Web view- O Obxeto da Conversa: é a categoría central da conversa. É do que...

21

Click here to load reader

Transcript of Web view- O Obxeto da Conversa: é a categoría central da conversa. É do que...

Page 1: Web view- O Obxeto da Conversa: é a categoría central da conversa. É do que trata. Ofrécese un suceso importante, enúnciase un desexo, un pedido, unha orde,

Historias de vida. Método e técnica.

A historia oral como proceso descritivo e narrativo é tan antiguo como a historia mesma, de modo que en sociedades ágrafas era a transmisión oral a forma de perpetuar os acontecementos, coñecementos e saberes. Neste ámbito, as historias de vida poñen de relevo o proceso de comunicación e o desenvolvemento da linguaxe para reproducir unha esfera importante da cultura contemporánea do informante e o seu aspecto simbólico e interpretativo; onde se reproduce a visión e versión dos fenómenos polos propios actores sociais.Por eso, tanto a historia oral como a historia de vida son «espazos de contacto e de influencia interdisciplinaria (...) que permiten, ao través da oralidade, aportar interpretacións cualitativas de procesos e fenómenos históricos-sociais» (Aceves, 1994).

As historias de vida foron aplicadas por primeira vez polo departamento de socioloxía da Universidade de Chicago,. Thomas e Znaniecki, membros deste departamento, publicaron en 1918 a obra The polish peasant in Europe and América (O campesiño polaco en Europa e os Estados Unidos de América.) A información partiu de materiais autobiográficos, correspondencia familiar, facturas e outros documentos persoais, recollendo a actitude e a definición da situación polo actor, poñendo o énfase nos aspectos interpretativos. Este enfoque convertiríase nunha das características definitorias do produto teórico da Escola de Chicago: o interaccionismo simbólico. Nas historias de vida trátase de evitar sesgos na información debido á segmentación científica (ou profesional). «Se os homes definen as situacións como reais, as súas consecuencias son reais» (Thomas, 1928).

O concepto de «historia de vida», como técnica, ten algunhas precisións: por «historia» entendemos a historia

1

Page 2: Web view- O Obxeto da Conversa: é a categoría central da conversa. É do que trata. Ofrécese un suceso importante, enúnciase un desexo, un pedido, unha orde,

de «personaxes sen importancia»: non se refire ás fazañas de herois e grandes conquistadores, políticos ou banqueiros famosos; pola contra, é o reflexo dunha vida sinxela, sen fama nin groria. En canto á noción «vida», tamén diferénciase das biografías que narran os escritores ou as memorias que describen persoas de relevancia política, histórica ou social; é o relato contado en primeira persoa por un protagonista calquera, de «un home da rúa»; cunha boa dose de memoria. As historias de vida deben ter rigor no método e levalas ao efecto precisa de contactos, conversas e apoio de documentos. O método historal, como calquer outro, require unha documentación previa do obxeto de estudo, un acercamento exploratorio, co fin de evitar perdas de tempo, información inválida, etc.Tamén é obligado que o investigador inicie o seu traballo cunha «fase de preparación teórica», onde deseñe o proceso que logo se pretende seguir. Nesta fase o investigador delimita os obxectivos principais. Se esta non se realiza perfectamente a información extraída pode non ser de utilidade aos obxectivos da investigación. A continuación se procederá á selección de informantes e realización da conversa, que estará en función dos obxectivos previstos. Non se pasará por alto narracións autobiográficas xa elaboradas, documentos personais en xeral que nos acerquen a bós informantes.O investigador social debe saber gardar unha «distancia cínica» (Berg,1990). Se esta é necesaria noutras técnicas, na narración autobiográfica hai que ser ainda máis escrupuloso: amosar unha postura neutra ante o relatado, xa que calquera outra posición (empatía ou antipatía) pode dexenerar a información nun relato imaxinario, onde se mesture con facilidade a información ficticia ou, pola contra, unha transmisión entretallada, tediosa, sen interese, por parte do informante, ocultando datos e aspectos que após poden ser valiosos. Non significa eso que o clima de comunicación sexa negativo; entre o informante e o

2

Page 3: Web view- O Obxeto da Conversa: é a categoría central da conversa. É do que trata. Ofrécese un suceso importante, enúnciase un desexo, un pedido, unha orde,

investigador existirá un ambiente cordial e distendido e de confianza, pero non de complicidade manifesta. Conven, do mesmo xeito, «estimular o desexo de falar» do conversador. O investigador non falará máis do necesario. Cando se dirixe excesivamente a conversa provócase a inhibición do informante.

Ao ser unha autobiografía, debe existir unha identidade entre o narrador e o narrado: crear un ambiente distendido que facilite a comunicación; procurar que a narración non sexa exclusiva da vida do informante, senon que a introduza no seu contexto espazo-temporal: que describa lugares, outros personaxes, feitos históricos, etc., tal como os percibiu no seu momento.A forma de rexistro recomendada é a gravación de vídeo, máis completa (son, xestos, expresións, etc.) onde a expresión corporal -a «comunicación non verbal»- pode ser tan comunicativa como a propia palabra (Faseke, 1990). Pero ningunha forma anula a presenza do caderno de campo, onde o investigador anota suxestións, expresións, xestos, golpes de vista, preguntas ampliadas, etc. Unha vez rexistrada a información se procederá á súa transcrición onde se atenderá á literalidade do recollido, mantendo o argot, expresións e léxico do ideolecto do informante.Sempre o investigador está preso respecto á fiabilidade e veracidade do que o seu informante lle conte. ¿Que podemos e debemos crernos? Unha das formas para detectalo é comprobar a coherencia interna do relato: o que di e como o di, a súa forma de estruturalo e a congruencia do resultado final. Ademáis, contrastar a información que de primeira man ofrece o suxeito, coa de persoas afins e do seu entorno podenos aportar mellor información. A técnica contrastiva resérvase para datos e acontecementos significativos ou lagoas que a mesma memoria do suxeito así o recomenden. En realidade, as persoas que arrodean ao informante non son unha

3

Page 4: Web view- O Obxeto da Conversa: é a categoría central da conversa. É do que trata. Ofrécese un suceso importante, enúnciase un desexo, un pedido, unha orde,

máquina da verdade (que confirma e desminte obxectivamente), máis ben poden aportar novos datos sobre o narrado, ao tempo que permiten ao investigador tratar o material (narrativo, documental e histórico) desde as técnicas de triangulación, configuradas para medir a validez do relato.Por esto, podemos afirmar que a maior dificultade desta técnica atópase na fase de análise e interpretación dos contidos. Para acadar unha maior operatividade é preciso levar a cabo dous tipos de análise, un «vertical», de cada relato, e outro «horizontal», sobre o conxunto de todos os relatos. Dambos obtense un núcleo central de toda a historia, utilizando o fenómeno chamado «saturación de información por repetitividade».Pero tamén é de interese realizar análise de contido. Este permítenos traballar coa información intrínseca e extrínseca. A intención é acceder non só ao manifiesto, senon tamén ao latente ou larvado, o que o suxeito non di expresamente, pero ten presente. É moi útil á hora de captar contextos máis xerais, tanto do informante como do seu mundo. Ao traveso da descrición, o suxeito construese no ámbito dunhas estratexias discursivas que poñen en marcha un xogo de interaccións, non cunha intención exclusiva e unívoca, senon utilizando mensaxes en xeral, a comunicación simbólica, etc., onde se deixan entrever máis cousas (ideoloxía, valores) que as que o mesmo informante pretende expresar conscentemente.

Este tipo de conversas permiten un acercamento ás relacións primarias, derivadas non só do acontecido na vida dunha persoa, senon tamén como influiron os procesos de evolución e cambio social (permite un acercamento á historia das personas que doutro modo sería máis complicado). A impaciencia do investigador (quen pretende recoller toda a información necesaria en poucos encontros), a dificultade de acceder a un informante con boa memoria, a súa disposición a colaborar, etc., poden ser as trabas da

4

Page 5: Web view- O Obxeto da Conversa: é a categoría central da conversa. É do que trata. Ofrécese un suceso importante, enúnciase un desexo, un pedido, unha orde,

técnica.Pode existir un alto grao de repetitividade no material de campo: trala sucesión de moitas conversas chégase a inexistencia de nova información. As conversas deben rematar cando se coñezan e se comprendan as pautas das relacións estructurais que organizan ao individuo con respecto a si mesmo, a súa familia e a súa comunidade. De esta maneira, o número de encontros co informante non están inicialmente determinados, pero a saturación indicará o final do rexistro, e tamén a importancia da fonte para próximos encontros..A técnica é complexa porque aporta datos de difícil consecución con outro tipo de técnicas (Szczepanski 1978); non perdamos de vista que a natureza dos fenómenos sociais pode variar dependendo de mudas espazo-temporais.

As historias de vida diferencianse dos “relatos de vida”. O relato de vida é un subxénero da historia de vida, menos amplio e completo. Trázanse os rasgos máis destacados, atendendo aos aspectos que máis interese teñen para o investigador. Sen embargo, para que unha narración poida ser catalogada como historia de vida, requírese de material complementario, como fotografías, facturas, documentos, outras manifestaciones, etc., que dean crédito e validez ao fio argumental exposto.

En definitiva, a historia de vida podería definirse así: «é un relato autobiográfico, obtido polo investigador ao traveso de conversas sucesivas nas que o obxectivo é amosar a testemuña subxetiva dunha persoa na que se recollan tanto os acontecementos, como as valoracións que esa persoa fai da súa propia existencia» (Pujadas, 1992).

A conversa. Tipos.

5

Page 6: Web view- O Obxeto da Conversa: é a categoría central da conversa. É do que trata. Ofrécese un suceso importante, enúnciase un desexo, un pedido, unha orde,

A conversa, que pode ir máis alá do cotiá e chegar ao vínculo, é unha forma especial de interacción que fundaméntase nunha situación aparentemente pechada e normada (diádica, normalmente), a partires dunha relación frecuente de interlocutores que se recoñecen e respectan. Pero tamén hai conversas onde non soe haber restriccións categoriais para os participantes: todo falante pode falar e participar regularmente na conversa. Unha conversa pode tratar de calquera cousa, a partires das pautas acordadas e do recoñecemento do outro. A maioría dos contextos recoñecidos polos participantes permiten soster unha conversa.Resumindo: a conversa (para Van Dijk) é unha forma elemental de conservación e control de estruturas sociais nunha relación directa entre participantes.

A conversa é diferente ao coloquio. Un coloquio é unha unidade de interacción social composta por unha serie ordeada de accións dos falantes, definida en relación a un contexto social determinado pola situación. A conversa, non obstante, é unha abstracción suxeita a un texto, fala máis da relación: fórmase cunha serie ordeada de enunciados que se dispoñen para compartires a súa lectura (nunha exposición das necesidades e carencias, por exemplo) e contrastación co outro. A coherencia, a orde, as pautas, a conducta, … son propiedades típicas da conversa.

O concepto de «diálogo», doutra parte, é de tipo máis xeral e refírese tanto á conversa/coloquio como a outras formas de interacción. Este concepto caracterízase sobre todo polo feito de que non se trata dunha interacción unilateral, senon sempre bilateral.

Entre os tipos de conversa temos a “conversa cotiá”. As conversas cotiás son aquelas que teñen lugar en contextos informais, con frecuencia entre participantes “iguais”:

6

Page 7: Web view- O Obxeto da Conversa: é a categoría central da conversa. É do que trata. Ofrécese un suceso importante, enúnciase un desexo, un pedido, unha orde,

durante un café, no bus, pola rúa… pero tamén obedecen a situacións formais e a roles asumidos determinados: a conversa cun funcionario, a conversa radiofónica ou televisiva, a conversa cun médico, a conversa dunha venda ou dun trato de gando,…Nestes últimos casos as conversas son “axendadas”, é dicir, convenidas e planeadas para un momento determinado, nunha situación determinada, nun lugar acordado ou de rango institucional (onde se atende a determinada política e determinado protocolo) e, as veces, explicítase antes tema e función da conversa.A maioría destas conversas condúcense ou prográmanse unilateralmente, hai participantes que o son pola súa función-rol-cualidade, teñen dereito ou deber de establecer o obxeto da conversa, rematala no seu momento ou estimular determinados actos e xeitos de falar (como, por exemplo, os xornalistas habituais na súa relación coas fontes). O obxeto da conversa está limitado, como limitado están tamén o lugar, o contexto e o marco social.Emporiso, todas estas conversas caracterízanse sobre os seguintes criterios: a categoría dos participantes, as súas relacións mutuas, o obxeto da conversa, o desenvolvemento da interacción conversacional (diálogo) e o contexto/marco.Non hai limitacións “xerais”, por contra, para as conversas cotiás informais: calquera persoa pode participar, non están planeadas con anterioridade, nin son programadas unilateralmente, o seu obxeto non está fixado a priori (polo menos non en detalle) e poden ser sostidas en distintos contextos e ter varias función posibles.A primeira vista parecería que a conversa cotiá non se rexe por ningunha regra ou limitación, como se se tratara dun xeito de interacción espontánea. Esta impresión é incorrecta. En primeiro lugar, a conversa debe cumprir coas condicións máis xerais da interacción social, en segundo lugar, unha das regras da conversa cotiá consiste en que non aparecen certas limitacións (p.ex., a de que un

7

Page 8: Web view- O Obxeto da Conversa: é a categoría central da conversa. É do que trata. Ofrécese un suceso importante, enúnciase un desexo, un pedido, unha orde,

só falante poida establecer quen pode falar e cando). En terceiro lugar, a conversa cotiá posue unha estrutura “interna” normalizada. E, por último, cada conversa específica posue limitacións debido á situación e contexto específicos (hai diferencias sistemáticas entre unha conversa entre parellas a outra entre viciños ou entre viaxeiros dun autobús).

A conversa cotiá, repasando, ten que cumprir coas condicións xerais dunha interacción social aceptable: as accións deben sucederse en certa orde, ser excutadas conscientemente por distintos falantes, referirse unas a outras e ser relevantes tanto na situación, como no contexto. Outra propiedade desta conversa é que debe ser bilateral, pero non conxunta (os falantes e as enunciacións non se superpoñen, ao sumo parcialmente ou por casualidade).Unha propiedade específica da conversa consiste na súa oralidade: os enunciados dícense/oense, nun mesmo contexto, unha inmediatamente tra-la outra. Engádese o contacto visual entre os falantes, teñen o poder de verse mutuamente: a producción e a interpretación pódense conducir por acenos, mímicas, movementos destinados a unha correcta interpretación, evitando ambigüedades e comprendendo ironías,…Contextualmente as conversas poden clasificarse en privadas e públicas. Unha conversa privada ten lugar entre persoas que se coñecen ben ou moi ben: parentes, amigos, colegas,…xente que ten vínculos e non só relacións. O carácter privado da conversa influe na elección do seu obxeto, estilo (estilos comunicativos: pasivo, agresivo, asertivo) e funcionalidade. Os temas íntimos non soen darse nunha conversa pública que, en xeral, ten lugar entre persoas que se coñecen pouco ou nada.Hai que establecer distincións tamén entre conversas abertas e pechadas, ainda que esta distinción tan só sexa de grao. Unha conversa pechada ten lugar entre dúas

8

Page 9: Web view- O Obxeto da Conversa: é a categoría central da conversa. É do que trata. Ofrécese un suceso importante, enúnciase un desexo, un pedido, unha orde,

persoas, sen testemuñas, nun contexto exclusivo no que só teñen acceso ao tema os dous interlocutores. Nunha conversa semi-aberta os falantes teñen a intención de que ninguén os escoite, pero hai partes da conversa que poden ser seguidas por outras persoas. Conversas abertas son as públicas, onde permítese a presenza de ointes.Estrutura da conversa.

No plano do texto- é dicir, da serie ordeada de enunciados-, como na da conversa –ou sexa, serie ordeada de actos da fala- é preciso distinguir características estruturais estreitamente vinculadas entre si. As series (de enunciados, de actos) non son arbitrarias, senon que a súa disposición ven establecida por regras e estratexias convencionais. Hai que distinguir, así, entre micro-ámbitos e macro-ámbitos. Os primeiros refírense a enunciados individuais e as súas relacións. Os segundos abranguen á conversa coma un todo. É igual na conversa, como no coloquio.

É preciso falar da importancia da quenda (turn) nestas interaccións dialóxicas entre os axentes. Unha quenda equivale ao enunciado dun falante, a acción dun falante na interacción verbal. Establécese, así, unha secuencia de actos da fala na que ten que ver o “cambio de quenda”. Pódese falar que estas quendas teñen a súa conexión cando son mutuamente relevantes. Os falantes queren, sobre todo, que os demais falantes, na súa calidade de ointes, os entendan ben e estea claro o que deles se agarda. Hai unha dádiva e hai unha obriga que cumprir na conversa. Velaí que establécense tamén paratextos (manter a distancia, tocar, aloumiñar,…) que contribuen á coherencia liñal da conversa, á súa comprensión.

Para unha preparación estratéxica do curso da conversa, o falante non só debe dominar as regras xerais da conversa, senon que ten que posuir coñecementos específicos sobre

9

Page 10: Web view- O Obxeto da Conversa: é a categoría central da conversa. É do que trata. Ofrécese un suceso importante, enúnciase un desexo, un pedido, unha orde,

o seu ointe (acto ao que lle chaman xogada). Moitas das conversas respostan á “solución de problemas”.

Ainda que non se estableceu aínda o tipo de influencia que exercen as estruturas sociais sobre a coherencia da conversa, ao traveso delas os falantes logran obxectivos concretos como a influencia nos coñecementos, na opinión, nunha decisión ou conmoven a unha acción do oínte. Aí, no acto da fala orientada, xoga un papel importante a interpretación, a memoria, a reacción, os desexos agardados que teñen que ser modulados na enunciación e mediante o comportamento paratextual. Débense controlar tamén as reaccións inmediatas do outro participante que poden facer modificar o macro-ámbito, as diversas proposicións e o estilo de comunicarse. O acontecer cognitivo que sucede na conversa é moi complexo.

Nos tipos de conversa non cotiá o rol ou a posición do falante exercen unha influencia determinante sobre a asignación, o contido, a función e a extensión da quenda. Pero tamén nunha conversa cotiá. Hai convencións (non se pode interrompir sen máis aos falantes dun status social “superior”, p.ex.) ou restriccións impostas polo contexto social que depende da confianza/intimidade que existe entre os falantes (a un estrano se lle comunicarán certas cousas só en determinadas circunstancias, p.ex.).

Os falantes proceden permanentemente a unha categorización axeitada e axustable dos seus interlocutores antes da conversa, durante e despois da mesma. Que se pode dicir e con que estilo convén expresarse, de que xeito disporemos os enunciados nas quendas (nas oportunidades que teñamos de falar).

A conversa cotiá ten que ver só indirectamente cos marcos sociais. Os marcos son estruturas máis ou menos estables de series típicas ou estereotípicas de accións sociais nas

10

Page 11: Web view- O Obxeto da Conversa: é a categoría central da conversa. É do que trata. Ofrécese un suceso importante, enúnciase un desexo, un pedido, unha orde,

que os participantes, polo xeral, realizan categorías específicas. A fala, logo, pode facer parte inherente do marco (pedir comida nun restaurante, p.ex.), pero os marcos quizabes só influen sobre a estrutura da conversa, sobre o tema da conversa. A conversa non é unha reproducción sen máis do marco social, non obstante si pode ser unha acción normal do marco social. Hai marcos (ou situacións) que conteñen conversas como compoñentes esenciais precisamente porque a conversa constitue o obxectivo social deses episodios-marco (unha visita ou unha festa, p.ex.).

Nin a conversa, nin o coloquio, se compoñen só de micro-ámbitos ou de estruturas locais, tamén de estruturas globais e de macro-ámbitos. Sen estruturas globais tampouco hai funcións globais para a conversa e o coloquio; non hai planeamento, nin estratexia: o falante non só ten que saber o que acaba de dicir, senon tamén o que o interlocutor ten dito ao longo da conversa. É dicir, o falante non só ten que orientar a conversa, non só vai falar sobre temas esterotipados (os tópicos do tempo, a saúde, a familia, as vacacións, a profesión,…) nin poderá seguir a conversa só ao traveso de indicios. Se a conversa cotiá non ten unha macroestrutura completamente planeada, si terá, cando menos, unha estrutura esquemática, unhas determinadas categorías e regras.

Unha estrutura, cado menos, ten unha serie de categorías provisorias:-Apertura: que implica un avistamento-recoñecemento e un contacto (un saúdo, p.ex.). Ás veces, antes, hai unha categoría de Preparación (oe¡, escoita¡, mira¡, eh¡) que antecede ao propio contacto. A estrutura de Apertura depende da formalidade que a conversa pode requerir (en culturas como a árabe ou a xaponesa, esto pode ser máis complexo), é dicir, comezar a falar ten unas regras, Unha

11

Page 12: Web view- O Obxeto da Conversa: é a categoría central da conversa. É do que trata. Ofrécese un suceso importante, enúnciase un desexo, un pedido, unha orde,

persoa, en xeral, coa que se fala a diario non necesitará dunha Apertura extensa.-Orientación: que é onde se designa e organiza a serie de quendas que ten por función preparar o tema a tratar. Coa Orientación téntase espertar o interese do interlocutor ou, cando menos, comprobar que ese interese realmente existe (sabes o que me pasou onte?, imaxínate o que me pasou¡, e similares). A Orientación ten unha función narrativa-descritiva.- O Obxeto da Conversa: é a categoría central da conversa. É do que trata. Ofrécese un suceso importante, enúnciase un desexo, un pedido, unha orde,… o Obxeto da Conversa constitue a base pragmática da conversa. Ten que ser recursiva ou ofrecer espazo para a división do tema en partes ou para exponer unha secuencia de temas. O paso dun Obxeto da Conversa a outro ten lugar por medio de sinais, do paratexto ou aproveitando o interese diverso do Outro nas sucesivas quendas da fala.- A Conclusión: trátase dunha serie de argumentacións que encamiñan cara o remate do tema, do acordo ou desacordo. Normalmente son síntese do contido expresado na categoría de Obxeto da Conversa. O contido, realmente, non ten por que haber rematado logo da Conclusión (un falante pode querer dicir algo máis, iniciar un novo Obxeto da Conversa,…). Esta categoría propón unha avaliación da conversa.-O Remate: é unha categoría similar á de Apertura. O Remate pode ser preparado. Esta categoría ten dúas funcións: comentar globalmente a conversa fóra xa dela ou anunción e facer plans para unha interacción ou conversa futuras. Esta categoría distínguese polos xiros de peche, que teñen que dárse námbolos dous falantes (adeus¡, vaia ben¡).

No ámbito global da análise da conversa hai que ter en conta as posibles consecuencias ou efectos cognitivos e sociais do suceso conversacional total. Sen embargo, as

12

Page 13: Web view- O Obxeto da Conversa: é a categoría central da conversa. É do que trata. Ofrécese un suceso importante, enúnciase un desexo, un pedido, unha orde,

funcións psicolóxicas e sociais da conversa non permiten unha formulación tan clara como a da estrutura (macroacto da fala). A conversa é o lugar no que se poden manifestar, máis ou menos libremente, os desexos, arelas, posicións, opinións, sentimentos ou plans de vida de cada quen. A conversa non só fala da familiaridade entre os participantes, senon que implica tamén certa intimidade da díada ou do grupo. Pártese do suposto de que aquello cun interlocutor manifesta no decurso dunha conversa persoal e desinhibida sobre as súas opinións non deberá ser “publicado” polo outro interlocutor. Pero, en calquera caso, non se poden deducir obrigas formais ou sociais para un individuo a partires dunha conversa.

A conversa é unha forma de comunicación excelente para situacións terapéuticas. Contrariamente a outras formas de comunicación, a conversa carece de funcións pragmáticas e sociais específicas, agás aquelas nas que a situación as convoca. Unha conversa pode provocar conflitos entre os participantes, como aumentar o coñecemento mutuo, a confianza ou outras particularidades do microcontexto social. O carácter reflexivo da conversa, que mutatis mutandis, pode aplicarse a narracións, aos chistes ou á literatura, tamén pode consolidar e mellorar as relacións xa existentes. Ao traveso da conversa coñecemos (e nos recoñecen) a unha persoa, e, emporiso, podemos catalogala mellor. Desde o punto de vista psicosociolóxico, a conversa é o lugar axeitado para a extensión e distribución de coñecementos sociais intuitivos: rumores, opinión, posicións, estereotipos, prexuizos,(sobre todo nas conversacións cotiás espontáneas)… non obstante, tamén pode establecer controis moi rigorosos (máis alá das “situacións socialmente esperadas”). Na conversa actualízanse, confírmanse e modifican convencións, normas, regras, estereotipos e prexuizos, tamén.Os individuos compórtanse dacordo ás súas interpretacións, coñecementos, suposicións e criterios (o

13

Page 14: Web view- O Obxeto da Conversa: é a categoría central da conversa. É do que trata. Ofrécese un suceso importante, enúnciase un desexo, un pedido, unha orde,

que fai que sexan parte dunha comunidade, que eles mesmos sexan comunidade), e o fan en relación a outros individuos, á estrutura social e ao “mundo” en xeral. Os significados, a pragmática, a estilística e as intencións dun falante son reconstruidas sobre a base da interpretación cognitiva. Na conversa ocorre algo similar noutros ámbitos sociais nos que a influencia, a manipulación e outras formas do exercicio do poder desempeñan un labor importante ao traveso das formas particulares do uso da lingua e do texto. Esto non só evidenciase na creación de prexuizos, senon tamén na categorización dos individuos por parte de instancias institucionais (ou, velaí, no uso do poder mediante as computadoras). O que a conversa pode facilitar é elevar a un ámbito da consciencia o uso que dela se fai ou pode facerse, nestes tempos, ao redor dos problemas sociais, psicolóxicos, de poder impune e de desigualdade.

14