4º ESO A e B RETRATO ZENTANGLE O · 2020-05-21 · O zentangle pode usar múltiples patróns que...
Transcript of 4º ESO A e B RETRATO ZENTANGLE O · 2020-05-21 · O zentangle pode usar múltiples patróns que...
4º ESO A e B Actividade 03 (Competencias: Autonomía e iniciativa persoal; Aprender a aprender) RETRATO ZENTANGLE O zentangle é un deseño en branco e negro que usa patróns repetitivos e improvisados para encher a superficie do papel. Ademáis dun exercicio de debuxo, o é tamén de meditación e require moita concentración. Características:
Non ten orientación. Pódese mirar dende todos os seus lados.
Son debuxos abstractos.
Realízase sobre papel branco con tinta negra (rotulador, boli de punta fina, etc…) O zentangle pode usar múltiples patróns que poden ser improvisados. En teoría o deseño non se planifica, aínda que recomendo certo orde no traballo e facelo primeiro a lápis para poder correxir se algo non nos gusta, e despois repasar a rotulador.
O artista e deseñador californiano Banar realiza retratos zentangles de gran beleza sobre obras clásicas da historia da arte. Baseándonos na súa obra faredes os vosos propios retratos. Pero antes vexamos algúns exemplos:
Partindo dunha foto dun periódico ou dunha revista, en branco e negro ou a cor, recortádea e pegádea nun folio A4. Só é necesario que se vexa a cara, que é o que recortaredes, e a partires de ela faredes o voso debuxo zentangle.