ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 24 …lalin.gal/files/15. ACTA PLENO DE 24 DE...

49
ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 24 DE NOVEMBRO DE 2016 DE NÚM. 15/2016.- Asistentes: ALCALDE-PRESIDENTE: D. RAFAEL LUÍS CUÍÑA APARICIO. (CxG-CCTT). CONCELLEIROS: Dª. TERESA VARELA FISTEUS (CxG-CCTT). Dª. KATIA MARGARET PROCINO TOIMIL. (CxG-CCTT). D. MIGUEL ÁNGEL MEDELA DOBARRO. (CxG-CCTT). D. TOMÁS VILARIÑO FIDALGO. (CxG-CCTT). D. NICOLÁS GONZÁLEZ CASARES (PSdeG-PSOE). Dª. CELIA ALONSO CARAMÉS. (PSdeG-PSOE). D. JOSE MANUEL HERMIDA ARIAS (PSdeG-PSOE). Dª. LARA RODRÍGUEZ PEÑA. (APAC). D. FRANCISCO XAVIER VILARIÑO TABOADA. (BNG). D. XOSÉ CRESPO IGLESIAS. (PP). Dª. MARÍA PAZ PÉREZ ASOREY. (PP). D. JOSÉ ANTONIO RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ. (PP). D. JOSÉ ANTONIO VARELA QUINTELA. (PP). Dª. MARÍA ÁLVAREZ PAZ. (PP). D. ANTONIO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ. (PP). D. MANUEL FERNÁNDEZ LÓPEZ. (PP). Dª. RAQUEL LORENZO FERNÁNDEZ. (PP). Dª. EVA MARÍA MONTOTO MÉNDEZ. (PP). Dª. MARÍA JOSÉ SENANDE MÉIJOME. (PP). D. JUAN JOSÉ CRUZ GARCÍA. (CONCELLEIRO NON ADSCRITO) SECRETARIO XERAL: D. CÉSAR LÓPEZ ARRIBAS. INTERVENTORA : Dª. MARTA OVIEDO CREO. 1

Transcript of ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 24 …lalin.gal/files/15. ACTA PLENO DE 24 DE...

Page 1: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 24 …lalin.gal/files/15. ACTA PLENO DE 24 DE NOVEMBRO DE 2016.pdf · 342.625.12 Instalacións Deportivas 9.196,00€ ... de conformidade

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 24 DE NOVEMBRO DE2016 DE NÚM. 15/2016.-

Asistentes:

ALCALDE-PRESIDENTE:

D. RAFAEL LUÍS CUÍÑA APARICIO. (CxG-CCTT).

CONCELLEIROS:

Dª. TERESA VARELA FISTEUS (CxG-CCTT).Dª. KATIA MARGARET PROCINO TOIMIL. (CxG-CCTT).D. MIGUEL ÁNGEL MEDELA DOBARRO. (CxG-CCTT).D. TOMÁS VILARIÑO FIDALGO. (CxG-CCTT).D. NICOLÁS GONZÁLEZ CASARES (PSdeG-PSOE).Dª. CELIA ALONSO CARAMÉS. (PSdeG-PSOE).D. JOSE MANUEL HERMIDA ARIAS (PSdeG-PSOE).Dª. LARA RODRÍGUEZ PEÑA. (APAC).D. FRANCISCO XAVIER VILARIÑO TABOADA. (BNG).D. XOSÉ CRESPO IGLESIAS. (PP).Dª. MARÍA PAZ PÉREZ ASOREY. (PP).D. JOSÉ ANTONIO RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ. (PP).D. JOSÉ ANTONIO VARELA QUINTELA. (PP).Dª. MARÍA ÁLVAREZ PAZ. (PP).D. ANTONIO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ. (PP).D. MANUEL FERNÁNDEZ LÓPEZ. (PP).Dª. RAQUEL LORENZO FERNÁNDEZ. (PP).Dª. EVA MARÍA MONTOTO MÉNDEZ. (PP).Dª. MARÍA JOSÉ SENANDE MÉIJOME. (PP).D. JUAN JOSÉ CRUZ GARCÍA. (CONCELLEIRO NON ADSCRITO)

SECRETARIO XERAL: D. CÉSAR LÓPEZ ARRIBAS.

INTERVENTORA : Dª. MARTA OVIEDO CREO.

1

Page 2: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 24 …lalin.gal/files/15. ACTA PLENO DE 24 DE NOVEMBRO DE 2016.pdf · 342.625.12 Instalacións Deportivas 9.196,00€ ... de conformidade

ÍNDICE:

1.- Aprobación, se procede, da acta Nº 14/2016 da sesión ordinaria celebrada o día 27 de outubro de2016..................................................................................................................................................... Páx. 3

2.- Decretos de Alcaldía. Dación de conta................................................................................................ Páx. 3

3.- Dación de conta: Decretos da Alcaldía, de data 11 e 21 de novembro de 2016, de levantamentode reparos suspensivos....................................................................................................................... Páx. 9

4.- Expediente de modificación de créditos Nª 12-P/2016. Crédito extraordinario................................... Páx. 10

5.- Proposta da Alcaldía relativa ao cambio da celebración das sesións ordinarias do Pleno daCorporación Municipal......................................................................................................................... Páx. 12

6.- Moción do grupo de goberno para o establecemento dun orzamento participativo do Concello deLalín..................................................................................................................................................... Páx. 13

7.- Moción do grupo de goberno para solicitarlle ao Ministerio de Fomento a transferencia da AP-53 áXunta de Galicia e a supresión da súa peaxe..................................................................................... Páx. 16

8.- Moción do grupo de goberno para solicitarlle á Xunta a inclusión do Concello de Lalín na área detransporte metropolitano...................................................................................................................... Páx. 19

9.- Moción do PP solicitando a devolución ao pleno das competencias cedidas na sesión de 3 dexullo de 2015 á Xunta de Goberno Local............................................................................................ Páx. 22

10.- Moción do PP referente ao pagamento das parcelas cedidas ao Concello anticipadamente para asobras da Praia Fluvial de Vilatuxe que contempla o acordo da Xunta de Goberno de 7 de marzode 2006................................................................................................................................................ Páx. 26

11.- Moción do PP para negociar coa Consellería de Infraestruturas e Vivenda que esixa á empresaArriva que recupere as liñas entre A Coruña e Lalín que suprimiu no mes deagosto.................................................................................................................................................. Páx. 31

12.- Moción do PP para a creación dun espazo radiofónico en Radio Lalín para dar voz áoposición.............................................................................................................................................. Páx. 32

13.- Moción do Sr. Concelleiro non adscrito para eliminar a Zona Azul..................................................... Páx. 35

14.- Moción do Sr. Concelleiro non adscrito para que o Concello de Lalín compre as edificacións enestado de ruína no entorno da Igrexa de Moimenta para a construción dunha prazapública................................................................................................................................................. Páx. 37

15.- Moción do Sr. Concelleiro non adscrito para reprobar ao Goberno o uso partidario da páxina weboficial do Concello de Lalín e dos perfís oficiais do Concello de Lalín nas redessociais.................................................................................................................................................. Páx. 40

16.- Correción de erros do acordo adoptado polo Pleno da Corporación Municipal na sesión celebradao día 3 de decembro de 2009, en relación á Relación de Postos de Traballo (RPT), aprobadaxunto co Orzamento para o ano 2010................................................................................. Páx. 46

17.- Correción de erros dos acordos adoptados na sesión extraordinaria do Pleno da CorporaciónMunicipal do día 6 de outubro de 2016, apartados 15 e 16................................................................ Páx. 47

18.- Moción por urxencia do grupo de goberno para a creación dunha Comisión de Investigación sobreas presuntas irregularidades cometidas polo Goberno anterior.......................................................... Páx. 48

19.- Rogos e preguntas............................................................................................................................... Páx. 51

2

Page 3: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 24 …lalin.gal/files/15. ACTA PLENO DE 24 DE NOVEMBRO DE 2016.pdf · 342.625.12 Instalacións Deportivas 9.196,00€ ... de conformidade

Sendo as dez horas do xoves, día 24 de novembro de 2016, xuntáronse no salón deactos do Concello de Lalín (Pontevedra), baixo a Presidencia do Sr. Alcalde-Presidente, D. RafaelLuís Cuíña Aparicio, os señores concelleiros que enriba se indican co gallo de celebrar a sesiónordinaria do Pleno da Corporación, convocada para este día e hora.

A todos os asistentes entregóuselles a orde do día, o expediente púxose á súa disposicióne cumpríronse todas as determinacións previstas na normativa vixente.

Actúa como Secretario Xeral, D. César López Arribas.

Actúa como Interventora, Dª. Marta Oviedo Creo.

De orde do Sr. Presidente, e seguindo as súas instrucións, entrouse no estudo e nadeliberación dos asuntos que conforman a orde do día co seguinte resultado:

1.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ACTA Nº 14/2016 DA SESIÓN ORDINARIACELEBRADA O DÍA 27 DE OUTUBRO DE 2016.-

Deuse conta pola Presidencia do borrador da acta Nº 14/2016 da sesión ordinariacelebrada o día 27 de outubro de 2016.

De seguido o Sr. Presidente preguntoulles aos asistentes se tiñan algunha observaciónque facer á mesma.

Dende o PP, Dª Eva María Montoto Méndez matizou que lle sorprendía que na última actase recollían intervencións literais e entrecomilladas, non só na comparecencia do Sr. Alcalde, eque cando dende o seu partido pediron que se transcribisen literalmente algunhas intervenciónsna acta do Pleno do día de 26 de maio de 2016, non se aceptaron.

Tras expoñer as súas observacións, acordouse por UNANIMIDADE dos asistentes aprobara acta Nº 14/2016 da sesión ordinaria celebrada o 27 de outubro de 2016, ordenándose a súatranscrición ao Libro de Actas.

2.- DECRETOS DE ALCALDÍA. DACIÓN DE CONTA.-

Dáse conta das seguintes resolucións ditadas pola Alcaldía dende a última relacióncomunicada a este órgano.

O Concello Pleno quedou enterado.

3.- DACIÓN DE CONTA: DECRETOS DA ALCALDÍA, DE DATA 11 E 21 DE NOVEMBRODE 2016, DE LEVANTAMENTO DE REPAROS SUSPENSIVOS .-

3

Page 4: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 24 …lalin.gal/files/15. ACTA PLENO DE 24 DE NOVEMBRO DE 2016.pdf · 342.625.12 Instalacións Deportivas 9.196,00€ ... de conformidade

Dáse conta das seguintes resolucións ditadas pola Alcaldía:

1. Decreto de Alcaldía de data 11 de novembro de 2016.

2. Decreto de Alcaldía de data 21 de novembro de 2016.

O Concello Pleno quedou enterado.

4.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS Nº 12-P/2016. CRÉDITOEXTRAORDINARIO.-

A Presidencia deu conta deste expediente e da proposta da Alcaldía de data 16 denovembro de 2016. A continuación o Sr. Secretario deu lectura ao ditame favorable da ComisiónInformativa de Facenda, Patrimonio, Réxime Interior e Actividade Económica do día 21 denovembro de 2016.

Na defensa da proposta tomou a palabra, D. Francisco Xavier Vilariño Taboada, dicindoque esta modificación de Créditos respondía á urxencia das medidas propostas e á necesidade deefectuar o gasto do remanente antes do día 31 de decembro de 2016.Fixo referencia a tódalas medidas do Expediente, en concreto cinco, de xeito individualizado edetallado. Considerou que era factible levalas a cabo antes do 31 de decembro xa que eranpropostas de interese xeral que xustificaban de sobra a súa necesidade. Pediu responsabilidadepara votar a favor da proposta e sacalas adiante.Fixo referencia a que na prensa se estaba comentando que non negociaban co PP os orzamentospara deixar claro que a obriga do goberno era gobernar negociando, pero non falar cada cuestiónbásica do día a día. As cuestións ordinarias non debían ser debatidas porque era fácil ver a súanecesidade e non era necesario sometelas a negociación, como ocorría cas cinco medidas que selevaron ao Pleno nesta Proposta.

Na súa quenda de palabra, o Concelleiro non adscrito, D. Juan José Cruz García pediuque se votase cada unha das medidas por separado.

Polo grupo popular, D. José Antonio Rodríguez Fernández afirmou que estaba de acordoco concelleiro delegado de obras no casco urbano en canto que tiñan que gobernar e decidir; peropediu que se tivesen en conta as valoracións dos outros grupos, que tamén eran importantes edebía contarse con elas como oposición.Debían terse en conta as valoracións tanto en Pleno como fóra del, por exemplo nos medios decomunicación, polo ben do pobo lalinense.

Manifestou que o grupo popular non se ía opoñer á modificación de créditos porque nonían bloquear a xestión diaria do goberno nin dos veciños de Lalín.

O Sr. Alcalde-Presidente, D. Rafael Cuíña Aparicio, interviu para dicir que o Parque Móbilda Policía Local estaba a quedar anticuado, polo que estaba a estudar a adquisición de vehículospara actualizar dito Parque Móbil da Policía Local.Preguntoulle ao PP se o feito de que non se ían opoñer á proposta como dixeran, significaba quevotarían a favor ou que se ían abster. Ante o feito de que a segunda vía era a que ía escoller o PP,

4

Page 5: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 24 …lalin.gal/files/15. ACTA PLENO DE 24 DE NOVEMBRO DE 2016.pdf · 342.625.12 Instalacións Deportivas 9.196,00€ ... de conformidade

contestoulle ao Concelleiro non adscrito que non procedía introducir unha emenda para votar cadamedida por separado.

O Concelleiro non adscrito, D. Juan José Cruz García aclarou que se ía abster na medidada sinaléctica de Liñares.

Procedeuse por orde do Sr. Alcalde-Presidente, D. Rafael Cuíña Aparicio, á votación enbloque da proposta do Expediente de Modificación de Créditos Nº 12-P/2016.

Sometida a votación ordinaria a proposta presentada pola Alcaldía, mediante o sistema deman alzada, obtívose o seguinte resultado:

Votos a favor: once (11), sendo cinco (5) de CxG-CCTT, tres (3) do PSdeG-PSOE, un (1)da APAC, un (1) do BNG e un (1) do concelleiro non adscrito. Votos en contra: ningún.

Abstencións: dez (10) do PP.

Xa que logo, por MAIORÍA dos asistentes APROBOUSE o Expediente de Modificación deCréditos co seguinte contido:

Incoado o expediente de Crédito Extraordinario número 12-P/2016, a financiar conRemanente Líquido de Tesourería procedente do peche do exercicio 2015, e ante a urxente einaprazable necesidade de realizar os gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguintesen mingua dos intereses deste Concello, co obxecto de dotar de crédito para as seguintesfinalidades:

En concreto, trátase de dotar de crédito á correspondente aplicación orzamentaria para arealización de diversas actuacións tales como:

Instalación de banquillos móbiles cubertos no estadio Manuel Anxo Cortizo. Reposición de marquesiñas en varias zonas de Lalín. Reposición da sinalización do Pazo de Liñares. Adquisición dun vehículo para o departamento de urbanismo. Adquisición de contedores para fomentar a reciclaxe en dependencias municipais.

Todas son actuacións que urxe acometer para que as infraestruturas e instalación cumpranaxeitadamente a súa función.

Á vista de todo o exposto, o Pleno da Corporación ACORDOU:

Primeiro.- Aprobar a modificación orzamentaria, consistente nun Crédito Extraordinariofinanciado mediante o Remanente Líquido de Tesourería procedente do peche do exercicio 2015,de acordo co seguinte detalle:

APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE €151.624.02 Urbanismo: planeamento, xestión, execución e disciplina 21.659,00€

Vehículo Urbanismo

5

Page 6: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 24 …lalin.gal/files/15. ACTA PLENO DE 24 DE NOVEMBRO DE 2016.pdf · 342.625.12 Instalacións Deportivas 9.196,00€ ... de conformidade

333.629.05 Equipamentos Culturais e Museos 8.470,00 €Sinaléctica Liñares

342.625.12 Instalacións Deportivas 9.196,00€Banquillo Móbil

153.1.625.14 Acceso aos núcleos de poboación 19.142,20 €Marquesiñas

920.625.13 Administración Xeral 6.267,80 €Contedores de reciclaxe

TOTAL ALTAS CRÉDITO EXTRAORDINARIO 64.735,00€

2.- Medios ou recursos que van financiar as modificacións de crédito:Fináncianse con Remanente Líquido de Tesourería dispoñible, procedente do exercicio 2015, re-flectido contablemente no concepto 870.00 (Remanente de Tesourería para gastos xerais) do pre-suposto de ingresos. Sendo coincidentes os importes da modificación de crédito proposta e os re-cursos que van a ser utilizados para o seu financiamento consérvase o equilibrio do Presuposto,de conformidade co artigo 16.2 del Real Decreto 500/1990, do 20 de abril.

Segundo.- Que este expediente de modificación de créditos, que se aproba inicialmente,sexa exposto ao público polo prazo de quince días hábiles no departamento de intervención doConcello, previo anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Corporaciónmunicipal, durante os cales os interesados poderán examinalo e presentar reclamacións ante oPleno, en cumprimento dos artigos 177.2 en relación co 169.1 do RD Lexislativo 2/2204, de 5 demarzo polo que se establece o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e 38.2en relación co artigo 20.1 do Real decreto 500/90, do 20 de abril.

Terceiro.- Este expediente de modificación de créditos considerarase definitivamenteaprobado, de conformidade cos artigos citados no apartado anterior, se durante o citado períodonon se presentaran reclamacións.

5.- PROPOSTA DA ALCALDÍA RELATIVA AO CAMBIO DA CELEBRACIÓN DASSESIÓNS ORDINARIAS DO PLENO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL.-

O Sr. Secretario deu conta da proposta de Alcaldía de data de 18 de novembro de 2016,para o cambio da celebración das sesións ordinarias do Pleno da Corporación Municipal.

O Sr. Alcalde-Presidente, D. Rafael Cuíña Aparicio, aclarou que esta proposta respondíaao falado previamente nunha Xunta de Voceiros para facilitar a vida municipal.Co cambio do horario das sesións plenarias pretendíase, basicamente, dar solución a dúascuestións: en primeiro lugar, facilitarlle ao Senador, D. Xosé Crespo Iglesias, que puidese estarnos Plenos do Concello de Lalín, porque lle coincidían con sesións plenarias ás que debía asistiren calidade de Senador; e en segundo lugar, para que tanto membros do Goberno como daoposición, puidesen xustificar mellor as asistencias ao Pleno nos seus respectivos postos detraballo, fóra da Corporación municipal.

D. Xosé Crespo Iglesias agradeceu o acordado na Xunta de Voceiros, porque a pesar de

6

Page 7: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 24 …lalin.gal/files/15. ACTA PLENO DE 24 DE NOVEMBRO DE 2016.pdf · 342.625.12 Instalacións Deportivas 9.196,00€ ... de conformidade

que os Plenos do Senado eran os martes e mércores, en ocasións prolongábanse ata os xovespola cantidade de temas a tratar. Cando se prolongaban ata os xoves, debía decidir a ondeasistía. Co cambio das sesións ordinarias do Pleno de Lalín para os venres, xa non tería eseproblema.

Pola súa banda, o concelleiro non adscrito, D. Juan José Cruz García, pediu un informede Secretaría para axuntar coa certificación de asistencias ao Pleno ante o novo horario dassesións. No seu lugar de traballo xa tiñan organizadas as quendas atendendo ao horario dassesións ordinarias dos Plenos os xoves últimos de cada mes.

O Sr. Alcalde-Presidente, D. Rafael Cuíña Aparicio recriminoulle que en Xunta dePortavoces non dixese nada do que estaba falando.

O concelleiro non adscrito, D. Juan José Cruz García, contestou que foi porque o falara aposteriori, e indicou que na dirección do seu centro de traballo lle estaban a demandar ese informede Secretaría para axuntar ás certificacións de asistencia ao Pleno.

O Sr. Alcalde-Presidente, D. Rafael Cuíña Aparicio, pediulle ao Sr. Secretario que tivese aben facer dito informe.

Sometida a votación ordinaria a proposta presentada pola Alcaldía, mediante o sistema deman alzada, obtívose o seguinte resultado:

Votos a favor: vinte e un (21), sendo cinco (5) de CxG-CCTT, tres (3) do PSdeG-PSOE, un(1) da APAC, un (1) do BNG, dez (10) do PP e un (1) do concelleiro non adscrito.

Votos en contra: ningún.Abstencións: ningunha.

Xa que logo, por UNANIMIDADE dos asistentes APROBOUSE a proposta do seguintetenor:

Celebrada a Xunta de Portavoces da Corporación Municipal, acordouse, entre eles, anecesidade de proceder ao cambio de data de celebración das sesións ordinarias do Pleno daCorporación Municipal.

Polo que, o Pleno da Corporación ACORDOU:

Cambiar a data da celebración das Sesións ordinarias do Pleno da Corporación Municipalpara o último venres de cada mes ás 09:00 horas.

6.- MOCIÓN DO GRUPO DE GOBERNO PARA O ESTABLECEMENTO DUNORZAMENTO PARTICIPATIVO DO CONCELLO DE LALÍN.-

A Presidencia deu conta da presente moción, de data 16 de novembro de 2016,presentada no rexistro de entrada municipal o mesmo día co número 9154. A continuación o Sr.Secretario deu lectura ao ditame favorable da Comisión Facenda, Patrimonio, Réxime Interior

7

Page 8: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 24 …lalin.gal/files/15. ACTA PLENO DE 24 DE NOVEMBRO DE 2016.pdf · 342.625.12 Instalacións Deportivas 9.196,00€ ... de conformidade

e Actividade Económica, do día 21 de novembro de 2016.

Defendeu a moción a Concelleira delegada de cultura, Dª Lara Rodríguez Peña,salientando que lle parecía fundamental que existise unha iniciativa política clara para implantarun orzamento participativo coma este.

Era unha proposta como a que xa se estaba implantada noutros municipios. Mesmo nomes de abril houbo un encontro Ibérico de Democracia Participativa en Portugal da que formaronparte múltiples municipios. Nese encontro definiron o Orzamento Participativo como “unhaferramenta de democratización da Democracia”.

Considerou que esta iniciativa era fundamental para que a cidadanía participaseactivamente no traballo gobernamental dun xeito real. Coa mesma pretendíase mellorar atransparencia na xestión da efectividade do gasto público.A cidadanía xa formaba parte activa na xestión do gasto público porque se estaba a gobernar paraela, pero non realizaba unha participación máis profunda, porque non coñecían como funcionabanos orzamentos e realmente tampouco xestionaban os fondos públicos.Cos orzamentos participativos queríase que a cidadanía elaborase as súas propias propostaspara levar a cabo e xestionar os cartos públicos, sempre guiada por un grupo motor. Existiría unregulamento para formar no ano próximo grupos de traballo para levar a cabo as propostas.Na moción presupostábanse 80.000 euros, e pesar de que era pouco, podería incrementarse dechegar a consenso.

Na súa quenda, D. Juan José Cruz García, o concelleiro non adscrito, anunciou quevotaría en contra da moción. Esa cantidade asignada parecíalle moi baixa.Ademais tamén criticou que non se contara con el para ningunha negociación polo que non críaque esta fose unha forma de mellorar a democracia participativa.Alegou que debía negociarse primeiro con el e cos demais membros da Corporación, e logo copobo.

Tomou a palabra polo Partido Popular, D. José Antonio Rodríguez Fernández, quealegou que nesta moción era importante recalcar as datas e os principios dos que falou aconcelleira delegada de cultura na súa intervención. Pediu que noutra quenda de palabra, osaclarase mellor para poder decidir a intención de voto do seu grupo.Afirmou que a moción foi presentada o 16 de novembro de 2016 e nela propuñan un orzamentoparticipativo para o ano 2018. Baixo o seu punto de vista era ridículo, dado que nesta sesiónplenaria debían debater os orzamentos para o ano 2017, que era a obriga do goberno e osdeberes que debían facer para traer ao Pleno. En lugar diso presentaron os orzamentosparticipativos para o ano 2018 o que lle parecía ridículo e pouco sensato.Non se referiu a que non estivesen de acordo co contido da moción, senón a que non considerabaque fose o momento axeitado para traela ao Pleno.Consideraba que o goberno con esta moción buscaba un anuncio máis.

Despois de case dous anos gobernando, a participación cidadá e a democracia, da quefalou a concelleira delegada de cultura, non era o que estaban demostrando na práctica nestegoberno. Preguntou se para o goberno a participación cidadá era facer unha reunión ou unhaasemblea co pobo, e despois non tomar a decisión que nela se falou; puxo de exemplo a votaciónen contra da proposta do grupo popular para falar cos veciños de Catasós.Anunciou que votarían en contra porque o momento no que se presentou non era o axeitado. Erao momento de defender e debater outras cuestións.

8

Page 9: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 24 …lalin.gal/files/15. ACTA PLENO DE 24 DE NOVEMBRO DE 2016.pdf · 342.625.12 Instalacións Deportivas 9.196,00€ ... de conformidade

Ademais a nivel técnico propuñan unha cantidade que non consideraban axeitada e pediu quefosen rigorosos. Podía terse feito este orzamento xa no ano 2016 ou no ano 2017, non esperar aoano 2018.

Nunha segunda quenda de palabra, a Concelleira delegada de cultura, Dª Lara RodríguezPeña, afirmou que “o ridículo era cualificar esta proposta de ridícula”.As argumentacións dadas polo edil popular en canto a presentar agora a moción co orzamentoparticipativo para o ano 2018, parecíanlle incorrectas porque os orzamentos participativos non sefacían dun día para o outro.O motivo fundamental polo cal o presentaban agora era que os grupos de traballo se debíanpreparar durante o ano 2017 para levar a cabo as propostas. Non había outra motivación parapresentar os orzamentos participativos para o ano 2018, e de feito na moción presentouse uncronograma para levala a cabo.Era un proceso lento que xa se estaba a levar a cabo noutros municipios, sobre todo fóra deEspaña. Era un proceso que levaba tempo porque tamén había que asesorar á cidadanía sobrecomo elaborar as propostas e como sería o proceso de toma de decisións.

Considerou que era unha iniciativa independente dos orzamentos para o ano 2017 ealegou que sería ideal alcanzar o consenso para aprobar a moción.

En canto á cantidade de 80.000 euros dixo que se ben era certo que no Pacto de Gobernohabía unha cantidade maior, escolleron esta por alcanzar o consenso máis facilmente peroconsiderou positivo chegar a un acordo para incrementar esa cantidade.

O concelleiro non adscrito, D. Juan José Cruz García, dixo que non ía intervir nunhasegunda quenda porque os seus asesores lle recomendaban non falar demasiado para que non oexpulsasen do Pleno.

O Sr. Alcalde-Presidente, D. Rafael Cuíña Aparicio, insistiulle en que podía dicir o queconsiderase oportuno ou facer propostas ao respecto da moción. Ante a nova negativa doconcelleiro non adscrito a falar, deulle a palabra ao grupo popular,pero tampouco consideraronnecesaria unha segunda quenda.Aclarou entón que esta proposta respondía a novos tempos na política. A cidadanía tiña dereito aadministrar e opinar directamente o que se ía facer coa recadación dos seus impostos.

Referiuse ao Concelleiro non adscrito para dicirlle que non estaba de acordo co que lledixeron os seus asesores, nin co que dixo anteriormente de que primeiro se debían escoitar aosmembros da Corporación e logo ao pobo, porque debía ser precisamente ao revés.

Ao edil popular díxolle que el como Alcalde xa tivo moitas visitas no despacho coacidadanía e con distintos colectivos, ademais de estar no rural falando con todos os veciños e deresponder cada tres meses a preguntas dos cidadáns na Praza da Igrexa.Ademais non lle constaba que se levasen a cabo accións opostas ás acordadas en reunións coscidadáns. En canto á reunión cos veciños de Catasós, dixo que a propia Concelleira falou contodos os veciños.

Considerou que o goberno era exemplar en canto a nivel de diálogo e non só era exemplar,senón que cumpría co deber que debía ter todo goberno de dialogar co pobo. Nese sensomellorouse en Lalín dende o goberno popular.

Na parte dispositiva da moción pedíase:

1.- Implantar o procedemento do Orzamento Participativo no Concello de Lalín como mecanismo para aparticipación cidadá na administración do Concello.

9

Page 10: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 24 …lalin.gal/files/15. ACTA PLENO DE 24 DE NOVEMBRO DE 2016.pdf · 342.625.12 Instalacións Deportivas 9.196,00€ ... de conformidade

2.- Que o primeiro ano se distribúa a través do orzamento participativo para investimentos a cantidade de80.000,00 € correspondentes ao exercicio orzamentario do ano 2018.

Sometida a votación ordinaria a moción, mediante o sistema de man alzada, obtívose oseguinte resultado:

Votos a favor: dez (10), sendo cinco (5) de CxG-CCTT, tres (3) do PSdeG-PSOE, un (1) daAPAC, un (1) do BNG

Votos en contra: once (11), sendo dez (10) do PP e un (1) do concelleiro non adscrito. Abstencións: ningunha.

Xa que logo, por MAIORÍA dos membros do Pleno da Corporación, REXEITOUSE amoción.

7.- MOCIÓN DO GRUPO DE GOBERNO PARA SOLICITARLLE AO MINISTERIO DEFOMENTO A TRANSFERENCIA DA AP-53 Á XUNTA DE GALICIA E A SUPRESIÓN DA SÚAPEAXE.-

A Presidencia deu conta da presente moción, de data 16 de novembro de 2016,presentada no rexistro de entrada municipal o mesmo día co número 9146. A continuación o Sr.Secretario deu lectura ao ditame favorable da Comisión Informativa de Acondicionamento,Obras e Planificación Territorial, Tráfico e Seguridade do día 21 de novembro de 2016.

Dende o grupo de goberno propoñente da moción, D. Francisco Xavier VilariñoTaboada, concelleiro delegado de obras no casco urbano, fixo referencia ao último acordoadoptado neste mesmo tema polo Pleno facía uns meses, o cal lle servía de punto de partida parareafirmarse en que o goberno municipal non ía parar nas súas reivindicacións con respecto a estacuestión.

Os membros do PP comentáronlle que xa facía dez meses que se aprobou este tema noPleno, pero o Goberno central non formulou resposta ao respecto. Por iso volvía estar este temano Pleno, tanto pola importancia da estrada AP-53 no Concello e na comarca en extensión, comopola importancia no desenvolvemento económico e na mobilidade cidadá. Era tamén unha formade situar no debate político galego e estatal esta cuestión, e que non quedase nun segundo planoesta reivindicación. Fixo referencia ao contido da moción, facendo fincapé nos prezos e naimposibilidade dalgúns usuarios para afrontar o pago despois da suba de máis do 70% no prezodas tarifas.

Pediu que o PP, con representación no Senado do Estado, fixese o posible para que dendeo Parlamento central se votase a favor desta medida. Tamén pediu unanimidade no propio Plenoda Corporación Municipal para que tivese maior forza o solicitado na moción.

No uso da palabra o concelleiro non adscrito, D. Juan José Cruz García, manifestou quelle parecía correcta a moción e que polo tanto, votaría a favor da mesma.

Dende o PP, D. Xosé Crespo Iglesias recordoulle ao concelleiro delegado de obras nocasco urbano, que lle estaba a pedir ao grupo popular un exercicio de coherencia, algo que sedebía aplicar tamén el mesmo. Dixo estar convencido de que a pesar de que a moción a asinabatodo o grupo de goberno, poucos membros do mesmo lérona a fondo, porque de lela todos, o

10

Page 11: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 24 …lalin.gal/files/15. ACTA PLENO DE 24 DE NOVEMBRO DE 2016.pdf · 342.625.12 Instalacións Deportivas 9.196,00€ ... de conformidade

punto primeiro da parte dispositiva cambiaríase.Deixou claro que esta vía era un cordón umbilical con Santiago de Compostela. Pero

tamén recalcou a necesidade de contar cunha autovía que conectase Lalín con Pontevedra, coacapital da Provincia, porque sería bo.

Non estaba de acordo en pedir no mes de xaneiro deste ano unha rebaixa do prezo daautoestrada e agora unha supresión desa peaxe.Conseguir que non se aboase peaxe polo uso da autoestrada era moi difícil, por non dicirimposible. O prezo tan elevado na peaxe debíase a que o Ministerio en Madrid non foi xenerosocon Galicia, e aportou 60 millóns euros a devolver en 25 anos con intereses, mentres que a Xuntade Galicia aportou 60 millóns de euros a fondo perdido. A achega do Ministerio cos seus intereseseran a causa de que non estivese a transferencia da titularidade feita.

O Ministerio non se opuña a transferir a titularidade da autoestrada e a Xunta de Galiciaquería asumir dita transferencia; pero dende o Ministerio esixían a condonación dos 60 millóns deeuros. Esta opción serviría para unha rebaixa efectiva da peaxe, se ben non era o caso porque oMinisterio estaba disposto a transferir a titularidade; pero dubidaba sobre a condonación deses 60millóns de euros. A Xunta de Galicia aspiraba a unha rebaixa moi significativa da peaxe. Iso era aoque debían aspirar.

O resto que se pedía na moción era “un canto ao Sol” e demagoxia, porque non habíacompetencia municipal. O Ministerio non transferiría condonando os 60 millóns de euros. Isto eranegociación política e estaba seguro que o Presidente Feijóo a ía levar a cabo.

A pesar disto, o seu voto sería a favor. Recordou que o PP e BNG estiveron de acordo haitempo, en convocar unha manifestación de protesta pola peaxe da AP-53, que era do máis caraque había.

De novo D. Francisco Xavier Vilariño Taboada rexeitou que houbese demagoxia namoción. O BNG sempre mantivo a mesma postura; algo que non sucedía co PP que se mostraronmáis ou menos reivindicativos dependendo de quen gobernase. Por isto, non entendía porque llefalaban a el de coherencia, porque sempre mantivo a mesma postura.

Consideraba que coa exposición que acababa de facer o voceiro popular votarían certasmedidas por “quedar ben”, pero non porque cresen na súa finalidade. Era unha postura hipócrita ado PP e submisa co Estado. Pediu que fosen coherentes e que votasen o que crían de verdade. Apetición estaba clara para o concelleiro delegado de obras, xa que consideraba necesaria atransferencia de competencias polos fondos galegos que se puxeron para facer a autoestrada eporque deste xeito habería ferramentas para traballar sobre ela.

Neste punto do debate, sendo as 11:09 horas, a Interventora, Dª Marta Oviedo Creo,abandonou a sesión plenaria.

Interviu D. Nicolás González Casares para dicir que lle chamaba a atención o razoamentoaportado no Pleno polo PP, porque no seu momento tamén pediron a rebaixa da peaxe. Por isodicir agora que se pedía un imposible, non tiña sentido, nin era coherente.

D. Xosé Crespo Iglesias respondeu que non se referiu en ningún momento a que a Xuntade Galicia non tivese que facer nada, xa que precisamente era a Administración competente a quedebía facelo e levar a cabo a xestión política que daría como froito a rebaixa ou a eliminación dapeaxe.Non votarían en contra para que non dixesen que estaban en contra de eliminar a peaxe.

11

Page 12: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 24 …lalin.gal/files/15. ACTA PLENO DE 24 DE NOVEMBRO DE 2016.pdf · 342.625.12 Instalacións Deportivas 9.196,00€ ... de conformidade

Reiterou que foi o Ministerio de Fomento, no seu momento, o que non actuou de xeito leal coaXunta de Galicia. Non tiña claro que houbese que devolver os intereses, pero dende logo os 60millóns de euros si.

Dentro do seu cargo como Presidente da Comisión de Fomento no Senado, el podíareunirse co Ministro varias veces ao mes. Asegurou que ía ter presente esta cuestión, así como oda AP-9. Non prometeu nada, pero si que o tería presente na súa boa relación co Ministro actual.

O Sr. Alcalde-Presidente, D. Rafael Cuíña Aparicio, rematou afirmando que o voceiropopular acababa de recoñecer expresamente que non se fixo máis e que quizais se puido ter feito,ante a afinidade co novo Ministro que acababa de recoñecer.Considerou que este tema tiña que estar por encima dos intereses políticos, porque afectabamoito ao tecido industrial de Lalín e aos lalinenses.Cría que era verdade que certas reivindicacións do PP se facían con máis forza dependendo dequen gobernase.

O Ministerio chegou incluso a mentir sobre a peaxe e a Xunta de Galicia tivo valentíapolítica nese momento; agora chegou a hora de deixar as loitas partidistas e rebaixar esta peaxe.

Sometida a votación ordinaria a moción, mediante o sistema de man alzada, obtívose oseguinte resultado:

Votos a favor: vinte e un (21), sendo cinco (5) de CxG-CCTT, tres (3) do PSdeG-PSOE, un(1) da APAC, un (1) do BNG, dez (10) do PP e un (1) do concelleiro non adscrito.

Votos en contra: ningún.Abstencións: ningunha.

Xa que logo, por UNANIMIDADE dos asistentes, APROBOUSE a moción co seguintecontido:

A xestión da AP-53 de Santiago ao Alto de Santo Domingo en Dozón supuxo desde a súaapertura en 2002 un agravio para os usuarios polo seu alto custo a respecto doutras autoestradasde titularidade estatal. O pasado 7 de xaneiro de 2016 -a iniciativa do Goberno municipal- o Plenodesta Corporación aprobaba por unanimidade unha moción na que se lle solicitaba ao Ministeriode Fomento que transferise a titularidade da autoestrada AP-53 á Xunta de Galicia co obxectivode que esta última administración fixese todo o posible para rebaixar a inasumible da peaxe destavía. Pero máis de 10 meses despois esta solicitude non obtivo resposta. A AP-53 segue a ter unhapeaxe prohibitiva -case seis euros por un traxecto de pouco máis de 40 quilómetros-, o cal explicaunha densidade de vehículos moi baixa para este tipo de vías e, polo tanto, impide que a AP-53sexa un referente para a reactivación económica dos concellos polos que pasa.

Datos publicados recentemente nos medios reflicten que o tramo Lalín-Silleda é utilizadopor 4.460 vehículos ao día, mentres que a vía alternativa, a N-525, obsoleta e sen osinvestimentos necesarios como a terceira faixa de circulación entre Lalín e Ponte-Ulla, contacunha carga de máis do dobre de vehículos por xornada (9.500). O que significa a todas luces quea autoestrada está infrautilizada polo seu alto custo, o que redunda directamente na masificaciónda estrada estatal.

Isto é máis preocupante tendo en conta que a autoestrada AP-53 é, dende a súa posta en

12

Page 13: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 24 …lalin.gal/files/15. ACTA PLENO DE 24 DE NOVEMBRO DE 2016.pdf · 342.625.12 Instalacións Deportivas 9.196,00€ ... de conformidade

servizo, un dos principais eixos de comunicación viaria entre Santiago e Lalín e, por extensión, docentro de Galicia. Nesta liña, o prezo prohibitivo da peaxe afecta de forma moi directa ámobilidade de tres municipios -o de Lalín, o de Silleda e o de Compostela- que están chamados acolaborar de maneira moi estreita debido á súa proximidade xeográfica e que, entre outrascousas, comparten área sanitaria. Xa que logo, o benestar das veciñas e veciños destes concellostamén depende dunha infraestrutura que moitos se ven obrigados a utilizar para, por exemplo,acudir a unha simple consulta médica. En consecuencia, a potencialidade da AP-53 comoelemento de vertebración territorial e dinamización social e económica está claramente limitadopor unha das peaxes máis caras de todo o Estado español. Tamén polo carácter especulativo dasúa concesión, xa que o capital da administradora pertence a fondos voitres canadenses,holandeses e británicos, polo que non se garante en absoluto a condición de servizo público queten que ter unha vía desta índole.

Ademais disto, a AP-53 segue a manter tres eivas básicas que se prolongan no tempo apesar de termos asistidos a numerosas promesas electorais para solventalas, e mesmo certosinvestimentos públicos realizados pola Xunta, cando a institución galega non ten competenciassobre a autoestrada. Falamos do enlace de A Bandeira, aínda con entrada e saída desde unhapista da concentración parcelaria atravesando un núcleo rural, o perigoso enlace de A Estrada coaN-640 e o acceso de Dozón entre a AP-53 e a AG-53.

Por todo o anteriormente exposto, o Pleno da Corporación ACORDOU:

1. - Solicitar ao Ministerio de Fomento que proceda a transferir a titularidade daautoestrada AP-53, nos seus distintos tramos, Ourense-Dozón e Dozón-Santiago á Xunta deGalicia, o antes posible, reiterando así as peticións xa formuladas por este Concello de Lalín epolo Parlamento de Galicia.

2.- Esixir ao Goberno da Xunta de Galicia que, unha vez transferida a titularidade, asumade maneira clara e firme o compromiso de realizar todas as xestións necesarias para propiciar concarácter urxente a supresión peaxe da AP-53.

8 .- MOCIÓN DO GRUPO DE GOBERNO PARA SOLICITARLLE Á XUNTA A INCLUSIÓNDO CONCELLO DE LALÍN NA ÁREA DE TRANSPORTE METROPOLITANO.-

A Presidencia deu conta da presente moción, de data 16 de novembro de 2016,presentada no rexistro de entrada municipal o mesmo día co número 9145. A continuación o Sr.Secretario deu lectura ao ditame favorable da Comisión Informativa de Acondicionamento,Obras e Planificación Territorial, Tráfico e Seguridade do día 21 de novembro de 2016.

Defendeu a moción o Tenente de Alcalde, D. Nicolás González Casares, dicindo que aXunta de Galicia tiña en marcha a Área de Transporte Metropolitano dende o ano 2011.

No mes de setembro do ano 2015 xa se presentou unha moción parecida por parte do PP.Agora traían esta moción similar polas novas modificacións que se presentaron na área detransporte metropolitano que non había no ano 2015, e ademais para solicitar a inclusión en ditaárea como na moción anterior. Nesta moción a maiores, solicitábase a rebaixa ou a gratuidade dotransporte público para os menores de 19 anos nas localidades incluídas na área de transportemetropolitano.

13

Page 14: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 24 …lalin.gal/files/15. ACTA PLENO DE 24 DE NOVEMBRO DE 2016.pdf · 342.625.12 Instalacións Deportivas 9.196,00€ ... de conformidade

O Concello aprobou a moción do PP no ano 2015 e o Alcalde conversou coa Conselleiraen varias ocasións. Dende a Consellería dixeron que isto se debía solicitar á Comisión deSeguimento do Plan de transporte metropolitano, pero ao ser a Consellería a máxima autoridadeestaba debidamente feita a solicitude na moción.

Quería que os lalinenses desfrutasen do transporte metropolitano e da rebaixa ougratuidade do mesmo para os menores de 19 anos.

Considerou que non estaba mal feita a solicitude, pero propuxo introducir unha emendapara trasladar tamén a moción co acordo plenario á Comisión de Seguimento do Plan detransporte metropolitano de Santiago, que era onde remite a Consellería.

O concelleiro non adscrito, D. Juan José Cruz García manifestou que o seu voto ía serfavorable.

Dende o PP, Dª. Paz Pérez Asorey dixo que traer esta moción ao Pleno do mes denovembro de 2016 era moi significativo porque neste momento, non se debía estar solicitando esainclusión de novo, senón que se debería estar analizando os resultados de estar xa incluídos nesarede de transporte metropolitano.Había un ano que dende o PP presentaran a moción solicitando a inclusión na área metropolitanae que se aprobou por unanimidade. O feito de que novamente se trouxese unha moción ao Plenosobre a inclusión en dita área era negativo. Demostraba que a xestión dende o grupo de gobernonon estaba a ser a desexable.Denotaba unha falta total do seguimento dos acordos adoptados polo Concello en Pleno e falta derigor político no día a día. Con elo privábase aos veciños de Lalín duns dereitos que ao longodeste ano xa poderían estar disfrutando, se xa se estivese incluído na rede de transportemetropolitano.Preguntou que fixeron logo nun ano dende o goberno. Só conversar coa Consellería non servía,había que levar a cabo trámites e preocuparse por levar a cabo a inclusión.Polo exposto, manifestou que o voto do seu partido ía ser a abstención.

O Concelleiro delegado de Urbanismo, D. Nicolás González Casares, interviu na súasegunda quenda para dicir que en ningún momento dende o Concello de Lalín se privaba dedereitos aos lalinenses. En todo caso, podía dicirse que se privaba de dereitos porque a Xunta deGalicia non os outorgaba previamente. E na Xunta de Galicia estaba o Sr. Román, veciño deLalín. Pediulle á edil anterior que retirase esta afirmación.

O acordo foi unánime no ano 2015 e remitiuse á Consellería da Xunta de Galicia, que nonoutorgou o que se pediu. No mes de outubro de 2016 a Consellería remitiu unha carta ao Concellona que non incluía a Lalín dentro da área metropolitana de Santiago, estando só previsto incluílonun área mixta.Por iso decidiron solicitar de novo a inclusión na área de transporte. Ese foi o motivo destasegunda moción sobre este tema para que se incluíse a Lalín na área metropolitana.

Dende o PP, tomou a palabra D. Xosé Crespo Iglesias para dicir que non lle parecíanrazoables certas cuestións que se estaban a dicir. Pensaba que esta segunda moción sepresentou porque non se acordaban da que presentou o PP e que resultou aprobada porunanimidade. Insistiu en que debían facer as xestións oportunas para poder levar a cabo oacordado na moción que eles presentaron e que se aprobou no ano 2015.Considerou que non se fixo nada en canto á xestión e cría que aínda se podía chegar a incluír a

14

Page 15: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 24 …lalin.gal/files/15. ACTA PLENO DE 24 DE NOVEMBRO DE 2016.pdf · 342.625.12 Instalacións Deportivas 9.196,00€ ... de conformidade

Lalín na área de transporte metropolitana, pero criticou que durante un ano non se fixese nada.Absteríanse pero non por estar en contra do contido da moción, senón polo feito de que se

presentase unha nova moción despois de xa ser aprobada a que o PP presentou no ano 2015.

O Sr. Alcalde- Presidente, D. Rafael Cuíña Aparicio afirmou que xa trasladara o acordotanto á Conselleira como ao Director Xeral de Transportes, quedando de dar unha resposta. Peronon o fixeron ata o día 14 do mes de outubro do 2016 e demostraron que non había vontade deincluír a Lalín na área metropolitana.Pediu que polo tanto non culparan ao goberno de que non se fixese tal inclusión.Ademais os dereitos dos cidadáns conculcáronse por parte do PP que estaba gobernando naXunta de Galicia e non acordaba a inclusión de Lalín na área de transporte metropolitana.

Por alusións, Dª. Paz Pérez Asorey fixo referencia a que, precisamente, as melloras nosdereitos en área de Servizos Sociais leváronse a cabo polo compromiso do PP dende a Xunta,incrementando as partidas orzamentarias en dependencia.

D. Rafael Cuíña Aparicio recoñeceu os avances dende a Xunta de Galicia en materia deServizos Socias, pero recalcoulle que os dereitos dos lalinenses, no tocante á inclusión na área detransporte metropolitana, se estaban a conculcar pola xestión do PP dende a Xunta precisamente.O goberno do Concello de Lalín non precisaba leccións en materia de incrementos orzamentariosna área de Servizos Sociais, porque tiña o récord histórico dentro dos outros gobernos lalinenses.

Tras un novo debate sobre as mesmas cuestións, procedeuse á votación.

Sometida a votación ordinaria a moción, mediante o sistema de man alzada, tivo lugar oseguinte resultado:

Votos a favor: once (11), sendo cinco (5) de CxG-CCTT, tres (3) do PSdeG-PSOE, un (1)da APAC, un (1) do BNG e un (1) do concelleiro non adscrito. Votos en contra: ningún.

Abstencións: dez (10) do PP.

Xa que logo, por MAIORÍA dos asistentes, APROBOUSE a moción do seguinte tenor:

A Xunta de Galicia activou no ano 2011 o chamado Plan de Transporte Metropolitano deGalicia, co obxectivo fundamental de mellorar a mobilidade e a accesibilidade desas áreasmetropolitanas.

O Plan Transporte Metropolitano de Galicia baséase en tres piares fundamentais:- A integración tarifaria.- A mellora de ofertas e servizos.- A mellora das infraestruturas.

O antedito plan ten como elemento fundamental para a integración tarifaria a tarxetametropolitana, que no caso dos menores de 19 anos denomínase tarxeta “Xente Nova”. Esatarxeta permite realizar todas as viaxes interurbanas de xeito gratuíto dentro desas áreasmetropolitanas.

15

Page 16: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 24 …lalin.gal/files/15. ACTA PLENO DE 24 DE NOVEMBRO DE 2016.pdf · 342.625.12 Instalacións Deportivas 9.196,00€ ... de conformidade

O concello de Lalín non quedou integrado en ningunha das áreas metropolitnas, peroconcellos que se atopan a unha distancia (medida en tempo de desprazamento) maior que o nosoestán integrados na área de Santiago de Compostela, incluso algún municipio da Comarca doDeza como é o de Vila de Cruces, integrouse nesta área. Porén, a día de hoxe, os rapaces erapazas residentes en Lalín, non teñen oportunidade de desfrutar desa vantaxe, aínda estando adistancias similares, ben sexa medidas en tempo, ben sexa medidas en distancia, que os doutrosconcellos do contorno da Capital de Galicia.

Hai que ter en conta, ademais, que Lalín é unha cabeceira comarcal e que un dos destinospreferentes nos desprazamentos dos nosos veciños e veciñas cando usan o transporteinterurbano é Santiago de Compostela. Isto vén motivado por diferentes factores, como pode ser osanitario (hospital de referencia) o educativo (Universidade Santiago) ou o administrativo (Xuntade Galicia).

Tendo en conta o anteriormente exposto, o Pleno da Corporación ACORDOU:

Solicitar á Xunta de Galicia que o concello de Lalín sexa incluído na área de Santiago paraque os mozos e mozas menores de dezanove anos poidan beneficiarse da gratuidade notransporte interurbano.

9.- MOCIÓN DO PP SOLICITANDO A DEVOLUCIÓN AO PLENO DAS COMPETENCIASCEDIDAS NA SESIÓN DE 3 DE XULLO DE 2015 Á XUNTA DE GOBERNO LOCAL.-

A Presidencia deu conta da presente moción, de data 16 de novembro de 2016,presentada no rexistro de entrada municipal o mesmo día co número 9131. A continuación o Sr.Secretario deu lectura ao ditame desfavorable da Comisión Informativa de Facenda,Patrimonio, Réxime Interior e Actividade Económica, do día 21 de novembro de 2016.

Defendeu a moción, o voceiro popular D. Xosé Crespo Iglesias, que comezou explicandoque lle deron un voto de confianza ao goberno en xullo de 2015 ao permitir a transferencia decertas competencias plenarias á Xunta de Goberno Local. Daquelas os equilibrios e assensibilidades na Corporación eran diferentes ás actuais.Naquel momento, o Concelleiro do BNG, parte do equipo de goberno actual, votou en contra desatransferencia, mentres que o PP votou a favor demostrando a súa xenerosidade, porque ogoberno do PP tamén tivera esa transferencia de competencias mentres gobernaron.

Na actualidade o goberno municipal estaba nun momento de debilidade interna e diferenteao do ano 2015. Por isto entendían dende o grupo popular que cantos máis temas se tratasen noPleno, máis fácil ía ser gobernar e cumprir coa transparencia.Ademais se algún tema delegado na Xunta de Goberno Local volvía ao Pleno, eles ían serxenerosos e sensibles dende o seu grupo popular para facilitar o tratamento do tema devolto aoPleno e non entorpecer o tratamento do mesmo.

Considerou que a moción ía saír adiante porque xa había tres Plenos que a propuxeron e oConcelleiro non adscrito manifestou a súa intención de votar a favor.

A volta das competencias ao Pleno non era un drama nin se baleiraban as competenciasda Xunta de Goberno Local, como se estaba a dicir dende que propuxeron a moción, porque as

16

Page 17: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 24 …lalin.gal/files/15. ACTA PLENO DE 24 DE NOVEMBRO DE 2016.pdf · 342.625.12 Instalacións Deportivas 9.196,00€ ... de conformidade

competencias delegadas eran fundamentalmente tres e eran temas que ían a ComisiónsInformativas, primeiro, e despois a Xunta de Goberno. No ano pasado só se deran dúas ou tresveces en todo un ano.Polo tanto, con esta volta de competencias ao Pleno, só ía introducir uns catro ou cinco puntos amaiores nas sesión plenarias ao longo dun ano. Non se baleiraba a Xunta de Goberno decompetencias para nada.

Neste punto, o Sr. Alcalde-Presidente, D. Rafael Cuíña Aparicio, interviu para dicir quesenón eran máis que tres ou catro puntos en todo un ano, non entendía porque se presentabaesta moción.

D. Xosé Crespo Iglesias, explicoulle entón que para atacar ao PP dende o gobernoempregaban continuamente a transparencia. Cando o concelleiro popular foi Alcalde, aguantou daoposición sine die a ameaza da transparencia. Por isto dende o grupo popular, cando tiveronocasión e sendo eles oposición, votaron a favor da transferencia de competencias á Xunta deGoberno Local. Pero ante o feito da nova situación no goberno lalinense, decidiron pedir que sevolvesen as competencias delegadas ao Pleno para tratar en sesión plenaria eses asuntos, queeran só cinco ou seis máis, e darlle así un tirón de orellas ao goberno actual.

Tomou a palabra o Concelleiro non adscrito, D. Juan José Cruz García, para dicir que asúa labor era a de fiscalizar e controlar, como dereito para el e como un deber para cos veciños.Dixo que se sentía aludido tamén polo tirón de orellas ao que comentou o voceiro popular.Considerou que se dende o goberno se tomaban decisións falando só coas cúpulas dos grupospero non co resto de concelleiros, era positivo que se transferisen de novo as competencias aoPleno, porque ademais el sempre demandou estar presente en tódolos órganos do Concello.Era positivo que no estudo de cada unha das competencias, estivese representado o máximonúmero de membros da Corporación.A iniciativa popular era positiva para el e así votaría a favor.

O Sr. Alcalde-Presidente, D. Rafael Cuíña Aparicio, preguntoulle ao edil anterior se sabíacales eran as competencias que se volvían transferir ao Pleno, se se aprobaba a moción ou ben,era como no caso do ENIL que descoñecía o tema.

O Concelleiro non adscrito, D. Juan José Cruz García, non respondeu neste momento.

Tomou a palabra, D. Francisco Xavier Vilariño Taboada, que dixo que o debate eraunicamente político en torno á casuística. Deixou claro que non só cambiou a posición do BNGsenón tamén a do propio Partido Popular. Nas maiorías absolutas do PP no goberno lalinense, oBNG sempre votou en contra deste tipo de delegación de competencias por entender que amaioría absoluta, que ademais se exerceu dende o PP, xa era marxe abondo para xestionar ogoberno, e polo tanto, o debate plenario enriquecía.

Esta moción para el era o froito dunha clara estratexia de acoso e derribo ao gobernoactual acordada, pero que non respondía para nada ás necesidades do pobo.

Considerou que non valía todo e non llo ían poñer nada fácil á oposición. Para el, osveciños eran os principais prexudicados desta moción. O problema non era votar dous ou trestemas máis nun ano, senón o feito de que estas cuestións se trataban nos pasillos para prexudicarao goberno actual e cunha finalidade de acoso, prexudicando aos veciños.

17

Page 18: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 24 …lalin.gal/files/15. ACTA PLENO DE 24 DE NOVEMBRO DE 2016.pdf · 342.625.12 Instalacións Deportivas 9.196,00€ ... de conformidade

Recordou o Pleno no que o BNG votou en contra da delegación, e aínda que el non eraconcelleiro daquelas, a postura do seu partido parecíalle coherente. Leu as palabras doconcelleiro popular na acta do Pleno do día 3 de xullo do ano 2015, na que se levou a cabo adelegación de competencias na Xunta de Goberno Local, onde dicía o voceiro popular que adelegación era o máis operativo e o que el faría se gobernase.Polo tanto botoulle en cara esta actitude ao grupo popular, coidando que se partían que erapositiva a delegación de competencias, a moción era froito dunha estratexia para pactar temas coconcelleiro non adscrito. De feito retiraron a moción en Plenos anteriores por unha cuestiónnumérica e por iso estaba claro que era unha estratexia de acoso e derribo ao goberno.

Ademais recriminou que dixesen que non se quería dialogar por parte do goberno porquenon era así e puxo como exemplo o caso dos orzamentos porque non quixeron falar do tema cogoberno.

A actitude do PP para el era de pactos legais pero non lexítimos; acusounos detransformismo político coas súas accións e pediulle que fosen responsables das súas accións.

Na segunda quenda de palabra, o Concelleiro non adscrito, D. Juan José Cruz García,non quixo engadir nada.

Pola súa banda, D. Xosé Crespo Iglesias, dixo que respectaba a capacidade e acompetencia política do concelleiro delegado do casco urbano, pero quería deixar claro queexistía diferencia entre estar dun lado da liña ou doutro, porque o seu partido, o BNG, votou encontra da transferencia de competencias e agora estaba a defender que non se devolvesen aoPleno. Non entendía porque dende o goberno se defendía esta cuestión por parte do Concelleirodo BNG e non por parte doutro concelleiro.

D. Francisco Xavier Vilariño Taboada defendeuse dicindo que a situación erasubstancialmente diferente.

D. Xosé Crespo Iglesias continuou dicindo que os Plenos eran máis distendidos e iso erabo para o pobo lalinense, pero considerou que o concelleiro do BNG non era o máis axeitado pararebater esta moción porque sempre loitaron por ter esas competencias no Pleno.Continuou explicando o feito de que era diferente estar nun lado ou noutro da liña política porquecomo se dixera no punto anterior, no caso da autopista, se a Xunta de Galicia era do PP, dende ogoberno popular lalinense, que era daquelas tamén do PP, ían ser máis belixerantes e isto debíadicirse con normalidade.Dentro do xogo político lexítimo estaba que os partidos do equipo contrario lle meteran o dedo naferida aos rivais. Era normal na práctica política a todos os niveis, pero recriminou que o quixesenlevar á súa máxima expresión co feito de que fose o concelleiro do BNG o que defendese apostura do goberno actual, porque a pesar da súa capacidade, non era o máis axeitado poladefensa desta cuestión noutras ocasións.

Comprometeuse, se saía a moción adiante, a que para explicar un tema dos que volvían aser competencia do Pleno, ían ter a máxima dispoñibilidade dende o grupo popular para que nonfose necesario convocar un Pleno extraordinario, sendo suficiente realizar unha Xunta deVoceiros, pero sempre que se lles explicase o contido do tema ao seu grupo popular, o que ata ode agora coa transferencia na Xunta de Goberno Local, non facían e así ían coñecer os temas.

Tomou a palabra a Concelleira Delegada de Cultura, Dª. Lara Rodríguez Peña. Afirmou

18

Page 19: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 24 …lalin.gal/files/15. ACTA PLENO DE 24 DE NOVEMBRO DE 2016.pdf · 342.625.12 Instalacións Deportivas 9.196,00€ ... de conformidade

que lendo a acta do Pleno do 3 de xullo do ano 2015, se xustificou a delegación de competenciasna Xunta de Goberno Local pola eficacia e celeridade na resolución de determinados asuntos deinterese.Agora retirábase esa delegación só para afundir ao goberno de Lalín, obrigándoo a estar aexpensas de convocar Plenos Extraordinarios ou a negociar co PP determinadas cuestións,porque era unha forma de facer moito máis lento todo o proceso de toma de decisións do gobernomunicipal.Esa era a verdadeira finalidade que perseguía a moción, e non lle parecía normal que fosen tanincongruentes: fixeron a transferencia para facer máis fácil o traballo municipal pero agoraretiraban esa delegación.A única intención era aproveitar a situación de minoría do goberno municipal.

Por alusións, D. Xosé Crespo Iglesias dixo que APAC se presentou ás eleccións falandode rexeneración democrática e a volta de competencias ao Pleno era precisamente contribuír aiso coa transparencia, polo que a incongruente era a edil delegada de cultura.A máxima transparencia e o debate público dábase no Pleno, non na Xunta de Goberno Local.Consideraba que os incoherentes eran os membros do goberno e non eles. Gobernar era máisdifícil do parecía.Con esta moción era verdade que se escenificaba de xeito claro a debilidade do cuadripartito enon era algo que se quixese ocultar. Non se ían ter que convocar máis Plenos dos que xa seestaban celebrando, pero ían ter que explicar os temas, o que agora non se facía por tratarse nasXuntas de Goberno Local.

Dª. Lara Rodríguez Peña contestoulle que de transparencia non podían falar dende o PPporque acababan de votar en contra dos orzamentos participativos.

Tras un breve debate, D. Rafael Cuíña Aparicio dixo que era evidente que era xogopolítico e que non eran especialmente importantes as competencias que se ían quitar á Xunta deGoberno Local.Destacou que, máis que visualizar a debilidade política do goberno, se a houbese, porque elconsideraba que non e para iso estaban a xestión e os números para demostralo ante oscidadáns, visualizaba a frustración existencial de algúns que pensaban que tiñan que gobernarperpetuamente en Lalín. Pero pasou que o pobo os puxo noutro lado. Dixo que seguiríangobernando polos veciños a pesar de que coas mocións dende o PP, o facían máis difícil. Nonvotaban a favor dos intereses do goberno, senón a favor ou en contra do pobo de Lalín.Considerou moi grave que un concelleiro tránsfuga apoiase a moción porque a súa función erafiscalizar, pero a verdade era que na práctica non sabía que competencias se delegaron na Xuntade Goberno Local, ou o que era un ENIL ou as plusvalías.

Tras outro breve debate sobre a representación política no Pleno, procedeuse á votación.

Sometida a votación ordinaria a moción, mediante o sistema de man alzada, obtívose oseguinte resultado:

Votos a favor: once (11) sendo dez (10) do PP e un (1) do concelleiro non adscrito.Votos en contra: dez (10) sendo cinco (5) de CxG-CCTT, tres (3) do PSdeG-PSOE, un (1)

da APAC, un (1) do BNG.

19

Page 20: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 24 …lalin.gal/files/15. ACTA PLENO DE 24 DE NOVEMBRO DE 2016.pdf · 342.625.12 Instalacións Deportivas 9.196,00€ ... de conformidade

Abstencións: ningunha.

Xa que logo, por MAIORÍA dos membros do Pleno da Corporación, APROBOUSE amoción do seguinte tenor:

Ao final do pasado mes de xullo, co paso dun dos concelleiros do grupo político do alcaldeao grupo mixto, os xa de por si complicados equilibrios do grupo de goberno para manter amaioría na corporación rompéronse quedando en minoría o grupo de goberno con respecto aosconcelleiros que conforman a oposición.

Un cambio na configuración da corporación, motivado pola falla de capacidadenegociadora e de xestión persoal do seu grupo por parte do alcalde, que propiciou que neste intreun parte importantes das decisións do Concello as tome unha Xunta de Goberno que nonrepresenta a maioría dos membros que compoñen a corporación.

Dende o Partido Popular entendemos no seu momento, e así o apoiamos, que a Xunta deGoberno, toda vez que representaba a maioría da corporación, debía aglutinar unha serie decompetencias que por operatividade era mellor estivesen delegadas no pleno. Unha premisa, a derepresentar á maioría da corporación, que quedou descartada ca perda de confianza dun dosconcelleiros do grupo de goberno no actual rexedor e o seu equipo.

En aras á transparencia, e considerando a nova configuración da corporación cun gobernoen minoría, entendemos que as competencias que se delegaron no seu día na Xunta de Gobernodeben retornar ao seu órgano orixinal, o pleno do Concello.

Á vista do anteriormente exposto, o Pleno da Corporación ACORDOU:

Deixar sen efecto o punto 4, “PROPOSTA DA ALCALDÍA DE DELEGACIÓN DECOMPETENCIAS DO PLENO NA XUNTA DE GOBERNO”, da sesión plenaria extraordinaria do 3de xullo de 2015, polo que todas as competencias do pleno que están delegadas na Xunta deGoberno volvan ao pleno do Concello.

10 .- MOCIÓN DO PP REFERENTE AO PAGAMENTO DAS PARCELAS CEDIDAS AOCONCELLO ANTICIPADAMENTE PARA AS OBRAS DA PRAIA FLUVIAL DE VILATUXE QUECONTEMPLA O ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DE 7 DE MARZO DE 2006.-

A Presidencia deu conta da presente moción, de data 7 de novembro de 2016, presentadano rexistro de entrada municipal o mesmo día co número 8814. A continuación o Sr. Secretariodeu lectura ao ditame favorable da Comisión Informativa de Acondicionamento, Obras ePlanificación Territorial, Tráfico e Seguridade do día 21 de novembro de 2016.

Na defensa da moción, dende o grupo popular interviu D. Antonio Rodríguez Rodríguez,que expuxo o contido de xeito detallado e fixo fincapé na parte dispositiva da mesma.

Na súa quenda de palabra, D. Nicolás González Casares dixo que era unha moción moicuriosa porque era un problema do ano 2006 do que nunca se preocuparon dende o PP.

20

Page 21: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 24 …lalin.gal/files/15. ACTA PLENO DE 24 DE NOVEMBRO DE 2016.pdf · 342.625.12 Instalacións Deportivas 9.196,00€ ... de conformidade

No ano 2015 os terreos pasaron a ser do Concello como terreos de man común libre de cargaspolo que non entendía porque o Concello tiña que aboar nada. Entendía que había un acordoasinado e seguramente algunha das partes tería razón en que se lle aboasen as árbores, pero omesmo sucedía con outros acordos do goberno do PP e que aínda non cobraron.

Destacou que tendo 9 anos para valorar e aboar estas árbores, non se fixo ata maio doano 2015, coincidindo xusto antes das eleccións municipais. Preguntou polo tanto cal era amotivación real de presentar a moción, xa que ningunha das dúas partes mostrou vontade neses 9anos.Considerou que era unicamente un interese político e particular que manifestaba o usoelectoralista de certos acordos.A pesar de que había un acordo asinado e o pago podía ser lexítimo, non se decidía polo grupode goberno se se aboaba ou non. Por iso cunha nova reclamación en maio de 2016 sedesestimou o pago, porque ademais era necesario un informe xurídico para decidir se se pagabaou non.Como goberno non ían ir en contra dos acordos da Xunta de Goberno Local que desestimou opago das árbores, pero tampouco ían ir en contra dun acordo asinado por un goberno anterior; poriso tamén a responsabilidade do goberno actual existía. Polo tanto, non ían votar en contra nin afavor; íanse abster, deixando claro que o único interese que moveu ao PP para traer esta mociónao Pleno era un interese político. Era o único motivo porque se puido facer moito antes.

D. Juan José Cruz García, o concelleiro non adscrito, na súa quenda dixo que revisou aescritura pública de cesión de uso e de ocupación e a proposta de Xunta de Goberno Local epareceulle que coincidían, polo que manifestou que votaría a favor da moción.

De novo, D. Antonio Rodríguez Rodríguez manifestou que non lle parecía correcto dicirque traían este tema agora por afinidade política, e que tampouco consideraba correcto que secriticase o pago dos alugueres.

D. Nicolás González Casares dixo que non cuestionou o tema dos alugueres, senón quesoamente afirmou que se estaban pagando os alugueres, pero non o demais, en base a unacordo. Pero non criticou o pago dos alugueres.

D. Antonio Rodríguez Rodríguez referiuse ao Informe da Consellería de Medio Rural noque non se contemplaban as árbores. Ante este feito, falaron cos veciños para que conservasenas árbores mentres se intentaba solucionar o tema.Parecíalle moi grave que non se cumprise o acordo que permitiu manter en pé esas árbores asícomo que non se pagase a boa vontade que tiveron os veciños, que adiantaron terreos ecumpriron sempre co Concello.

Contestou D. Nicolás González Casares que o acordo o incumpriu o PP reiteradamentedurante varios anos.

D. Antonio Rodríguez Rodríguez aclarou de novo que as fincas estaban cedidas peronon eran propiedade do Concello.

Considerou D. Nicolás González Casares que iso non era escusa porque se puideron tervalorado as árbores antes de ter a propiedade o Concello. Era unha estratexia clara porque o 23

21

Page 22: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 24 …lalin.gal/files/15. ACTA PLENO DE 24 DE NOVEMBRO DE 2016.pdf · 342.625.12 Instalacións Deportivas 9.196,00€ ... de conformidade

de abril de 2015 foi firmado o acordo de cesión desas fincas e o movemento neste tema, comezouantes das eleccións despois de moitos anos.

D. Antonio Rodríguez Rodríguez dixo que non se podían pagar as árbores, porque nonsabían de quen ía ser a finca pola parcelaria.

D. Nicolás González Casares respondeulle que era precisamente ao revés porque avaloración podía estar feita xa. Cando Medio Rural cedeu eses terreos, eran libres de cargas parao Concello polo que o feito de que non se aboasen as árbores xa respondeu á mala xestión dogoberno popular.

Criticou que presentaron a moción para ver se o goberno municipal pagaba as árbores.Volveu repetir que se ían abster para non ir en contra do que decidiron en Xunta de GobernoLocal, nin ir en contra dun acordo anterior.

Considerou que era un tema que debía decidir de xeito soberano a Xunta de GobernoLocal e en base a un informe xurídico que deixase claro, con fundamentos legais, se había quepagar ou non, pero tendo en conta que, se se fose a un procedemento contencioso administrativo,ían ser máis costas para o Concello. Todo era froito da mala xestión do goberno anterior eentendía que se intentaban salvar as árbores pero tamén houbo unha desidia por parte do PP aorespecto ata as eleccións de 2015.

Interviu o Sr. Secretario para dicir que tal como se presentou a moción pedindo: “que oConcello de Lalín proceda a abonar, aos propietarios das parcelas 135, 136 e 137 do polígono nº3de concentración parcelaria de Vilatuxe, as árbores das citas parcelas; tal e como se contemplabano acordo tomado pola Xunta de Goberno do día 7 de marzo de 2006, respectando as condiciónsque aparecen recollidas no apartado número 5 das condicións do contrato dese mesmodocumento”, non parecía compaxinar co acordo da Xunta de Goberno Local de maio de 2015 quedenegou expresamente o mesmo que se pediu na parte dispositiva da moción. Foi notificado aointeresado, e este non recorreu, converténdose nun acto firme. Polo tanto, a parte dispositiva damoción debía dicir “revogar, revisar, anular” o Acordo de Xunta de Goberno Local de maio de2015. Non viu claro que este tema puidese pedirse así no Pleno.

O Sr. Alcalde-Presidente, D. Rafael Cuíña Aparicio, dixo que se informaron deste tema eao parecer existían problemas legais para o pago destas árbores, polo que se absterían como xadixera o Tenente de Alcalde, D. Nicolás González Casares. De feito a pesar de que a mociónsaíse adiante non ía ser posible legalmente facer o pago como dixo o Sr. Secretario.

Pediu a palabra o voceiro popular, D. Xosé Crespo Iglesias para dicir que respectando alegalidade, moralmente consideraba as familias debían cobrar as árbores. A xestión política debíabuscar a solución, por suposto dentro da máis estrita legalidade como recalcou o Sr. Alcalde-Presidente.

O Sr. Alcalde-Presidente, D. Rafael Cuíña Aparicio dixo que el tamén pensaba como oconcelleiro popular e de feito, D. Miguel Ángel Medela Dobarro falou cos veciños xa varias vecespara dicir que por parte do goberno había vontade de pago.

D. Miguel Ángel Medela Dobarro por alusións aclarou que falou cun dos propietarios,porque o outro xa cobrou grazas a un acordo verbal co goberno popular polo cal levou a cabo unasfaltado nun camiño público ao lado da casa.

22

Page 23: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 24 …lalin.gal/files/15. ACTA PLENO DE 24 DE NOVEMBRO DE 2016.pdf · 342.625.12 Instalacións Deportivas 9.196,00€ ... de conformidade

D. Xosé Crespo Iglesias dixo que asfaltar un camiño público era a obriga do goberno, nonun pago.

O Sr. Alcalde-Presidente, D. Rafael Cuíña Aparicio díxolle que continuase explicando otema e D. Miguel Ángel Medela Dobarro continuou dicindo que a intención do goberno foisempre pagar as árbores, pero os Servizos de Secretaría e Intervención alegaron os motivoslegais que o impedían.

Ante o debate que se abriu neste punto, o Sr. Alcalde-Presidente, D. Rafael CuíñaAparicio pediu silencio e díxolle a D. Miguel Ángel Medela Dobarro que non volvese falar decacicadas no rural por parte do PP.

D. Xosé Crespo Iglesias advertiu que, se non lle se lle pagaban as árbores, ía ser máisgravoso para o Concello, porque os interesados ían acudir a un procedemento contencioso-administrativo que seguramente fallaría ao seu favor e o Concello ía ter que aboar máis diñeiro.

O Sr. Alcalde-Presidente, D. Rafael Cuíña Aparicio pediulle que non dixese que o gobernonon quería pagar, porque si había vontade de pago pero legalmente debía ser factible.

Sometida a votación ordinaria a moción, mediante o sistema de man alzada, obtívose oseguinte resultado:

Votos a favor: once (11) sendo dez (10) do PP e un (1) do concelleiro non adscrito.Votos en contra: ningún. Abstencións: dez (10) sendo cinco (5) de CxG-CCTT, tres (3) do PSdeG-PSOE, un (1) da

APAC, un (1) do BNG.

Xa que logo, por MAIORÍA dos asistentes, APROBOUSE a moción do seguinte tenor:

O 7 de marzo de 2006, o Concello de Lalín adoptaba un acordo en Xunta de Goberno,certificado pola Secretaría Xeral do Concello, polo cal os propietarios de tres parcelas incluídas noproceso de concentración parcelaria da parroquia (números 135, 136 e 137 do polígono nº3 dazona de concentración parcelaria), situadas no entorno da praia fluvial de Pozo do Boi en Vilatuxe,poñían a disposición do Concello de Lalín ditos terreos, de xeito anticipado ao remate do procesode concentración parcelaria, para a execución da obra “Proxecto de instalacións deportivas de usopúblico na praia fluvial de Vilatuxe”.

Un acordo que servía para que o Concello de Lalín adquirise de xeito anticipado, a travésdun Contrato de cesión de uso e ocupación, os terreos necesarios para a realización dunhamellora da praia fluvial. Cesión que se compensaría con posterioridade, tal e como recollía oacordo, coa substitución destas parcelas por outras fincas dentro do proceso de reemprazo que seproduciría ao abeiro do proxecto de concentración de terras desta parcelaria.

No acordo aprobado en 2006 contemplábanse as cláusulas do contrato de cesión queincluían, entre outras, a entrega das parcelas en uso por tempo indefinido ata a entrega das fincas

23

Page 24: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 24 …lalin.gal/files/15. ACTA PLENO DE 24 DE NOVEMBRO DE 2016.pdf · 342.625.12 Instalacións Deportivas 9.196,00€ ... de conformidade

de reemprazo por parte da Xunta ou que o Concello de Lalín se encargase da xestión ante MedioRural para acreditar a entrega de ditas fincas para a súa compensación na adxudicación de novasfincas. No apartado cinco do acordo da Xunta de goberno, recollíase textualmente: “Taménindemnizará o Concello o importe das árbores que se atopan en ditas fincas, que se determinaráde común acordo entre as partes”. Unhas árbores que se decidiron conservar por parte doConcello para mantelas como parte de este entorno natural que é a praia fluvial.

O acordo materializouse cunha Escritura pública de Cesión de uso e ocupación asinadapolas partes, propietario e representante do Concello, o día 10 de marzo de 2006 que permitía ocomezo das obras de mellora da praia fluvial de Pozo do Boi neses terreos.

O avance da concentración parcelaria permitiu no seu día a entrega das correspondentesfincas de substitución aos propietarios dos terreos cedidos ao Concello para as obras no entornodo Pozo de Boi, quedando por concretar o pagamento das árbores que non foran taladas no seumomento para que quedasen como parte desta área recreativa.

Con data 18 de maio de 2015, un dos enxeñeiros técnicos municipais elaborou o pertinenteinforme de valoración das árbores do entorno da praia fluvial de Vilatuxe, fixándolles un prezo de3.915 euros, o de un propietario, e en 890 euros, o do outro.

Con data 9 de maio de 2016, un dos propietarios dos terreos cedidos presentaba un escritono rexistro de entrada do Concello dirixido ao Alcalde Presidente no que expoñía a presentaciónda documentación relativa “á finca situada en Praia Fluvial Pozo do Boi referente a unhas árboresque o Ayuntamiento acordou abonar para evitar a súa corta por quedar nunha parcela que pasoua ser da súa propiedade” e facía a seguinte solicitude: “Pido se nos aclare a situación actual paraasí poder aclarar se as árbores se abonarán ...”.

En resposta ao citado escrito do propietario, a Xunta de Goberno do día 3 de xuño de 2016desestimou e rexeitou dita petición argumentando que “o dereito aludido na documentaciónaportada -e da que se fai referencia na presente exposición de motivos- e no acordo municipal doano 2006 debeu exercerse antes de que a Consellería do Medio Rural e do Mar entregase asfincas a este Concello, o cal non se fixo”.

Unha negativa que entendemos que conculca os dereitos dos propietarios das fincas cosque o Concello de Lalín se comprometeu a través dun acordo da propia Xunta de Goberno,certificado pola propia Secretaria Xeral do Concello. Entendemos, así mesmo, que, por máistempo que pasara, o acordo subscrito no seu momento non perde o seu valor, como queira que acesión inicial dos terreos se fixo baixo eses condicionantes nos que se contemplaba o pagamentodas árbores para que non fosen cortadas. Acordo rubricado apelando á boa vontade ecolaboración, polo ben dos veciños e a conservación do entorno natural, que amosaron ospropietarios.

A vista do exposto, o Pleno da Corporación ACORDOU:

Que o Concello de Lalín proceda a abonar, aos propietarios das parcelas 135, 136 e 137do polígono nº3 de concentración parcelaria de Vilatuxe, as árbores das citas parcelas; tal e comose contempla no acordo tomado pola Xunta de Goberno do día 7 de marzo de 2006, respectando

24

Page 25: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 24 …lalin.gal/files/15. ACTA PLENO DE 24 DE NOVEMBRO DE 2016.pdf · 342.625.12 Instalacións Deportivas 9.196,00€ ... de conformidade

as condicións que aparecen recollidas no apartado número 5 das condicións do contrato desemesmo documento.

11.- MOCIÓN DO PP PARA NEGOCIAR COA CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURASE VIVENDA QUE ESIXA Á EMPRESA ARRIVA QUE RECUPERE AS LIÑAS ENTRE A CORUÑAE LALÍN QUE SUPRIMIU NO MES DE AGOSTO.-

A Presidencia deu conta da presente moción, de data 14 de novembro de 2016,presentada no rexistro de entrada municipal o día 16 de novembro de 2016 co número 9132. Acontinuación o Sr. Secretario deu lectura ao ditame favorable da Comisión Informativa deAcondicionamento, Obras e Planificación Territorial, Tráfico e Seguridade do día 21 denovembro de 2016.

Por parte do grupo propoñente, o PP, Dª. Paz Pérez Asorey explicou que esta mociónrespondía á necesidade de recuperar a liña entre A Coruña e Lalín da empresa ARRIVA, que sesuprimiu no mes de agosto e que se empregaba, fundamentalmente, por estudantes que acudíaná Coruña.O seu grupo xa presentou noutra sesión anterior este tema. Recibiron resposta dende aConsellería de que xa estaban a tratar a cuestión; pero despois de varios meses a liña seguía senrecuperarse. Deste xeito non se podía empregar este servizo que antes había, e prexudicábaseaos seus usuarios, sobre todo aos estudantes.Considerou que había pouca intermediación por parte do Concello de Lalín, porque noutrosConcellos, como Melide, xa estaba restaurada a liña.

A moción respondía á necesidade de que se procedese a levar a cabo dita intermediacióncoa Consellería de Infraestruturas e Vivenda por parte do grupo de goberno. Pedíase que ogoberno de Lalín negociase co propio Departamento Autonómico para que a súa vez, esixise áempresa ARRIVA que procedese a restaurar a liña entre A Coruña e Lalín suprimida no mes deagosto.

Desde o grupo de goberno, D. Nicolás González Casares indicou que estaba totalmentede acordo co contido da moción.Explicou que dende o Concello si se levou a cabo a intermediación necesaria. Dende a DirecciónXeral de Mobilidade crían que o servizo xa fora restaurado porque a empresa estaba enganandocontinuamente ao respecto.Xa recibiu unha primeira sanción por elo, e outra estaba en trámite por incumprimento das obrigasde prestación do servizo. Deste xeito, a ARRIVA suspendeu o servizo no mes de verán polodescenso no volume de viaxeiros, e dende a Consellería de Infraestruturas e Vivenda e aDirección Xeral de Mobilidade abríuselle un expediente. No procedemento sancionador, aempresa contestou que a partir do 12 de setembro de 2016, se restaurarían algunhas liñas peronon todas. A Xunta de Galicia considerou inadecuada esa decisión e sancionou a empresa deoficio nunha primeira sanción.Neste momento estaba a tramitarse o segundo expediente. A Xunta de Galicia cría que si que seprestaba o servizo en Lalín e non tiñan coñecemento do que estaba a suceder polo que inclusoiniciarían outro expediente sancionador.

Dixo estar de acordo coa moción por todo o exposto e porque a liña era necesaria por sera máis directa á Coruña.

25

Page 26: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 24 …lalin.gal/files/15. ACTA PLENO DE 24 DE NOVEMBRO DE 2016.pdf · 342.625.12 Instalacións Deportivas 9.196,00€ ... de conformidade

Pola súa parte, D. Juan José Cruz García adiantou a súa abstención na votación.

Sometida a votación ordinaria a moción, mediante o sistema de man alzada, obtívose oseguinte resultado:

Votos a favor: vinte (20) sendo cinco (5) de CxG-CCTT, tres (3) do PSdeG-PSOE, un (1) daAPAC, un (1) do BNG e dez (10) do PP.

Votos en contra: ningún. Abstencións: unha (1) do concelleiro non adscrito.

Xa que logo, por MAIORÍA dos asistentes, APROBOUSE a moción do seguinte tenor:

Os veciños do Concello de Lalín, especialmente aqueles que cursan estudos na cidade deA Coruña e que utilizaban o autobús para desprazarse, perderon no mes de agosto, as conexiónsque tiña Lalín coa capital herculina, ao cesar a empresa Arriva a cobertura desa liña de transporteque, partindo dende Lalín, daba tamén servizo a localidades próximas como Agolada e Melide,sendo tamén vía de comunicación para os veciños de Rodeiro.

Con motivo desa supresión, o Concello de Melide iniciou unha serie de contactos cosconcellos veciños afectados para negociar a reposición dese servizo, a través da remisión deescritos dos concellos ao departamento competente da Xunta de Galicia para que estedemandase á empresa de transporte a reposición do Servizo de transporte desta liña.

Ca remisión deses escritos por parte dos concellos afectados e grazas á mediación daXunta, os veciños de Melide e Agolada conseguiron a reposición deste servizo de transporte daempresa Arriva ata a Coruña. Todo o contrario que o Concello de Lalín que a día de hoxe seguesen contar co autobús das 7 da mañá que partía cara a Coruña dende a Estación de autobuseslalinense, nin co de volta que chegaba a Lalín ás 17:45 horas. Conexión especialmenteinteresante para os estudantes que cursas os seus estudos na cidade herculina.

A falla de mediación e de preocupación do goberno lalinense, que obviou a negociación caXunta de Galicia que si fixeron os outros concellos da zona para recuperar o servizo, provocouque a día de hoxe Lalín sexa o único dos concellos afectados pola supresión que non recuperou oservizo e por tanto que a empresa Arriva non estea a cubrir a ruta dende e ata Lalín.

Á vista da desidia e a inoperancia do goberno municipal na recuperación deste servizo,pese a que en sede plenaria si comentou que xa estaban a traballar nelo, para os veciños e tendoen conta o argumentado

Polo anteriormente exposto, o Pleno da Corporación ACORDOU:

Instar ao goberno municipal a que negocie ca consellería de Infraestruturas e Vivenda daXunta de Galicia para que o departamento autonómico esixa á empresa Arriva que recupere asliñas entre A Coruña e Lalín que suprimiu no mes de agosto.

12.- MOCIÓN DO PP PARA A CREACIÓN DUN ESPAZO RADIOFÓNICO EN RADIO

26

Page 27: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 24 …lalin.gal/files/15. ACTA PLENO DE 24 DE NOVEMBRO DE 2016.pdf · 342.625.12 Instalacións Deportivas 9.196,00€ ... de conformidade

LALÍN PARA DAR VOZ Á OPOSICIÓN.-

A Presidencia deu conta da presente moción presentada no rexistro de entrada municipal odía 11 de novembro de 2016 co número 8986. A continuación o Sr. Secretario deu lectura aoditame desfavorable da Comisión Informativa de Saúde Pública, Benestar Social,Actividade Cidadá, Cultura e Educación, do día 21 de novembro de 2016.

O voceiro popular, D. Xosé Crespo Iglesias, defendeu a moción alegando que en dezaoitomeses dende que entrou a gobernar o cuadripartito no Concello de Lalín, ningún membro daoposición foi á radio municipal.

O Sr. Alcalde- Presidente, D. Rafael Cuíña Aparicio dixo que iso non era certo porque oconcelleiro non adscrito si foi invitado.

D. Xosé Crespo Iglesias dixo que a pesar de cubrir as rodas de Prensa do seu partido,non se convocou a ningún membro do PP na radio municipal.

D. Rafael Cuíña Aparicio preguntou se nunca o chamaron e dixo deixalo para máisadiante.

D. Xosé Crespo Iglesias contestou que el soubese, non. Non vía problema en que fose aoposición porque as radios privadas si lle daban voz, pero non a pública. Como goberno entendíaque se lle outorgase máis espazo na radio, pero non vía porque non se lle daba tamén ao PPcerta presenza. Entendía que a radio pública representaba a toda a Corporación e por iso pedíavoz na radio municipal porque iso era o lexítimo. Pediu que se establecese un sistema de quendaspara poder ter todos presenza e regular no Pleno ditas quendas para facer alí propostas taméndende o PP.Cando gobernaba o PP, nunca se presentaron mocións por non asistir a oposición no uso daradio municipal.

D. Rafael Cuíña Aparicio matizou que nas quendas debía incluírse ao Concelleiro nonadscrito, de xeito que podería ser unha semana para o PP, outra para o goberno e a seguinte parao concelleiro non adscrito.

Tamén demandou presenza na radio municipal D. Juan José Cruz García compaxinadoen horario municipal, por teléfono ou por gravación. Dixo que votaría a favor da moción.

A proposta do Sr. Alcalde no tocante ás quendas parecíalle ben a D. Xosé CrespoIglesias.

O Sr. Alcalde, D. Rafael Cuíña Aparicio, sinalou que a moción era un insulto aostraballadores da radio municipal que facían o que crían oportuno e non o que lle dicía o goberno,polo que faltaban ao respeto aos traballadores da radio ao dicir que seguían ordes do goberno ouque había que regular as quendas.Considerou que o director da Radio municipal debía facer o que considerase oportuno no seutraballo. En Lalín os traballadores municipais da Radio facían o que era a súa vontade, mentresque noutros medios había traballadores que denunciaban manipulacións por parte do PP comosaíu na prensa en xeral en diferentes ocasións.

27

Page 28: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 24 …lalin.gal/files/15. ACTA PLENO DE 24 DE NOVEMBRO DE 2016.pdf · 342.625.12 Instalacións Deportivas 9.196,00€ ... de conformidade

Pediulle ao director da radio municipal que facilitase a participación da oposición na Radiomunicipal, se ben non ía impoñer nada ao respecto, porque considerou que debían decidir ospropios traballadores da radio municipal.

D. Nicolás González Casares considerou inxusta a moción porque evidenciaba o quepasou en Lalín durante moitos anos cando gobernou o PP: que pensaban que a radio municipalera súa. A el non o chamaron como concelleiro dende a Radio dende que estaba no goberno enon por iso se queixou.Durante anos e anos o PP quixo controlalo todo. Esta moción era a mostra. Membros do gobernonon foron aínda á Radio municipal e non crían que por iso funcionase mal; ao contrario,considerou que a Radio municipal facía ben o traballo.

D. Francisco Xavier Vilariño Taboada coincidía en que todos os membros daCorporación tiñan importancia para a Radio municipal. Ter control político era outra cousa e foi oque fixo o goberno popular.

Dª Lara Rodríguez Peña deixou claro que só ían cando os convocaban e que cumpría coasúa función de servizo público,

D. Xosé Crespo Iglesias pediu que nomeasen un voceiro do grupo de goberno paradefender as mocións e evitar tantas intervencións, de xeito que logo interviñesen por alusións paranon eternizar os debates.Quixo deixar tres cuestións claras: non dubidaba da profesionalidade dos traballadores da radio;que el xa estivo gobernando antes; e que lle servía a proposta que fixo o Sr. Alcalde.Propuxo que quen quixese ir á radio municipal puidese enviar un escrito á radio municipal parapoder ir. Ter presenza na radio municipal dalgún xeito.

Rematou D. Rafael Cuíña Aparicio para insistir en que non ían dar directrices aostraballadores da radio municipal, que respectaban a independencia dos mesmos e os seuscriterios xornalísticos. Pediu novamente ao director da radio municipal que convocase aosmembros da oposición, se así o tiña a ben, e que no se debía caer no ridículo e que determinadasactitudes de vetar non se van levar a cabo neste goberno. Se se aprobaba a moción, trasladaríallaá radio municipal.

Dado que a parte dispositiva da moción dicía: “Que a Radio Municipal habilite un espazode entrevista ou participación periódica...”, o Sr. Secretario preguntou quen era a persoa quedebía habilitar o espazo que se pedía na moción. Preguntou se era a Concelleira de Cultura, odirector da radio municipal ou que persoa..

D. Xosé Crespo Iglesias propuxo falalo nunha Xunta de Voceiros.

O Sr. Alcalde- Presidente, D. Rafael Cuíña Aparicio díxolle que si se retiraban a moción,falaríano en Xunta de Portavoces co compromiso de voz e voto.

Na parte dispositiva da moción pedíase:

Que a Radio Municipal habilite un espazo de entrevista ou participación periódica de

28

Page 29: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 24 …lalin.gal/files/15. ACTA PLENO DE 24 DE NOVEMBRO DE 2016.pdf · 342.625.12 Instalacións Deportivas 9.196,00€ ... de conformidade

similares características, periodicidade, duración e contidos ao utilizado polo alcalde, para aparticipación do voceiro ou concelleiros da oposición, semellante ao existente en outros mediosde comunicación locais co obxectivo de garantir a ecuanimidade da representación políticamunicipal, a transparencia e o equilibrio informativo que por decisión política se conculcaron nosúltimos meses.

A Presidencia RETIROU A MOCIÓN a petición do grupo propoñente.

13.- MOCIÓN D O SR. CONCELLEIRO NON ADSCRITO PARA ELIMINAR A ZONAAZUL.-

A Presidencia deu conta da presente moción, de data 16 de novembro de 2016 presentadano rexistro de entrada municipal o mesmo día co número 9106. A continuación o Sr. Secretariodeu lectura ao ditame desfavorable da Comisión Informativa de Acondicionamento, Obras ePlanificación Territorial, Tráfico e Seguridade do día 21 de novembro de 2016.

O Concelleiro non adscrito, D. Juan José Cruz García, defendeu a moción alegando quediversos colectivos e mesmo persoas de xeito privado, se puxeron en contacto con el, para pedirque se eliminase a Zona Azul.No seu momento foi feita pensando no comercio e no escaso aparcamento existente en Lalín. Adía de hoxe o Parking contaba con prazas suficientes para aparcamento e estaba situado nocentro neurálxico dos comercios.A política de peonalización que estaba a plantexarse dende o goberno provocaba preocupación nosector e nos residentes por non contar con prazas de aparcamento suficientes.Cría necesario abrir un debate sobre este tema e publicitalo na prensa, facendo consultas públicaspara que fose a voz do pobo a que ditaminase se era de interese xeral ou non o era esta cuestión.

O Sr. Alcalde-Presidente, D. Rafael Cuíña Aparicio, preguntoulle ao anterior edil secoñecía cantas rúas de Lalín tiñan a Zona Azul.

Desde o PP, D. Xosé Crespo Iglesias dixo que eles crearon esta forma de aparcamento.Daquela existían dúas opcións: a Zona Azul o a zona de pago horaria. Esta segunda opción eramenos rendible e drástica para os veciños. A Zona Azul era polo tanto a opción menos mala paraLalín.

Desde o grupo de goberno, Dª. Katia Margaret Procino Toimil, resaltou as eivas quepresentaba a moción. Ademais o Concelleiro non adscrito contradicíase co contido da mesma nasúa exposición.

Defendeu que a Zona Azul se implantou noutras moitas vilas de Galicia porque dinamizabao comercio pola rotación de vehículos e con este sistema resultaba máis doado encontrar unhapraza de aparcamento.

Na moción criticaba o Parking e sen embargo na exposición de motivos dicía que a ZonaAzul non era necesaria por ter o Parking pazas suficientes dispoñibles.

A Zona Azul afectáballe a moitas persoas, non só colectivos, senón tamén persoasindividuais como residentes, comerciantes, veciños doutras rúas ou do rural. Por iso para eliminaresta Zona Azul era necesario falar con eses colectivos tamén. Preguntoulle entón ao concelleiro

29

Page 30: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 24 …lalin.gal/files/15. ACTA PLENO DE 24 DE NOVEMBRO DE 2016.pdf · 342.625.12 Instalacións Deportivas 9.196,00€ ... de conformidade

non adscrito con que colectivos falou, porque se non falou con ningún colectivo debía ter en contaque as decisións do Pleno lle afectaban tamén.Manifestou que o voto do grupo de goberno sería en contra por ser unha moción sen rigor econtraditoria.

De novo D. Juan José Cruz García indicou que a moción reflectía a realidade. Houbomoitas denuncias por mor da implantación desta Zona Azul. Tanto residentes como comerciantesestaban en contra da mesma e manifestábanlle as súas demandas ao respecto. Mesmo moitoscomerciantes estaban en contra da peonalización.Vendo que a moción non tiña apoios, pretendía deixar o tema para reflexionar.O Parking estaba dando perdas económicas, polo que considerou necesario dinamizar o comercioaproveitando esta intalación. Instou á Concelleira de Comercio a que se adicase a executarpolíticas que dinamizasen o Parking e non a facer como fixo o PP no seu momento, que sóvendeu grandes obras.

O Tenente de Alcalde, D. Nicolás González Casares, como xa fixo o Sr. Alcalde noanterior Pleno, recordoulle ao Concelleiro non adscrito que non podía falar en plural, falando dungrupo, porque era un único concelleiro e só se representaba a si mesmo. Non podía dicir que faloucon colectivos e non dicir cales eran eses colectivos.

D. Juan José Cruz García dixo que non podía dicir con que colectivos falou nin dicir asconversas que tivo con eles, por respecto aos mesmos.

D. Nicolás González Casares criticou que o propoñente falou de diversos colectivos quelle presentaron a cuestión de suprimir a Zona Azul, pero non relacionou cales eran esescolectivos. Era lexítimo para o Pleno saber cales eran eses colectivos que se posicionaban contraa Zona Azul en Lalín. O goberno municipal descoñecía se había colectivos que estaban en contrada Zona Azul a pesar de estar en contacto cos comerciantes.

Había que actuar con seriedade e responsabilidade nos temas municipais. Este sistemaimplantouno o goberno do PP e foi unha boa opción fronte á zona do pago por hora. Ademais aZona Azul permitía unha maior rotación de vehículos na zona. Non obstante necesitaba mellorarsee ía ter que retomar o tema no futuro. No Plan de Mobilidade SSUMA21, para cumprir cos fondoseuropeos DUSI, íanse revisar zonas de aparcamento e tamén íase crear un sistema dual:mediante máquinas que expedisen tíckets ou mediante teléfono móbil que permitise sacar tícket.Ademais dende Europa pedíase que no Plan de Mobilidade se reducise o tráfico no centro dascidades de xeito que fose menos fluído. Coa intención de evitar ese tráfico no centro urbano, nonse podía permitir que os vehículos quedasen estacionados durante longas horas, porque nin sefacilitaba a vida dos residentes, nin se melloraba o comercio en Lalín.

Un dos problemas da Zona Azul era precisamente as multas e co novo sistema que sepretendía implantar, queríase que cun pronto pago se puidese reducir a multa, o que ía permitir aredución das sancións en gran medida e de non ter que desprazarse ao ORAL para realizar opago.

D. Juan José Cruz García dixo que a moción xa cumprira polo menos ao abrir o debatesobre a Zona Azul.

O debate para D. Nicolás González Casares xa estaba aberto había un ano cando o

30

Page 31: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 24 …lalin.gal/files/15. ACTA PLENO DE 24 DE NOVEMBRO DE 2016.pdf · 342.625.12 Instalacións Deportivas 9.196,00€ ... de conformidade

DUSI fora presentado con melloras.No Pacto de Goberno do Concello de Lalín xa ía a revisión do sistema de aparcamento da ZonaAzul, pero do sistema, non da Zona Azul en si. O sistema actual estaba amplamente consolidadono Concello de Lalín e non se ía retirar. De feito ampliouse durante este mandato.

Insistiu D. Juan José Cruz García que a xente da rúa tiña medo a falar polo que nonpodía nomear a ninguén no Pleno ante o medo a represalias.Non confiaba no Goberno. Pediu unha consulta pública para ver o que realmente quería apoboación, aínda que dita consulta non fose vinculante. Dixo que el a ía facer e animou aogoberno a facela tamén.

Dª Lara Rodríguez Peña quixo intervir para dicir que se o que quería o concelleiro nonadscrito era efectuar consulta popular, ¿cal era o motivo polo cal non apoiou os orzamentosparticipativos, porque máis popular que iso?.

D. Juan José Cruz García contestoulle que non os apoiara porque o que propuxo nosorzamentos participativos non eran vinculantes.

Na parte dispositiva da moción pedíase ao Pleno Municipal do Concello de Lalín queacordase a eliminación da Zona Azul de estacionamento no casco urbano.

Sometida a votación ordinaria a moción, mediante o sistema de man alzada, obtívose oseguinte resultado:

Votos a favor: un (1) do concelleiro non adscrito.Votos en contra: vinte (20) sendo cinco (5) de CxG-CCTT, tres (3) do PSdeG-PSOE, un (1)

da APAC, un (1) do BNG e dez (10) do PP. Abstencións: ningunha.

Xa que logo, por MAIORÍA dos asistentes, REXEITOUSE a moción.

14.- MOCIÓN D O SR. CONCELLEIRO NON ADSCRITO PARA QUE O CONCELLO DELALÍN COMPRE AS EDIFICACIÓNS EN ESTADO DE RUÍNA NO ENTORNO DA IGREXA DEMOIMENTA PARA A CONSTRUCIÓN DUNHA PRAZA PÚBLICA.-

A Presidencia deu conta da presente moción, de data 16 de novembro de 2016 presentadano rexistro de entrada municipal o mesmo día co número 9107. A continuación o Sr. Secretariodeu lectura ao ditame favorable da Comisión Informativa de Acondicionamento, Obras ePlanificación Territorial, Tráfico e Seguridade do día 21 de novembro de 2016.

O Concelleiro non adscrito, D. Juan José Cruz García, defendeu a moción dicindo quepara negociar con el, había que respectar as súas propostas. Non confiaba no goberno porquenon se respectaba o que el propoñía, nin se votaba a favor das súas mocións.

Dende o PP, D. José Antonio Varela Quintela, explicou que o seu grupo non se opuxonunca ao que se pedía na moción. Mesmo el persoalmente visitou a zona con D. Román Pedreira

31

Page 32: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 24 …lalin.gal/files/15. ACTA PLENO DE 24 DE NOVEMBRO DE 2016.pdf · 342.625.12 Instalacións Deportivas 9.196,00€ ... de conformidade

e acordaron que sería este o que levaría a cabo as xestións coas persoas propietarias paradespois facer avanzar o tema.No tocante á autorización por parte de Patrimonio, había que levar a cabo as negociaciónspertinentes, as cales lle correspondían ao goberno.Estaban a favor da moción porque favorecería ao entorno e aos veciños.

D. Tomás Vilariño Fidalgo, polo grupo de goberno, matizou que había que facer unstrámites que levaban certo tempo.Houbo unha reunión en Moimenta, á que asistiu o Sr. Alcalde, acordouse estudar a proposta eformuláronse outras peticións por parte dos cidadáns. Pero a esa reunión non asistiu o Sr.Concelleiro non adscrito, polo que non vía correcto que agora quixese sumar el persoalmentepuntos fronte ao pobo e quedar como un campión. Presentou a moción só por quedar ben, pero amesma non era necesaria. O grupo de goberno consideraba que a praza era un tema beneficiosoe xa levaba tempo traballando.

Na súa nova quenda, D. Juan José Cruz García, defendeu que se non era invitado, nonpodía asistir ás reunións.

D. Tomás Vilariño Fidalgo aclarou que a reunión fora facía máis dun ano e que incluso selle enviou unha mensaxe para recordarllo e que asistise.

Repetiu D. Juan José Cruz García que el non foi invitado e que non confiaba no gobernoporque xa se lle dixo nunha Reunión de Voceiros que a compra das edificacións non se ía facerporque non había permiso de Patrimonio.

O Sr. Alcalde- Presidente, D. Rafael Cuíña Aparicio, interviu para dicir que D. RománPedreira e D. Xosé Crespo Iglesias manifestaron a súa vontade en sacar adiante este proxecto.Sabía da vontade do grupo popular ao respecto.El estivo cos veciños en distintas ocasións e incluso se contaba cunha reserva de fondos para acompra das edificacións. As dificultades eran con Patrimonio e non coa vontade política dogoberno lalinense.Considerou que na parroquia de Moimenta se estaban a facer moitas actuacións por parte dogoberno municipal, a pesar de que algún Concelleiro quixese poñelo en dúbida.Tanto o grupo popular como o grupo de goberno manifestaron dende un primeiro momento,interese no tema para facer a praza para os veciños.

D. José Antonio Varela Quintela dixo que estaban no Pleno para debater a moción e nonatender ás liortas entre o grupo de goberno e o Sr. Concelleiro non adscrito.

O Sr. Alcalde- Presidente, D. Rafael Cuíña Aparicio, manifestou que non ían apoiar amoción, porque a mesma supuña un insulto ao grupo de goberno e ao grupo popular, que levabanmeses a traballar neste tema. Estaba o tema en tramitación e iso amosaba a vontade política dogrupo de goberno.

Pola súa banda, D. José Antonio Varela Quintela non a considerou un insulto xa que críaque con ela se beneficiaba aos veciños. A intención era que se fixese e arranxarlle os problemasao veciños, non as liortas políticas.

32

Page 33: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 24 …lalin.gal/files/15. ACTA PLENO DE 24 DE NOVEMBRO DE 2016.pdf · 342.625.12 Instalacións Deportivas 9.196,00€ ... de conformidade

O Sr. Alcalde- Presidente, D. Rafael Cuíña Aparicio dixo que había límites. Os quedemostraron que querían solucionarlle os problemas aos veciños, era o grupo de goberno. Estabatodo en proceso para que se fixese a praza, polo que non ía permitir que o Sr. Concelleiro nonadscrito, que non ía ás reunións, se anotase o tanto.

Sometida a votación ordinaria a moción, mediante o sistema de man alzada, obtívose oseguinte resultado:

Votos a favor: once (11), sendo dez (10) do PP e un (1) do concelleiro non adscrito. Votos en contra: dez (10) sendo cinco (5) de CxG-CCTT, tres (3) do PSdeG-PSOE, un (1)da APAC, un (1) do BNG.

Abstencións: ningunha.

Xa que logo, por MAIORÍA dos asistentes, APROBOUSE a moción do seguinte tenor:

A parroquia de Moimenta conta entre o seu patrimonio cunha fermosa igrexa de fachadabarroca que presenta unha espectacular espadana que acolle na súa cima dúas imaxes de pedralabradas a principios de século. Esta igrexa, presenta unha nave única na que destaca o volumemaior da cabeceira e os pináculos que rematan a fachada principal. A maiores dos seusindubidables valores patrimoniais, é centro relixioso de referencia para os veciños desta parroquiaque celebran nela os oficios relixiosos pero tamén celebracións cunha importante cantidade deasistentes como comuñóns, bautizos, casamentos e funerais. Ao estar encadrada dentro dunnúcleo rural moi concentrado e con vivendas moi próximas, son moitas as dificultades que sepresentan para acoller tanto á xente que asiste a estas celebracións como os vehículos nos quese desprazan.

Na actualidade, ao lado da igrexa existen dúas edificacións, a Casa de Calviño e a Casade Avelina, que se atopan nun avanzado estado de abandono e que mesmo afean o entorno doedificio relixioso.

O que asina ten constancia, polos comentarios dos veciños do lugar de Muimenta, de queos propietarios destes dous inmobles están dispostos a vendelos como lle transmitiron no seu díaa un dos veciños da parroquia, Román Pedreira Vilariño. A compra destes dous inmoblessignificaría un desembolso de 21.000 euros como anunciaron no seu dia os propietarios candoalgúns veciños levaron a cabo negociacións para tentar mercar estes inmobles.

Os veciños da parroquia coinciden en que se poderían mercar as dúas casas para, todavez que se atopan en estado ruinoso, derrubalas e, nos solares que ocupan, construír unhapequena praza pública que dese servizo aos veciños do lugar e tamén aos asistentes aos servizosrelixiosos nunha zona complicada para acceder e estacionar os días de celebracións.Para a posible construción dunha praza pública nese enclave hai que ter en conta que odepartamento de Patrimonio da Xunta de Galicia pode por pegas á hora de facer dita actuación.Malia que as casas non teñen ningún tipo de protección urbanística nin de Patrimonio, si poden terunha afección vencellada ao propio edificio relixioso. Entendendo que con unha negociación conPatrimonio debería ser factible dita actuación, cumprindo cos requisitos que marque estedepartamento.

33

Page 34: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 24 …lalin.gal/files/15. ACTA PLENO DE 24 DE NOVEMBRO DE 2016.pdf · 342.625.12 Instalacións Deportivas 9.196,00€ ... de conformidade

En consecuencia, e tendo en conta o exposto e as melloras que suporía para os veciñosdo lugar de Moimenta e da parroquia á que da nome, o Pleno da Corporación ACORDOU:

Iniciar os trámites para mercar as referidas propiedades para a construción dunha prazapública, facendo previamente a pertinente consulta a patrimonio, de tal xeito que estedepartamento da xunta confirme a viabilidade o derrube dos inmobles e a construción do citadoespazo público.

15.- MOCIÓN D O SR. CONCELLEIRO NON ADSCRITO PARA REPROBAR AOGOBERNO O USO PARTIDARIO DA PÁXINA WEB OFICIAL DO CONCELLO DE LALÍN E DOSPERFÍS OFICIAIS DO CONCELLO DE LALÍN NAS REDES SOCIAIS.-

A Presidencia deu conta da presente moción, de data 16 de novembro de 2016 presentadano rexistro de entrada municipal o mesmo día co número 9108. A continuación o Sr. Secretariodeu lectura ao ditame favorable da Comisión Informativa de Saúde Pública, Benestar Social,Actividade Cidadá, Cultura e Educación, do día 21 de novembro de 2016.

Defendendo a moción, o Concelleiro non adscrito, D. Juan José Cruz García, pediu unuso rigoroso e imparcial da páxina web oficial do Concello de Lalín.Para cumprir coa transparencia deste Concello, reclamou que se actualizasen os datos publicadosna páxina web en relación a: adxudicacións de contratos, procesos de selección de persoal asícomo tamén que o Sr. Alcalde aclarase se os seus perfís eran públicos ou privados.

Se os perfís do Sr. Alcalde eran públicos e bloqueaba usuarios, non todos tiñan acceso aosmesmos.Defendeu na moción anterior unha Radio pública, así que neste caso tamén pedía unha páxinaweb pública.,Considerou reprobable a conduta do Sr. Alcalde que nunca debía facer política nas redes sociaisde carácter público, como as do Concello de Lalín.Cría que buscaban o enfrontamento do pobo e que non se actuaba no que se debía en relacióncoa transparencia ao non colgar na páxina web todo coa dilixencia debida.Dende o goberno debían pedir desculpas e non facer máis un uso sesgado das páxinas web.

Dende o PP, D. José Antonio Varela Quintela, comentou que xa no mes de decembropresentaron unha moción similar dende o seu grupo. No fondo en ambos casos viñan a falar detransparencia cara aos cidadáns.Seguían a esperar polo Portal de Transparencia dende que se solicitara na súa moción, e nesemomento dende o goberno dixeron que se estaban a facer probas para o correcto funcionamento.Pediu que se axilizasen os trámites para que non rematase o mandato e non seguisen con probasde funcionamento.Ademais había temas importantes que non podían ser informados de xeito erróneo dende mediosdo Concello, e puxo como exemplo o Plan Marco que se adxudicou á Deputación e a Campaña derecollida de verquidos.

No tocante á moción, estaban de acordo con respecto a unha das partes porque tiñabastante que aportar en aras á transparencia, pero non en relación ao perfil de facebook do Sr.Alcalde.

34

Page 35: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 24 …lalin.gal/files/15. ACTA PLENO DE 24 DE NOVEMBRO DE 2016.pdf · 342.625.12 Instalacións Deportivas 9.196,00€ ... de conformidade

Considerou que era certo que se facía un uso desigual da web oficial do Concello de Lalín.Seguían á espera do Libro de Decretos, do Portal de Transparencia e das Actas ao día. Senónhabía vontade por moito que falasen de transparencia, pouco se podía facer.

O Sr. Secretario pediu a palabra para aclarar que na parte dispositiva da moción habíacertos apartados que se podían considerar rogos e outros acordos que podía adoptar o Pleno,tendo en conta que non existía un regulamento da páxina web. Debía separarse na moción aspeticións que eran rogos, das que eran acordos que podían adoptarse sobre as normas defuncionamento da páxina web. Incluso había algún apartado que eran preguntas para o Sr.Alcalde.

Neste punto, D. José Antonio Varela Quintela fixo mención da Ordenanza deTransparencia que estaba aprobada no Pleno da Corporación.

O Concelleiro de Novas Tecnoloxías, D. Tomás Vilariño Fidalgo, afirmou que o Portal deTransparencia estaba pendurado en Transparencia.lalin.gal que redirixía ao Portal do Ministerio.Dentro dos Portais de Transparencia do Ministerio xa aparecía Lalín.Estivo esperando polas Declaracións de Bens para darlle publicidade a ese Portal, pero o Sr.Concelleiro non adscrito, non entregou a súa Declaración de Bens.

Houbo persoal do Concello traballando no Portal de Transparencia e fixeron constar moitosdatos; pero era posible prescindir do mesmo pola Administración Electrónica. De feito, facía unhassemanas que foran á Deputación presentar a Plataforma para que os Concellos puidesen terAdministración Electrónica. Esta solución serviría para tramitar os Expedientes de xeito electrónicoe que o funcionario que estivese traballando puidese publicar directamente no Portal deTransparencia. Era unha opción moito máis cómoda e posiblemente permitiría prescindir do Portalde Transparencia que daba o Ministerio.

Respecto das cuestións de transparencia deixou claro que se estaba cumprindo coamesma na web do Concello e así por exemplo, tódalas subvencións se publicaban nas Bases deDatos Nacional de Subvencións, os contratos menores aparecían publicados no apartado deConcello Aberto na páxina web de lalin.gal e tamén se retransmitían os Plenos en streaming.No referente ás publicacións na páxina web, facíase referencia só a aquelas que resultabaninteresantes para a moción e o resto non se mencionaban.En relación ás redes sociais, os perfís non eran nin do Concello nin da persoa, senón dacompañía en cuestión, como por exemplo Facebook. Eran ferramentas que se nutrían dainformación que se publicaba nelas.Podería cuestionarse se unha Administración Pública debería facer uso das redes sociaispublicando por exemplo fotos que, trala publicación, deixaban de ser da súa propiedade. Perohabía máis medios similares como os Taboleiros de Anuncios ou os medio de prensa.O perfil de cada usuario dependía de cada un, polo que non se podía cuestionar o uso do perfilque fixese cada persoa. Cuestionar o uso das redes sociais na moción non tiña moito sentido.

Nunha segunda quenda, D. José Antonio Varela Quintela propuxo engadir á mociónunha emenda para que na próxima Xunta de Voceiros que se fixese se crease unha Comisión deseguimento da Transparencia.

O Concelleiro non adscrito, D. Juan José Cruz García, sostivo que xa presentou a súaDeclaración de Bens cando entrou a formar parte do Goberno.

35

Page 36: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 24 …lalin.gal/files/15. ACTA PLENO DE 24 DE NOVEMBRO DE 2016.pdf · 342.625.12 Instalacións Deportivas 9.196,00€ ... de conformidade

Considerou correcta a emenda do PP á moción.Comprendeu que o perfil do Sr. Alcalde era privado e pediu que polo tanto, non se publicasen nelasuntos públicos do Concello de Lalín. Era distinto informar de criticar, polo que pediu que só seinformase.

Presentou unha solicitude por rexistro con firma dixital para denunciar que non se podíafacer uso deste rexistro dixital aínda, e para ver se podía facerse o antes posible o rexistroelectrónico no Concello de Lalín.

D. Tomás Vilariño Fidalgo quixo aclarar que todo aquel que pasaba a ostentar o cargo deconcelleiro, tiña que facer unha Declaración de Bens. Empregouse un modelo para todos por igualpor homoxeneidade.

O Sr. Alcalde, D. Rafael Cuíña Aparicio, criticou a actuación do Concelleiro non adscritono Pleno. Dende o goberno, nas redes sociais comunicábase o traballo do grupo de goberno.O Concelleiro non adscrito era o que facía normalmente uso destas redes sociais para insultar.Este si que non era un uso axeitado do uso das redes sociais por parte dun concelleiro. En termospolíticos díxolle que tiña data de caducidade. Deixou claro que ía seguir facendo uso das redessociais como considerase oportuno.

Sometida a votación ordinaria a emenda, mediante o sistema de man alzada, obtívose oseguinte resultado:

Votos a favor: once (11) sendo dez (10) do PP e un (1) do concelleiro non adscrito. Votos en contra: dez (10) sendo cinco (5) de CxG-CCTT, tres (3) do PSdeG-PSOE, un (1)da APAC, un (1) do BNG.

Abstencións: ningunha.

Xa que logo, por MAIORÍA dos asistentes, APROBOUSE a emenda.

Sometida a votación ordinaria a moción coa emenda incorporada, mediante o sistema deman alzada, obtívose o seguinte resultado:

Votos a favor: once (11) sendo dez (10) do PP e un (1) do concelleiro non adscrito. Votos en contra: dez (10) sendo cinco (5) de CxG-CCTT, tres (3) do PSdeG-PSOE, un (1)da APAC, un (1) do BNG.

Abstencións: ningunha.

Xa que logo, por MAIORÍA dos asistentes, APROBOUSE a moción coa emenda doseguinte tenor:

Dado que nos tempos actuais as ferramentas que nos ofrecen as Novas Tecnoloxías eprincipalmente internet son un instrumento practicamente indispensable para axudar a difundir ainformación relacionada coas actuacións e noticias do Concello, enténdese perfectamente que sefaga un uso prolífico desde o Concello de Lalín para apoiar a difusión da información relevantepara o Concello con transparencia e inmediatez.

Neste senso estamos de acordo en que a presenza do Concello de Lalín nas redes oficiais

36

Page 37: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 24 …lalin.gal/files/15. ACTA PLENO DE 24 DE NOVEMBRO DE 2016.pdf · 342.625.12 Instalacións Deportivas 9.196,00€ ... de conformidade

debe ser practicamente diaria, así como a actualización da súa páxina web. Non obstante,calquera usuario pode comprobar varios feitos obxectivos e incuestionables que non poderconsiderarse rigorosos nin axeitados e polo tanto non poden ser aceptados nin volver a repetirseno sucesivo. Os medios oficiais do Concello non se deben usar para a crítica política (nestamoción non se xulga a crítica política, senón o uso partidista dos medios de difusión dainformación oficiais do Concello de Lalín).

Por un lado a información sobre transparencia na páxina web do Concello de Lalín NONESTÁ DISPOÑIBLE Ó COMPLETO E SOBRE TODO NON ESTÁ ACTUALIZADA (faltan actas devarias Xuntas de Goberno ou cólgase o contido con moito retraso, no caso das Actas dos Plenossucede o mesmo, non está completa a relación de contratos menores, a información sobre osprocesos selectivos tampouco está actualizada en moitos casos ou actualízase con moito retraso,non se poden consultar os datos completos das adxudicacións de contratos do concello, etc.)

Esta situación podería escusarse na falta de tempo e recursos materiais e sobre todo depersonal para realizar estas actualizacións en tempo, pero despois de case ano e medio xaempeza a ser flagrante a deixadez e poderíase empezar a falar de FALTA DE TRANSPARENCIA.

Asemade, pódese comprobar con obxectividade que a pesar de que a actualización dedatos realmente importantes para a transparencia do funcionamento do Concello que tanto sepredica desde este Goberno, os recursos materiais e persoais destinados á actualización dasnoticias con trazos marcadamente políticos abundan tanto na páxina web oficial como nos perfilesdas redes sociais. Por elo, é necesario facer unha chamada de atención hacia esta política erradaque prioriza o “vender” unha mensaxe política en vez de a política da transparencia na xestión.

A TRANSPARENCIA É, ADEMAIS DUNHA NECESIDADE, UNHA OBRIGAINESCUSABLE, polo que deben destinarse máis recursos para transparencia e se fai falla reducira presenza nas redes sociais ou de noticias irrelevantes para o Concello polo seu marcado tintepolítico.

Neste senso, por se o Goberno o descoñece, chama a atención que con frecuencia secomparten publicacións feitas desde perfiles privados tanto na páxina web como en redes sociais,chama a atención que se difunden noticias sesgadas con tintes marcadamente políticas a favor doGoberno, etc.

Aleatoriamente, sen ánimo de profundizar, algúns exemplos de titulares tendenciosos napáxina web, politicamente falando, serían os seguintes:1.“Sanidade pide dous meses para redefinir o CAR de Lalín TRAS VARIOS ANOS DE PARÁLISE POR MOR DA DEIXADEZ DO ANTERIOR GOBERNO LOCAL”2.O CONCELLO DE LALÍN INICIARÁ O PROCESO DE PEONALIZACIÓN CUN AMPLO APOIO DE VECIÑOS, COMERCIANTES E HOSTALEIROS”3.“AMPLO CONSENSO DE VECIÑOS, COMERCIANTES E HOSTALEIROS A PROL DA PEONALIZACIÓN DE PRINCIPAL E LORIGA DURANTE AS FINS DE SEMANA”4.HERMIDA RECOMÉNDALLE AO PP QUE DEIXE DE FACER O RIDÍCULO defendendo o proxecto do porco lalaíno.5.“O Goberno actuará de forma urxente para solventar AS GRAVÍSIMAS DEFICIENCIAS DEIXADAS POLO PP en Doade”

37

Page 38: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 24 …lalin.gal/files/15. ACTA PLENO DE 24 DE NOVEMBRO DE 2016.pdf · 342.625.12 Instalacións Deportivas 9.196,00€ ... de conformidade

6.“O Concello de Lalín regula POR PRIMEIRA VEZ NA HISTORIA as axudas para inclusión social”7.“O Concello aproba CON MOITA ANTELACIÓN as bolsas complementarias ao estudo, para que os beneficiarios teñan recibido o material antes de comezar o curso”8. “O Concello sacará a licitación proximamente os proxectos de arranxo da rolda Leste TRAS AXILIZAR AO MÁXIMO as xestións para a posta en marcha das obras”9.O CONCELLO DE LALÍN RECIBIRÁ MEDIO MILLÓN DE EUROS MÁIS DA DEPUTACIÓN COSNOVOS CRITEROIS DE REPARTO DE FONDOS10.O GOBERNO DE LALÍN AMOSA A SÚA DECEPCIÓN POR UNS ORZAMENTOS DA XUNTA QUE CUALIFICA DE “VERGOÑA INASUMIBLE”11.O ALCALDE ACADA UN NOVO AFORRO de 46 mil euros nos gastos derivados da compra do Parking Europa”12.“O Goberno valora como moi satisfactorios os 100 primeiros días dunha XESTIÓN MUNICIPALQUE SITUOU AS NECESIDADES REAIS DA XENTE COMO PRINCIPAL PRIORIDADE”13. “O ALCALDE LAMENTA QUE O PP SIGA A POÑER ATRANCOS á normalización do galego”14.“O Goberno reorganiza as actividades do Lalín Arena POR MOR DA IRRESPONSABILIDADE DO PP”E acabo esta relación cun titular sorprendente, canto máis porque era a concelleiría da miñaresponsabilidade, Juan José Cruz, en tanto en canto vén a confirmar que o meu traballo eraexitoso:15. “O GOBERNO FELICÍTASE polo éxito do programa de actividades culturais e de ocio desenvolvido este verán”

Por outra banda, lamentablemente se os titulares son sesgados e tendenciosos, se nosparamos a ler o seu contido enseguida se percada calquera lector obxectivo que non se estánarrando unha noticia oficial do Concello, senón que máis parece un panfleto de propagandapolítica. Atópanse exemplos do tipo:”O alcalde, Rafael Cuíña, dixo sentirse “orgulloso de que a democracia por fin chegase ao rural”,aínda que lamentou que o PP levase a cabo “carretaxes” nalgunhas parroquias, o que segundo orexedor “demostra que algúns non son capaces de adaptarse aos novos tempos nos que todos etodas temos o mesmo dereito de escoller a quen queremos que nos represente”.”“A mellora da Rolda Leste foi un dos principais obxectivos que se marcou o Goberno local nadamáis tomar posesión o pasado ano. O propio alcalde definiu como “unha obsesión persoal” anecesidade de darlle unha solución a unha estrada cuxo firme se deteriorou en tempo récorddebido ao estado de abandono no que estivo esta vía durante a etapa de José Crespo. Nestesentido mostrouse satisfeito de que “por fin se vaian executar unhas obras tan necesarias edemandadas pola cidadanía”, agradecendo, ao mesmo tempo, a implicación da Deputación elamentando a falta de compromiso das administración autonómica e central con este proxecto econ Lalín.”“Unha revisión realizada en agosto 2015 revelou a continuidade dos defectos que xa deberíanestar subsanados por parte do goberno do PP. Casares considera que o anterior executivo “lle fixoun novo regalo a Gaia” e acúsao de incorrer “nunha clara deixadez de funcións”.”As actuacións permanecían paralizadas dende o pasado 24 de xullo co fin de subsanar asmúltiples deficiencias detectadas no proxecto que elaborara e aprobara o anterior Goberno, doPartido Popular.”““O Goberno é consciente desta necesidade que o PP deixou de lado durante tantos anos”,explicou o rexedor.”

38

Page 39: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 24 …lalin.gal/files/15. ACTA PLENO DE 24 DE NOVEMBRO DE 2016.pdf · 342.625.12 Instalacións Deportivas 9.196,00€ ... de conformidade

“Finalmente, Nicolás González Casares apunta que este panorama vén a “confirmar o que xasabiamos debido as múltiples deficiencias detectadas na propia obra do Lalín Arena: que osmembros do anterior Goberno eran uns chapuceiros en plan `Pepe Crespo Gotera´”.”“O Concello pídelle á Xunta que abandone unha estratexia equivocada e ineficaz e que se poñacanto antes a liderar as reivindicacións do sector. O Concello reafirma o seu compromiso coaslexítimas demandas dos gandeiros tras o clamor escoitado onte nas rúas de Lalín. O Gobernoalégrase de que Crespo se dignase a aparecer por un acto que tachou de algarada e que tratoude boicotear ata o último momento”“Por outro lado, o alcalde cualificou de lamentable que “Crespo presuma de manter unha teóricaamizade con Jesús Lence, un empresario que se burla dos gandeiros e da súa crítica situación,causada en parte por prácticas empresariais como as súas que practicamente atentan contra osgandeiros”. Rafael Cuíña acusou a Lence de “faltarlle ao respecto a miles de familias que están asufrir unha situación económica límite”, tras as súas declaracións de onte, e conminouno a pedirdesculpas públicas ante o que considera unha “mofa inxustificable” por parte do empresario caraos produtores.”

Por outra parte, se ben é certo que os exemplos máis evidentes da existencia dunharedacción das noticias que se pode considerar obxectivamente como sesgada e tendenciosaamosan unha ansia inusual de atacar ó anterior Goberno con ánimo revanchista, non se podeobviar que se están a publicar estes textos nunha páxina oficial do Concello de Lalín. Neste sensonon é de recibo permitir a utilización política e partidista nin en contra nin a favor de ningún partidoou persoa, xa que enténdese que a información que ten que publicar un organismo oficial ten queestar por riba da confrontación política.

O uso dos medios do Concello para fins que non sexan o interese público e xeral do pobode Lalín non debe estar amparado por ningún partido político, forme parte do Goberno ou non. Enconsecuencia, estes feitos son de especial gravidade, xa que aparte de non corresponderse cointerese público xeral do pobo de Lalín, teñen unha gran repercusión social, xa que chegan adifundirse entre un público moi numeroso, dados o interese que suscita a política local de Lalínnas redes sociais (tamén fóra delas, por suposto) e o gran número potencial de consultas que sepoden facer á información publicada na páxina web do Concello.

En canto ó uso das redes sociais, sen afondar no seu contido compróbase facilmente queo perfil oficial do Concello de Lalín compartiu publicacións directamente do perfil de Rafael CuiñaAparicio os días 25/08/2016, 23/08/2016, 21/07/2016, 22/03/2016 a título de exemplo. Orealmente grave desta situación e que se entende que é un perfil privado desde o momento enque limita e bloquea a capacidade de expresión no seu muro a veciños e veciñas de Lalín) e nocaso de que fóra público todavía sería peor, posto que o Concello de Lalín oficialmente estaríadenegando inxustificadamente o acceso á información e amparando o bloqueo e limitación do seudereito a expresarse e acceder á información.Asemade, constátase que o señor alcalde publica tamén vídeos rodeado de funcionariosmunicipais no seu propio muro privado de facebook, o que non ten lóxica e constitúe unhaactuación con indicios de irregularidade (por exemplo o día 20/09/2016 en Anseán), xa que se setrata dun perfil privado non ten obxecto que participen traballadores públicos en horario laboral.

En consecuencia, dada a gravidade dos feitos e co ánimo de impedir que se volvan aproducir estas irregularidades e de paliar os efectos nocivos para o prestixio da administración

39

Page 40: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 24 …lalin.gal/files/15. ACTA PLENO DE 24 DE NOVEMBRO DE 2016.pdf · 342.625.12 Instalacións Deportivas 9.196,00€ ... de conformidade

pública e especialmente do prestixio do noso Concello de Lalín, o Pleno da CorporaciónACORDOU:

1. Que a información publicada en medios oficiais do Concello de Lalín sexa rigorosa, imparcial e oficial.

2. Que se actualicen os datos relativos á transparencia do Concello con prioridade sobre outros de menor importancia e, principalmente, os relativos as adxudicacións de contratos, actas das sesión dos órganos de goberno e procesos de selección.

3. Que o alcalde de Lalín aclare se os perfiles que usa nas redes sociais son privados ou non.

4. Que, no caso de selo, se inste ó alcalde de Lalín a que dea a orde de que non se volvan colgar os seus posts no muro do Concello de Lalín feitos desde un perfil privado no que ten bloqueados ou bloquea a potenciais usuarios, xa que aparte de ser unha situación irregular posto que o Concello de Lalín ten contratado persoal para facer estes traballos, reproducir comentarios ou posts privados dun perfil privado que aínda por riba non permite e incluso restrinxe ó seu capricho ó acceso á información (ou a participar no debate e emitir opinións) significaría que o Concello de Lalín sería corresponsable desta situación.

5. Que no caso de tratarse de perfiles públicos, que o alcalde aclare por que se bloquea a tanta xente caprichosamente e que lle dea preferencia para o acceso os veciños e veciñas de Lalín ou ben se cre un perfil oficial.

6. Que se REPROBE o comportamento do alcalde e do Goberno, no caso de ser corresponsable, no Pleno, mediante a votación desta moción, por permitir o uso partidario da páxina web do Concello de Lalín e nas redes sociais oficiais do Concello de Lalín.

7.Que unha vez reprobado este comportamento, no caso de prosperar no Pleno esta moción, SE PUBLIQUE UNHA NOTA NAS REDES SOCIAIS DO CONCELLO (E DE CONSIDERARSE PÚBLICO TAMÉN NO PERFIL DE RAFAEL CUIÑA APARICIO) ASÍ COMO NA PÁXINA WEB DO CONCELLO DE LALÍN dando conta dos feitos reprobados, recoñecéndoos e pedindo desculpas publicamente ós veciños e veciñas de Lalín polo uso dado a estas ferramentasque deben servir para acadara unha maior transparencia no funcionamento e na xestión do noso Concello pero nunca para facer política e máis se cabe cando se usa a información para facer autobombo político. Neste senso, a nota debería asinala a autoridade responsable do seu control, que enténdese que é o propio alcalde.

8. Que na próxima Xunta de Voceiros se cree unha Comisión de Seguimento da Transparencia.

16.- CORRECCIÓN DE ERROS DO ACORDO ADOPTADO POLO PLENO DACORPORACIÓN MUNICIPAL NA SESIÓN CELEBRADA O DÍA 3 DE DECEMBRO DE 2009, ENRELACIÓN Á RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO (RPT), APROBADA XUNTO COORZAMENTO PARA O ANO 2010.-

40

Page 41: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 24 …lalin.gal/files/15. ACTA PLENO DE 24 DE NOVEMBRO DE 2016.pdf · 342.625.12 Instalacións Deportivas 9.196,00€ ... de conformidade

A Presidencia deu conta da corrección de erros do Acordo adoptado polo Pleno daCorporación Municipal na sesión celebrada o día 3 de decembro de 2009, en relación á Relaciónde Postos de Traballo, aprobada xunto co orzamento para o ano 2009. A continuación o Sr.Secretario pasou a explicar o contido da mesma.

Sometida a votación ordinaria a corrección de erros, mediante o sistema de man alzada,obtívose o seguinte resultado:

Votos a favor: vinte e un (21), sendo cinco (5) de CxG-CCTT, tres (3) do PSdeG-PSOE, un(1) da APAC, un (1) do BNG, dez (10) do PP e un (1) do concelleiro non adscrito.

Votos en contra: ningún.Abstencións: ningunha.

Xa que logo, por UNANIMIDADE dos asistentes, APROBOUSE a corrección de erros detal xeito que na Relación de Postos de Traballo do Concello de Lalín, aprobada na sesióncelebrada polo Pleno da Corporación Municipal o día 3 de decembro de 2009:

Onde di:

DENOMINACIÓN DO POSTO: Enxeñeiro Técnico.

Debe dicir:

DENOMINACIÓN DO POSTO: Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas Municipal.

17.- CORRECCIÓN DE ERROS DOS ACORDOS ADOPTADOS NA SESIÓNEXTRAORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DO DÍA 6 DE OUTUBRO DE2016, APARTADOS 15 E 16.-

A Presidencia deu conta da corrección de erros dos Acordos adoptados na sesiónextraordinaria do Pleno da Corporación Municipal do día 6 de outubro de 2016, apartados 15 e 16.A continuación o Sr. Secretario pasou a explicar o contido da mesma.

Sometida a votación ordinaria a corrección de erros, mediante o sistema de man alzada,obtívose o seguinte resultado:

Votos a favor: vinte e un (21), sendo cinco (5) de CxG-CCTT, tres (3) do PSdeG-PSOE, un(1) da APAC, un (1) do BNG, dez (10) do PP e un (1) do concelleiro non adscrito.

Votos en contra: ningún.Abstencións: ningunha.

Xa que logo, por UNANIMIDADE dos asistentes, APROBOUSE a corrección de erros detal xeito que:

PRIMEIRO.-

41

Page 42: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 24 …lalin.gal/files/15. ACTA PLENO DE 24 DE NOVEMBRO DE 2016.pdf · 342.625.12 Instalacións Deportivas 9.196,00€ ... de conformidade

ONDE DI:

15.- PROPOSTA POR VÍA DE URXENCIA SOBRE O EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓNDE CRÉDITOS Nº 10-T/2016.

DEBE DICIR:

15.- PROPOSTA POR VÍA DE URXENCIA SOBRE O EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓNDE CRÉDITOS Nº 10-P/2016.

SEGUNDO.-

ONDE DI:

16.- PROPOSTA POR VÍA DE URXENCIA SOBRE O EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓNDE CRÉDITOS Nº 13-T/2016.

DEBE DICIR:

16.- PROPOSTA POR VÍA DE URXENCIA SOBRE O EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓNDE CRÉDITOS Nº 12-T/2016.

TERCEIRO.-

ONDE DI:

Deuse conta pola edil delegada de Facenda, Dª Teresa Varela Fisteus, desta proposta porvía de urxencia que contén un Expediente de Modificación de Créditos Nº 13-T/2016.

DEBE DICIR:

Deuse conta pola edil delegada de Facenda, Dª Teresa Varela Fisteus, desta proposta porvía de urxencia que contén un Expediente de Modificación de Créditos Nº 12-T/2016.

18.- MOCIÓN POR URXENCIA DO GRUPO DE GOBERNO PARA A CREACIÓN DUNHACOMISIÓN DE INVESTIGACIÓN SOBRE AS PRESUNTAS IRREGULARIDADES COMETIDASPOLO GOBERNO ANTERIOR.-

A Presidencia deu conta da presente moción, de data 23 de novembro de 2016 presentadano rexistro de entrada municipal o día 24 de novembro de 2016, co número 9379. A continuación oSr. Secretario deu lectura ao contido da mesma.

Sometida a votación ordinaria a URXENCIA da moción mediante o sistema de man alzada,por UNANIMIDADE dos asistentes, co voto favorable de vinte (21) concelleiros, sendo cinco (5)

42

Page 43: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 24 …lalin.gal/files/15. ACTA PLENO DE 24 DE NOVEMBRO DE 2016.pdf · 342.625.12 Instalacións Deportivas 9.196,00€ ... de conformidade

do CxG-CCTT, tres (3) do PSdeG-PSOE, un (1) do BNG, un (1) da APAC, dez (10) do PP e un (1)do concelleiro non adscrito, ACORDOUSE RATIFICAR A URXENCIA DA MOCIÓN.

Na defensa da moción, o Sr. Alcalde-Presidente, D. Rafael Cuíña Aparicio, dixo que ogrupo de goberno trasladaba ao Pleno unha moción que recollía a petición que o propio grupopopular lle solicitou nun rogo nunha sesión plenaria anterior. Querían crear unha Comisión deInvestigación sobre as presuntas irregularidades que puidese ter cometido o grupo popular nogoberno anterior. Desexou que todo se levase a cabo conforme a dereito, de xeito construtivo esen ánimo de guerra.

Dende o PP, D. Xosé Crespo Iglesias, manifestou que a ningún grupo da Corporación llegustaba falar de irregularidades. Como fora un tema recorrente en ocasións anteriores, considerounecesario e bo que se aclarase.En rogos anteriores o Sr. Alcalde quedou de estudar esta cuestión, e agora novamente facía unrogo ao respecto: que no estudo da documentación ante calquera dúbida ou cuestión se cite aosmembros do seu partido para que poidan aclaralo.

Obviamente habería comparecencias e explicacións, engadiu o Sr. Alcalde-Presidente, D.Rafael Cuíña Aparicio. Comprometeuse a que a Comisión de Investigación actuaría coa máximatransparencia e do xeito máis transparente posible.

D. Xosé Crespo Iglesias asegurou que durante o tempo do seu mandato, nunca fixo nadamalintencionadamente e se tivese que responder, respondería. Reiterou que só quería poderaclarar dúbidas que puidesen xurdir.

Interviu neste punto D. Nicolás González Casares para dicir que a pesar de que namoción se dicía que nun prazo de dous meses se daría conta das conclusións da Comisión deInvestigación ao Pleno, este era un prazo curto sobre todo co Nadal cerca. Por iso xa na propiamoción se dicía que ese prazo se ampliaría, se fose preciso, e podería prorrogarse.Nun dos puntos da moción dicíase que a Comisión de Investigación trataría “calquera outrapresumible irregularidade ata a día de hoxe”.

O Sr. Secretario sinalou que esta petición era unha cuestión moi abstracta e que non podíacrearse unha Comisión de Investigación sobre un asunto tan abstracto, senón que tiña que serconcreto.

Precisamente polo abstracto deste punto da moción, o Sr. Alcalde-Presidente, D. RafaelCuíña Aparicio decidiu retiralo.

Tamén dixo o Sr. Secretario que na moción se lle incluía na Comisión de Investigación convoto de calidade pero non podía ter tal voto, senón que era o Presidente quen debía ostentar ovoto de calidade.

D. Rafael Cuíña Aparicio dixo que o Presidente da Comisión de Investigación, por ser unpolítico xa que era el mesmo, só quería ter voz pero non voto, sempre que fose factible facelo así.No quería ter voto de calidade.

43

Page 44: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 24 …lalin.gal/files/15. ACTA PLENO DE 24 DE NOVEMBRO DE 2016.pdf · 342.625.12 Instalacións Deportivas 9.196,00€ ... de conformidade

O Sr. Secretario explicou de novo que o normal era que o Presidente fose o que tivese ovoto de calidade e non un membro da Comisión, que unha vez que votaba non podía volver facelocon voto de calidade. Eran catro técnicos na Comisión de Investigación e tamén o Presidente, ocal contaba con voz pero sen voto.

D. Xosé Crespo Iglesias argumentou que o normal era que decidise o Presidente daComisión en caso de empate.

Respondeu D. Rafael Cuíña Aparicio que se iso era o que quería pois así sería entón. Asídecidiría o Presidente da Comisión, que era el mesmo, en caso de empate co voto de calidade.

O Concelleiro non adscrito, D. Juan José Cruz García pediu que nos asuntos a tratar polaComisión de Investigación se puideran introducir tamén: o financiamento do Cambio da Póla, acontabilidade das Festas das Dores, a revisión do Convenio coa Asociación das Dores e ospagos, facturas e extractos bancarios, os espionaxes coas Cámaras de Videovixiancia doConcello, o uso de recursos públicos para recuperar os datos dos ordenadores que se citan namoción, a contratación irregular do persoal do Concello sen os requisitos de capacidade, mérito eigualdade, a análise das firmas dos contratos do persoal do Padroado Cultural, a falta de controldas instalacións do auditorio de Muimenta, a análise das declaracións de Francisco VilariñoTaboada nas que afirmou que contrataba a empresas sen o procedemento establecido, o ParkingEuropa, a empresa ficticia prometida electoralmente polo Sr. Alcalde, o uso das redes sociais.

Neste punto, D. Rafael Cuíña Aparicio retiroulle o uso da palabra e procedeuse á votaciónda constitución da Comisión de Investigación.

Sometida a votación ordinaria a moción, mediante o sistema de man alzada, obtívose oseguinte resultado:

Votos a favor: vinte e un (20), sendo cinco (5) de CxG-CCTT, tres (3) do PSdeG-PSOE, un(1) da APAC, un (1) do BNG e dez (10) do PP.

Votos en contra: ningún.Abstencións: unha (1) do concelleiro non adscrito.

Xa que logo, por MAIORÍA dos asistentes, APROBOUSE A MOCIÓN POR URXENCIAcon contido seguinte:

O pasado 21 de xullo- tras desvelarse a aparición no Concello de documentación quepodería indicar a presunta contratación irregular de traballadores polo anterior Goberno- oportavoz do Partido Popular, José Crespo, formulaba ao Pleno da Corporación municipal de Lalíno seguinte rogo: “En relación coas irregularidades que o goberno municipal di que aparecen enrelación co mandato de goberno anterior. Pide que se diga o que aparece, e que se procede poloseu contido, que se remita á Fiscalía ou se acometa unha investigación interna en forma”.

É para dar resposta a esta solicitude, polo que o grupo de Goberno do Concello de Lalínpresenta a seguinte moción a pleno.

En base ao anteriormente exposto, o Pleno da Corporación ACORDOU:

44

Page 45: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 24 …lalin.gal/files/15. ACTA PLENO DE 24 DE NOVEMBRO DE 2016.pdf · 342.625.12 Instalacións Deportivas 9.196,00€ ... de conformidade

1- Aprobar a creación e activación dunha comisión de investigación interna sobre asseguintes cuestións:

a)A presunta contratación irregular de traballadores.b)O presunto uso de persoal e material municipal dun xeito partidista en campañas electorais e enaccións en favor do Partido Popular que foi comentado polo goberno en xullo e agosto de 2015.c)As campañas de recadación de fondos para eventos como a Feira do Cocido, as FestasPatronais, as campañas de Nadal, etc.d)A presunta investigación realizada con fondos municipais para descubrir ao culpable dedifamacións persoais realizadas contra o anterior alcalde nos meses previos ás elecciónsmunicipais.

Co obxectivo de aclarar todas as dúbidas que existen a raíz da documentación atopada noConcello sobre estes e outros temas de similares características que foran comentados ata omomento polo grupo de Goberno.

2.- Que a devandita comisión estea formada polo alcalde de Lalín (con voz e voto) e polosfuncionarios que a continuación se enumeran, contando co voto de calidade o Señor Alcalde-Presidente ante un eventual empate:

César López Arribas Román Pérez GarcíaMaría Dolores García FernándezJorge García Fernández

- As conclusións ás que chegue a devandita comisión deberán estar rematadas o antesposible e nun prazo de dous meses (ampliables en caso de que fose necesario), e das mesmasdeberá darse conta ao Pleno da corporación municipal.

19.- ROGOS E PREGUNTAS.-

19.1.- ROGOS.-

Concelleiro non Adscrito, D. Juan José Cruz García.-

1.- ROGO.-Rogou que non recibir insultos e que non se fixese caso de realidades paralelas que se

podían escoitar sobre a súa persoa.

O Sr. Alcalde-Presidente quedou enterado.

2.- ROGO.-Rogou que non se lle cortase o micrófono mentres facían as súas intervencións no Pleno.

O Sr. Alcalde-Presidente quedou enterado.

45

Page 46: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 24 …lalin.gal/files/15. ACTA PLENO DE 24 DE NOVEMBRO DE 2016.pdf · 342.625.12 Instalacións Deportivas 9.196,00€ ... de conformidade

3.- ROGO.-Se demostrase que mentían no grupo de goberno, cando se publicou toda a información

de selección de persoal e contratos, rogou que lle pedisen no Pleno perdón.

O Sr. Alcalde-Presidente quedou enterado.

4.- ROGO.-Rogou que se habilitase o antes posible a firma e o rexistro dixital así como o feito de

visualizar o antes posible a entrega de documentación con firma dixital, independentemente daadministración tecnolóxica.Consideraba que a lei vixente lle daba competencias ao Pleno para regular as formas deactuación na Administración Tecnolóxica e había que cumprila.En lugar dun ano como daba a lei para implantar a Administración Tecnolóxica, quería esixir quese fixese xa desde o día 1 de xaneiro de 2017.

O Sr. Alcalde-Presidente quedou enterado.

PP, D. Xosé Crespo Iglesias.-

1.- ROGO.-Viu na prensa que o Lalín Arena alcanzou o récord de aboados cun número de 1460. O

seu partido pretendía alcanzar como obxectivo, os 1500 aboados en catro anos, para serrazoablemente sostible e conseguir o equilibrio de gastos e ingresos. Considerou que o seupartido non levou os méritos que merecía no traballo que fixeron no Lalín-Arena. Non se alcanzouo récord de aboados pola xestión do goberno actual, senón pola inercia lóxica do traballo previodo PP. Pediu maior xenerosidade e recoñecemento do seu traballo.

O Sr. Alcalde-Presidente quedou enterado.

2.- ROGO.-Ante os rumores de que o PP, para desestabilizar o goberno lalinense, pactou con Juan

José Cruz, e Román lle encontrou un traballo a este concelleiro en Ourense.Rogou que non se levantasen calumnias en contra do PP.

O Sr. Alcalde-Presidente quedou enterado.

PP, Dª Paz Pérez Asorey.-

1.- ROGO.-Rogou que se solicitase a celebración da Mesa Local contra a Violencia de Xénero.

O Sr. Alcalde-Presidente quedou enterado.

46

Page 47: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 24 …lalin.gal/files/15. ACTA PLENO DE 24 DE NOVEMBRO DE 2016.pdf · 342.625.12 Instalacións Deportivas 9.196,00€ ... de conformidade

PP, Dª Eva María Montoto Méndez.-

1.- ROGO.-Rogou que se valorase a compra de mans libres tanto para o novo vehículo municipal

senón o tivese incorporado, así como para o actual vehículo de obras. Considerou que era ungasto superfluo e que facilitaría moito o traballo tanto dos Concelleiros como dos Técnicos enmellores condicións.

O Sr. Alcalde-Presidente quedou enterado.

PP, D. Antonio Rodríguez Rodríguez.-

1.- ROGO.-Rogou que se dirixisen á Excma. Deputación de Pontevedra para que procedesen a

realizar traballos de limpeza na estrada de Prado a Vilatuxe ante o seu mal estado.

O Sr. Alcalde-Presidente quedou enterado.

19.2.- PREGUNTAS.-

Concelleiro non Adscrito, D. Juan José Cruz García.-

1.- PREGUNTA.-Preguntou á Señora Interventora e ao Señor Secretario quen firmou os contratos do

Padroado Cultural.

O Sr. Alcalde-Presidente, indicou que respondería por escrito.

PP, D. Xosé Crespo Iglesias.-

1.- PREGUNTA.-O día 10 de xuño de 2016, iniciábase a tramitación do Expediente para a obtención de

licenza municipal do IES Laxeiro, e a día de hoxe, catro meses despois, non se obtivo a pertinenteautorización. Preguntou cal era o motivo desa demora.

Durante o goberno popular sempre había problemas coas licenzas cando outraAdministración facía unha obra. O modus operandi era falar co Conselleiro ou Conselleira dequenda, ían persoalmente ás obras para ver como se levaban a cabo e todo se facía contransparencia. Puxo de exemplo o Colexio do Manuel Rivero que foi unha cesión anticipada.

Contestou D. Nicolás González Casares, Concelleiro de Urbanismo, indicando que ademora se debeu a varias cuestións. O día 10 de xullo de 2016 estaba o Goberno da Xunta enfuncións e non estaba adxudicada a obra.A pesar diso, o tema priorizouse, porque de feito normalmente informaba o aparellador municipal;pero pola prioridade que se lle deu, informou o arquitecto. En xullo aínda non había ningún

47

Page 48: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 24 …lalin.gal/files/15. ACTA PLENO DE 24 DE NOVEMBRO DE 2016.pdf · 342.625.12 Instalacións Deportivas 9.196,00€ ... de conformidade

arquitecto municipal no Concello de Lalín, e o que resultou contratado no proceso selectivodurante o mes de setembro, tivo dereito a baixa por paternidade. Non obstante, durante o períodode baixa levou o tema para estudar na casa porque se priorizou. Asinou o informe en outubro de2016.A día de hoxe aínda non contestou a Consellería, pero chegou a reunirse o arquitecto municipalco da Xunta e lograron acadar un acordo. Por iso o día que a Xunta responda, xa estabaacordado informar positivamente e levalo a Xunta de Goberno. Polo que tardaría o que dixese aConsellería.

2.- PREGUNTA.-A mediados do mes de agosto, o Sr. Secretario denegou o acceso ás Actas de Xunta de

Goberno Local ao seu grupo, aludindo a que había que esperar oito días.Preguntou porque non se aplicaba o artigo 113.1 ROF que establecía que as sesións da Comisiónde Goberno non son públicas, sen prexuízo da publicidade e comunicación ás AdministraciónsEstatal e Autonómica dos acordos adoptados. Ademais, no prazo de 10 días deberá enviarse atodos os membros da Corporación, copia da Acta.Segundo ese artigo, as actas debían serlle entregadas nun prazo de 10 días pero non dende quese aprobou, senón dende que se fai.Entendía as dificultades que se producían gobernando e por iso non ía pedir que se cumprise eseartigo. Parecíalle excesivo que lle fixesen esperar oito días dende que se aprobaba a acta. Dousou tres días parecíalle razoable.

D. Nicolás González Casares, Tenente de Alcalde, dixo que non podían falar decumprimento de prazos na entrega de documentación dende o PP. O día despois de aprobar nonpodía ser. Tería que ser mínimo dous días.

3.- PREGUNTA.-Preguntou porque dentro dos reparos suspensivos, se introduciron os bonos de transporte.

Non vía mala fe, pero non entendía porque se introducía tal tema nun reparo suspensivo. Coanormativa vixente, a Interventora tiña que dar conta ao Ministerio e xa viu Corporacións conproblemas por iso. Tratábase de xestionar mellor.

D. Nicolás González Casares, Concelleiro de Benestar Social, dixo que o reparosuspensivo respondía a cuestións administrativas e cuestións de prazos, dado que ostraballadores municipais non cumpriron prazos. Houbo que facelo así.

PP, Dª Raquel Lorenzo Fernández.-

1.- PREGUNTA.-Os medios de comunicación en días previos, facíanse eco dos traballos dos veciños de

Parada que arranxaron unha das pistas da parroquia despois das recorrentes negativas dogoberno a bacheala.Preguntou se este tipo de accións era o que entendía o goberno por atender os problemas dorural, é dicir, que fosen os propios veciños os que solventasen os atrancos.

O Sr. Alcalde, D. Rafael Cuíña Aparicio, contestou que entendía este rogo; pero dende o

48

Page 49: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 24 …lalin.gal/files/15. ACTA PLENO DE 24 DE NOVEMBRO DE 2016.pdf · 342.625.12 Instalacións Deportivas 9.196,00€ ... de conformidade

goberno estábanse a levar a cabo traballos de bacheo en todos os lugares, e non entendíacorrecto que tivesen que bachear onde o PP lle dixese. Ademais, xa estaba unha cronoloxíaestablecida e para a zona de Parada estaban planeados os traballos para a primeira semana doNadal. A cronoloxía seguía un criterio xeográfico para aforrar custes nos desprazamentos damaquinaria. Non podían acusar o goberno de desidia.

PP, D. Antonio Rodríguez Rodríguez.-

1.- PREGUNTA.-O día 9 de setembro celebrouse Feiradeza, polo que preguntou cal era o motivo de que a

día de hoxe os premiados aínda non recibiran o abono do premio.

O Sr. Alcalde-Presidente, D. Rafael Cuíña Aparicio, contestou que xa estivera en Xuntade Goberno Local esa cuestión e que polo tanto, xa estaba solucionado.

E, sendo as catorce horas e corenta e catro minutos do mesmo día no que comezou, nonhabendo outros asuntos que trataren, e no mesmo lugar onde comezou, polo Sr. Presidentelevantouse a sesión. De todo iso, pola miña condición de Secretario e fedatario público dou fe.

O Alcalde. Dou fe. O Secretario Xeral.

Rafael Cuíña Aparicio César López Arribas

49