12 13 c grecia

34
GRECIA 1º ESO Roberto López

description

Ciencias Sociais 1º ESO Grecia

Transcript of 12 13 c grecia

Page 1: 12 13 c grecia

GRECIA

1º ESO

Roberto López

Page 2: 12 13 c grecia

1.O MUNDO GREGO

A Hélade (territorio dos gregos) • Sur Península dos Balcáns • Illas mares Exeo e Xónico • Costas de Asia Menor • Puntos do Mediterráneo occidental

Page 3: 12 13 c grecia

Períodos • Época arcaica (s. IX-VI a.C.)

• Época clásica (s. V-IV a.C.) • Época helenística (s. IV-I a.C.)

O medio físico condiciona a historia de Grecia. Cada val e cada illa forman un Estado independente. Todos pertencen á mesma civilización (lingua, relixión, etc.) Terras pouco productivas = subsistencia no Mediterráneo (Alimento, navegación e comercio).

Page 4: 12 13 c grecia

FICHA-RESUMO DO TERRITORIO E AS ETAPAS HISTÓRICAS DE GRECIA

Sur da península dos Balcáns

Mediterráneo occidental

Costas de Asia Menor

Illas dos mares Exeo e Xónico

Vales entre montañas e illas

S. IV a.C. (2ª ½) S. I a.C.

S. V a.C. S.IV a.C. (1ª ½)

S. IX a.C. S. VI a.C.

HELENÍSTICO

CLÁSICO

ARCAICO

Page 5: 12 13 c grecia

2. A ÉPOCA ARCAICA: AS POLIS

Polis: Cidades-Estado Un goberno, unha forma de vida, unhas leis e un exército propios

ESPARTA Exemplo de Polis gobernada por Aristocracia. Aristoi = os mellores. Minoría privilexiada composta polos máis ricos, que controlan o poder.

ATENAS Exemplo de Polis gobernada por Democracia. Os cidadáns reúnense en Asembleas para decidir e elixir aos cargos públicos. Xorden os Consellos para preparar as asembleas.

Page 6: 12 13 c grecia

A EXPANSIÓN GREGA

Page 7: 12 13 c grecia

Esquema da expansión colonial de Grecia (entre VIII e VI a.C.)

Aumento poboación Terras pouco fértiles en propiedade de minoría rica

Mar Xónico Sicilia S. Italia e Francia Libia NE peníns. Ibérica

Colonias Costas do mar Negro

Entraron en

contacto con

outros pobos

Estenderon a

civilización grega.

Page 8: 12 13 c grecia

3. A ÉPOCA CLÁSICA: ATENAS E ESPARTA

Atenas é un exemplo de polis democrática Institucións máis importantes:

Asemblea ou Ekklesia, na que participan os cidadáns: (homes maiores de 20 anos, nados en Atenas e fillos de pai e nai ateniense). Votan as leis, que preparaba un consello chamado Bulé.

Maxistrados. Encargados de poñer en práctica as decisións da asemblea.

Tribunais de Xustiza. Elixidos por sorteo cada ano.

A POLIS DE ATENAS

Page 9: 12 13 c grecia

3. A ÉPOCA CLÁSICA: ATENAS E ESPARTA

A POLIS DE ESPARTA

Esparta é unha das polis máis extensas e máis poderosas Os seus cidadáns dedicábanse a prepararse para a guerra.

Sistema de goberno Dous reis. Teñen o poder militar e relixioso Un consello de anciáns ou Xerusía. Propón e elabora as leis. Cinco maxistrados ou éforos. Executan as decisións da Xerusía, A asemblea ou Apella. Formada polos homes libres de máis de 30 anos. O seu poder era moi limitado.

Page 10: 12 13 c grecia

4. A ÉPOCA CLÁSICA: Época de guerras

A mediados S. VI a.C. a expansión territorial persa somete ás polis gregas de Asia Menor. No 499 as polis sometidas rebeláronse coa axuda doutras polis gregas (lideradas por Atenas) Comezan así as Guerras Médicas: 1ªG.Médica: os soldados gregos vencen na

batalla de Maratón 2ªG.Médica: Os persas saquean Atenas. Son

derrotados na Batalla de Salamina.

AS GUERRAS MÉDICAS

As guerras médicas concluíron coa vitoria grega

Hoplita

Page 11: 12 13 c grecia

Atenas converteuse na polis máis rica e influinte no S.V a.C. Goberno de Pericles=esplendor, democracia, economía e

cultura.

ENFRONTAMENTO ATENAS-ESPARTA

Esparta vese ameazada polo auxe de Atenas.

No 431 a.C iníciase a Guerra do Peloponeso.

Victoria de Esparta que se converte na polis máis poderosa.

Creou a Liga de Delos para defenderse de novos ataques persas.

Page 12: 12 13 c grecia

Macedonia era un reino ao norte de Grecia. Estaba moi influenciado pola cultura grega. Aproveitou as guerras entre as polis para conquistalas.

Filipo II (pai de Alexandre magno) no s.IV a.C someteu á maioría das poles gregas.

5. ALEXANDRE MAGNO E O HELENISMO

Falanxe macedonia en formación

Page 13: 12 13 c grecia

• Fundou cidades. (Alexandría)

• Estendeu a cultura grega por Oriente.Esta expansión cultural grega e a súa fusión coa oriental coñecese como helenismo.

• Á súa morte os seus xenerais repartíronse o territorio creando as monarquías helenísticas.

Alexandre Magno ampliou as conquistas ao imperio persa.

Page 14: 12 13 c grecia

OS GREGOS

Chegaron a súas costas a mediados do s.VII. Comerciaron cos habitantes Tartesos (Sur da península). Non se estableceron no Sur pola presenza dos fenicios. Fundaron Emporion (Ampurias) no s.VI a.C.

OS GREGOS E OS FENICIOS NA PENÍNSULA IBÉRICA

OS FENICIOS

• Procedían do actual Líbano • Organizábanse en cidades-Estado (Tiro, Biblos, Sidón). • Fundaron colonias no S. da península: Gadir (Cádiz). • Crearon o alfabeto fonético de 22 consoantes sen vogais. • Os gregos engadiron as vogais.

Page 15: 12 13 c grecia

Ambos os dous pobos comerciaban con

(Un pobo aborixe do sur

da Península)

Estes instaláronse no ____________ da Península.

A PENÍNSULA FOI COLONIZADA

POR

Estes instaláronse no __________ da Península.

Na Península tamén vivían outros pobos. celtas

iberos

Fundaron cidades, como

Fundaron cidades, como Fenicios Gregos

Akra Leuke

Hemeroscopeion

Emporion

Malaka

Sexi

Gadir

S N e E

Tartesos

Esquema das colonias na península Ibérica

Page 16: 12 13 c grecia

1.UNHA SOCIEDADE DESIGUAL

Os cidadáns Participaban na vida política. Gozaban de todos os dereitos. Tiñan obriga de pagar impostos. Eran unha minoría. Os non cidadáns Non podían participar en política. Estranxeiros Persoas libres. Comerciantes e artesáns. Pagan impostos e forman parte do exército. Escravos Non son libres. Prisioneiros de guerra ou fillos de escravos. Empregados en agricultura ou no servizo doméstico. Mulleres Libres ou escravas, carecían de dereitos. Sometidas aos homes.

Page 17: 12 13 c grecia

Textos sobre a sociedade grega

As mulleres Que podía saber ela cando a tomei por esposa? Ela non tiña máis de quince anos cando chegou á miña casa; desde ese día viviu baixo unha estrita servidume; debía ver as menos cousas posibles, entender o menos posible e facer as menos preguntas posibles.

JENOFONTE, A economía

Os escravos Nunha casa precísase un determinado número de instrumentos. Parte deles son inanimados, os outros están vivos. O escravo é un instrumento vivo, unha propiedade que vive, sometida á autoridade dun señor. Hai persoas inferiores: o emprego da súa forza corporal é a mellor parte que se pode sacar deles.

ARISTÓTELES, Política

Page 18: 12 13 c grecia

2. AS ACTIVIDADES ECONÓMICAS

• Exportaban cerámica de gran calidade. • Obradoiros de curtidores. • Fabricación de tecidos.

A artesanía

Explotacións pequenas e pobres. Cultivan vide, trigo e oliveira.

A agricultura

Page 19: 12 13 c grecia

Era a actividade económica máis importante. Pequeno comercio Artesáns, pequenas tendas e campesiños que acoden ao mercado. Tiñan pouco prestixio social. Comerciantes ricos e poderosos Posuían barcos e navegaban por todo o Mediterráneo. Vendían productos gregos e compraban alimentos, madeira e cobre. Nos intercambios utilizaban moedas de prata (dracmas).

O comercio Dracma de prata

Page 20: 12 13 c grecia

Os gregos foron os primeiros en buscar unha explicación lóxica e razoable dos fenómenos da natureza e dos comportamentos humanos

Filosofía Ciencia

Sócrates. Platón. Aristóteles.

Astronomía Física Medicina Matemáticas

Pitágoras: teorema

Euclides: xeometría

Arquímedes: parafuso e desprazamento de corpos na auga

Eratóstenes: circunferencia da Terra

Anaxágoras: fases da Lúa e eclipses

Hipócrates: ética na medicina, xuramento hipocrático

3. A CULTURA GREGA, BASE DA OCCIDENTAL

Page 21: 12 13 c grecia

O teatro é un invento grego. Culto relixioso. Actores homes. Autores: - Eurípides - Sófocles - Esquilo

Teatro de Epidauro, en Grecia

Considérase que a nosa civilización ten as súas raíces na cultura grega

Page 22: 12 13 c grecia

Os gregos eran politeístas. Cada pole tiña a súa divindade protectora. Os deuses eran inmortais pero con aspecto humano. Residían no monte Olimpo. Zeus era o principal. Crían nos heroes (Aquiles, Ulises,…). Crían en criaturas fantásticas (cíclopes, centauros,…) Os mitos eran narracións sobre os deuses e os heroes.

4. A RELIXIÓN GREGA

Deuses e heroes. Os mitos

Deuses representados en cerámica

Page 23: 12 13 c grecia

A árbore xenealóxica dos deuses gregos

Page 24: 12 13 c grecia

O culto relixioso

Realizábanse ofrendas no templo que era a casa dos deuses. Os sacerdotes e sacerdotisas eran os seus serventes. Realizaban ritos de agradecemento ou para pedir axuda: - Na casa: altar da deusa do fogar e dos devanceiros. - Na cidade: os sacerdotes e maxistrados dirixían o culto. - Nos santuarios: ritos comúns. - En honor aos deuses organizábanse representacións teatrais e Xogos Olímpicos

Competición de loita

Os oráculos eran mensaxes dos deuses que podían ser interpretados polos adiviños.

Page 25: 12 13 c grecia

5. O URBANISMO GREGO: AS CIDADES

Tiñan rúas estreitas e tortuosas. A vida organizábase en: A ágora Praza pública. Onde se celebraba o mercado e se reunían os cidadáns. A Acrópole Recinto amurallado no lugar máis elevado da cidade. Acollía os templos e algúns dos edificios máis importantes. Refuxiábase a poboación durante a guerra e os combates.

Situábanse preto do mar onde as comunicacións eran máis fáciles.

Vista xeral dunha polis

Page 26: 12 13 c grecia

As cidades aumentaron de tamaño. Novas fundacións (Alexandría, Pérgamo). Rúas amplas, rueiros cadrados e regulares. Portos inmensos polo desenvolvemento do comercio. Novos edificios: teatros, ximnasios, bibliotecas, museos, xardíns …

En época helenística

Faro de Alexandría

Page 27: 12 13 c grecia

OS PRINCIPAIS EDIFICIOS DUNHA

CIDADE ERAN

EN TORNO A DOUS FOCOS

ÉPOCA HELENÍSTICA: DESENVÓLVESE O

URBANISMO E TRÁZASE

A CIDADE GREGA

ÁGORA TEMPLO

MUSEO

BIBLIOTECA

XIMNASIO

TEATRO

ACRÓPOLE RUEIROS REGULARES

INMENSOSPORTOS

Mapa conceptual sobre as cidades gregas

Reconstrución

dunha agora

Page 28: 12 13 c grecia

6. A ARQUITECTURA: OS TEMPLOS

É o edificio máis importante. Onde residen as divindades Construíanse en mármore branco e pintábanse de cores. Tiñan forma rectangular, alzados sobre unha plataforma. Partes:

Pronaos: vestíbulo. Naos ou cella: sala principal coa estatua da divindade. Opistodomos: onde se depositan as ofrendas.

Usan teitos alintelados con tellado a dobre vertente.

Page 29: 12 13 c grecia

Xónico

Para conseguilo usan as ordes, que son as regras que: • Determinan tamaño dos elementos arquitectónicos. • E como debían combinarse.

AS ORDES GREGAS

Os gregos preocúpanse por: a harmonía a beleza as correctas proporcións

Fuste acanalado con arestas vivas. Capitel cadrado

Fuste acanalado con arestas suaves. Capitel decorado con dúas volutas.

Fuste acanalado con arestas suaves. Capitel decorado con follas de acanto.

Page 30: 12 13 c grecia

2ª metade s.V a.C, tras o saqueo de Atenas. Obra de Fidias, autor tamén das esculturas. Morada de Palas Atenea protectora de Atenas.

O PARTENÓN

Frontón

Procesión de las panateneas

Metopa

Page 31: 12 13 c grecia

7. A ESCULTURA

Interese pola beleza ideal do corpo humano espido. Beleza baseada nas proporcións harmoniosas (corpos perfectos). Para iso estudian a natureza humana. Os materiais máis utilizados son o bronce e o mármore. Case todas as esculturas se pintan (non se conservaron) Moitas perdéronse. Sabemos como eran grazas a copias romanas.

Ten unha función relixiosa. Sitúanse en templos e decoran tumbas.

Harmonía Beleza Proporción

Regras - Normas

Ordes Arquitectura

Canon Escultura

Cariátides do Erecteion: Esculturas femininas coa función de columnas

Page 32: 12 13 c grecia

A palabra canon provén do grego kanon, que quere dicir «norma». O escultor grego Policleto, que viviu no século V a.C., escribiu o primeiro tratado sobre a escultura e estableceu o canon da beleza ideal das proporcións do corpo humano. Segundo o canon de Policleto, o corpo debía medir sete veces o tamaño da cabeza, tal e como representou nunha das súas obras máis importantes: o Doríforo.

O canon de Policleto

Page 33: 12 13 c grecia

EVOLUCIÓN DA ESCULTURA

Esculturas máis realistas. Teñen certo movemento. Rostros serenos e harmoniosos. Composicións equilibradas.

Esculturas cheas de movemento. Esculturas moi expresivas. Rostros con expresións atormentadas.

Esculturas estáticas, ríxidas. Trazos humanos aparecen de forma esquemática. Koré: moza vestida. Kurós: atleta espido

Page 34: 12 13 c grecia

8. A CERÁMICA

Figuras negras

Figuras vermellas

Estilo libre

Crátera

Oinochoe

Ánfora

Kylis

Hidria

Pixis

Lekitos

Estil

os

Form

as

A cerámica pasou por distintos estilos segundo a etapa histórica