de recuperación,
senón un seguimento continuo e personalizado de cada alumno.
2ª BACHARELATO LATÍN II
Criterios de Avaliación
1. Ser capaz de comprender e traducir de forma coherente textos latinos
pertencentes a diversos xéneros literarios.
Con este criterio preténdese comprobar o progreso na práctica da
tradución, así como a capacidade de lectura comprensiva adquirida polo
alumnado. Na tradución procurarase combinar a fidelidade coa corrección no
estilo, facendo un adecuado uso do dicionario.
2. Recoñecer en textos latinos orixinais os elementos básicos da morfoloxía
regular e da sintaxe da oración, en función da comprensión do texto latino, apreciando
variantes e coincidencias con outras linguas coñecidas, especialmente co galego e co
castelán.
Este criterio trata de comprobar o coñecemento e manexo da lingua latina
por parte do alumnado, completando o nivel adquirido no curso anterior
mediante o estudo das irregularidades morfolóxicas de maior frecuencia e dos
procedementos máis habituais de subordinación propios da lingua latina. O
alumnado debe manifestar o seu
14
Departamento de Linguas Clásicas 2016-2017avance neste nivel facendo análises morfosintácticas de textos orixinais de
dificultade progresiva e recoñecendo as variantes e coincidencias respecto
doutras linguas por el coñecidas.
3. Comparar o léxico latino co das outras linguas de uso do alumnado,
identificando os seus compoñentes e deducindo o seu significado etimolóxico.
Este criterio trata de avaliar se o alumnado domina os procedementos de
derivación e composición na formación do léxico latino e se é consciente de que
eses derivados pasaron como tales á lingua que utiliza. Así mesmo, trátase de
comprobar se reflexionou sobre os procedementos de derivación e composición,
nos que xogan un papel preponderante os afixos de orixe grecolatina.
4. Realizar comentarios de textos traducidos, analizar as estruturas e trazos
literarios destes e recoñecer o papel da literatura clásica nas literaturas occidentais.
Con este criterio preténdese comprobar a identificación dos elementos
esenciais dun texto literario, formais e de contido, e se se recoñecen os diversos
xéneros polos seus trazos diferenciadores. O comentario versará sobre textos
con sentido completo de diversos xéneros literarios e a súa comparación con
textos da literatura posterior, especialmente a escrita en galego e castelán, nos
que sobrevivan trazos, temas ou tópicos da literatura latina.
5. Planificar e realizar traballos monográficos manexando fontes de diversos
tipos (restos arqueolóxicos, inscricións, índices, léxicos, traballos específicos etc.) e
utilizando as tecnoloxías da información e a comunicación como ferramenta de
organización e comunicación dos resultados.
Este criterio trata de constatar a capacidade creativa do alumnado na
planificación, procura, recompilación e sistematización da información, así
como o grao de corrección na expresión oral ou escrita. O alumnado, guiado
polo profesorado, planificará a actividade, organizará a información,
contrastaraa e intentará formular hipóteses, elaborando o seu traballo mediante
15
Departamento de Linguas Clásicas 2016-2017o uso das tecnoloxías da información e da comunicación como ferramentas
fundamentais en todo o proceso e como soporte para a exposición das súas
conclusións. Neste sentido, recoméndase o uso de páxinas web, blogs, páxinas
colaborativas, enciclopedias e dicionarios en liña, programas de presentacións e
outras ferramentas de internet.
6. Ler obras da literatura latina traducidas.
Con este criterio preténdese que o alumnado capte a mensaxe contida na
obra, as claves do xénero e o seu contexto histórico. Pode tratarse de obras
completas, traducidas ou adaptadas ao nivel de bacharelato, ou ben de
antoloxías dunha única ou varias autorías ou que se articulen ao redor de temas
concretos. O que se procura fundamentalmente é potenciar o hábito de lectura
con textos atractivos para o alumnado.
INSTRUMENTOS E SISTEMAS DE AVALIACIÓN
A profesora terá en conta diferentes aspectos:
-Traballo de clase de cada alumno: realización das actividades propostas, tanto
por escrito no caderno como de xeito oral.
- Participación activa e voluntaria nas clases.
- Nivel de dominio da materia comprobado mediante exames por escrito.
- Realización de traballos individuais ou en grupo.
- Lectura obrigatoria de obras clásicas latinas traducidas e literatura
contemporánea de tema clásico.
- Comportamento na clase correcto e respectuoso, tanto cos compañeiros como
ca profesora.
A nota final de cada alumno e alumna calcularase segundo as seguintes
porcentaxes: 20% a primeira avaliación, 30% a segunda e 50% a terceira. É
16
Departamento de Linguas Clásicas 2016-2017necesario sacar un cinco para aprobar. Por ser avaliación continua non se farán
recuperacións das avaliación. Na nota da avaliación terase en conta:
Probas escritas realizadas en clase 90%
Realización de traballos individuais e en grupo e lecturas
obrigatorias e traballo en clase e realizacion de tarefas deberes
10%
A participación e as saídas voluntarias ao encerado valoraranse sempre
positivamente, así como as intervencións acertadas, que poderanse premiar con
positivos; cinco positivos sumarán 0´5 na nota final.
Tamén se valorará positivamente a realización de lecturas
complementarias (xustificadas presentando un traballo escrito sobre elas ou
mediante un debate co resto do alumnado ou ca profesora) ou de traballos
complementarios de investigación, sempre que a súa calidade sexa aceptable.
A non realización das tarefas cotiás da clase, o non respostar cando a
profesora pregunta, así como as chamadas de atención por comportamento
poderán significar negativos. Cada cinco negativos restarase á nota final 0´5.
Como non podía ser doutro xeito, tratándose desta materia, as faltas de
ortografía nos exames e nos traballos entregados por escrito contarán
negativamente: -0´05 as faltas ortográficas.
BACHARELATO GREGO I
Criterios de Avaliación
17
Departamento de Linguas Clásicas 2016-20171. Ler textos gregos breves, transcribir os seus termos á lingua materna, utilizar os seus
diferentes signos ortográficos e de puntuación e recoñecer o reflexo do alfabeto grego no
abecedario latino propio das linguas modernas do noso contorno.
2. Comprender e ser capaz de traducir textos gregos sinxelos.
3. Recoñecer en textos gregos os elementos básicos da morfoloxía e da sintaxe da oración,
apreciando variantes e coincidencias con outras linguas coñecidas.
4. Detectar e comprender os helenismos máis frecuentes do vocabulario común e do
léxico científico e técnico das linguas modernas a partir de termos que aparezan nos
textos.
5. Ler e comentar textos gregos traducidos de diversos xéneros ou textos referidos ao
mundo grego e distinguir aspectos históricos e culturais contidos neles.
6. Situar no tempo e no espazo os máis importantes acontecementos históricos de Grecia,
identificar as súas manifestacións culturais básicas e recoñecer a súa pegada na nosa
civilización.
7. Realizar, seguindo as pautas proporcionadas polo profesorado, pequenos traballos de
investigación sobre a persistencia do mundo grego, consultando as fontes directas e
utilizando as tecnoloxías da información e da comunicación como ferramenta de
organización e comunicación dos resultados.
INSTRUMENTOS E SISTEMAS DE AVALIACIÓN.
O labor fundamental do profesorado é a observación e o control do
traballo diario da alumna ou alumno mediante:
- Preguntas frecuentes na aula.
18
Departamento de Linguas Clásicas 2016-2017- Seguimento do caderno de actividades.
- Control de asistencia e puntualidade.
– Observación do grao de participación na clase.
– Valoración da actitude.
As valoracións seguirán seguirá este criterio:
Probas escritas realizadas en clase 80%
Realización de traballos individuais e en grupo e lecturas
obrigatorias
10%
Participación en clase, traballo e tarefas deberes 10 %
Conceptos e procedementos (probas escritas)
• Lingua grega: 30%.
• Textos e a súa interpretación: 30%.
• Léxico e a súa evolución: 15%.
• Grecia e o seu legado: 15%.
Ao longo da avaliación farase polo menos dous exames que poderán
incluir cuestións sobre léxico e a súa evolución, Grecia e o seu legado
morfoloxía da lingua grega e sintaxe, así como a tradución de oracións onde
aparecerán os contidos de morfoloxía e sintaxe traballados ao longo da
avaliación. A cualificación da avaliación consistirá na suma das dúas probas
escritas e a cualificación dos contidos actitudinais (grao de asistencia e interese
19
Departamento de Linguas Clásicas 2016-2017amosado na clase, realización das tarefas cotiás...) Para facer a suma é necesario
que alumno acade como mínimo un 5 nas probas escritas.
Polas condicións propias desta disciplina a cualificación da terceira
avaliación será a máis importante do curso pero a nota media resultante será:
1ª Avaliación 20%
2ª Avaliación 30%
3ª Avaliación 50%
A participación e as saídas voluntarias ao encerado valoraranse sempre
positivamente. Tamén se valorará positivamente a realización de lecturas
complementarias con ficha ou de traballos complementarios de investigación,
sempre que a súa calidade sexa aceptable.
A non realización das tarefas cotiás da clase, o non responder cando a
profesora pregunta, así como as chamadas de atención por comportamento ou
faltas de respeto graves ou absentismo prolongado sen xustificación deberán e
poderán terse en conta na valoración final do alumno.
No que respecta ás faltas de ortografía nos exames e nos traballos terase
en conta o decidido na CCP para que poida ser xeneralizado e haxa un criterio
único.
BACHARELATO GREGO I I
Criterios de Avaliación
20
Departamento de Linguas Clásicas 2016-20171. Ler textos gregos breves, transcribir os seus termos á lingua materna, utilizar os seus
diferentes signos ortográficos e de puntuación e recoñecer o reflexo do alfabeto grego no
abecedario latino propio das linguas modernas do noso contorno.
Con este criterio preténdese comprobar se o alumnado recoñece os
signos ortográficos básicos da lingua grega e le con soltura textos breves. Así
mesmo, comprobarase a súa capacidade para transcribir termos á súa lingua
materna e para relacionar os dous sistemas de escritura, distinguindo as
semellanzas e diferenzas ortográficas e fonéticas entre ambos.
2. Comprender e ser capaz de traducir textos gregos sinxelos.
Preténdese comprobar se, con exercicios de comprensión e posterior
tradución literal dun texto, o alumnado posúe a capacidade de recoñecer as
diversas estruturas dunha lingua flexiva. Os textos serán breves, orixinais ou
elaborados e de dificultade mínima.
3. Recoñecer en textos gregos os elementos básicos da morfoloxía e da sintaxe da oración,
apreciando variantes e coincidencias con outras linguas coñecidas.
Este criterio pretende comprobar se se adquiriron as nocións de
morfoloxía e sintaxe que permitan recoñecer as características dunha lingua
flexiva e identificar formas e funcións. Relacionaranse eses elementos básicos
cos do galego e do castelán ou cos doutras linguas coñecidas.
4. Detectar e comprender os helenismos máis frecuentes do vocabulario común e do
léxico científico e técnico das linguas modernas a partir de termos que aparezan nos
textos.
21
Departamento de Linguas Clásicas 2016-2017Este criterio permite comprobar a capacidade de relacionar termos da
propia lingua materna ou doutras que coñeza o alumnado co correspondente
étimo grego. Tamén intenta verificar se o alumnado adquiriu un vocabulario
básico que lle permita deducir palabras da mesma familia etimolóxica e os seus
significados, tendo en conta os procedementos de derivación e composición.
5. Ler e comentar textos gregos traducidos de diversos xéneros ou textos referidos ao
mundo grego e distinguir aspectos históricos e culturais contidos neles.
Con este criterio preténdese determinar a capacidade de comprender o
contido esencial dun texto, delimitar as súas partes e establecer a relación entre
elas. Poderase manifestar esta competencia mediante exercicios de lectura
comprensiva de textos con sentido completo, contrastando os textos gregos con
textos de literatura actual e valorando a súa vixencia na actualidade. Os textos
referidos ao mundo grego servirán, ademais, para aprender a reflexionar sobre
os diferentes modos de se achegar á cultura clásica.
6. Situar no tempo e no espazo os máis importantes acontecementos históricos de Grecia,
identificar as súas manifestacións culturais básicas e recoñecer a súa pegada na nosa
civilización.
Este criterio trata de comprobar que se sitúan na súa época e marco
xeográfico, tanto os acontecementos máis importantes que configuraron a
historia de Grecia, como as súas manifestacións culturais máis significativas.
Preténdese tamén constatar se se é capaz de recoñecer os elementos da cultura
grega presentes na actualidade. Poderase manifestar a competencia elaborando
mapas e desenvolvendo exposicións escritas ou orais sobre o mundo clásico.
22
Departamento de Linguas Clásicas 2016-20177. Realizar, seguindo as pautas proporcionadas polo profesorado, pequenos traballos de
investigación sobre a persistencia do mundo grego, consultando as fontes directas e
utilizando as tecnoloxías da información e da comunicación como ferramenta de
organización e comunicación dos resultados.
Este criterio pretende verificar que as alumnas e os alumnos distinguen
os elementos do mundo clásico, recoñecéndoos como herdanza do noso propio
pasado, e que os interpretan criticamente á luz dos coñecementos que xa teñen,
mediante a utilización selectiva de fontes diversas. Tamén trata de avaliar se son
capaces de indagar nas fontes directas e tomar contacto coas materias
ordenando os datos obtidos e elaborando o seu traballo mediante o uso das
tecnoloxías da información e da comunicación como ferramentas fundamentais.
Instrumentos de Avaliación
O traballo diario é a clave para acadar os obxectivos xa sinalados. Dado o
número reducido de alumnado do grupo, farase un seguimento diario do
traballo desenvolvido, procedendo á corrección de erros tanto no apartado
conceptual coma procedimental e actitudinal case inmediato. Contémplase así a
avaliación formativa.
Ademais farase unha avaliación final, sumativa ó remate de cada bloque
de contidos para comprobar o grao de consecución dos obxectivos fixados para
o período de tempo de que se trate. Detectanse así os avances, dificultades e
erros conceptuais, procedimentais e actitudinais antes de abordar a seguinte
secuencia de aprendizaxe. Para esta avaliación final faranse exames escritos e
23
Departamento de Linguas Clásicas 2016-2017probas específicas, con resultados cotexados coa a avaliación formativa, dando a
nota de trimestre e finalmente de curso.
Procedementos de avaliación.
O labor fundamental do profesorado é a observación e o control do
traballo diario da alumna ou alumno mediante:
- Preguntas frecuentes na aula.
- Seguimento do caderno de actividades.
- Control de asistencia e puntualidade.
– Observación do grao de participación na clase.
– Valoración da actitude.
Esta observación seguirá o seguinte criterio de cuantificación:
Probas escritas realizadas en clase 90%
Realización de traballos individuais e en grupo, lecturas
obrigatorias, traballo en clase e realizacion de tarefas deberes
10%
– Conceptos e Procedementos: probas escritas
Ao longo da avaliación farase polo menos dous exames que poderán
incluír cuestións sobre léxico e a súa evolución, Grecia e o seu legado
morfoloxía da lingua grega e sintaxe, así como a tradución de oracións onde
aparecerán os contidos de morfoloxía e sintaxe traballados ao longo da
avaliación. A cualificación da avaliación consistirá na media das dúas probas
escritas (sempre e cando estén cualificadas como aptas) e a cualificación dos
24
Departamento de Linguas Clásicas 2016-2017contidos actitudinais (grao de asistencia e interese amosado na clase, realización
das tarefas cotiás...). É necesario que os exames acaden un mínimo de 5 puntos
para ser considerados aptos.
Polas condicións propias desta disciplina a cualificación da terceira
avaliación será a máis importante do curso pero a nota media resultante será:
1ª Avaliación 20%
2ª Avaliación 30%
3ª Avaliación 50%
A participación e as saídas voluntarias ao encerado valoraranse sempre
positivamente. Tamén se valorará positivamente a realización e presentación
oral de traballos complementarios de investigación, sempre que a súa calidade
sexa aceptable.
A non realización das tarefas cotiás da clase, o non responder cando a
profesora pregunta, así como as chamadas de atención por comportamento ou
faltas de respeto graves ou absentismo prolongado sen xustificación deberán e
poderán terse en conta na valoración final do alumno.
No que respecta ás faltas de ortografía nos exames e nos traballos terase
en conta o decidido na CCP para que poida ser xeneralizado e haxa un criterio
único.
Por último, sinalaremos o peso dos contidos na avaliación:
* Análise morfosintáctico: 35%
* Traducción: 35%
25
Departamento de Linguas Clásicas 2016-2017* Helenismos e vocabulario: 10%
* Aspectos culturales varios (historia, literatura…): 20%
Non haberá exames de recuperación por tratarse de avaliación continua. Os
alumnos deberán demostrar que poden aprobar un texto de selectividade e se
lles aplicarán os criterios de correción e puntuación establecidos pola Ciuga
para a materia de grego.
Os exames de xuño e de setembro consistirán nun exame modelo de
selectividade e os criterios de corrección serán os mesmos que propón a
Comisión Universitaria. O curso de Grego II estará enfocado a que os alumnos
superen con éxito a proba de acceso á Universidade.
26